Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

 

1. Datos básicos do centro.

O colexio da Inmaculada, sito na rúa Amado Garra nº 2 de Ponteareas, ten un carácter singular dentro do ámbito da educación ó  tratarse dunha Fundación. É, polo tanto, un centro escolar privado-concertado pero sen ánimo de lucro,   que naceu coa finalidade de prestar un servizo ó pobo de Ponteareas. 

Ó tratarse dunha doazón que ten como única misión desenvolver un labor social, neste caso o ensino, o  colexio está rexido por un Padroado. Este organismo  é quen vela polo cumprimento desta función, ademais de ser de quen dependen todas as decisións que afectan ao  funcionamento de centro, orzamentos, nomeamento do profesorado, etc. Este padroado está composto polos seguintes membros: Delegado de Educación de Pontevedra; como representantes do pobo: o Xuíz, o Notario, o Alcalde, o Párroco;  como representante dos pais e do centro escolar: o Presidente/a da ANPA e a  Directora do centro.

O colexio da Inmaculada é un centro escolar de Educación Infantil, Primaria  e Secundaria que ten máis de trescentos alumnos, repartidos en trece aulas, cada unha dun nivel educativo.

O claustro de profesores está formado por vinte e catro  docentes das diferentes niveis e especialidades.

O Colexio ten, ademais, un Departamento de Orientación, conformado por tres especialistas, e un Departamento de Pastoral, espazo dirixido por unha profesora,  que coordina a educación en valores que se desenvolve dende toda as áreas.

A educación que se ofrece no colexio comeza aos tres anos e abarca ata 4º de ESO.

Máis datos de interese:

Correo electrónico: cpr.lainmaculada.ponteareras@edu.xunta.gal

Páxina web: www.colexioinmaculada.com

Facebook: @colexioinmaculada

Instagram: @colexioinmaculada

Twitter: @La_Inmaculada_

 

[

 

 

 

2.  Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

 

·         Os alumnos que cursan os seus estudos neste Colexio proceden na súa maioría do centro urbano e de  parroquias colindantes (o Colexio non dispón de transporte escolar e son os propios pais os que se encargan de traer os seus fillos). Debido os movementos de poboación hai unha pequena porcentaxe de  alumnos inmigrantes.

Os alumnos pertencen a unha clase media, conformada na súa maioría por asalariados, aínda que tamén hai persoas pertencentes a profesión liberais.

·         Nunha sociedade na que a dixitalización é un motor de modernidade, a escola non pode manterse ao marxe deste proceso polo que o Plan Dixital é fundamental para que o proxecto educativo estea actualizado e contribúa a o mellor aproveitamento e coñecemento por parte tanto do profesorado como do alumnado, das novas ferramentas dixitais que están en continua evolución.

·         Na Programación Xeral anual do vindeiro curso 22/23 Un dos obxectivos principais será a posta en marcha deste novo Plan Dixital, centrándonos na formación do profesorado e na mellora e ampliación das infraestruturas  existentes no centro.

 

3. Breve xustificación do mesmo.

Normativa:

·    Según os  Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación, Os centros educativos deberán utilizar sistemas de información utilizados polas administracións educativas tanto para a xestión académica e administrativa como para o soporte á aprendizaxe.

As administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoveran o uso das TIC na aula como medio didáctico apropiado para levar a cabo tarefas de ensinanza e aprendizaxe do mesmo xeito que as entornas virtuais que facilitarán a consecución de obxectivos concretos do currículo

Proxecto Educativo do Centro recollerá todas as estratexias dixitais que afecten ao entorno educativo.

·    Según a Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022, os centros docentes elaborarán no curso 2021-22 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten.

·    Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

·    Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

 

4. Proceso de elaboración

O equipo encargado da elaboración e dinamización do PD do noso centro está formado por a Xefa de estudos: Mónica Carrera Martínez e a Directora do centro Rosa María García Otero.

O proceso de elaboración do PD foi o seguinte:

Novembro 2021:  Primeiro contacto do coordinador ADIX Don José Emilio Gómez Fernández coa coordinadora do PD do centro.

Decembro 2021: Elaboración do Informe SELFIE.

Febreiro 2022: Realización do Test da Competencia Dixital Docente por parte do profesorado.

Marzo 2022: Recompilación de datos, reflexión e elaboración do análise DAFO.

Maio 2022: Definición de obxectivos e accións a seguir no noso Plan.

Xuño 2022: Elaboración da versión 1.0 do Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

1. Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

 

As infraestruturas dixitais das que partimos no centro consistían en ADSL con cable axial e 4 antenas de amplificación da sinal WIFI repartidas polas instalacións. No despacho de dirección, na secretaría e na aula de informática a conexión era por cable.

En canto ao equipamento, dispoñíamos de ordenadores portátiles en todas as aulas para o seu uso por parte do profesorado incluída a sala de profesores, e unha aula de informática con 15 postos fixos para o seu uso por parte do alumnado.

