Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Introducción

1.1. Datos básicos do centro

- Nome do centro:CEIP SOBREIRA-VALADARES,

- Dirección: Estrada da Escola da Sobreira, 89, 36215, Vigo, Pontevedra.

- Correo: ceip.sobreira.valadares@edu.xunta.gal ¿ Páxina web: www.edu.xunta.gal/centros/ceipsobreiravaladares

- Etapas educativas: EI e EP

- Nº de alumnado: 218

- Nº de profesorado: 17

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

As familias do noso alumnado son traballadores do sector primario e do sector servizos maioritariamente, aínda que hai unha porcentaxe de familias traballadoras na Universidade de Vigo.

-Ao longo do curso pasado o equipo Tics do centro puxeron en funcionamento a Aula Virtual dando a alta a todo o profesorado e alumnado, desde infantil até 6º de Primaria.

- Neste curso 2021 – 2022, coma nos cursos anteriores preténdemos:

- Desenvolver a competencia dixital do alumnado, procurando unha formación de usuario básica, traballando os contidos das áreas de Lingua Galega, Lingua Castelá e Coñecemento do Medio.

- Seleccionar recursos educativos axeitados para cada materia, e así integrar as TICs nas programacións de aula, empregando as pizarras dixitais e libromedias.

- Dotar ás aulas de material tecnolóxico actualizado, repoñendo ordenadores , proxectores e pizarras dixitais e adquirindo novas tablets para o uso educativo do alumnado.

- Colaborar na elaboración dos produtos finais en soporte dixital, audiovisual…

- Facilitar aos compañeiros recursos dixitais de interese para traballar nas aulas as diferentes conmemorarións que veñen sinaladas no calendario escolar.

1.3. Breve xustificación do mesmo

A contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

- Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

1.4. Proceso de elaboración

O equipo TICs foi o encargado de levar a cabo o Plan Dixital xunto co Equipo Directivo. As reunións tiveron lugar no centro durante as reunión dos equipos de dinamización como en horas de garda.

O proceso de elaboración das distintas tarefas do Plan Dixital tivo como principal dificultade a organización. No noso caso, as reunións concertadas dos equipos de dinamización non foron suficientes. Este inconveniente fixo que nos tiveramos que reunir distintos membros do equipo en horas de garda.

Unha vez obtidos os resultados do SELFIE, levouse a cabo un análise e detección de necesidades prioritarias tanto para o centro como para os mestres. Así seleccinaronse uns obxectivos de mellora que esperamos permitan convertir as TICs nunhas ferramentas eficaces no proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Para a realización do DAFO, o equipo centrouse en aqueles aspectos que consideraban máis necesarios e a vez asequibles de acadar. Por ese motivo, a pesar de haber máis debilidades e ameazas, consideramos que as seleccionadas son as prioritarias como iniciación de mellora.

Os obxectivos seleccionados para acadar os aspectos sinalados no DAFO seguen esa directriz, poder ser acadados tendo en conta as fortalezas e necesidades do claustro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O instrumento de recollida foi o informe SELFIE

Interno
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de tempo para levar a cabo unha formación a nivel interno aproveitando as fortalezas no manexo das TICs dos propios compañeiros. Organización de centro Si
Debilidade Desenvólvense poucas actividades para formar o alumnado nun comportamento responsable cando fan uso de Internet, así como actividades que impliquen o uso da tecnoloxía para motivar o alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza O centro conta con recursos dixitais que están a disposicón tanto do profesorado como dos estudantes. Infraestruturas Si
Fortaleza O profesorado está en continua formación na aplicación de tecnoloxías dixitais. Oferta Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de formación e asesoramento en como levar a cabo e poñer en práctica unha estratexia dixital de centro. Administración educativa Non
Ameaza O acceso a Internet da lugar a numerosas incidencias que interrumpen nas labores diarias da administración do centro como no persoal docente. Outras Si
Oportunidade Continuar coa formación en avaliación empregando recursos dixitais naqueles cursos que sexa axeitado e práctico. Administración educativa Non
Oportunidade O profesorado ten acceso a cursos para continuar formándose como parte do seu Desenvolvemento Profesional Continuo. Outras Si
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez analizados os datos recollidos no DAFO, facemos unha reflexsión que nos axude a recdactar os obxectivos a acadar e, en base a eles, elaboramos o noso Plan de Acción

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Fomentar o uso da aula virtual do centro.
O02PD Mellorar o acceso a Internet.
O03PD Formar a nivel interno no manexo das TICs.
O04PD : Concienciar o alumnado dos perigos da Rede.

Seguimento

Procedemento

Para levar a cabo o procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos teremos en conta
- Unha avaliación trimestral: No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súarealización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- Unha avaliación o final do curso escolar: No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán,entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Neste primerio trimestre solicitouse o PFPP sobre Aula virtual e ferramentas informáticas en tempo e forma.

Creouse o espazo colaborativo para o profesorado na Aula Virtual do centro co nome “Recursos educativos para compatir" e elaboramos una plantilla para organizar o horario de uso da aula de informática.

