Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación co respecto á normativa vixente

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación, na que se establece no seu artígo 2, como un dos fins do sistema educativo, a capacitación para garantir a inserción do alumnado na sociedade dixital, e a aprendizaxe dun uso seguro dos medios dixitais inculcando a importancia do respeto coa dignidade humana, os valores constitucionais, os dereitos fundamentais e, particularmente, co respeto e a garantía da intimidade individual e colectiva. No artigo 19, indica que a competencia dixital se traballará a través de tódalas áreas e no artigo 102, informa que as administracións educativas promoverána autilización das tecnoloxías da información e a comunicación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 establece que a coordinación do plan dixital será realizado polo equipo de dinamización do Plan Dixital formado pola persoa directora do centro e polo menos, outra persoa do claustro.

 

 

Contextualización do Plan Dixital no centro e Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Ao longo do presente curso escolar, estamos a elaborar o PLAN DIXITAL DE CENTRO que se entende como un instrumento que debe favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensino-aprendizaxe como no resto de procesos de xestión do centro, sempre co obxectivo último de colaborar no desenvolvemento integral do alumnado. Por esa razón, debe ser un instrumento que se integre no Proxecto Educativo, no Proxecto de Dirección e na Programación Xeral Anual. Asimesmo contribúe ao desenvolvemento dos diversos plans e proxectos do centro: proxecto lector, plan de dinamización da lingua galega, plan de atención á diversidade, plan de convivencia, programas de innovación educativa, …

Ademais, é imprescindible dotar ao Plan Dixital dun enfoque de centro sobre o uso dos recursos pedagóxicos dixitais dispoñibles para aproveitar ao máximo as súas posibilidades, de modo que se converta nun proxecto compartido por todos os membros da comunidade educativa, que dea coherencia e guíe o uso das tecnoloxías. Fíxose un diagnóstico inicial, para poder avaliar, unha vez desenvoltos, os obxectivos propostos do Plan, así como a efectividade das accións que deseñemos. Grazas aos resultados desta enquisa, obtivemos un informe da situación inicial e procedeuse a analizar os resultados:

  • Detectouse escaseza de infraestruturas tecnolóxicas tanto na escola como nas casas.
  • Tamén se atoparon diiferenzas notables de competencia dixital  entre o alumnado, os docentes e o ámbito familiar.
  • Posicionamento positivo do profesorado de cara á actualización de metodoloxías e a consideración do uso das tecnoloxías como medio de mellora do proceso de ensino- aprendizaxe.
  • Obsérvase a necesidade de mellora no traballo colaborativo a través das tecnoloxías para enriquecer o proceso de ensino-aprendizaxe.

Lévase implantando  dende o ano 2009 un PLAN TIC que trata de motivar e concienciar á comunidade educativa da necesidade de dotar ao alumnado dunha competencia dixital necesaria para o seu futuro. Ademais, somos centro ABALAR dende o ano 2012 polo que o noso alumnado conta cunha dotación tecnolóxica que facilita o cambio metodolóxico e integra as tecnoloxías na vida diaria do alumnado.

Por último, nestes momentos é mais doado acceder ás novas tecnoloxías e case todas as familias contan con acceso á rede e un ordenador na casa. A revolución tecnolóxica non se pode negar. Temos que adaptarnos e integrar un proxecto que axude ao alumnado á súa comprensión e utilización. Por este motivo, dende hai tres cursos, solicitamos o programa de educación dixital galega, que nos foi concedido. 

Dende o curso 2019/2020, a escola traballa co alumnado do quinto e sexto curso de primaria a través da plataforma EDIXGAL, que obriga a deixar de lado os libros de texto como principal ferramenta de aprendizaxe.

O centro dispón de equipamento; foron enviados  equipos para o alumnado e para o profesorado implicado no proxecto; a conectividade da escola debería ser sempre boa, pero falla con moita frecuencia, temos que esixir á AMTEGA que o solucione,  e os contidos dixitais están nun espazo web a disposición do profesorado para a elaboración de cadansúa unidade didáctica. Esta é unha fermosa ferramenta que temos que aprender entre todos a utilizar. O que sí temos claro é que dispomos dunha aula dixital, con conexión a Internet que nos permite moita interactividade no proceso de ensino-aprendizaxe.