A maiores, o centro conta cunha páxina web en funcionamento dende o 2009, plataforma de aula virtual dende o 2020, e aplicacións móbiles para o contacto directo coa familia: Abalar e Tokapp.

O mantemento destes equipos faise por conta dunha empresa externa, con revisións periódicas dúas ou tres veces durante o curso escolar.

No caso de confinamento ou enfermidades de longa duración o centro conta cun Plan de continxencia para a organización da educación a distancia.

 

2. Fontes empregadas para a análise DAFO:

    Autoavaliación SELFIE, desde as seguintes áreas: 

         A -Liderado

        B- Colaboración e redes

        C- Infraestruturas e Equipos

        D- Desenvolvemento profesional continuo

        E- Pedagoxía: Apoio e Recursos 

        F- Pedagoxía: Implementación na aula

        G- Prácticas de avaliación

        H- Competencias dixitais do alumnado

    Test CDD:

        A- Segundo perfil do profesorado

        B- Nivel de competencia do centro

        C- Nivel de competencia por etapas

        D- Distribución do profesorado por niveis

Interno
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Creación de contidos por parte do alumnado. Alumnado Non
Debilidade 1. A maioría das familias non presentan interese polo proceso de dixitalización. 2. Baixo nivel de dixitalización das familias. Familias Non
Debilidade Equipamento escaso na aula de informática Infraestruturas Non
Debilidade 1. Descoñecemento sobre dereitos de autor e licenzas de uso. 2. Falta de elaboración de material dixital propio. 3. Formación do profesorado. 4. Non se levan a cabo intercambios de experiencias con outros centros. 5. Falta de proxectos interdisciplinares. 6. Uso de prácticas de avaliación tradicionais, non se usa a avaliación dixital. 7. Falta de autoreflexión Persoal docente Non
Fortaleza Interese e curiosidade polo mundo dixital Alumnado Non
Fortaleza 1. Equipos informáticos en todas as aulas ( ordenador, encerado dixital, na biblioteca, sala de profesores... 2. Conexión WIfi en todo o recinto escolar Infraestruturas Non
Fortaleza 1. Continua comunicación coa comunidade educativa a través de Tokapp, páxina Web e classroom. 2. Posibilidade de seguir as clases en liña a través de Meet para alumnado confinado ou enfermos de longa duración Organización de centro Non
Fortaleza 1. Uso dun entorno virtual de aprendizaxe (classroom) e blogs nalgunhas das materias. 2. Uso de recursos en liña desde diferentes materias. 3. Boa disposición pola maioría do profesorado a formación e dar o paso a dixitalización. Persoal docente Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Ao ser un centro concertado existe menos oferta de cursos ofertados pola administración Administración educativa Non
Ameaza 1. Nivel socio-económico familiar medio/o / baixo, polo que non todas as familias dispoñen de recursos dixitais necesarios. 2. Problemas de conexión nalgunhas zonas do rural. Contorna Non
Oportunidade Sensibilidade que se traduce na organización de actividades extraescolares relacionadas có mundo dixital ANPA Non
Oportunidade A nova lexislación fainos conscientes do nivel de dixitalización do profesorado Lexislación Non
Oportunidade Biblioteca municipal que oferta equipos informáticos con conexión a internet aos seus usuarios de modo gratuíto Outras Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
A mellora da rede wifi no centro
Promover o uso xeneralizado da aula virtual por parte do profesorado e do alumnado.
Mellorar a competencia dixital do profesorado.

Seguimento

Procedemento

Tanto o equipo TIC como a dirección do centro farán o seguimento do cumprimento dos obxectivos establecidos ao inicio de curso

1º Trimestre

- Promoción no uso xeneralizado do uso da aula virtual por parte do profesorado.

- Proposta de formación a través dun SEMINARIO sobre aplicacións e ferramentas dixitais para docentes ao que asistiron a maioría do claustro.

- Modificiación do acceso a Wifi no centro.

2º Trimestre

- Asistencia do profesorado ao seminario solicitado ao CFR de Vigo.

3º Trimestre

- Traballos prácticos co alumnado a través da aula virutal do centro dende a maoría das materias, sobre todo, nas etapas de primaria e secundaria.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Os aspectos a avaliar serán:

 

·         A realización de cursos de formación por parte do profesorado

·         Seguimento das inversións e melloras na rede e nos equipos informáticos

·         Valoración da realización das propostas de mellora

Valoración xeral

Tendo en conta os aspectos a avaliar considérase satisfactorio o desenvolvemento do Plan Dixital ao longo deste curso, posto que foron conseguidos todos os obxectivos propostos inicialmente. 

Proposta de mellora

- Ter en conta, no caso da realiazación de novos seminarios,a posibilidade de adapstarse aos distintos niveis de coñecementos dos asistentes. 

- Adaptar os contidos da formación ás diferentes etapas educativas. 

 

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do Plan Dixital farase polos seguintes medios:

·         Páxina Web do colexio.

·         Información ás familias nas reunións de inicio de curso.