Intentamos descargar as licenzas das editoriais nos ordenadores das aulas, pero ao ser bastante vellos non soportan o peso dos LibroMedia, así que seguimos traballando con eles de forma online.

Comezamos coa mellora da conexión, en concreto á wifi do cole co dominio .gal, pero deu moitos problemas (tamén derivados da antigüidade dos equipos).

Queda pendente a elaboración da programación básica de ofimática por curso e consellos do uso da internet.

Reservamos unas horas nas tardes dos martes para a formación a nivel interno da aplicación PROENS.

2º Trimestre

Continuamos coa mellora da conexión, aínda que gran parte da solución deste problema non está na nosa man. Creamos unha listaxe coas IPs de cada equipo, pero finalmente nos indican desde a AUAC que temos activado o DHCP. O que temos pendente e asignar IPs fixas nos equipos de administración e nas fotocopiadoras. Intentaremos facelo tamén nos equipos da sala de mestres para non perder a función de escaneo.

Seguimos a elaborar a programación básica de ofimática para primaria así como as búsquedas en internet e os consellos contra o ciberacoso.

O equipo directivo solicitou a través do Plan Director da Xunta de Galicia unha charla sobre os perigos de internet para o alumnado de 5º e 6º. Estamos pendentes da confirmación da data.

Polo de agora observamos pouca afluencia de grupos na aula de informática. Seguimos insistindo aos mestres na necesidade de desenvolver no alumnado unha competencia dixital mínima e acorde co seu nivel.

3º Trimestre

Desde o equipo TICs e aproveitando as reunións de grupo de traballo do PFPP (no que participa ademais outros mestres), abrimos debate sobre os contidos informáticos e a nivel de ofimática que debemos traballar co alumnado según o nivel que estean corsando. Elaboramos unha programación sinxela que comentaremos posteriormente ao resto do claustro de mestres. 

Tamén descargamos unha infografía interesante da páxina "jupsin" coas recomendacións para protexer ao noso alumnado do ciberacoso e dos perigos de internet. A idea é imprimila para que ese consellos queden ben visibles na aula de informática e nas aulas de 5º e 6º.

En xeral observamos que a aula virtual do centro está pouco activa, limitándose prácticamente a un par de materias de 5º de primaria. Decidimos adicar algunhas horas da lectura (12:15 - 12:35) para traballar na aula de informática, especialmente co grupo de 6º, para facilitarlles a transición ao IES e compensar as deisgualdades no caso do alumnado que sabemos que ten pouco contacto coas tecnoloxías na súa casa. De cara ao ano que ben queremos xeneralizar esta proposta facendo quedas semanais para cada curso.

Mercamos dous kits de Makey Makey e traballamos nos ratiños de formación a nivel interno e nas reumións do PFPP coa aplicación Scratch, axudados por unha compañeira do centro.

Quedará pendente a elaboración en soporte dixital de materiais relacionados co PDI. Os que se fixeron non están relacionados. E para o PDI fixéronse produtos finais en soporte físico (papeleiras, horta escolar...).

De cara ao curso que ven queremos implicar ao alumnado da elaboración propia das normas de uso de internet seguro coa aplicación CANVA, pois vemos que no IES lles piden con frecuencia facer traballos con esta aplicación. Ademais queremos asegurarnos que o alumnado de 6º de primaria remata a etapa cun coñecementos mínimos do procesador de textos, presentacións, manexo de diferentes arquivos, envío de tarefas na aula virtual,...

Seguimos pendentes da instalación dos paneis dixitais que está servindo a Consellería. O que si recibimos foi un lote de 16 ordenadores para os casos nos que exista risco de brecha dixital. Actualmente no centro dispoñen do préstamo de ordenadores 4 alumnos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para levar a cabo o procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos teremos en conta:
- Unha avaliación trimestral: no contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- Unha avaliación o final do curso es colar: No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Pensamos que a pesar da formación e a asesoría (ambas excelentes) non houbo por parte do profesorado a implicación suficiente. A Aula Virtial do centro a penas foi empregada por un par de mestres, e a aula de informática tampouco tivo un uso continuado. 

Como reflexión, en xeral, o profesorado é da opinión de que a Aula Virtual non é unha ferramenta inprescindible para a súa labor docente, especialmente co alumnado de 1º e 2º ciclo, aínda que si a ven útil a partires de 5º e 6º de Primaria como complemento e sobre todo preparación para a secundaria.

Valoramos positivamente a elaboración conxunta e consensuada da programación básica de ofimática para a etapa de primaria.

Proposta de mellora

De cara ao vindeiro curso pretendemos implementar a programación básica de ofimática para primaria, reservando un horario para cada grupo de maneria que se poda levar acabo de maneira continuada.

Pensamos que estaía intresante facer unha formación en AbalarPro xa que non se lle está a sacar todo o rendemento que ofrece a aplicación.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Publicación do Plan Dixital no apartado de TICs da páxina web do centro.