Proceso de elaboración

O proceso de elaboración do PD da escola ven marcado polo cronograma da folla de ruta establecida pola Consellería de Educación xunto cos coordinadores ADIX. Grazas á axuda e colaboración destes coordinadores, este Plan pode chegar a esta versión 1.0, pois a carga burocrática é tan grande que as direccións dos centros non serían quen de levalos a cabo sen estes mentores.

Pártiuse dunha autoavaliación SELFIE que nos proporcionou un informe de situación inicial da escola con aportacións do equipo directivo, alumnado do quinto e sexto curso de primaria e todo o profesorado do centro.

A partir do Informe SELFIE, o centro xerou unha análise DAFO que indicou as liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do informe SELFIE, TEST CDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permitiu o coñecemento da realidade no eido dixital e nos permitiu elaborar as liñas fundamentais do Plan Dixital.

Interno
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C13.-No noso centro o alumnado non precisa levar os seus propios dispositivos portátiles e utilizalos durante as clases. Alumnado Non
Debilidade C7.-No noso centro non existen sistemas de protección de datos suficientes. Infraestruturas Si
Debilidade C5.-A asistencia técnica non está dispoñible no noso centro cando xorden problemas coas tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Debilidade A4.-No noso centro non temos tempo para explorar como mellorar o meu método de ensino coas tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Debilidade B1.-No noso centro non avaliamos o noso progreso no ensino e na aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Debilidade G8.-Os nosos profesores comezan a iniciar aos estudantes no uso das tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe Organización de centro Non
Debilidade G1.-Os nosos profesores non utilizan suficientemente as tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades dos estudantes Persoal docente Non
Debilidade O noso profesorado non utiliza coa frecuencia necesaria tecnoloxías dixitais para que os seus alumnos poidan facer observacións construtivas sobre o traballo dos seus compañeiros Persoal docente Non
Debilidade O profesorado aínda non participa a través de redes profesionais Persoal docente Si
Debilidade A porcentaxe de tempo dedicado ao ensino dixital non é suficiente en tódolos niveis educativos do centro. Persoal docente Non
Debilidade E4.-O noso profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para a comunicación relacionada co centro educativo Persoal docente Non
Debilidade G3.-Os nosos profesores empregan en pouca medida tecnoloxías dixitais para proporcionar unha retroalimentación adecuada aos estudantes. Persoal docente Si
Debilidade G5.-Os nosos profesores non utilizan as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade Formación presencial do profesorado e en liña Persoal docente Non
Debilidade Parte do profesorado non se sinte seguro na utilización de ferramentas dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza H3.- No noso centro o alumnado aprende a actuar de forma responsable en internet Alumnado Non
Fortaleza F6.- O noso profesorado fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais Alumnado Non
Fortaleza C8.-No noso centro existen dispositivos dixitais que son propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise Alumnado Non
Fortaleza C10.-No noso centro, hai dispositivos portátiles propios e xestionados pola escola que os alumnos poden levar a casa cando o precisen. Alumnado Non
Fortaleza H1.-No noso centro o alumnado aprende a actuar con seguridade en internet. Alumnado Non
Fortaleza H4.- No noso centro o alumnado aprende a comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa Alumnado Non
Fortaleza G.10- O noso profesorado valora as competencias dixitais que o alumnado desenvolveu fóra do centro educativo Alumnado Non
Fortaleza H6.- No noso centro o alumnado aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atopan en internet. Alumnado Non
