Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro

CENTRODIRECCIÓNWEBCORREO ELECTRÓNICO

CEIP Santiago  de  Oliveira

Fraga do Rei, s/n, 36864 Ponteareas, Pontevedra

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsantiagooliveira/

ceip.fragadorei@edu.xunta.gal

 

 4ºEI5ºEI6ºEI1º2º3º4º5º6º : 90alumnos

Total Profesorado         17

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

          A este colexio asisten nenos e nenas das parroquias de Guillade, Celeiros, San Lorenzo de Oliveira, Cumiar, Santiago de Oliveira e Uma; esta última, do concello de Salvaterra de Miño, debido á súa proximidade xeográfica co centro.

             A parroquia de Santiago de Oliveira,onde se atopa o centro, está situada nunha ladeira entre os montes da Picaraña e San do Medio. O clima da zona é húmido. No inverno abundan as choivas e no verán as temperaturas son moderadas. O colexio está nun lugar illado dos núcleos de poboación e bastante mal comunicado. Os accesos son estradas comarcais, estreitas e con moitas curvas, o que dificulta bastante a proxección do centro no seu entorno. A falta de sinais nas estradas para acceder ó centro dificulta aínda máis estas comunicacións. 

                     A actividade económica das familias do alumnado escolarizado no CEIP Santiago de Oliveira está baseada maioritariamente no sector secundario. É moi frecuente que só traballe fóra da casa un membro da familia. A nivel sanitario, os servizos están centralizados no núcleo urbano de Ponteareas, onde hai un centro de saúde.
            Na zona hai varios centros culturais, algúns dotados de biblioteca, onde o alumnado vai a diferentes actividades polas tardes e no fin de semana.
           

            Este centro conta con oito unidades: dúas de educación infantil e seis de educación primaria.
         

            Conta cun equipo de profesionais formado por oito titoras e titores e os/as diferentes especialistas. As mestras de relixión e AL son compartidas co CEIP Antonio Carpinteiro de Arbo e CEIP Feliciano Barrera de Gul áns respectivamente. O centro non conta con persoal non docente de comedor, pero si conta co servizo de conserxería. O Concello de Ponteareas encárgase da limpeza das instalacións do centro, polo que unha empregada do concello vén ao centro para realizar a limpeza das instalacións.
         

               Este centro pasou a ser centro Edixgal no curso 20/21. A consecuencia disto e da situación derivada pola situación Covid 19, o profesorado e alumnado formouse no manexo da Aula Virtual e da plataforma Edixgal.
     

             Dende a biblioteca tamén se está participando no proxecto de Bibliotecas Creativas, impulsando o uso das novas tecnoloxías.
       

                Gran parte do claustro formouse e usou nas aulas recursos dixitais como o croma, escornabots, makey makey,...
       

                 O Plan Dixital nunha vai ser unha parte moi importante no desenvolvemento do PXA para o vindeiro curso. Estará vinculado de forma moi estreita coa planificación da biblioteca donde nace o PDI do centro.
     

                A través do PD buscarase, dentro da programación do curso escolar, o desenvolvemento da competencia dixital e o uso das tecnoloxías no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Contribuirá, xunto con outros programas, na transformación do noso centro nun centro dixi talmente competente.
Consideramos que o Plan Dixital pode ser un instrumento ideal para lo grar a inclusión e a cohesión social, e permítenos o desenvolvemento de estratexias de atención á diversidade na aula, facilitando o desenvolvemento das competencias básicas no alumnado. O PD e o PE teñen que complementarse e estar en consonacia.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Empregamos o Selfie, o DAFO e test CDD

