Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1 Datos básicos do centro
Nome do centro: CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro
Enderezo: O Sineiro s/n
Parroquia: Vilariño
Concello: Cambados
Código Postal: 36633
Provincia: Pontevedra
Correo electrónico: ceip.enrique.barreiro@edu.xunta.es
Páxina web: www.edu.xunta.es/centros/ceipenriquebarreiro/
Trátase dun centro de titularidade pública, tipificado como liña 1, é dicir, que conta cun aula por nivel,
exceptuando no 6o curso organizado en dúas unidades, polo tanto contamos con 10 unidades,
3 de Educación Infantil e 7 de Educación Primaria. Nel están escolarizados 172 alumnos/as de
Educación Infantil e Primaria (46 de EI e 126 de EP).
O claustro está formado por 20 mestras/es, dos cales 18 son mulleres e 2 son homes. Entre elas/es
atopamos: 4 mestras en Educación Infantil (3 titoras e 1 mestra de apoio) e 7 titoras de Educación
Primaria. En canto aos especialistas: 1 mestra de música, 1 de relixión compartida, 2 de lingua
estranxeira, 1 de Educación Física, 1 mestra de PT, 1 de AL compartida, 1 orientadora compartida e
1 mestra PT do programa PROA.

1.2 Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.
Baseándonos nos cuestionarios de contexto das avaliacións diagnósticas realizadas no ano 2011 e do
ano 2012, recóllese unha media das porcentaxes dos empregos dos pais e nais do alumnado do centro:
Máis do 20% son empregados en supermercados, conserveiras, ou pequenas empresas. O 15%
traballa no sector servizos e máis do 10% son empresarios/as de pequenas empresas.
Aproximadamente o 10% é autónomo adicado á agricultura, xa que esta ocupa un lugar destacado
por ser traballado en pequenas e nalgunhas medianas explotacións familiares aínda que se combine
con outros traballos. É moi importante o cultivo e venta de produtos hortícolas, uva Albariña,
Barrantes e Caíño. Tamén a elaboración e venta de viño.
E por último, arredor doutro 10%, dedícanse as labores da casa. Esta labor é ocupada maiormente por
mulleres. Na construción ocúpase un 7% máis ou menos e sobre o 5% dedícase á pesca ou ao

marisqueo. O resto vive doutras actividades como costura, transporte de pasaxeiros, transporte de
mercancías, entre outros.
No que se refire ao nivel sociocultural das familias este é medio-baixo, con implicacións laborais dos
dous proxenitores. A maioría das familias e do alumnado son galego falantes, aínda que actualmente
este dato último está comezando a mudar cara o castelán. Extraendo datos dos cuestionarios de
contexto antes citados, concluímos:
• Pouco máis da metade dos pais e nais, teñen o graduado escolar e arredor dun 15% non acadou os
estudios obrigatorios.
• Aproximadamente o 10% estudiou Formación Profesional media ou FP superior.
• Arredor do 5% ten aprobado o Bacharelato e menos do 5% ten estudios universitarios.
Todo o alumnado dispón de libros na súa casa. Case a metade din usar bastante os libros; un terzo dos
nenos e nenas os usan moito e o 20% restante, úsanos pouco. A inmensa maioría ten ordenador na
casa (un 90% aproximadamente) que usan para recadar información para os seus estudos ou para
comunicarse e programas de xogos.
As leis actuais sinalan a importancia do Plan Dixital dentro do proxecto educativo de centro, que
integre todas as actuacións do centro destinadas ao fomento dos recursos dixitais que permitan
alcanzar as competencias clave.
Coa elaboración do Plan Dixital estaremos contribuíndo á consecución de obxectivos reflectidos no
Proxecto Educativo de centro como poden ser:
¿ Dotar ao centro educativo das infraestruturas necesarias para un bo funcionamento do
mesmo.
¿ Optimizar os recursos que nos oferta a Rede Abalar e ampliar progresivamente os mesmos
e os seus usos, así como avanzar na dotación xeral do centro en medios e recursos
audiovisuais e informáticos.