Fortaleza H8.- No noso centro o alumnado aprende a comunicarse mediante as tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza C14,-No noso centro, os espazos físicos facilitan o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza A3.- Apoiamos aos profesores a explorar novas formas de ensinar coas tecnoloxías dixitais Oferta Non
Fortaleza C3.-O noso centro ofrece acceso a Internet para o ensino e a aprendizaxe Oferta Non
Fortaleza A5.-No noso centro respectamos os dereitos de autor e utilizamos licenzas cando utilizamos as tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe Oferta Non
Fortaleza C2.-No noso centro existen dispositivos dixitais para o seu uso na docencia Organización de centro Non
Fortaleza F5.- Utilizanse as tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado Persoal docente Non
Fortaleza F4.- O profesorado leva a cabo actividades de aprendizaxe dixital que motiven o alumnado Persoal docente Non
Fortaleza D1.- O equipo directivo comenta co profesorado sobre as súas necesidades de FPC en relación ao ensino con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza D2-O noso profesorado ten acceso a posibilidades de CPD en relación co ensino e a aprendizaxecoas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza D3.-Axudamos ao noso profesorado a intercambiar experiencias dentro da comunidade educativa sobre o ensino con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza E1.-O profesorado busca recursos educativos dixitais na rede. Persoal docente Non
Fortaleza F3.- Na escola o profesorado utiliza actividades de aprendizaxe dixital que fomentan a creatividade do alumnado Persoal docente Non
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O profesorado precisa tempo para traballar coas novas tecnoloxías. Administración educativa Non
Ameaza O servicio de mantemento do equipamento non é adecuado. Administración educativa Non
Ameaza Os Equipos directivos están saturados de tanta carga administrativa e burocrática, co cal esto lle resta tempo para animar ao profesorado a formarse e levar a cabo actividades dixitais co alumnado. Administración educativa Non
Ameaza A actualización dos equipos, a reposición dos mesmos ao longo do tempo non é efectiva. Administración educativa Non
Ameaza Cada vez son menos as familias que se implican. Son moitas as responsabilidades e pouco o apoio que reciben. ANPA Non
Ameaza Familias que cada vez lle dedican menos tempo a axudar ao alumnado a realizar actividades propostas dende a escola dixitais. Contorna Non
Ameaza Poboación da contorna da escola maior, con non demasiados medios tecnolóxicos ao alcance do alumnado. Contorna Non
Ameaza Actualización do ROC e posibilidade de liberación horaria para os coordinadores de programas dixitais. Lexislación Non
Ameaza Pola crise económica, cada vez son menos as empresas que poden colaborar coas escolar e fomentar as súas actividades educativas. Outras Non
Oportunidade Oportunidade de dixitalizar a documentación administrativa do centro. Administración educativa Non
Oportunidade Aproveitar os mentores seleccionados na actualidade no Plan Dixital para colaborar e acompañar ás escolas titorizadas no desenvolvemento das tarefas diarias relacionadas coas novas tecnoloxías. Administración educativa Non
Oportunidade Posibilidade de formación interna. Administración educativa Non
Oportunidade Oportunidade de formar parte da rede de centros dixital. Administración educativa Non
Oportunidade Oportunidade de dixitalización da biblioteca do centro. Administración educativa Non
Oportunidade O servicio Premium Edixgal non funciona axeitadamente. Administración educativa Non
Oportunidade Zona con grandes empresas que traballan coa robotización e dixitalización e que pode ampliar a visión que a rapazada ten do mundo dixital. ANPA Non
Oportunidade Colaboración dos seus membros nas actividades didácticas programadas pola escola e para as que precisa a súa colaboración. Contorna Non
Oportunidade Empresas coñecidas poden facer donacións que axuden e melloren as dotacións da escola que nestes tempos están a ser moi escasas. Outras Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Con independencia das necesidades ou propostas de mellora suxeridas, en cada curso escolar o Plan de Acción deberá ter en conta os recursos materiais e humanos no momento de elaboración do Plan Dixital.

