Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Plan Dixital debe permitir á comunidade educativa visualizar onde queremos chegar, entender de onde partimos e trazar o camiño que nos leve a conseguir os obxectivos plantexados, tendo en conta a nosa realidade e a normativa vixente recollida a continuación:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

 

En relación ao centro educativo, o PD contribuirá á dixitalización da comunicación coas familias e outras institucións. Así mesmo, será un instrumento que favorecerá e impulsará o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensino-aprendizaxe, diversificando a tipoloxía de actividades, como no resto de procesos de xestión do centro, sempre co obxectivo último de colaborar no desenvolvemento integral do alumnado e facilitar o traballo da comunidade educativa. Por ende, é un instrumento que parte do Proxecto Educativo e que será incluído na Programación Xeral Anual.

 

O devandito PD foi elaborado polo Equipo de Dinamización do Plan Dixital constituído no primeiro trimestre do curso escolar 21-22. Os pasos necesarios para a súa elaboración foron os seguintes:

  1. Configuración e elaboración da ferramenta SELFIE.

  2. Análise da competencia dixital do centro (alumnado, profesorado e membros do equipo directivo) coa ferramenta SELFIE.

  3. Análise da situación actual do centro a través dunha matriz DAFO.

  4. Concreción dos obxectivos que se pretenden perseguir co PD.

  5. Elaboración e redacción do PD.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de posibilidades de acceso ás tecnoloxías nos seus fogares (conexión a internet, ausencia de dispositivos¿) Alumnado Non
Debilidade Falta de acceso ás tecnoloxías nos seus fogares (conexión a internet, ausencia de dispositivos¿) Falta de interese e formación. Falta de control parental no uso das tecnoloxías. Familias Si
Debilidade Falta de recursos e cos que contamos están obsoletos. A meirande parte dos recursos cos que contamos foron adquiridos polo centro co cal non temos cobertura da UAC no caso de que fallen. Infraestruturas Non
Debilidade Falta de recursos e cos que contamos están obsoletos Oferta Non
Debilidade Procedementos sumamente complexos, tanto para solicitar equipamentos como para que retiren os que xa non están actualizados, á Consellería e/ou ausencia de resposta. Organización de centro Non
Debilidade Falta de formación específica de algúns recusos cos que contamos no centro (PDI). Carencias con respecto á existencia dunha estratexia dixital. Escaso tempo do que dispón o profesorado para explorar novas modalidades de ensino e falta de apoios externos. Persoal docente Si
Fortaleza Curiosidade e interese polo descubrimento e a experimentación. Implicación do alumnado nas tarefas propostas a través das TICS. Efecto motivante das TICS no alumnado. Aumento da colaboración entre o alumnado grazas ao uso das TICS Alumnado Non
Fortaleza A necesidade real de empregar as TIC como uso dun SAAC (Sistema Alternativo e Aumentativo de Comunicación) con algúns alumnos/as. Familias Non
Fortaleza Os equipamentos cos que contamos no noso centro os empregamos na súa totalidade. Infraestruturas Non
Fortaleza Presentación de contidos e actividades a través de diversos formatos para poder chegar aos diferentes perfís competenciais do noso alumnado. Oferta Non
Fortaleza As aulas contan con ordenadores, PDI e con acceso a Internet. Instalación do N.A.S. que nos permite aos docentes compartir documentación e recursos dun xeito seguro desde calquera ordenador. Organización de centro Non
Fortaleza Implicación do profesorado no emprego das novas tecnoloxías. Profesorado disposto a aprender e a participar en novos proxectos. Actualización e esforzo por parte do profesorado na implementación e uso da Aula Virtual Persoal docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Asistencia técnica exclusiva para os equipos da Consellería que teñen instalado o paquete Abalar, e non para o equipamento adquirido polo centro e/ou co sistema Windows. Obriga de mudar os ordenadores ao paquete Abalar sen previa formación do profesorado. Administración educativa Non
Ameaza Desvinculación persistente das familias máis desfavorecidas na colaboración co centro, así como ausencia de recursos e formación. ANPA Non
Ameaza Escasa ou nula conexión á Internet e falta de equipamentos das familias do alumnado máis desfavorecido. Contorna Non
Ameaza Constante actualización da lexislación, incrementando a carga administrativa do profesorado. Lexislación Non
Ameaza Obstáculos á hora de compartir recursos e información derivados do cumprimento da lei de protección de datos. Outras Non
Oportunidade Asistencia técnica (soporte da UAC) eficaz e rápida. Administración educativa Non
Oportunidade Colaboración e comunicación estreita co centro. ANPA Non
Oportunidade Préstamo de recursos TIC ao centro por parte do Centro de Formación e Recursos. Contorna Non
Oportunidade Actualización dos protocolos do centro no tocante á protección de datos do alumnado. Lexislación Non
Oportunidade Préstamos, de asociacións con convenio de colaboración coa Consellería, de material TIC específico para traballar co alumnado NEE, así como formacións vencelladas. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e do Test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do Plan Dixital do Centro e o conxunto do Claustro, obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS a nivel externo que aparecen recollidas na presente análise DAFO, sinaladas a maior parte dilas cunha puntuación en base a cal, de xeito cuantitativo, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo. Isto da como resultado unha serie de prioridades que temporalizaremos para darlles resposta.

Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do PLAN DE ACCIÓN convertindo os ítems en obxectivos que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferetentes accións. Todo isto recollerase na pestana "Obxectivos".

A análise DAFO indícanos:

  • Factores internos que debemos mellorar:
    • A formación específica do profesorado sobre o uso dalgúns recursos que dispomos (PDI) e escasa.

    • Carencias con respecto á existencia dunha estratexia dixital. 

    • Os recursos cos que contamos están obsoletos e son escasos.

  • Factores externos que deberían mellorar:
    • Asistencia técnica.
    • Diminución da carga administrativa do profesorado en prol da liberación para poder formarse nas TIC.
    • Conectividade no centro.
    • Colaboración e implicación das familias.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Actualizar a documentación do centro relacionada coas TIC (inventario, etc.).
O02PD Mellorar a competencia dixital do equipo docente a través da formación específica no uso das PDI e tabletas coas que conta o centro.
O03PD Comunicarse coas familias a través do aplicativo Abalar móvil.

Seguimento

Procedemento

Ao comezo do curso créase o equipo de Plan Dixital e noméase unha coordinadora. Isto permitirá desenvolver dito plan e acadar os obxectivos propostos nel.

1º Trimestre

No primeiro trimestre as accións realizadas para acadar os obxectivos propostos foron as seguintes:

  1. Noméase a un coordinador/a do Plan Dixital 
  2. Noméase un coordinador de formación que neste curso será a mesma persoa que coordina o Plan Dixital.
  3. Deséñase un calendarios e establécense unhas necesidades formativas de cara a concretar o PFPP.
  4. Fórmase ás familias sobre o uso de Abalar. Para o cal facilítaselle un documento explicativo (que tamén poden consultar na web do centro) e se lles solucionan dúbidas e dificultades tanto desde as titorías como desde o equipo directivo. Con estas accións acadamos un dos obxectivos propostos no Plan Dixital.
2º Trimestre

No segundo trimestre as accións realizadas para acadar os obxectivos propostos foron as seguintes:

  1. Creouse un documento coa información necesaria para a xestión do equipo TIC e por conseguinte das tecnoloxías das que dispón o centro, acadando desta forma un dos obxectivos do Plan Dixital.
  2. Comeza a formación sobre tabletas e PDI enmarcada nun dos PFPP cos que contamos no centro.
3º Trimestre

No terceiro trimestre as accións realizadas para acadar os obxectivos propostos foron as seguintes:

  • Creación dun dosier coas aplicacións empregadas.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Realizouse unha reunión na que se desglosaron os obxectivos marcados no deseño deste Plan. 

  • Analizouse o grado de adquisición dos obxectivos propostas así como a posta en marcha deste Plan ao longo de todo o curso escolar.
Valoración xeral

O Plan Dixital do vixente curso escolar 2022-2023 permitiu alcanzar os obxectivos fixados asentando bases importantes para o noso centro educativo. A través del, e grazas á elaboración dun documento no que se recolleu inventario e procedementos diversos, vertebrouse o traballo do equipo TIC. Adicionalmente, implementouse o uso frecuente de Abalar entre as familias do noso alumnado, o que permitiu unha reducción considerable de uso do papel. Este obxectivo, foi o máis complexo de alcanzar debido ás dificultades de conexión e á falta de formación e implicación da meirande parte delas.

No eido formativo, exploráronse novas aplicacións coas que se dinamizaron actividades na aula, fomentando a dixitalización do alumnado e a creación de novas experiencias. Neste sentido a formación externa do PFPP quedou excasa, non sendo así a colaboración docente do Grupo de Traballo.

Por último, destacar a gran colaboración e labor da nosa asesora, Guadalupe, que nos ofreceu unha guía sen a cal sería moi complicado desenvolver o recollido neste documento.

Proposta de mellora
  1. Axustar a formación docente ás necesidades do centro, creando un grupo de traballo interdisciplinar e solicitando un formador externo, unicamente no caso de que desde o equipo non solventemos as nosas necesidades formativas.
  2. Realizar unha enquisa/sondeo entre todo o Claustro ao comezo do curso escolar, co gaio de recoller necesidades e inquedanzas, así como intereses e potencialidades dos mestres/as.
  3. Deseñar uns obxectivos, para o vindeiro curso escolar, axustados ás nosas necesidades e intereses, que permitan seguir implementando unha dixitalización do centro acorde á nosa realidade.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O presente PD estará dispoñible para consulta de calquer axente da nosa comunidade educativa a través da páxina web do centro, no apartado relativo á documentación. Adicionalmente, no centro existirá unha copia dispoñible para calquera membro do Claustro que o desexe.

Plan dixital do CEIP Fonte Escura