Datos identificativos
Nome/ Código: C.E.I.P. Joaquín Rodríguez Otero - 15021861
Enderezo: Campo de Xaviña, s/n CP. 15111- Buño
C.I.F.: Q 6555347 A - Teléfono: 881 88 07 40
Correo electrónico: ceip.joaquin.rodriguez@edu.xunta.gal
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipjoaquinrodriguez
Lexislación
• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
• Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
• Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunida de Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo.
A preocupación pola presenza das novas tecnoloxías na realidade do centro educativo non é algo novo . Hai xa mais de 10 anos que aparece recollido no punto X- Plan de introdución ás novas tecnoloxías, do Proxecto Educativo.
Desde o curso 2017 o claustro do centro está a participar en PFPP relacionados coas novas tecnoloxías:
-
PFPP 2017/18 Introdución á robótica en Primaria.
-
PFPP 2018/19 Robotizando a escola.
-
PFPP 2019/20 Robotizando a escola.
-
PFPP 2020/21 A aula virtual do centro. Recurso para un ensino non presencial.
-
PFPP 2021/22 A aula virtual do centro. Recurso para un ensino non presencial.
-
PFPP 2022/23 A aula virtual do centro. Recurso para un ensino non presencial.
-
PFPP 2023/24 Os Polos Creativos como espazo de innovación e creatividade.
-
PFPP 204/25 Os Polos Creativos como espazo de innovación e creatividade.
Ademais , o profesorado do centro realizou as actividades formativas de actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes organizadas polo CEFORE.
Esta formación aplícase nas aulas, a través da proposta de actividades de programación e robótica en obradoiros anuais e , especialmente nos grupos de 4º a 6º de primaria.
Esta formación é tamén aprobeitada para dentro do PLAMBE crear o espazo TIC na biblioteca do centro.
PROCESO DE ELABORACIÓN
Por tratarse dun centro con un claustro reducido de 8 docentes, a dirección propuxo o asesor de formación do CEFORE a posibilidade de realizar dentro do PFPP do centro no curso 2021/22 un itinerario sobre a elaboración do PD. En consecuencia, na realización do PD participou todo o profesorado do centro, exercendo a función de coordinado o director do centro. Seguindo a temporalización planificada realizáronse tres fases:
- Fase I. Análise e diagnose de situación do centro.
- Fase II. Deseño e elaboración do PD.
- Fase III. Implementación,seguimento e avaliación.
As dúas primeiras fases realizáronse ao longo do curso 2021/22 , quedando a 3ª fase axendada para o curso 2022/23 , no que se aprobou o Plan Dixital con 3 obxectivos que , tal como se recolle na avaliación realizado o final do curso , foron acadados.
No curso 2023/24 , propuxéronse novos obxectivos tendo en conta o recollido na avaliación do curso anterior e as necesidades previamente detectadas. Para o curso 2024/25 proponse continuar cos obxectivos anteriormente propostos , e completalos coas necesidades detectadas no curso anterior.