Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro

Neste curso 24/25 o CPR SANTA CRISTINA (código de centro 36010897), situado na rúa Portela nº 87 en Vigo, é un centro que conta cunha matrícula de 216 alumnas e alumnos, distribuídos nas etapas de Educación Infantil ( 31 nenos e nenas) , Educación Primaria ( 104 alumnos e alumnas) e Educación Secundaria ( 81 alumnos e alumnas). O claustro está formado por 26 persoas (3 especialistas de E.I., 6 titores de Ed. Primaria 4 titores de Ed.Secundaria, profesorado especialista de Música, Educación Física e Inglés; ; 2 orientadores; 1 especialistas en Pedagoxía Terapéutica e 1 especialista en Audición e Linguaxe).

 Os datos de conctacto do centro son:

A páxina web: https://cprsantacristinavigo.com/

O correo electrónico: cpr.santacristina.vigo@edu.xunta.gal

Teléfono: 986251309

 

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

O CPR Santa Cristina está localizado no barrio periférico de Lavadores, próximo á zona do Calvario. A construción do edificio, na rúa Portela, nº 87, é do ano 1998. 

O ambiente socio-cultural e económico é medio. Obsérvanse  numerosos  casos de familias monoparentais, que en ocasións, afectan á educación dos seus fillos. As familias participan regularmente no Centro, no ámbito de AMPA, charlas orientativas, etc. De procedencias dispares, con intereses e expectativas diferentes ante a educación. A relación familia/escola recae maioritariamente nas nais, aínda que se vai incrementando a participación dos pais na vida do centro. Nunha minoría de pais hai unha escasa axuda no seguimento do proceso educativo dos seus fillos.

 A idea do presente Plan Dixital, con respecto ao noso Proxecto Educativo, é que o noso centro mellore en competencia dixital e calidade de recursos, contribuíndo a un tipo de educación máis consecuente co momento actual e a un Claustro con maior formación dixital e tecnolóxica. Todos os proxectos, programas e plans do centro estarán ligados a este Plan, destacando, sobre todo o Proxecto de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) en formación dixital no que participa todo o profesorado dende o curso 2023/2024.

A Programación Xeral Anual do curso 2024/2025, polo tanto, terá en conta os obxectivos e actividades reflectidas no plan de acción do presente documento para así levar a cabo toda a organización programada para o curso e non interferir no seu desenvolvemento.

Actualmente, en termos dixitais, contamos cun equipo de Dinamización das TIC, a páxina web e RRSS, o Blog do centro e a aula virtual en funcionamento en secundaria a través de google classroom. No que respecta ao equipamento, todas as aulas contan con, polo menos, un ordenador con conexión a Internet e pizarra dixital, así coma os dispoñibles na aula de informática,  no Departamento de Orientación e nas dependencias do Equipo Directivo. 

1.3. Breve xustificación do mesmo.

O presente plan xorde, ademais da necesidade de dixitalizar o noso centro acorde ás actuais necesidades educativas sociais, dunha extensa xustificación normativa. En concreto, dos seguintes documentos:

-Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOE), modificada pola nova Ley Orgánica 3/2020, de 29 de decembro (LOMLOE).

-Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

-Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Relacionamos o articulado concreto dos Decretos autonómicos no que se recolle a obriga de inclusión do PD no Proxecto Educativo (para cada unha das ensinanzas):

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

1.4. Proceso de elaboración.

Para a elaboración do presente plan organizouse un Equipo de Dinamización do Plan Dixital formado pola persoa coordinadora :Gladis Barros Fanjul ,máis  Cristina Yagüe, Ramón Infante e Teba Carballido (docentes do centro).

Informouse a todo o Claustro en sucesivas reunións sobre o proceso de elaboración do plan e todos formaron parte das dúas formacións online que tiveron lugar para informar sobre o análise “D.A.F.O.” e a elaboración do Plan de Acción. Ademais, practicamente a totalidade do Claustro participou na enquisa SELFIE e no test “CDD” levada a cabo a través da plataforma “FPROFE”.

Unha vez obtidos os informes resultantes de ambas enquisas, elaborouse o análise “D.A.F.O.” onde se detectaron as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades do noso centro no tocante ao ámbito dixital. Para realizalo, o Equipo de Dinamización do Plan Dixital empregou un taboleiro colaborativo na Aula Virtual do centro e, posteriormente, a partir das conclusión do mesmo decidíronse os obxectivos a recoller no Plan de Acción que será a base do noso plan dixital que será presentado en Claustro no primeiro trimestre do curso escolar 2024-2025.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración deste PD foi necesario crear un grupo de traballo denominado Equipo de Dinamización do Plan Dixtal, formado por 4 profesores, dous de secundaria e dous de primaria, que ademáis conforman o equipo TIC do centro, para poder ter unha representación das dúas etapas que máis poden precisar este plan dixital. 