O Plan Dixital contribuirá á Programación Xeral Anual do curso 22/23, xa que agora hai coñecemento
das debilidades, fortalezas, ameazas e oportunidades do centro polo que se poderán buscar solucións
reais e necesarias como: a posta en marcha do programa E-dixgal, a mellora da conectividade do
centro, fortalecer os coñecementos do profesorado sobre abalar, dar visibilidade á páxina web do
centro ás familias...

1.3 Breve xustificación do mesmo
Atendendo a normativa legal que garda relación co Plan Dixital destacan os seguintes:
¿ Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da Lei 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

¿ Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de
Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento
das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
¿ Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de
Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento
dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.
¿ Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación
Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do
Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de
Galicia para o curso 2021-2022.
1.4 Proceso de elaboración
A elaboración do Plan Dixital de centro foi un proceso dinámico, colaborativo, activo e participativo
entre todos e todas os compoñentes que conforman o equipo do PD. Foi moi beneficiosa, a
heteroxeneidade do grupo, xa que as propostas xurdidas foron reais e necesarias para un bo
desenvolvemento das competencias TIC no profesorado, alumnado e familias. O equipo tenta que
con este documento vivo queden plasmadas as necesidades e as fortalezas do centro, e así, poder ir
actuando sobre elas de maneira progresiva ao longo dos vindeiros cursos.
O calendario de actuacións levadas a cabo foron as seguintes:
Novembro 2021: Posta en marcha do plan co contacto do Asesor ADIX cos centros.
Decembro 2021: Configuración e envío do SELFIE nos centros educativos.
Febreiro 2022: Test de Competencia Dixital Docente por parte do profesorado.
Marzo 2022: Realización da matriz DAFO, recompilación de datos e reflexión.
Abril-Maio 2022: Definición de obxectivos e Plan de Acción.
Xuño 2022: Deseño do Plan Dixital e presentación da versión 1.0.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información foron: o informe SELFIE e o Test CDD (Competencia Dixital Docente), os cales permitiron un análise DAFO. A partir do informe SELFIE, Test CDD e outras fontes o centro xeoru un análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital. 

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de dinámicas para reflexionar sobre o uso da tecnoloxía. Falta de competencia para a resolución de problemas técnicos de dispositivos dixitais Alumnado Si
Debilidade Falta de tempo para axudar aos fillos/as con tarefas nas que se precisen ferramentas tecnolóxicas. Diferenzas das familias sobre o uso metodolóxico das TICS. Familias Non
Debilidade Os equipos e as redes non están suficientemente actualizados. Falta de tecnoloxías asistenciais (tabletas) Mal funcionamento da wifi do centro en determinados lugares. Infraestruturas Non
Debilidade Falta de formación sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital. - Falta de dinámicas entre o profesorado para reflexionar sobre o uso de recursos dixitais. Organización de centro Si
Debilidade Non existe reflexión sobre as TIC Falta de incorporación de tecnoloxías dixitais na avaliación. Dificultade para traballar en determinadas zonas do centro polo mal funcionamento da Wifi. Persoal docente Si
Debilidade Falta de estabilidade laboral do persoal non docente. Persoal non docente Non
Fortaleza O alumnado presenta motivación e interese no emprego dos aparellos electrónicos. Alumnado Non
Fortaleza A maioría teñen boa competencia dixital e fan un uso correcto dos medios electrónicos. ¿ Alto número de familias con acceso a internet. ¿ Elevado número de familias que dispón de aparellos electrónicos (tableta, ordenador ou móbil) Familias Non
Fortaleza Asistencia técnica no momento en que se necesita. Infraestruturas Non
Fortaleza O alumnado de 5º e 6º conta con ordenadores propios Edixgal. - O resto de alumnado conta con un par de ordenadores na aula a súa disposición. - Creación de espazos para compartir recursos educativos dixitais Organización de centro Non
Fortaleza Todo o profesorado sabe empregar as ferramentas básicas necesarias para levar a cabo a súa actividades docentes. ¿ Interese e esforzo por aprender a empregar fermentas necesarias para a función docente. Persoal docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de tempo no horario para poñer en común novas aprendizaxes baseadas nas TIC. Falta de achegas económicas para a modernización das TIC. Administración educativa Si
Ameaza Falta de coñecemento do alumnado dos perigos da rede. Lexislación Si
Ameaza Deterioro dos equipos. Outras Non
Oportunidade Posibilidade de actualizarse e formarse realizando cursos de formación Administración educativa Non
Oportunidade Boa relación na que apoian e axudan a resolver calquera decisión que se adopte no centro. ANPA Non
Oportunidade Aproveitamento dos recursos da contorna para todo aquel que non teña os recursos necesarios poida conectarse a internet. Contorna Non
Oportunidade Existe coñecemento de gran parte do equipo docente sobre a lexislación relacionada co uso de tecnoloxía e da protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade Existencia de proxectos externos como a participación en concursos a través da rede. Colaboración con institucións alleas ao centro educativo. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez feita a análise e analizados os factoes internos e externos, tomouse a decisión de comezar polos seguintes obxectivos de cara ao presente curso 2022-2023.

