Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Na EEI da Pereiriña impártese o 2º Ciclo de Educación Infantil. Trátase dunha escola unitaria asentada no medio rural que recibe nenos e nenas de núcleos bastante dispersos: Lobelos, Valdepeñas, Vilanova, Codesos, San Xián, Pereira, Cantorna, Chafarís, Bedán, San Xosé de Pereiriña.

A escola conta con unha mestra con destino definitivo, que é a mestra responsable da escola e titora do único grupo existente. Ademais ten adxudicadas dúas mestras itinerantes, unha mestra de Inglés e unha de Relixión.

A escola está situada en Lugar Bermún, s/n - PEREIRIÑA - 15138 - Cee (A Coruña) e dirección da páxina web é: http://www.edu.xunta.gal/centros/eeipereirina/.

A dirección de correo electrónico é a seguinte: eei.pereirina@edu.xunta.gal.

O nivel sociocultural das familias é medio. Moitos traballan no sector servizos na capital municipal e tamén na agricultura, gandería e construción entre outros. En xeral son familias preocupadas pola educación dos filloa/as e participan e colaboran en todo o referente á escola. A lingua materna maioritaria é o galego.

Co desenrolo do Plan TIC damos resposta a todos os obxectivos formulados tanto no proxecto educativo como na programación xeral anual do Plan da introdución das TICS na escola. Pero na escola pretendemos ir máis ala e facer da canle dixital un camiño diario na mesma e en xeral na nosa comunidade educativa. Preténdese que este documento pase a ser un eixo vertebrador das políticas e accións arredor do mundo das TIC. 

Para a elaboración do Plan dixital tívose en conta a seguinte normativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Na escola de EEI da Pereiriña contamos co asesoramento da mentora da Rede Galega Dixitalgal, polo que ela foi a que guiou este proceso e nos asesorou no mesmo.  Nesta versión do Plan Dixital tivéronse en conta os datos de análise do plan do ano pasado, polo que as táboas de acción seguen as mesmas liñas.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para levar a cabo a avaliación inicial da dixitalización da escola utilizamos a ferramenta de autoavaliación SELFIE, da Comisión Europea, que proporciona un informe de situación da mesma. Ademáis tamén se empregou o Test CDD para avaliar a competencia dixital dos mestres e mestras.

A parte de toda a información obtida coas dúas ferramentas citadas para a elaboración do DAFO, contamos tamén co asesoramento da persoa mentora Adix.

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade da escola no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C10: O alumnado non dispón de dispositivos na aula. Infraestruturas Non
Debilidade A1. Falta de estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade C16: Tanto equipo directivo como profesorado afirman que non existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensinanza aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade G8: O profesorado considera que non facilita que o alumnado utilice tecnoloxías dixitais para documentar a aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade A4: O profesorado non ten tempo para explorar como mellorar o seu método de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade F6: Tanto equipo directivo como profesorado considera que non se fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade G5: Tanto equipo directivo como profesorado consideran que non utilizan tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade Tendo en conta o informe do test CDD, o profesorado debe mellorar a súa competencia dixital. Persoal docente Si
Fortaleza D1: Tanto o equipo directivo como o profesorado afirman debater sobre as necesidades de PDC no relativo á ensinanzas con tecnoloxías. Persoal docente Non
Fortaleza E1: Tanto equipo directivo como profesorado afirman que buscan recursos educativos dixitais en liña. Persoal docente Non
Fortaleza D2: Tanto o equipo directivo como o profesorado afirman ter acceso a posibilidades de PDC no relativo a ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza D3: Tanto o equipo directivo como o profesorado afirman ter posibilidade de compartir experiencias dentro do centro sobre a ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza E4: Tanto equipo directivo como profesorado afirman que se utilizan tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo. Persoal docente Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C5: O centro non dispón dunha boa asistencia técnica. Administración educativa Non
Ameaza O alumnado non dispón de dispositivos na aula por falta de recursos. Administración educativa Non
Ameaza As demandas que se fan á administración educativa, en canto equipos e material tecnolóxico, tenden ou a tardar moito ou a non ter resposta positiva. Administración educativa Non
Ameaza Excesiva lexislación educativa e cambios continuos. Lexislación Non
Ameaza A5: Non se ten certeza sobre as normas de dereitos de autor e licenzas de uso ao utilizar tecnoloxías dixitais para a ensinanza e o aprendizaxe. Lexislación Non
Ameaza B3: O profesorado non utiliza ferramentas de colaboración con outras entidades. Outras Non
Ameaza B4: O profesorado non colabora con outros centros ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais. Outras Si
Oportunidade A administración educativa aposta polo Plan Dixital. Administración educativa Non
Oportunidade Existe mentor ADIX que pode apoiar ao centro no camiño da dixitalización. Administración educativa Non
Oportunidade É un incentivo para a mellora da calidade educativa. Contorna Non
Oportunidade Oferta de programas e proxectos para formación do profesorado. Outras Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Despois de ter coñecemento da realidade do escola no eido dixital decidimos centrarnos nos principais problemas que se manifestaron no DAFO sobre o profesorado, mellorar a súa competencia dixital. Para isto vamos apostar pola formación e implicarnos nun PFPP. 