 

Realizáronse os seguintes pasos:

-         Selfie. Iniciado o 14 de novembro de 2021 e rematado o día 3 de decembro de 2021.

-         Test CDD. Entregado o día 7 de marzo de 2022.

-         DAFO. Entregado o día 7 abril de 2022.

-         Plan de Acción presentado o día 12 de xuño de 2022.

 

A partir dos datos obtidos nos diferentes documentos anteriores e a través de reunións virtuais e presenciais logramos sacar dito plan adiante.

Interno
32 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta intercambio de experiencias con outros centro. Depende moito da tipoloxía do alumnado poder levar adiante proxectos de intercambio. Alumnado Si
Debilidade Medo ao mal emprego ou deterioro por parte do alumnado dos diferentes equipos dixitais do centro. Alumnado Non
Debilidade Descoñecemento dalgunhas familias dos mínimos en relación a tecnoloxía, polo que non podemos esquecer de manter certos modelos tradicionais á hora de actividades ou notificacións. Familias Non
Debilidade Fenda dixital presente ainda en algunhas familias, no tanto na posibilidade de ter equipos rudimentarios pero si por problemas de internet. Organización de centro Non
Debilidade Necesidade de contextualizar mellor a nosa estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade Medo a perder os resultados que obtemos co uso de metoloxías tradicionais e todos os cambios que poden provocar. Organización de centro Non
Debilidade O centro non dispón de persoal de asistencia técnica presencial. Emprega a algúns profesores e certa asistencia online coa empresa xestora do mantemento dos equipos. Organización de centro Non
Debilidade Medo ao uso das TIC nalgúns aspectos das novas modalidades de ensino. Organización de centro Non
Debilidade Precisamos de mais tempo para coñecer e poñer en práctica as novas modalidades de ensino. Organización de centro Non
Debilidade Necesitamos mellorar a avaliación do progreso de ensinanza. Persoal docente Si
Debilidade Debemos unificar mais a experiencia dixital entre as diferentes etapas educativas Persoal docente Non
Debilidade Colaborar na elaboración das necesidades e intercambio de experiencias do DPC Persoal docente Si
Debilidade Realizar máis colaboración entre o equipo docente e con entidades externas. Persoal docente Non
Debilidade Precisamos elaborar máis proxectos dirixidos a avaliación da competencia dos nosos alumnos. Persoal docente Si
Debilidade Falta intercambio de experiencias con outros centro. Depende moito da tipoloxía do alumnado poder levar adiante proxectos de intercambio. Persoal non docente Non
Fortaleza O centro dispón dunha aula específica con equipamento dixital individual e por outra banda todas as aulas dispoñen de equipamento dixital completo. Alumnado Si
Fortaleza O centro dispón dun amplio abanico de tipoloxías familiares polo que existe un enriquecimento cultural. Familias Non
Fortaleza O centro dispón en todas as aulas de dispositivos dixitais para o ensino. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro está disposto a engadir/actualizar os dispositivos dixitais. Infraestruturas Si
Fortaleza o centro dispón de profesorado que na medida do posible realiza funcións de asistencia técnica para o profesorado. Infraestruturas Non
Fortaleza O centro promove o emprego de novas modalidades de ensino. Oferta Si
Fortaleza O centro promove actividades extraescolares de diferentes temáticas para poder chegar aun maior número de alumnado. Oferta Non
Fortaleza O centro dispón dunha estratexia dixital clara que é levada adiante pola comunidade educativa. Organización de centro Non
Fortaleza O centro promove o emprego de novas modalidades de ensino. Organización de centro Si
Fortaleza O centro dispón de asistencia técnica por parte do profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza O centro promove o emprego de novas modalidades de ensino. Persoal docente Si
Fortaleza Existe colaboración e debate sobre o uso da tecnoloxía e das diferentes ferramentas que podemos empegar no proceso de ensinanza Persoal docente Si
Fortaleza O equipo docente é coñecedor das necesidades educativas do alumnado e emprega polo que emprega diferentes extratexias para poder facer unha ensinanza inclusiva e variada na que o alumnado sea partícipe. Persoal docente Non
Fortaleza Elaboramos unha xestión da avaliación do proceso Persoal docente Non
Fortaleza Concienciación por parte de toda a comunidade educativa da importancia das TIC e da realización dun Plan Dixital de Centro real e práctico Persoal docente Non
Fortaleza O equipo docente é coñecedor e pon en actualidade e en práctica diaria o uso de recursos educativos en línea, recursos dixitais, entornos virtuais... Persoal docente Non
Fortaleza O equipo docente leva adiante ao menos un proxecto interdisciplinar de centro, e outros pequenos proxectos por etapas. Persoal docente Non
32 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Problemas para mellorar as condicións de acceso a internet. Administración educativa Si
Ameaza Poucas axudas a hora de levar adiante novas ideas, demasiada burocracia que logo non ten o seu premio, xa que quedamos fora en varias ocasións por ser un centro privado Administración educativa Non
Ameaza As novas tecnoloxías veñen exclusivamente da man dos proxectos xa implantados pola Xunta, pero non abren axudas a outros proxectos dixitais por parte dos centros, polo que se financian a partir dos ingresos do centro. Administración educativa Non
Ameaza Pouca colaboración no plano dixital por parte da ANPA. ANPA Non
Ameaza Moito desnivel social e académico entre as familias do noso alumnado. Contorna Non
Ameaza Contorna complicada no plano económico con moito contraste nas familias do noso alumnado. Contorna Non
Ameaza Pouca variedade nas diferentes formacións por parte de Fprofe. Lexislación Si
Ameaza Moitas das formacións específicas en relacións as novas tecnoloxías e novas normas ou leis son pouco asequibles a través dos recuros de Fprofe. Facendo necesarios que os propios docentes nalgunhas ocasións teñan que pagar os seus propios cursos específicos. Lexislación Si
Ameaza Pouca colaboración para a realización de prácticas dirixidas a toma de decisións do futuro do noso alumnado. Outras Non
Ameaza As colaboracións con algunhas entidades supoñen "perda" de tempo de formación do alumnado. Outras Non
Ameaza Poucos proxectos de colaboración complementarios ao curriculo das etapas educativas Outras Si
Oportunidade O centro está en proceso de adquisición de novos dispositivos dixitais para a realización de tarefas diferentes as que se realizan na propia aula de informática. Administración educativa Si
Oportunidade O centro está en continuo proceso de revisión das condicións de acceso a internet. Administración educativa Si
Oportunidade O ANPA promove e xestiona algunha actividade extraescolar. ANPA Non
Oportunidade O centro dispón de aulas amplias que facilitan a implementación de actividades alternativas dentro da propia aula como fora de ella. Contorna Non
Oportunidade O centro fórmase nas novas normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Lexislación Non
Oportunidade O centro conta con persoal formado na protección de datos que periodicamente informa das modificacións que poidan xurdir neste ámbito. Lexislación Non
Oportunidade O centro colabora con diferentes empresas, universidades, concello, ONGs ¿ na realización de prácticas, consultas, charlas e formacións nas nosas instalacións tanto para as familias, profesores coma o propio alumnado. Outras Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Achegamos o cadro co noso análise DAFO nos anexos do Plan.