Desenvolver estratexias que permitan actuar de xeito legal , seguro e sen perigos en internet ou na rede. 

Implementar os entornos virtuais de aprendizaxe.

Promover o uso de ferramentas dixitais de software libre no proceso de ensino-aprendizaxe. 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
Desenvolver estratexias que permitan actuar de xeito legal , seguro e sen perigos en internet ou na rede.
Implementar os entornos virtuais de aprendizaxe.
Promover o uso de ferramentas dixitais de software libre no proceso de ensino-aprendizaxe.

Seguimento

Procedemento

Ao longo do curso e específicamente ao finalizar cada un dos tres trimestres do curso, desenvolverase un seguimento do Plan Dixital co fin de determinar se se están a acadar os diferentes obxectivos reflexados en dito plan. 

1º Trimestre

Obxectivo: Implementar os entornos virtuais de aprendizaxe. 

AO1.1. Construír un equipo de traballo para implementar os entornos virtuais de aprendizaxe: realizada. 

AO1.2. Formación en coñecemento básico dos entornos virtuais de aprendizaxe: realizada. 

 

Obxectivo 2: promover o uso de ferramentas dixitais de software libre no proceso de ensino-aprendizaxe. 

AO2.1. Contruir un equipo de traballo para promover o uso de ferramentas dixitais de software libre: realizada. 

AO2.2. Crear un documento con ferramentas dixitais libres útiles para cada un ciclos educativos: realizada. 

AO2.3. Solicitar formación para a aprendizaxe no uso de ferramentas de especial interese para o profesorado: realizada. 

Obxectivo 3: Desenvolver estratexias que permitan actuar de xeito legal, seguro e sen perigos en internet ou na rede. 

AO 3.1. Crear un equipo de traballo interdisciplinar que guíe o traballo: realizada. 

AO 3.2. Solicitar Plans e Programas como o Plan Director e Navega con Rumbo: realizada. 

 

 

2º Trimestre
3º Trimestre

Obxectivo 1: Implementar os entornos virtuais de aprendizaxe. 

AO1.3. Incrementar os recursos tecnolóxicos do centro: realizada. 

Obxectivo 2: promover o uso de ferramentas dixitais de software libre no proceso de ensino-aprendizaxe. 

AO 2.4. Poñer en práctica actividades utilizando as ferramentas dixitais libres: realizada. 

Obxectivo 3: Desenvolver estratexias que permitan actuar de xeito legal, seguro e sen perigos en internet ou na rede. 

AO3.3. Crear un Protocolo de uso legal e seguro na rede tanto para o alumnado como para o profesorado: aprazada.

AO 3.4. Creación dun cuestionario sobre uso seguro, legal e sen perigos na rede e a súa publicación na Aula Virtual: aprazada. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación dos obxectivos realizarase da seguinte forma: 

  • En canto a avaliación procesual, a frecuencia da súa realización serña como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e a valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realizacion será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do lorgo dos obxectivos e as propostas de mellora. 
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Coa finalidade de que toda a comunidade educativa sexa coñecedora deste plan, a súa difusión realizarase da seguinte forma:

- Profesorado: nos claustros de inicio de curso, mes de setemrbo,  presentarase a proposta e explicaranse os obxectivos que hai que alcanzar xunto coas actuacións pertinentes.

- Familias: mandarase un Abalar móbil para especificar que se atopará na páxina web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipenriquebarreiro/

Plan Dixital