Logo tamén consideramos que debemos seguir facendo contacto con outros colexios sobre o eido dixital, xa que resultaría moi enriquecedor para todos e o mesmo tempo atallaríamos unha debilidade.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD (B4) Poñer en marcha un proxecto relacionado co uso e vivencia das TICS en colaboración con outros centros.
02PD Formar ao profesorado en competencia dixital (D1*)

Seguimento

Procedemento

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:
Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase unha revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 23-24. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados
correspondentes de cada unha das taboas do pian de accion para o seu cumprimento.

1º Trimestre

 

Este trimestre o primeiro que fixemos foi facer a solicitude dun novo PFPP, aprobado xa no mes de Novembro. Este PFPP leva por título "Aproveitamento didáctico das PDI e iniciaciónao uso de material de Polos Creativos e metodoloxía asociada".

Non comezou a formación específica para o noso PFPP, pero sí estamos no curso sobre Polos Creativos, asistindo xa a dúas videoconferencias e a unha reunión presencial en Vimianzo na que expuseron os obxectivos de Polos e informaron da chegada de material aos nosos centros, que aínda non se produciu.

Tamén comezamos a crear, xunto coa CEIP de Brens un proxecto sobre "Os nosos bosques", na que integramos as TIC e que levaremos a cabo ao longo do segundo e terceiro trimestre.

Así mesmo, as pantallas das aulas forman parte do nosos día a día pero necesitamos máis formación para sacarlle mellor rendemento.

2º Trimestre

Materializamos o proxecto "Os nosos bosques" coas seguintes actividades:-Busca  de información acerca das diferentes especies arbóreas dos nosos bosques, empregando internet e libros da nosa biblioteca de aula.-Elaboración de material propio sobre a temática usando as ferramentas dixitais tales como Canva e Word, búsqueda de imaxes, acompañadas de elaboración de textos propios e adecuados á idade do noso alumnado.-Búsqueda de cancións nas diferentes plataforas dixitais específicas en música co gallo de seleccionar temas axeitados para que o alumnado aprenda as cancións (en galego e castelán) e as coreografías para a realización do festival do entroido, ao que tamén participaron as familias.-Búsqueda de ideas (por parte do profesorado) para o deseño e confección do traxe de axente forestal, co que caracterizar a todo o profesorado e alumnado durante a posta en escena deste proxecto sobre os nosos montes.-Búsqueda e visualizacióon de documentación sobre a fauna propia da nosa contorna. Posta en contacto cos editores destes documentais (obras de Signatus Films). Visita ao centro dun dos seus creadores, que ademais forma parte da asociación ecoloxista Boca de Sapo.-Saída a un monte cercano do noso Concello en colaboracióon cos axentes forestais do distrito ao que pertenece,na que o alumnado fixo unha plantación de especies autóctonas e coñecemos de primeira man o traballo que realizan os axentes xunto cos medios que empregan (motobomba, batelumes,equipos de protección...)