Incidirase en obxectivos que supoñan unha mellora relativa do uso que se fai dos recursos dispoñibles, tendo en conta que o catálogo dos mesmos está en constante evolución.

A partir do resultado do DAFO, o equipo do Plan Dixital, priorizou as neesidades detectadas nas diversas áreas do ma rco europeo e diagnosticou os diversos items a mellorar.

Para que este plan sexa viable, é mester indicar as necesidades de mellora de infraestruturas tecnolóxicas, de equipamento e de servizos dixitais educativos. En cada un deses casos, estableceremos a finalidade para a que se precisan as melloras.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Elaborar un protocolo de protección de datos (C7)
O02PD Empregar rúbricas para a avaliación de traballos facilitando retroalimentación axeitada ao alumnado en entorno Moodle e/ou Edixgal (G3)
O03PD Establecer canles de comunicación entre a comunidade educativa para facilitar o proceso de ensinanza-aprendizaxe. (B3)
O04PD Mellorar os procesos de xestión do entorno educativo a través da dixitalización dos mesmos. (A2)

Seguimento

Procedemento

A partir da realización das diferentes accións ao longo do curso farase un seguimento do Plan Dixital que será incluído en cada unha das accións levadas a cabo, así como as evidencias das mesmas.

Este seguimento a partires da observación directa das diferentes accións realizadas, valoraranse segundo a escala de Likert en 4 niveis de desempeño.

1. Levouse a cabo con éxito.

2. Levouse a cabo con modificacións respecto á programación inicial.

3. Non se puido levar a cabo.

1º Trimestre

O01PD: Elaborar un protocolo de protección de datos (C7)

AO1.1: Solicitar formación específica sobre protección de datos.

1. Levouse a cabo con éxito. Esta acción realizouse conforme aos parámetros e datas indicadas na programación, realizamos formación sobre protección de datos a cargo do CFR de Vigo, no IES de República Oriental de Uruguay.

AO1.2: Elaborar un protocolo de protección de datos.

2. Levouse a cabo con éxito con modificacións con respecto á programación inicial. No noso centro empregamos o protocolo publicado recientemente pola Consellería.

AO1.3: Divulgación do  protocolo de protección de datos.

3. Non se levou a cabo, xa que empregamos e difundimos o que está publicado na Consellería.

 

Polo tanto, podemos considerar que este obxectivo non foi acadado na súa totalidade porque persisten dúbidas no profesorado con respecto aos permisos que necesitan pedir ás familias, xa que hai inconsistencias entre o que se nos transmitiu na formación e as indicacións dadas nalgúns programas educativos nos que participa o centro. 

Aínda que parte das dúbidas iniciais foron solventadas ao longo das sesións de formación e levámolas a cabo no noso centro.

 


O02PD: Empregar rúbricas para a avaliación de traballos facilitando retroalimentación axeitada ao alumnado en entorno Moodle e/ou Edixgal (G3)

AO2.1: Matrícula do alumnado na AV Moodle e/ou Edixgal do centro.

1. Levouse a cabo con éxito. Conquerido na súa totalidade no primeiro trimestre do curso para que o alumnado poidese empregar a aula virtual.

AO2.2: Creación de cursos na AV Moodle e/ou Edixgal do centro para alumnado.

1. Levouse a cabo con éxito. Todas as aulas poden acceder á aula virtual do centro e 5º e 6º de primaria empregan Edixgal.
 


O03PD: Establecer canles de comunicación entre a comunidade educativa para facilitar o proceso de ensinanza-aprendizaxe. (B5)

AO3.1: Elaborar unha guía de uso da aula virtual para as familias.

2. Levouse a cabo con modificacións respecto á planificación inicial. Cambiamos a elaboración da guía de uso por charlas explicativas nos diferentes grupos/clase.

A03.2: Mostrar a aula virtual e a guía de uso na reunión de inicio de curso.

2. Levouse a cabo con modificacións respecto á planificación inicial. Cambiamos a elaboración da guía de uso por charlas explicativas nos diferentes grupos/clase.

A03.3: Facer un seguimento das entradas das familias á aula virtual e comprobación do número de familias que participan.

1. Levouse a cabo con éxito. Trimestralmente, cada mestre a nivel individual fai un seguimento do uso da aula virtual.

 


O04PD: Mellorar os procesos de xestión do entorno educativo a través da dixitalización dos mesmos. (A2)

AO4.1: Dixitalizar todos os procesos e xesións do centro a través da Signatura Dixital.

1. Levouse a cabo con éxito. Todas as xestións administrativas do centro fanse á través da Signatura Dixital.

AO4.2: Rematar implantación da aplicación Abalar nas comunicacións familia-escola.

1. Levouse a cabo con éxito. Todas as familias teñen comunicación co centro a través da aplicación Abalar, aínda que non se empregan algúns aplicativos da mesma, como por exemplo, a petición de titorías.

 

 

2º Trimestre

O02PD: Empregar rúbricas para a avaliación de traballos facilitando retroalimentación axeitada ao alumnado en entorno Moodle e/ou Edixgal (G3)

AO2.3: Elaboración de rúbricas base para traballos en diferentes niveis educativos.

4. Non se levou a cabo. Pendente de realización no terceiro trimestre.

AO2.4: Formación en xestión de cualificación e emprego de rúbricas en cursos Moodle Equipo dinamización
Plan Dixital.

4. Non se levou a cabo. Pendente para o próximo ano porque non houbo tempo material para facelo.

AO2.5: Incorporación das rúbricas base elaboradas na CCP coma rúbricas compartidas en Moodle e/ou creación dun curso con tarefas coas rúbricas base para importar en Edixgal.

