Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A E.E.I. da Pastora está situada nunha zona elevada, na ladeira do monte da Pastora, quen da identidade ao centro. Dende o seu miradoiro podemos observar a desembocadura do río Umia, así coma outros municipios veciños. Neste enclave están as ruínas de Santa Mariña Dozo, construídas no s. XVI sobre unha ermitá románica do S. XII, e declaradas Monumento Nacional no ano 1943, e a capela da Virxe da Pastora.

Cambados, vila catalogada como conxunto histórico-artístico, consta de tres barrios: Fefiñáns, co seu Pazo do mesmo nome, neoclásico, con escudos renacentistas e torre almenada, Cambados, centro comercial e administrativo, e Santo Tomé, barrio mariñeiro.

A súa maior riqueza, actualmente, está centrada no turismo e nos viñedos, sen esquecernos da importancia do sector servizos e do seu carácter mariñeiro.

A situación da escola favorece o aproveitamento dos recursos que ofrece o contorno, no noso labor docente: saída ao monte e miradoiro da Pastora, granxas, proximidade aos muíños, Biblioteca, Auditorio, Escola de música, bombeiros, a rede museística, parques, actividades mariñeiras, exposicións e actividades culturais que dan vida e amplían as posibilidades de coñecemento da nosa cultura e identidade.

As familias dispoñen na súa maioría de dispositivos tecnolóxicos dixitaís ( teléfonos móbiles, tabletas, ordenadores) que usan de cotío e que permiten usar ós seus fillos e fillas desde ben novos sen poñer filtros nin control de tempo.

Desde o centro queremos promover o bo uso das novas tecnolóxias polo que no Plan Xeral Anual xa levamos varios anos establecendo obxectivos para achegar ó alumnado un uso correcto dos dispositivos e conseguir unha competencia dixital axeitada.

Os obxectivos xeraís para conseguir a competencia dixital do noso alumnado son:

Dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, e para transformala en coñecemento.

Incorporar diferentes habilidades, que van dende o acceso á información ata a súa transmisión en distintos soportes unha vez tratada, incluíndo a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación como elemento esencial para informarse, aprender e comunicarse.

Iniciar ó alumnado en ser unha persoa autónoma, responsable , crítica e reflexiva ao seleccionar , tratar e utilizar a información, así como as distintas ferramentas tecnolóxicas.

Para conseguir estes obxectivos iremos pouco a pouco dándolles autonomía, de xeito que sexan conscientes dela e utilicen os recursos sen medo algún. A planificación do seu uso estará pensada como un recurso, unha ferramenta que nos vai a axudar a acadar os obxectivos desexados.

Este Plan dixital está adaptado ao establecido na  normativa: Art. 111 bis, Art. 121 e

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 .

A elaboración do plan dixital foi feita ó longo de este curso pola dirección en colaboración co Claustro que aportou os datos recollidos no Selfie e no estudio DAFO. Tendo en conta que o noso é un centro con alumnado solo de infantil ás dificultades que atopamos foi axeitar o plan a toda a comunidade educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade A idade do noso alumnado fai que o diseño de materiais dixitais teña que ser acompañado do adulto e con apps axeitadas Alumnado Non
Debilidade O noso alumnado ten un acceso moi pouco restrinxido e non axeitado a idade nas súas casas. Familias Si
Debilidade Non dispoñemos de rede wifi que permita a conexión de dispositivos mobiles ou portatiles. Non dispoñemos de Portátiles, tabletas ou dispositivos móbiles para usar co alumnado nin na aula nin nas casas Infraestruturas Non
Debilidade No noso centro non dispoñemos de repositorios que conteñan materiais que faciliten o proceso de ensinanza aprendizaxe. Oferta Si
Debilidade No noso centro non contamos con estratexia dixital. Falta tempo para explorar na mellora nas novas tecnoloxías dixitaís. Non dispoñemos dun plan para enfrentarnos ó aprendizaxe mixto Organización de centro Si
Debilidade Temos carencia na creación de recursos dixitais actualizados. Non usamos recursos educativos abertos Non usamos as tecnoloxías dixitaís para adaptar a ensinanza ás necesidades do alumnado. O uso das tecnoloxías para fomentar a creatividade é escaso Persoal docente Si
Fortaleza O noso alumnado é quen de aproveitar os recursos que atopamos na internet. O noso alumnado dispon de robots que lle permiten achegarse a iniciación a programación. Alumnado Non
Fortaleza As familias comunicanse a traves de recursos tecnolóxicos dixitaís Familias Si
Fortaleza No noso centro a infraestrutura das aulas permite a ensinanza con tecnoloxias dixitais axeitadas a idade. Dispoñemos de EDIs en todas as aulas e cableado de internet. Infraestruturas Non
Fortaleza No confinamento fumos quen de crear materiais e poñelos a disposición das familias na aula virtual. Oferta Non
Fortaleza O profesorado ten acceso a DPC no PFPP anual. Organización de centro Non
Fortaleza Usamos tecnolóxias dixitais para colaborar con outras organizacións. Outras Non
Fortaleza Somos quen de buscar recursos en linea que nos axudan no proceso de aprendizaxe e ensinanza. Persoal docente Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A dotación tecnolóxica do centro necesita actualizarse. A Administración non nos está a dotar axeitadamente. Administración educativa Non
Ameaza Falta de formación da comunidade nun bo uso e crítico das tecnoloxías. Contorna Non
Ameaza A sobreexposición que sufre o alumnado nas redes sociaís dalgunha familia. Outras Si
Oportunidade Desde o CEFORE temos a oportunidade da escola Para Familias que nos permite formar as familias no uso correcto das novas tecnoloxías Administración educativa Non
Oportunidade Da do que a administración está a promover un plan dixital, temos a opción de amosar as nosas carencias para subsanalas solicitando novas achegas económicas. Administración educativa Non
Oportunidade A relación coa ANPA é moi boa o que favorece as oportunidades de formación para familias no eido dixital ANPA Non
Oportunidade Rapidez de comunicación co Centro polo uso de ferramentas dixitais. A participación e implicación das familias favorecen as iniciativas que propón o centro. Outras Si
Oportunidade A relación co Concello favorece a participación nas actividades propostas. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez analizado tanto os factores internos como externos tomouse a decisión de cpmezar polos seguintes obxectivos para o presente curso 2022-23.