Todo este proceso foi recollido con medios audiovisuais para a elaboración durante o terceiro trimestre un vídeo resume do proxecto "Os nosos bosques".As actividades deste proxecto foron publicitadas en diferentes medioss tales como o diario dixital "Que pasa na Costa", en "La Voz de Galicia" en formato dixital e papel, e en redes sociais do Concello de Cee (Instagram e facebook) así como enviado ás familias polo medio co que nos comunicamos con eles.

3º Trimestre

Neste terceiro trimestre sseguimos en contacto co Ceip de Brens e o seu alumnado. Neste trimestre elaboramos material conxunto con Intelixencia Artificial para aplicalo á aula en diferentes conmemoracións típicas deste trimestre: Día da Nai,Día do Libro, Letras Galegas, Fin de curso...

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

O desenvolvemento do plan dixital precisa o enfoque dun proceso continuo e evolutivo. representou un desafío para a comunidade educativa e,nalgún obxectivo  concreto, require máis tempo para optimizar o seu resultado.

Varios factores condicionaron o desenvolvemento do Plan Dixital, a infraestrutura tecnolóxica dispoñible, a formación e capacitación dos docentes, a dispoñibilidade de recursos dixitais adecuados e as metodoloxías de ensino. O desenvolvemento do obxectivo do proxecto con outros centros víuse afectado, ás veces, por problemas técnicos coa aplicación, e debemos reformulalo para o vindeiro curso.

A avaliación do desenvolvemento do plan dixital debe ter en conta os resultados e o impacto na aprendizaxe dos estudantes, así como a experiencia e a retroalimentación dos docentes, pais e outros actores chave. Ao levar só 3 anos co desenvolvemento Plan Dixital os indicadores que permiten esta retroalimentación son moi sutís e haberá que agardar a vindeiros cursos nos que voltemos a realizar un exercizo SELFIE de autoavaliación da situación dixital da comunidade educativa.

Proposta de mellora

Realizar unha nova avaliación das necesidades tecnolóxicas e os recurso dispoñibles no centro educativo coa finalidade de determinar que recursos adicionais son necesarios.

.Afondar na formación e no desenvolvemento profesional continuo do corpo docente en colaboración cos CFR afondando na estabilización dunha liña TIC nos PFPP. Asimesmo, é importante fomentar a colaboración e o intercambio de boas prácticas entre os docentes.

.Integración curricular:Promover a integración da tecnoloxía no currículo escolar de maneira transversal. Isto implica identificar oportunidades para utilizar ferramentas dixita en diversas materias e actividades, fomentando a creatividade, a colaboración e o pensamento crítico dos estudantes. Así mesmo, débense establecer criterios claros para avaliar o uso da teonoloxía e o seu impacto na aprendizaxe.

.Promocionar o acceso a recurso dixitais de calidade, coma os do Espazo Abalar,procomún, etc., para enriquecer o proceso de ensino-aprepndizaxe.

.Fomentar a participación activa da comunidade educativa no plan dixital, involucrando aos pais, esdudantes e outros membros da comunidade na toma de decisións e na implementación de estratexias dixitais. Pódense realizar reunións informativas, enquisas o espazos de diálogo para recompilar opinións e retroalimentación.

.Establecer un sistema de avaliación e seguimento continuo para medir o impacto do plan dixital na aprendizaxe dos estudantes e na calidade do ensino. Isto implica recompilar datos, analizar resultados e realizar axustes periódicos segundo os achados. Tamén é importante comunicar os avances e logros do plan á comunidade educativa.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital da nosa escola enviarase o claustro e ao Consello Escolar vía correo electrónico. Logo será aprobado en Consello Escolar e publicado na web do centro para a difusión entre a Comunidade Educativa.