Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A aplicación das TIC ao traballo da aula convértese nunha peza clave na educación e formación das novas xeracións. A súa importancia social e o lugar preferente que ocupan xa na vida dos nenos e das nenas, fai que deban estar presentes nos centros educativos, de modo que aqueles adquiran os coñecementos e habilidades necesarias para abordar con garantía de éxito a súa utilización nos contornos de aprendizaxe, familiares e de lecer. Trátase de que o alumnado, ao rematar a escolarización obrigatoria, acade unha competencia dixital.

Polo tanto, as TIC convértense nun instrumento indispensable no noso centro educativo, tanto polas posibilidades que abre a súa utilización didáctica no proceso de ensino-aprendizaxe, como na mellora da xestión académica e dos recursos do centro.

A creación do plan dixital  está alicerzado na seguintes referencias legais:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Proceso de elaboración

A liña de traballo sobre o PD está enmarcada no P2105176 do PFPP 2021/2022 36003388 dentro do itinerario Plan Dixital de centro. A continuación constituímos un pequeno grupo de traballo para elaborar este PD no que estivesen incluídos, ademais do equipo directivo, o coordinador TIC e tendo en conta as aportacións de tódolos membros do Claustro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os intrumentos de recollida de información foron o informe SELFIE  e o test TCDD

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado ten que mellorar para otorgar recoñecemento ó traballo dos demais. Aprender a codificar o programar. Alumnado Si
Debilidade Estratexia dixital ten que mellorar gracias a creación do plan dixital Organización de centro Si
Debilidade existe profesorado que trae o propio dispositivo. Organización de centro Si
Fortaleza Na casa non se precisa software de pago para a realización das actividades propostas dende o centro. Familias Si
Fortaleza O centro dispón de dispositvos dixitais para o ensino. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro so emprega servizo dixitais corporativos Infraestruturas Si
Fortaleza Podese facer un seguimento das tarefas e actividades a través da aula virtual. Infraestruturas Si
Fortaleza Nas aulas do centro hai equipamento informático mercado polo centro. Infraestruturas Si
Fortaleza Podese atopar a información na web do centro. Organización de centro Si
Fortaleza Dende o centro promovese a participación en actividades formativas. Organización de centro Si
Fortaleza O centro difunde información de inetrese a traves dos servizos dexitais. Organización de centro Si
Fortaleza O personal docente ten un banco de recursos en liña Persoal docente Si
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza As veces cae o acceso a internet según en que aulas. Administración educativa Non
Ameaza Temos un protocolo de protección de datos do cal temos que estar todos moi pendentes Lexislación Si
Oportunidade As familias chegan notificacións a traves de abalar movil ANPA Si
3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Para traballar nestas áreas, marcaremos uns obxectivos, concretados nos indicadores de logro, ao longo do curso 2022/2023. Cabe sinalar que, os responsables encargados de poñer en marcha o traballo para alcanzar os obxectivos dentro de cada área, precisarán da colaboración por parte de toda a comunidade educativa (especialmente dos mestres/as que obteñan destino no cento no vindeiro curso), así como do equipamento e asesoramento prestados pola administración para dotar ao centro das ferramentas que precisa para lograr os obxectivos propostos.

Para cada obxectivo cumprimentarase unha táboa que recolle:

  • Ata onde queremos chegar para cada un dos obxectivos e con que elementos. Esta información reportarana os indicadores e os seus valores de partida e de chegada.

  • Determinar as accións para conseguir cada obxectivo, elixir os responsables das mesmas, acordar unha temporización e determinar os recursos necesarios.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a competencia dixital do profesorado, formanado o claustro sobre o uso das TIC (priorizando aula virtual, cisco webex e abalar)
O02PD Promover a comunicación entre os titores e as familias mediante o uso da ferramenta Abalar
O03PD Actualizar os dispositivos dixitais da biblioteca
O04PD Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na etapa de EP + EI
O05PD Promover o uso da Aula Virtual do centro por parte do alumnado
O06PD Afianzar o emprego de ferramentas tecnolóxicas para a comunicación relativa ao centro educativo
O07PD Afianzar coñecementos dixitais e infraestructura nas familias do alumnado.

Seguimento

Procedemento

Para realizar o seguimento do plan dixital do centro faranse unha reunión do equipo TIC polo menos unha vez o mes. Nestas reunions serán valorados o cumpliemnto dos obxectivos es as accións asociadas. Ademais o coordinador TIC realizará unha reunión co asesor ADIX do centro para recibir asesoramento de como mellorar dito plan. 

1º Trimestre

2 reuinion do equipo TIC xa que hai duas novas incorporacion respecto o curso pasado.

Explicación do plan dixital o claustro.

Cumpliementos dos obxetivos do primer trimestre.

2º Trimestre

Realizouse o seguimento trimestral de acordo co planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital estudando a execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.

Analizamos que os obxectivos do PD correspondentes ao 1º e 2º trimestre se desenvolven segundo programado inicialmente no plan, excepto:

O obxectivo O07PD Afianzar coñecementos dixitais e infraestrutura nas familias do alumnadoestá pendente de realización.

A acción AO2.1: Crear unha formación dentro do PFPP encargado da formación e da mentorización sobre o programa Abalar non se realizará no presente curso.

A acción AO3.2: Solicitar e instalar os discos duros sólidos e a ampliación da memoria RAM dos equipos máis obsoletos atrasou ao terceiro trimestre.

As accións seguintes están pendentes de realización:

AO4.2: Crear recursos dixitais adaptados ao currículo de EP + EI.

AO4.3: Publicar na aula virtual recursos dixitais adaptados ao currículo de EP + EI creados polo profesorado.

3º Trimestre

Consideramos satistactorio, en liñas xerais, o desenvolvemento do Plan Dixital no presente curso.

Consideramos prioritario partir da realidade dixital na que se atopaba a comunidade educativa, polo que establecemos como obxetivo prioritario a detección das necesidades, a fin de establecer medidas reais e útiles.

A consecución deste obxectivo xa foi en si un éxito xeral para abrir unha liña de actuacións que será extensible aos vindeiros cursos.

Ademais, traballamos conxuntamente no resto dos obxectivos acadando a gran maioría dos establecidos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, farase do seguinte xeito:

•Avaliación procesual por parte dos responsables de cada obxectivo, supervisado polo Equipo TIC, valorando e adaptando, se fose necesario, o cumprimento das accións a desenvolver de cada obxectivo nas datas previstas. Esta avaliación procesual farase ao remate de cada avaliación.

•Avaliación final levarase a cabo ao finalizar o curso académico nunha xuntanza entre o coordinador TIC e os responsables de cada obxectivo. Nesta, farase unha reflexión sobre o cumprimento dos obxectivos e resultados obtidos. Estes datos, recolleranse na memoria de fin de curso. Tamén se deixarán recollidas as propostas de mellora, así como esbozadas as liñas de traballo do plan de acción do ano seguinte.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do  Plan Dixital, para dalo a coñecer entre toda a comunidade educativa á que afecta, levarase a cabo mediante:

  • Presentación no claustro de fin de curso, así como no primeiro do vindeiro curso académico, para que todo o profesorado coñeza cales son os obxectivos, liñas de traballo e responsabilidades que ten no Plan Dixital.

  • Presentación e aprobación, se procede, por parte o Consello Escolar.

  • Publicación, no apartado correspondente, na páxina web do centro para que poida ser consultado por toda a comunidade educativa.