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade -Falta de madurez no uso responsable e seguro das tecnoloxías Alumnado Non
Debilidade -Falta de recursos económicos. -Descoñecemento das tecnoloxías -Falta de implicación -Baixa competencia dixital Familias Non
Debilidade -Recursos tecnolóxicos obsoletos. -Pouco espazo na aula de informática. Infraestruturas Si
Debilidade -Escasa oferta de formación para as familias. -Descoñecemento para a correcta elaboración dunha estratexia dixital. Oferta Non
Debilidade -Equipo dixital insuficiente. -Falta de fondos. Organización de centro Non
Debilidade -Sobrecarga de accións e proxectos que chegan ao centro. -Imposición de burocracia. -Cambios lexislativos constantes. -Falta de tempo. Persoal docente Si
Fortaleza -Ratio profesorado/ alumnado axeitada. -Alumnado motivado e receptivo ante as novas tecnoloxías. -Adecuado clima de traballo entre alumnado e profesorado. Alumnado Non
Fortaleza -Disposición para incluir as novas tecnoloxías. Familias Non
Fortaleza -Boa conexión a rede. -Aula de informática. Infraestruturas Non
Fortaleza -Programa Edixgal. -Aula Virtual. -Páxina web e redes sociais. Oferta Non
Fortaleza -Bo funcionamento dos distintos equipos de traballo. -Espazo de traballo adecuado e amplo. Organización de centro Non
Fortaleza -Coordinación entre os docentes. -Equipo humano motivado -Formación especializada e continua do equipo docente. Persoal docente Non
Fortaleza -Relación positiva entre o persoal docente e non docente. -Actitude colaborativa no centro. Persoal non docente Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza -Falta de formación e coñecemento. ANPA Non
Ameaza -Recursos e infraestructuras insuficientes por ser unha contorna rural. Contorna Non
Ameaza -Falta de normativa que sustente a estratexia dixital nos centros. Lexislación Non
Ameaza -Falta de coordinación entre as distintas entidades que dan soporte técnico dixital. Outras Non
Oportunidade -Apoio da administración educativa. Administración educativa Non
Oportunidade -Interese por colaborar coas actividades do centro. ANPA Non
Oportunidade -Implantación do Plan Dixital do Centro Lexislación Non
Oportunidade -Administración educativa. -Concello de Ponteareas. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Usar de forma axeitada e eficaz a aula virtual do centro
O2PD Dotar ás aulas de equipos informáticos e pantallas táctiles interactivas
O3PD Formar ao profesorado no deseño e manexo da páxina web do centro.

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

 No mes de outubro reunímonos co CFR de Vigo para organizar o PFPP do Plan Dixital.

2º Trimestre

No mes de xaneiro recibimos a dotación de Polos Creativos.

No mes de febreiro chegou a información sobre a próxima adxudicación de paneis interactivos de 75" para as aulas de Educación Infantil e de 1º ata 4ºde Educación Primaria

3º Trimestre

     O día 11 de abril o alumnado de quinto e sexto a través do Plan Director recibiu unha formación  por parte dunha persoa experta das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado ( Garda Civil)para desenvolver o "Plan director para a convivencia e a mellora nos centros educativos e nos seus contornos" a través dunha charla sobreo acoso escolar e a ciberseguridade.       

 

            En resposta o obxetivo do plan dixital :"Formar ao profesorado no deseño e manexo da  páxina web do centro" o 13 de abril recibiuse formación a través do Plan de Formación do Profesorado: V2205063 PFPP V2231037 de " Aproveitamento didáctico das ferramentas dixitais para docentes" no CEIP Santiago de Oliveira impartida por Xose Manuel Iglesias Diz.

O día18 de abril de 2023 recibimos unha formación do Plan de Formacón do Profesorado: V2205063 PFPP V2231037 de "Aproveitamento didáctico das ferramentas dixitais para docentes" no CEIP Santiago de Oliveira impartida por Óscar Rodríguez Rojo.

