Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Actualizarase o Plan Dixital conforme as datas se cumplan. Faranse reunións dos membros do equipo trimestralmente para actualizar os avances dos obxectivos propostos no Plan dixital e o coordinador do mesmo actualizará as accións coa documentación elaborada.
24/10/2023- Realizouse un claustro no que un dos temas foi a infraestrura da rede, os problemas que se estaban detectando na rede e as posibles solucións que implementaríamos o longo do curso.
16/01/2024- Na reunión de coordinación, informamos da instalación dun balanceador de carga no centro e pedimos que os docentes informaran dos problemas que seguiamos a presentar na conexión en canto os detectasen.
2/04/2024 Na reunión de coordinación falamos do estado actual da rede, informando os coordinadores que seguimos a ter problemas na rede. Temos una serie de franxas horarias nas que a conexión e casi inexistente. Infórmase o equipo de coordinadores as reglas establecidas na rede e a existencia de algúns equipos que teñen virus/malware que botan abaixo a rede de manera frecuente. Tamén decidimos cambiar as características da rede wifi (establecer varias redes distintas con contraseñas diferentes)
7/05/2024 A empresa de solucións dixitais que trata do noso Centro, intenta solucionar os problemas da rede cambiando os parámetros da wifi pero informando que hay un problema de cobertura nos puntos de acceso establecidos polo Centro.
28/06/2024 O longo da terceira avaliación fixéronse diversos cambios na estructura da rede o detectar problemas nos puntos de acceso da mesma. Fixéronse probas de carga e variacións na configuración da rede e logrouse o final do curso que a rede funcionase moito mellor e os alumnos e os dispositivos tivesen unha conexión a rede estable. Quedou pendente de realizar para o curso que vén, unha vez inicie o mesmo,unha proba para substituír os POE dos puntos de acceso por uns con tecnoloxía gigabit para tentar lograr unha maior estabilidade da rede xa que agora están a funcionar con velocidade 10/100
Avaliación
Para o seguimento do Plan de Acción cada unha das persoas encargadas de
cada obxectivo verificará como mínimo unha vez cada trimestre o estado de execución das accións e o análise e valoración dos resultados, e informará dos mesmos o Equipo de Dinamización Dixital.
Na avaliación final o encargado ademais de verificar todo o procedemento elaborará un informe que incluirá propostas de mellora para incorporar os seguintes cursos.
O curso 23/24 supuxo un aumento considerable no número de dispositivos que acceden á rede do Centro, ao incorporarse os chromebooks dos alumnos de 6º Primaria, 2º ESO e 4º ESO á carga diaria da rede. Ao longo do curso tivéronse que facer diversas actuacións encamiñadas á mellora da estabilidade da rede:
1. Supresión da devasa física Cisco
2. Montaxe e instalación balanceador de carga.
3. Supresión da rede Wifi e substitución por redes individuais para cada piso/aula.
4. Modificación das conexións no armario rack.
Con todos estes cambios logrouse a final de curso que a rede mostrase un comportamento máis estable e funcional. A empresa encargada do mantemento informático fixo unha avaliación a final de curso e o curso que vén se farán unhas probas de carga substituíndo os POE dos puntos de acceso por uns con tecnoloxía Gigabit para tentar deixar a rede complemente funcional.
O curso que vén ademais das probas de carga que debemos realizar, teremos que tentar cablear as instalacións de Educación Infantil para que non dependan da rede Wifi de Educación Secundaria. O curso 24/25 supoñerá a posta en marcha dos Polos Creativos no noso Centro e iso ocupará gran parte da nosa estratexia dixital para o curso que vén.
Comunicación e difusión
A difusión do Plan Dixital a comunicade educativa faráse na páxina web do Colexio e na plataforma Educalidade da Xunta