Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A escola atópase situada na parroquia de Vilariño, no concello de Cambados, a un quilómetro escaso do centro da devandita localidade. Trátase dunha zona rural moi próxima ao casco urbano.

O medio de vida da meirande parte da poboación son o mar e o agro, explotado este, na maior parte dos casos, en pequenos minifundios e invernadoiros, así como plantacións vitivinícolas.As familias do alumnado da escola dedícanse, na súa maioría, ao agro, ao mar e en pequenas empresas locais (perruquerías, panaderías, construcións, talleres mecánicos, etc…).

Se ben a etapa eductiva desta Escola fai que o emprego de tecnoloxías dixitais, así como a elaboración de proxectos dixitais se circunscriba a aspectos moi elementais a nivel dixital, é importante que este PD contribúa a desenvolver algúns dos obxectivos xerais do centro.

Tamén o PD debe contribuir á consecución das competencias básicas: competencia matemática,competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico, competencia social e cidadá, competencia para aprender a aprender, competencia de autonomía e iniciativa persoal, competencia lingüística, competencia cultural e artística, e, por suposto, o tratamento da información e competencia dixital.

Este Plan Dixital está contextualizado pola seguinte normativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

No proceso de elaboración do presente plan tívose en conta:

  • A normativa actual e atendendo á Resolución do 3 de setembro de 2021, comezouse o proceso de elaboración do PD desta Escola Infantil seguindo os pasos ditados na devandita Resolución. Dado que a Escola só conta cunha mestra titora non hai Equipo de Dinamización, anque estamos en constante comunicación e colaboración co CEIPP Enrique Barreiro Piñeiro de Vilariño, ao que esta Escola está adscrita. Naturalmente participouse no PFPP asociado ao Plan Dixital.

Os pasos que se seguiron para a elaboración do Plan Dixital recollidos na Resolución do 3 de setembro, seguindo o asesoramento dos mentores no deseño, elaboración e implementación do mesmo. Estes pasos foron:

  1. Realizouse a análise da situación do centro, a través das ferramentas SELFIE e TCDD.
  2. Realizouse a diagnose do centro cos datos recollidos mediante as devanditas ferramentas creando o informe DAFO.
  3. Posteriormente, e atendendo a este informe DAFO, elaboráronse uns obxectivos axeitados ás características e necesidades da escola, ao tempo que realizables.
  4. Nun derradeiro momento elaborouse o Plan Dixital, unindo todos os elementos anteriores para a súa posterior aprobación, se procede, polo Consello Escolar.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos empregados de recollida de información para realizar a análise DAFO foron o informe SELFIE e o Test CDD.

A partir do informe SELFIE, Test CDD e outras fontes. o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento do centro no eido dixital e facilita a elaboración dasliñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Idades moi temperás que precisan da continua axuda e guía do adulto. Alumnado Non
Debilidade Non sempre saben empregar as ferramentas dixitais, redes sociais¿ respectando a privacidade dos fillos/as ou aproveitar as mensaxes e materiais que se envían dende a escola. Familias Si
Debilidade Medios tecnolóxicos escasos e en malas condicións Infraestruturas Si
Debilidade Poucos medios e tempo para elaborar materiais dixitais Persoal docente Si
Fortaleza Posúen medios e conectividade Familias Non
Fortaleza Resulta máis cómodo e favorable dispor de toda a información necesaria en distintos soportes dixitais, que ocupan pouco lugar e non é fácil que se perdan ou estropeen. Organización de centro Non
Fortaleza Interese e esforzo Persoal docente Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non sempre estes plans e materiais se axustan á realidade dunha escola cun aula única e con alumnado de Infantil. Administración educativa Si
Ameaza É necesario coñecela ben para non incurrir en erros tanto de non recoñecer dereitos de autor ou licenzas de uso. Lexislación Non
Ameaza En ocasións non se axustan ás necesidades dunha escola unitaria de Educación Infantil. Lexislación Non
Oportunidade Plans de formación diversos e diferentes repositorios de materiais e experiencias dixitais Administración educativa Si
Oportunidade Axuda a conformar e delimitar as competencias do Plan Dixital e diferentes aspectos das tecnoloxías dixitais. Lexislación Non
Oportunidade É importante a comunicación con diferentes entidades para coñecer o emprego das tecnoloxías dixitais e a elaboración de materiais dixitais axeitados para a escola. Outras Si
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez feita a análise e analizando os factores internos e externos, tomouse a decisión de comezar polos seguintes obxectivos para o presente curso 2022-23.

  • Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na etapa de E.I..
  • Colaborar con outras entidades para desenvolver formación sobre o uso seguro de internet.
  • Favorecer o intercambio de proxectos ou materiais no contexto da transformación dixital dos centros.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na etapa de E.I.
02PD Colaborar con outras entidades para desenvolver formación sobre o uso seguro de internet
03PD Favorecer o intercambio de proxectos ou materiais no contexto da transformación dixital dos centros

Seguimento

Procedemento

Os procedementos seguidos para comprobar o estado do Plan Dixital e a súa implementación foron os seguintes:

  • Xuntanza de coordinación
  • Visitas do Adix
  • Cumplimentar a ferramenta Educalidade
1º Trimestre

Obxectivo 1 Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na etapa de E.I..

AO 1.1: Comprobación de recursos dixitais existentes adaptados ao currículo de E.I.. Pendente

AO 1.2: Solicitar colaboración con outros centros de iguais características para a creación de recursos dixitais. Pendente

Obxectivo 3

AO 3.1: Pescudar experiencias que se están a levar a cabo noutros centros similares. Pendente

2º Trimestre
3º Trimestre

Obxectivo 1 Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na etapa de E.I..

AO 1.3 Crear recursos dixitais adaptados ao currículo de E.I..

AO 1.4 Publicar os recursos adaptados ao currículo de E.I. na Web do centro.

Obxectivo 2 Colaborar con outras entidades para desenvolver formación sobre o uso seguro de internet.

AO 2.1 Solicitar charlas da Garda Civil e Policía Nacional sobre novas tecnoloxías para as familias.

AO 2.2 Contactar con entidades para charlas sobre o uso da tecnoloxía enfocado ás familias.

Obxectivo 3 Favorecer o intercambio de proxectos ou materiais no contexto da transformación dixital dos centros.

AO 3.2 Organizar e participar en intercambios de experiencias con profesorado doutros centros similares.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación deste Plan farase do seguinte xeito:

  • Avaliación procesual: unha vez ao trimestre. Valorarase nesta avaliación o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificación das acción e propostas de mellora que haxa.
  • Avaliación final: esta avaliación farase unha vez ao ano. Nela valoraranse o logro dos obxectivos e as posibles propostas de mellora.
Valoración xeral

...

Proposta de mellora

...

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan Dixital será comunicado a toda a comunidade educativa:

  • Terase a disposición de quen, pertencendo a esta comunidade, queira lelo. Polo que haberá unha copia sempre na escola.
  • Igualmente no blog da escola haberá un enlace ao mesmo para que quen queira poda acceder a el.
  • Darase cumprida lectura e aprobación no Consello Escolar e, polo menos, informarase ás familias na primeira reunión anual.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipenriquebarreiro/taxonomy/term/67