Durante este curso 24-25 traballaremos as seguintes categorías con debilidades incluidas no noso DAFO:

- Con respecto a categoría Infraestructura e equipamento plantexamos un obxectivos (O01.PD que intentará eliminar ou reducir as debilidades detectadas.

- Na categoría de persoal docente, o noso obxectivo O02.PD vai dirixido a solventar as carencias plasmadas como debilidades no noso DAFO en referencia ao nivel de CDD do noso persoal.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Reducir as incidencias técnicas rexitradas na sala de informática /secretaría.
O02PD Conseguir que como mínimo o 30% do profesorado do centro teña certificado o nivel B1 da Competencia Dixital Docente
O03PD Adquirir novos dispositivos dixitais e mellorar os xa existententes (memorias RAM, equipos informáticos para: Plan B. MeteoEscolas, Polos Creativos))
O04PD Mellorar o acceso a internet en algunos puntos do centro (E.P. , Bilioteca)

Seguimento

Procedemento

Revisión detallada de cada un dos obxectivos indicados no noso plan para poder controlar as accións, cumprimento de indicadores asociados e plans de mellora necesarios en tempo real. 

Todos os acordos e datos recollidos quedaron rexistrados nas actas correspondentes.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital de centro será presentado no Consello Escolar do día 26-09-2 4e será compartido co resto do Equipo Docente por correo electrónico o día 4-11-24.

No mes de novembro e seguindo as indicacións do Coordinador da Xunta de Plan Dixital reponsable do noso centro, será compartido a través da nosa páxina web / Blog do centro.