              O 6 de xuño chegan o centro os paneis interactivos de 75" para as aulas de Educación Infantil e de 1ºa 4º de Educación Primaria. Pendentes de colocación

              No mes de maio chegaron o centro 7 ordendadores portátiles con pantalla táctil de 12" co obxecto de ser prestados a estudiantes en situación de risco de fenda social e tecnolóxica para garantir a igualdade nas condicións de acceso a Internet do alumnado galego, e tamén poden ser empregados no centro educativo para o seu uso como Aulas Móbiles. Aulas móbiles é unha actualización do modelo de aulas TIC no ámbito educativo dos centros de Educación Primaria, que tendo en conta as actuais medidas pedagóxicas; esta medida emmárcase dentro do programa Educa en Dixital Galicia e reforza os 4 equipos enviados no ano 2021 baixo o mesmo programa.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

     Para avaliar este plan mediremos o grao de consecución dos obxectivos marcados. Tamén haberá que comprobar a efectividade das actuacións levadas a cabo.
    Para valorar a avaliación, teremos en conta os siguientes instrumentos e ferramentas:
-Os indicadores de avaliación asociados a cada un dos obxectivos e accións.
-A ferramenta de avaliación SELFIE a través da que poderemos facer unha análise da competencia dixital do Centro.

       O plan avaliarase en función dos resultados obtidos no marco dos obxectivos e prazos previstos. O informe de progreso formará parte da Memoria anual do Centro. O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, levarase a cabo tendo como referente os valores previstos para os indicadores dos obxectivos establecidos.
          Avaliarase tanto o proceso como a consecución do obxectivo ao final. Polo tanto estableceran se dous tipos de avaliación:
             -Avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
             - Avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

O longo do curso 2022/2023 a nosa valoración de obxetivos e accións foi:

O1-A01: Esta acción non se levou a cabo xa que se empregou outra metodoloxía. ESTADO:APRAZADO.

O1-A02: Esta acción non se levou a cabo xa que se empregou outra metodoloxía. ESTADO:APRAZADO.

O1-A03: Esta acción  levouse a cabo cun grado axeitado de satisfacción. ESTADO: REALIZADO

O1-A04: Esta acción non se levou a cabo xa que se empregou outra metodoloxía. ESTADO:APRAZADO.

O2-A01: Con data 22 de maio de 2023 non recibimos dotación da Consellería para esta acción. ESTADO: PENDENTE

O2-A02: Con data 22 de maio de 2023 non recibimos dotación da Consellería para esta acción. ESTADO: PENDENTE

O2-A03: Con data 22 de maio de 2023 non recibimos dotación da Consellería para esta acción. ESTADO: PENDENTE

O2-A04: Con data 22 de maio de 2023 non recibimos dotación da Consellería para esta acción. ESTADO: PENDENTE

O2-A05: Con data 22 de maio de 2023 non recibimos dotación da Consellería para esta acción. ESTADO: PENDENTE

O2-A06: Con data 22 de maio de 2023 non recibimos dotación da Consellería para esta acción. ESTADO: PENDENTE

O2-A07: Con data 22 de maio de 2023 non recibimos dotación da Consellería para esta acción. ESTADO: PENDENTE

O3-A01: Con data 31 de maio de 2023 rematamos o noso PFPP  V2206069 foi moi positiva.

Proposta de mellora

De cara o vindeiro curso 2023/2024 precisamos mellorar en :

O1: Precisamos mellorar nas posibilidades de comunicación entre o profesorado e o alumnado na aula virtual. 

02: Despois de recibir sete equipos para educadixital precisamos para terceiro e cuarto 10 equipos ultraportátiles para traballar na aula virtual. Precisamos 18 ultraportátiles para primeiro e segundo de primaria na súa iniciación a aula virtual.

03: Precisamos mellorar na nosa formación para a acreditación dixital en exelearning para a creación de situacións de aprendizaxe , tamén precisamos mellorar na formación das ferramentas da maqueta abalar para que o alumnado sexa capaz de traballar con un editor de texto, un editos de imaxe, un editor de vídeo, un editor de audio....

04 Precisamos  dotar a aula de lingua estranxeira de tecnoloxía dixital (non quedou recollida a petición no curso 2021-2022

 E precisamos tamén ampliar a formación na páxina web do centro que empezamos este ano.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan Dixital será presentado no claustro e Consello Escolar de final de curso.
Será publicado na Web do centro e enviado ás familias a través da Plataforma Abalarmóbil.