4. Non se levou a cabo. Pendente para o próximo ano porque non houbo tempo material para facelo.
 

Este obxectivo, podemos dicir que non se puido levar a cabo este ano, polos motivos antes expostos, pero consideramos retomalo no vindeiro ano.


O03PD: Establecer canles de comunicación entre a comunidade educativa para facilitar o proceso de ensinanza-aprendizaxe. (B5)


A03.3: Facer un seguimento das entradas das familias á aula virtual e comprobación do número de familias que participan.

1. Levouse a cabo con éxito. As mestras siguen facendo seguimento continuo das entradas das familias na AV.

A03:4: Facer máis accesible a navegación pola Web do Centro.

4. Non se levou a cabo. As familias xa teñen asumido o mapa e a organización da web e polo que non consideramos urxente modificar o deseño da páxina web polo de agora. Sentindo que sería máis un tema de estética que de necesidade de busca de información.

 

A pesares disto, consideramos que este obxectivo está acadado.


O04PD: Mellorar os procesos de xestión do entorno educativo a través da dixitalización dos mesmos. (A2)


A04.3: Implementar o emprego de Ferramentas Colaborativas para todos os documentos do centro: Programacións, etc.

4. Non se levou a cabo. Consideramos que esta acción non pode levarse a cabo mentras que a Consellería non nos facilite unha ferramenta corporativa segura, que non poña en risco os datos que aparezan nos documentos. En canto esta ferramenta, como é o caso de AbalarBox estea completamente operativa, realizaremos esta acción.

A04.4: Realizar un rexistro de todos os documentos e procesos de xestión dixitalizados e compartilo co claustro.

1. Realizado con éxito. Todos os documentos do centro son compartidos co profesorado a través do correo electrónico corporativo.

 

3º Trimestre

O02PD: Empregar rúbricas para a avaliación de traballos facilitando retroalimentación axeitada ao alumnado en entorno Moodle e/ou Edixgal (G3)

AO2.3: Elaboración de rúbricas base para traballos en diferentes niveis educativos.

4. Non se levou a cabo. Pendente de realización no terceiro trimestre.

AO2.4: Formación en xestión de cualificación e emprego de rúbricas en cursos Moodle Equipo dinamización
Plan Dixital.

4. Non se levou a cabo. Pendente para o próximo ano porque non houbo tempo material para facelo.

AO2.5: Incorporación das rúbricas base elaboradas na CCP coma rúbricas compartidas en Moodle e/ou creación dun curso con tarefas coas rúbricas base para importar en Edixgal.

4. Non se levou a cabo. Pendente para o próximo ano porque non houbo tempo material para facelo.
 

Este obxectivo, podemos dicir que non se puido levar a cabo este ano, polos motivos antes expostos, pero consideramos retomalo no vindeiro ano.


O03PD: Establecer canles de comunicación entre a comunidade educativa para facilitar o proceso de ensinanza-aprendizaxe. (B5)


A03.3: Facer un seguimento das entradas das familias á aula virtual e comprobación do número de familias que participan.

1. Levouse a cabo con éxito. As mestras siguen facendo seguimento continuo das entradas das familias na AV.

A03:4: Facer máis accesible a navegación pola Web do Centro.

4. Non se levou a cabo. As familias xa teñen asumido o mapa e a organización da web e polo que non consideramos urxente modificar o deseño da páxina web polo de agora. Sentindo que sería máis un tema de estética que de necesidade de busca de información.

A pesares disto, consideramos que este obxectivo está acadado.


O04PD: Mellorar os procesos de xestión do entorno educativo a través da dixitalización dos mesmos. (A2)


A04.3: Implementar o emprego de Ferramentas Colaborativas para todos os documentos do centro: Programacións, etc.

4. Non se levou a cabo. Consideramos que esta acción non pode levarse a cabo mentras que a Consellería non nos facilite unha ferramenta corporativa segura, que non poña en risco os datos que aparezan nos documentos. En canto esta ferramenta, como é o caso de AbalarBox estea completamente operativa, realizaremos esta acción.

A04.4: Realizar un rexistro de todos os documentos e procesos de xestión dixitalizados e compartilo co claustro.