  • Promover a comunicación entre familias e escola por medio das canles oficiais (AbalarMóbil)
  • Mellorar os métodos de ensinanza coa utilización de tecnoloxías dixitais
  • Coñecer os perigos da navegación e o uso seguro de internet
  • Favorecer o intercambio de experiencias no contexto da transformación dixital entre o centros similares

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Promover a comunicación entre familias e escola por medio das canles oficiais (AbalarMóbil)
O2PD Mellorar os métodos de ensinanza coa utilización de tecnoloxías dixitais
O3PD Coñecer os perigos da navegación e o uso seguro de internet
O4PD Favorecer o intercambio de experiencias no contexto da transformación dixital entre o centros similares

Seguimento

Procedemento

O procedemento seguido para comprobar o estado do Plan Dixital e a súa implementación foi o seguinte:

  • Xuntanzas de coordinación
  • Visitas do Adix
  • Cumplimentación da ferramenta de Educalidade
1º Trimestre

Obxectivo 1: Promover a comunicación entre familias e escola por medio das canles oficiais (AbalarMóbil)

 AO 1.1 Crear un grupo de traballo. Realizado.

AO 1.2:  Formar o profesorado sobre o uso de Abalar coas familias, tanto para comunicación como para petición de titorías. Realizado.

AO 1.3: Realizar unha infografía sobre o uso desta ferramenta. Realizado.

AO 1.4: Formar ás familias sobre o uso de esta ferramenta. Realizado.

Obxectivo 2: Mellorar os métodos de ensinanza coa utilización de tecnoloxías dixitais

AO 2.1: Crear un equipo de traballo. Realizado.

AO 2.2: Solicitar un plan de formación de creación de contidos con novas tecnolóxias. Realizado.

AO 2.3: Solicitar colaboración con outros centros de iguais características para a creación de contidos dixitais e compartir experiencias.

Obxectivo 3: Coñecer os perigos da navegación e o uso seguro de internet.

AO 3.1: Constituir un equipo de traballo.

Obxectivo 4: Favorecer o intercambio de experiencias no contexto da transformación dixital entre o centros similares.

AO 4.1: Constituir un equipo de traballo.

AO 4.2: Pescudar experiencias que se están a levar a cabo noutros centros.



 

2º Trimestre
3º Trimestre

Obxectivo 2: Mellorar os métodos de ensinanza coa utilización de tecnoloxías dixitais.

AO 2.4: Deseñar material específico co profesorado do centro para o proceso de ensinanza.

AO 2.4: Publicar os contidos creados adaptados ao currículo de E.I. na Web do centro.

Obxectivo 3: Coñecer os perigos da navegación e o uso seguro de internet.

AO 3.2: Participar en actividades, charlas, formación,... encamiñadas a coñecer os perigos da navegación e uso de internet para profesorado e familias.

AO 3.3: Realizar un cuestionario para profesorado e familias para coñecer o bo uso de internet.

Obxectivo 4: Favorecer o intercambio de experiencias no contexto da transformación dixital entre o centros similares.

AO 4.3: Organizar intercambio de experiencias con outros centros.

AO 4.4: Divulgar intercambios de experiencias co profesorado doutros centros.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

En xeral podemos decir que acadamos os obxectivos plantexados valorando a implementación do mesmo como alta.

Favoreceu a creación de materiais para o traballo na aula que foron axeitados as características da nosa escola e do noso alumnado.

Melloramos no uso dos recursos dixitais na actividade docente.

Ás melloras nos recursos materiais foron : 

Tablets para cada nivel aportados polo centro.

Mellora do recanto de robótica con ampliación do material .

Cableado novo e retirada do armario de conexión a unha zona non usada nin polo alumnado  nin polo Claustro.

Logo da solicitude de WIFI durante varios cursos está prevista a instalación no mes de Agosto. 

A colocación de paneis dixitais interactivos permitiunos mellorar o uso dos encerados no traballo diario porque pemite ter as luces acesas e a visibilidade é perfecta.

Proposta de mellora

Cara o vindeiro curso precisamos que os recursos dixitais creados poidan ser utilizados por todo o Claustro repercutindo no reservorio de materiais non físicos da E.E.I da Pastora.

Unha das propostas é a formación do profesorado no uso dos paneis dixitais interactivos e nos novos robots adquiridos por o centro.

Outro aspecto a ter en conta é a formación das familias tanto no uso das tecnoloxías como nunha educación responsable e positiva. Faremos charlas con diferentes poñentes que poidan aportar solucións para as dubidas das familias.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do plan de centro será recollida no Plan de Comunicación da E.E.I da Pastora e corresponderá  a dirección logo de ser avaliado Polo Claustro e comunicado ó Consello Escolar. estará colgado na paxina web do centro a disposición de familias e interesados.

Plan Dixital