DATOS BÁSICOS DO CENTRO
Nome do Centro: CPR Plurilingüe Barreiro Enderezo: Estrada de Valadares, nº 78, 36314, Vigo, Pontevedra
Enderezo e-mail: cpr.barreiro@edu.xunta.es Paxina Web: https://www.colegiobarreiro.com/
Etapas Educativas: Educación Infantil Educación Primaria Educación Secundaria Obrigatoria.
Nº Alumnos: 276 Nº Docentes: 27
CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN DIXITAL NO CENTRO. CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO
O CPR Plurilingüe Barreiro,está ubicado no municipio de Vigo, concretamente na parroquia de Valladares, nunha contorna rural, a 5 km do centro. A cidade de Vigo pertence á zona sur da provincia de Pontevedra e conta cun dos portos máis importantes de España e de Europa. Posúe dous recursos naturais de gran beleza que lle confiren unha grande interese turística, que son A Ría de Vigo e As Illas Cíes.
Economicamente a actividade predominante na cidade de Vigo é a industria seguida do turismo. Industrialmente conta cunha das factorías do grupo PSA máis grandes de Europa na que se fabrican algúns dos modelos en exclusiva. Isto orixinou que proliferasen unha grande cantidade de empresas subsidiarias da PSA que fabrican compoñentes para a marca. A outra gran industria de Vigo é a industria derivada do mar, surtida polo porto pesqueiro do Berbés. Tendo en conta o exposto anteriormente, a maior parte da poboación da cidade vive directa ou indirectamente da industria conserveira, pesqueira, metal (estaleiros) e do sector automovilístico.
Ás aforas de Vigo, atópase a parroquia de Valladares onde se sitúa o noso centro. Nesta parroquia, cunha distribución homoxénea e densa de casas particulares, encóntrase o principal hospital de Galicia: O Hospital Álvaro Cunqueiro, de recente construción e pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (SERGAS); así como o parque tecnolóxico e industrial de Valladares onde se encontran diversas empresas. A pesar de que a parroquia de Valladares pertence á zona rural de Vigo, é unha zona moi activa por estar cerca dos devanditos lugares.
O CPR Plurilingüe Barreiro é un Centro de carácter concertado-privado cunha longa historia dende a súa fundación a mediados do século XX (1959). Inicialmente o centro contaba con tres aulas en Pereiró, posteriormente en 1960 trasladouse ás instalacións actuais de Camelias onde se alugou o Colexio Privado Academia Barreiro, con sete aulas, que preparaba ensinanza libre de Bacharelato e ensinanza oficial de FP Administrativo. No ano 1978 creáronse as instalacións da Avda. Fragoso,29 contando inicialmente con dúas unidades de Infantil, que máis tarde foron tres, cinco unidades de Primaria e unha de 6º de EXB. O resto das unidades ata oitavo de EXB seguiron ubicadas en Camelias, sendo concertado ata sexto de Primaria e privado en sétimo e oitavo con tres unidades en cada nivel. Anos máis tarde, foi concertado en todas as unidades. En 1999 o colexio trasladouse ás instalacións actuais en Valladares, onde conta con tres unidades de Educación Infantil, seis unidades de Primaria e catro unidades da Ensinanza Secundaria Obrigatoria.
Dende o punto de vista arquitectónico, o colexio está dividido en dúas seccións: O edificio no que se cursa a Educación Infantil e no que se cursa Educación Primaria e ESO. No baixo do edificio principal, atópase a secretaría, a sala de titorías, a dirección, a aula de inglés de infantil e a sala de profesores.
No primeiro andar encóntranse as aulas de ESO, a aula de tecnoloxía e o laboratorio. No segundo andar, as 6 aulas de primaria, dúas aulas de apoio e unha aula de usos múltiples. No terceiro andar, están a biblioteca, e as aulas de informática, plástica e música.
·No segundo edificio, encóntranse as tres aulas de Educación Infantil, unha aula de usos múltiples e unha cociña equipada. Todos os servizos están adaptados aos pequenos. Anexo ao pavillón de Infantil, temos o ximnasio equipado con vestiarios e un almacén co material deportivo. O recinto conta tamén con dous pistas polideportivas e un parque infantil e zonas verdes. O conxunto ten ao redor de 8.000 m2.
O plan dixital substituirá ao plan tic a partir do curso 22/23 e marcará as actuacións necesarias para levar a cabo a transformación dixital necesaria marcada pola nova lei educativa. Tamén nos permitirá mellorar aqueles aspectos do noso Plan TIC que non estaban plenamente implementados e corrixir algúns aspectos que puidemos detectar a partir do informe SELFIE.
XUSTIFICACIÓN DO MESMO
· Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
·Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022
PROCESO DE ELABORACIÓN
O equipo de dinamización dixital esta composto por Lucía Barreiro Nogaledo, Alberto Rodríguez Moreira e José Manuel Vázquez Riobello.O equipo realizou cronoloxicamente as seguintes actividades coa finalidade de elaborar o presente documento
a) Realización enquisa SELFIE
b) Realización test Competencia Dixital Docente
c) Posta en común dos resultados e elaboración do DAFO
d) Selección e plantexamento dos Obxectivos do Plan de Acción
e) Redacción do presente documento, Plan dixital.