1. Realizado con éxito. Todos os documentos do centro son compartidos co profesorado a través do correo electrónico corporativo.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para avaliar este plan mediremos o grao de consecución dos obcectivos marcados. También haberá que comprobar a efectividade das actuacións levadas a cabo. Para valorar  a avaliación, teremos en conta os siguientes instrumentos e ferramentas:

  • Os indicadores de avaliación asociados a cada un dos obxectivos e accións.
  • A ferramenta de avaliación SELFIE a través da que poderemos facer unha análise da competencia dixital do Centro.  (Realizarase anualmente a final de curso).
  • A avaluación da Competencia Dixital do alumnado a través de SELFIE, preferiblemente ao final do curso.

O plan avaliarase en función dos resultados obtidos no marco dos obxectivos e prazos previstos. O informe de progreso formará parte da Memoria anual do Centro.

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, levarase a cabo tendo como referente os valores previstos para os indicadores dos obxectivos establecidos.

Avaliarase tanto o proceso, como a consecución do obxectivo ao final o propio proceso.

Polo tanto estableceranse dous tipos de avaliación:

- Avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- Avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

O desenvolvemento do plan dixital precisa o enfoque dun proceso continuo e evolutivo. Representou un desafío para a comunidade educativa e, nalgún obxectivo concreto, require máis tempo para optimizar o seu resultado.

 

O principal factor que condicionou o  desenvolvemento do Plan Dixital foi o tempo, pois son moitas as labouras administrativas a levar a cabo. A  infraestrutura tecnolóxica dispoñible, é adecuada pero formar parte de Edixgal, é un atranco cando non se arranxa o equipamento. O desenvolvemento do obxectivo relacionado coa avaliación a través de moodle, a avaliación de rúbricas,  viuse afectado por esta falta de tempo, polo que o vindeiro curso intentaremos retomalo.

A avaliación do desenvolvemento do plan dixital debe ter en conta os resultados e o impacto na aprendizaxe dos estudantes, así como a experiencia e a retroalimentación dos docentes, pais e outros actores chave. No presente curso funcionou estupendamente o programa de formación do profesorado, no que atinxe a novas apps, e programas educativos. Funcionou especialmente todo o aprendido na formación en croma e o plan proxecta “Nós tamén creamos”, polo que o alumnado emocionouse moito cos programas traballados e foi quen de gozar da aprendizaxe. Ao ser este o primeiro Plan Dixital que desenvolvemos pode ser que non fosemos capaces de sacar o máximo proveito ás aprendizaxes. Haberá que agardar a vindeiros cursos nos que voltemos a realizar un exercizo SELFIE de autoavaliación da situación dixital da comunidade educativa.

Proposta de mellora
  • Realizar unha reavaliación das necesidades tecnolóxicas e os recursos dispoñibles no centro educativo coa finalidade de determinar que recursos adicionais son necesarios.
  • Afondar na formación e no desenvolvemento profesional contínuo do corpo docente en colaboración cos CFR afondando na estabilización dunha liña TIC nos PFPP. Asimesmo, é importante fomentar a colaboración e o intercambio de boas prácticas entre os docentes da propia escola e cos da contorna.
  • Integración curricular: Continuar a promover a integración da tecnoloxía no currículo escolar de maneira transversal. Co Proxecto Documental Integrado que estamos a levar a cabo a través do proxecto de biblioteca, implica a todo o profesorado e consigue que fomentemos a creatividade, o pensamento crítico e o coñecemento de distintas ferramentas dixitais,  Isto implica identificar oportunidades, fomentando a creatividade… 
  • Promocionar o acceso a recursos dixitais de calidade, coma os do Espazo Abalar, a aula virtual da escola… tendo como finalidade o enriquecimiento do proceso de ensino aprendizaxe. Fomentar a participación activa da comunidade educativa no plan dixital, involucrando ás familias e outros membros da comunidade educativa. Faranse xuntanzas informativas, enquisas, obradoiros e faladoiros.
  • Establecer un sistema de avaliación e seguimento continuo para medir o impacto do plan dixital na aprendizaxe do alumnado.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan Dixital completo será publicado na Web do centro e enviado ás familias a través da Plataforma Abalarmóbil.

Poderá descargarse na seguinte ligazón

 
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvirxerocio/?q=system/files/Lj_Vua6D.pdf