Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización:

O IES Francisco Asorey, aínda que foi inicialmente creado para nove unidades, hoxe en día conta con vinte e sete (tres liñas de ESO, dúas liñas de Bacharelato, un ciclo de FP Básica, dous Ciclos de grao medio, dous Ciclos de grao Superior e unha liña dos Niveis III-IV de EPA).

O Plan dixital contribuirá  ao Proxecto Educativo do centro, integrándose cos outros plans que se desenvolven no centro:
    • Plan de Formación Permanente do Profesorado co fin de mellorar as Competencias Dixitais Docentes.
    • Proxectos de Formación do profesorado e innovación tecnolóxica.
O Plan Dixital formará parte da Programación Xeral Anual do curso 2022/23, dentro do ámbito de potenciación das novas tecnoloxías.

 

Xustificación normativa:

A  normativa na que se basea o Plan Dixital do noso centro é a seguinte:

    • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
    • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
    • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
    • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

 

Proceso de elaboración:

O equipo de redacción do plan dixital estivo formado por Asunción Moreno Rego, David Touceda Bugallo, Ángel Rey Roca e José Carlos García Valladares (Coordinador do equipo de dinamización do Plan Dixital) que colaboraron na realización da enquisa SELFIE, test CDD e a correspondente análise de datos DAFO. Recibiuse a fomación para o emprego destas ferramentas no PFPP "Análise da competencia dixital do centro e elaboración do Plan Dixital".
A continuación definíronse os obxectivos que constitúen o Plan de acción que se consideraron de maior utilidade. Finalmente redactouse o documento do Plan Dixital.

Situación de partida:

O IES Francisco Asorey dispón dos seguintes espazos e aulas especializadas:

    • Catorce aulas de propósito xeral, dotadas con ordenador e proxector.
    • Seis aulas dotadas con equipamento Abalar (ordenador, proxector, pizarra dixital interactiva, punto de acceso WiFi e un ordenador portátil por alumno).
    • Catro aulas pequenas para grupos reducidos (arredor de quince alumnos).
    • Aula de Debuxo con PC, proxector e sistema de megafonía.
    • Aula de Música con PC, proxector e sistema de megafonía.
    • Taller de Tecnoloxía cun PC e proxector.
    • Dúas Aulas de Informática dotadas cada unha delas con 30 equipos para o alumnado e proxector.
    • Laboratorio de Ciencias con PC e proxector.
    • Laboratorio de Física e Química con PC e proxector.
    • Dúas aulas de Apoio (unha delas equipada para a PT con ordenador e tres tablets).
    • Ximnasio con PC portátil  e proxector.
    • Taller especializado para o primeiro curso de FP Básica equipado con 20 equipos para o alumnado, un PC profesor e proxector.
    • Taller especializado para o segundo curso de FP Básica equipado con 16 equipos para o alumnado, un PC profesor, proxector e impresora.
    • Seis aulas especializadas para os ciclos de electrónica (Polivalente, Electricidade, Telecomunicacións, Informática, Sala de Produción audiovisual e FOL). Cada aula dispón de 12 equipos informáticos para o alumnado, PC de profesor e proxector. Hai ademais diverso equipamento dixital específico para a didáctica dos ciclos medios e superior de telecomunicacións e informática.
    • Catro talleres especializados para os ciclos de administración cun total de 90 ordenadores, canón proxector e unha impresora por taller.
    • Departamentos e despachos con equipamentos informáticos básicos.
    • Sala de Profesores con 8 ordenadores e impresora/fotocopiadora/escáner.

O centro dispón dos seguintes servizos dixitais corporativos: páxina web http://www.iesfranciscoasorey.es/, Abalar e Aula Virtual.
Todo o centro dispón dunha infraestrutura de datos cableada, mentres que os  puntos de accesos Wi-Fi só están dispoñibles nas aulas con equipamento Abalar.

 

O mantemento dos equipamentos dixitais do centro realizase por un equipo TIC pertencente ao Departamento de Electricidade e Electrónica. As tarefas que realizan son:

    • Soporte ao profesorado no emprego das TICs facendo especial énfase no emprego das aulas virtuais e videoconferencias coas ferramentas corporativas proporcionadas pola Consellería de Educación.
    • Mantemento e soporte do equipamento de audiovisuais do Salón de Actos.
    • Mantemento eléctrico básico (cambio de tubos, pequenas reparacións)
    • Substitución e limpeza dos proxectores.
    • Soporte aos blogues desenvoltos e mantidos co esforzo persoal dos departamentos implicados e que son accesibles dende a páxina web do centro.
    • Instalación, mantemento e configuración de software.
    • Instalación, mantemento, reparación e configuración de hardware.
    • Instalación, mantemento, reparación e configuración de rede.
    • Instalación, mantemento, reparación e configuración de sistemas e equipos audiovisuais.
    • Asesoramento, xestión e aprovisionamento de compras relativas ás TIC.
    • Mantemento e soporte das aulas Abalar.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

As fontes empregadas foron as enquisas durante o curso 2021-22:
• Autoavaliación SELFIE: Realizada a equipo directivo, profesorado e alumnado.
• Test CDD: Cuestionario sobre competencia dixital do persoal docente.

A partir do Informe SELFIE e do Test CDD o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
37 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Traballar cos conceptos e procesos do pensamento computacional. Alumnado Non
Debilidade Resolver problemas técnicos. Alumnado Non
Debilidade Aprender a codificar ou programar. Alumnado Si
Debilidade Emprego da tecnoloxía no centro. Alumnado Si
Debilidade Dispositivos para o alumnado. Infraestruturas Si
Debilidade Traer o propio dispositivo. Infraestruturas Si
Debilidade Falta de tempo para o uso de tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade Limitación do espazo escolar. Organización de centro Non
Debilidade Aprender a codificar ou programar. Persoal docente Non
Debilidade Práctica reflexiva sobre a propia práctica profesional. Persoal docente Non
Debilidade Traballar cos conceptos e procesos do pensamento computacional. Persoal docente Si
Debilidade Práctica reflexiva sobre a propia práctica profesional. Persoal non docente Non
Fortaleza Recursos educativos abertos. Alumnado Si
Fortaleza Comportamento seguro e responsable. Alumnado Si
Fortaleza Emprego de entornas virtuais de aprendizaxe. Alumnado Si
Fortaleza Podo facer un seguimento das miñas tarefas a través da aula virtual do centro. Alumnado Si
Fortaleza Comunicación coa comunidade educativa. Familias Non
Fortaleza Recursos educativos abertos. Familias Non
Fortaleza Avaliación dixital. Familias Si
Fortaleza Dispositivos dixitais para o ensino. Infraestruturas Si
Fortaleza Acceso a Internet. Infraestruturas Si
Fortaleza Asistencia técnica realizada por persoal do centro. Infraestruturas Si
Fortaleza Nas aulas de centro hai equipamento informático mercado polo propio centro. Infraestruturas Si
Fortaleza Creación de contidos dixitais. Oferta Non
Fortaleza O centro promove a creación conxunta de coñecemento. Organización de centro Si
Fortaleza O equipo directivo promove o emprego de software libre no ámbito educativo. Organización de centro Non
Fortaleza Verificar a calidade da información do centro. Organización de centro Si
Fortaleza O centro só emprega servizos dixitais educativos corporativos. Organización de centro Si
Fortaleza Asistencia técnica realizada por persoal do centro. Persoal docente Si
Fortaleza Recursos educativos en liña. Persoal docente Si
Fortaleza Creación de recursos dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Recursos educativos abertos. Persoal docente Si
Fortaleza Emprego de entornas virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza Avaliación dixital. Persoal docente Si
Fortaleza Comportamento seguro e responsable. Persoal docente Si
Fortaleza Facer un seguimento das tarefas a través da aula virtual do centro. Persoal docente Si
Fortaleza Avaliación dixital. Persoal non docente Non
37 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Descoñecemento das normas de propiedade intelectual e os dereitos de autoría. Administración educativa Non
Ameaza Falta de programas acreditados en DPC. Administración educativa Si
Ameaza O equipo directivo descoñece a normativa relativa a adquisición de equipamento informático. Administración educativa Si
Ameaza Falta de formación na aplicación práctica da Lei de protección de datos. Administración educativa Non
Ameaza Baixa competencia dixital das familias. ANPA Non
Ameaza Acceso limitado do alumnado a dispositivos dixitais. Contorna Non
Oportunidade Participación en actividades formativas individuais organizadas pola Administración Educativa. Administración educativa Non
Oportunidade A min ou á miña familia chégannos avisos e notificacións a través da aplicación abalar Móbil. ANPA Non
Oportunidade O centro difunde a información de interese e facilita o seguimento da actividade académica do alumnado. Contorna Si
Oportunidade Desenvolvemento profesional a través da colaboración. Outras Si
Oportunidade Desenvolvemento profesional a través de redes profesionais. Outras Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez analizada a matriz DAFO, propóñense 6 grandes obxectivos con varias accións concretas para acadalos. Os obxectivos están enfocados a mellorar distintas áreas  do marco DigCompOrg.

Para cada obxectivo indícase:
    • Ata onde queremos chegar para cada un dos obxectivos e con que elementos. Esta información reportarana os indicadores e os seus valores de partida e de chegada.
    • Accións para conseguir cada obxectivo, elixir os responsables das mesmas,  cunha temporización e  recursos necesarios.

Tendo en conta os recursos materiais e humanos no momento de elaboración do presente Plan Dixital, deseñáronse uns obxectivos que se considera que supoñen unha mellora relativa do uso que se fai dos recursos dispoñibles, tendo en conta que o catálogo dos mesmos está en constante evolución.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Traballar cos conceptos e procesos do pensamento computacional.
O02PD Desenvolver instrumentos de avaliación empregando ferramentas dixitais colaborativas.
O03PD Reacondicionar, rehabilitar, poñer a punto o equipamento TIC do centro
O04PD Aplicar normativa de propiedade intelectual e os dereitos de autoría.
O05PD Mellorar a seguridade e empregabilidade dos equipamentos dixitais do centro.
O06PD Realizar producións multimedia

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos farase cunha frecuencia de como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

O mentor ADIX realizará visitas ao centro para observar o avance das accións propostas.

Os resultados do seguimento deixaranse plasmados na aplicación "educalidade".
 

1º Trimestre

En xeral, os obxectivos estanse cumplindo nos prazos previstos.

2º Trimestre

En xeral, os obxectivos estanse cumplindo.

3º Trimestre

Case todas as accións foron completadas, polo que as obxectivos previstos foron seguidos de forma aceptable.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora para sucesivos cursos.

 

Valoración xeral

En xeral, as accións cumpríronse nas datas previstas.

Proposta de mellora

Poder definir un plan de acción cun horizonte máis longo ca un curso académico, incluso accións baseadas na mellora continua.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O presente plan deberá ser aprobado no Consello Escolar unha vez oído o claustro.  
Publicarase na web do centro: http://www.iesfranciscoasorey.es/ para que toda a comunidade educativa poida consultalo e propoñer posibles melloras.
Enviarase por correo electrónico a todo o claustro ao comezo do vindeiro curso para que todo profesorado coñeza as acción que se levarán a cabo no curso 22/23.