Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Para a elaboración deste Plan, téñense en conta a normativa vixente sinalada a continuación:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

O CEIP Plurilingüe de Castrelo pertence á parroquia de Castrelo localizada no concello de Cambados. A parroquia ten unha poboación de 3.000 habitantes aproximadamente. Posúe un carácter fundamentalmente rural, con zonas consolidadas de poboación como O Facho, Revolta, Serantellos, As Quintáns, Bouza, Baltar, A Barca, A Xesteira, Couto de Arriba e Couto de Abaixo. Son estes lugares os que aportan a maioría da poboación escolar ao centro. A súa economía vén marcada pola importancia do sector primario, tanto na pesca como no marisqueo, así como actividades relacionadas co sector vitivinícola, ademais do sector servizos.

Trátase dunha parroquia na que se manteñen tradicións da nosa cultura, e máis concretamente da zona da comarca do Salnés e limítrofes, e que se transmiten de xeración en xeración. Neste contexto, o centro traballa no mantemento, conservación e difusión de toda esta bagaxe cultural.

Trala Resolución do 3 de setembro de 2021, ao comezo do curso e trala realización do primeiro claustro de mestres, nomeouse o equipo de Dinamización e Tratamento de Información e Comunicación (equipo TIC aquí en diante). Este equipo foi o encargado de desenvolver a liña de Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) para o desenvolvemento do plan, coa achega doutros membros do claustro que colaboraron activamente na elaboración e redacción deste documento, formando todos eles a liña de PFPP “Plan Dixital” do centro.

A través desta liña de formación, ao longo de todo o curso 2021/2022, e coas indicacións do Asesor Adix da zona, o equipo desenvolveu todas as accións requeridas e pautadas para a elaboración de dito documento.

O calendario de actuacións levadas a cabo foron as seguintes:

  • Novembro 2021: posta en marcha do plan co contacto do Asesor ADIX cos centros.

  • Decembro 2021: configuración e envío do SELFIE nos centros educativos.

  • Febreiro 2022: Test de Competencia Dixital Docente por parte do profesorado.

  • Marzo 2022: Realización da matriz DAFO, recompilación de datos e reflexión.

  • Abril- maio 2022: definición de obxectivos e plan de acción a seguir.

  • Xuño 2022: Deseño do Plan e presentación da versión 1.0. do Plan Dixital.

 

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos empregados da recollida  de información para realizar a análise Dafo foron: informe Selfie e test CDD. A partir destes instrumentos e outras fontes o Centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do Centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
38 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado está falto dun espírito crítico á hora da verificación de datos e búsqueda de información na rede. Alumnado Si
Debilidade Parte do alumnado ten dificultades para a resolución de problemas técnicos dos dispositivos dixitais que empregan a miúdo no centro. Alumnado Si
Debilidade Non se teñen en conta os dereitos de autor. Alumnado Si
Debilidade Parte das familais descoñecen o funcionamento de ferramentas dixitais como a AV. Familias Si
Debilidade Non se teñen en conta os dereitos de autor. Familias Non
Debilidade Dificultades na resolución de incidencias técnicas de aplicacións, sistemas¿ Infraestruturas Si
Debilidade Parte do equipamento do centro queda obsoleto e/ou precisa actualización con carácter inmediato. Infraestruturas Si
Debilidade Parte do persoal docente que exerce como profesorado titor ten carácter provisional. Oferta Non
Debilidade O centro carece dunha estratexia dixital ben definida. Organización de centro Si
Debilidade Falta de coñecemento e/ou aplicación sobre a política de protección de datos entre o persoal docente. Persoal docente Non
Debilidade Non existe formación necesaria sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital. Persoal docente Si
Debilidade Falta de estratexias necesarias para a comunicación con outros centros educativos. Persoal docente Non
Debilidade Non se crean os suficientes recursos dixitais para o alumnado con carácter personalizado. Persoal docente Si
Debilidade Limítanse as innovacións educativas a momentos concretos, actividades¿ docentes. Persoal docente Si
Debilidade Falla de incorporación das tecnoloxías dixitais no proceso avaliativo. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non integra o fomento da participación do alumnado na autoavaliación e coa avaliación empregando ferramentas dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Ausencia de reflexión entre profesorado e alumnado sobre o uso de recursos dixitais (tratamento da imaxe, protección de dereitos, software libre, plaxio¿) Persoal docente Si
Debilidade Baixo emprego dos recursos dixitais para observar e documentar os progresos. Persoal docente Si
Debilidade Falta de uso de uso creativo e activo das aulas virtuais. Persoal docente Si
Debilidade Dificultade para integrar e trasnformar a súa práctica docente co uso de ferramentas dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Ausencia de tempo para explorar novas modalidades de ensino dixital. Persoal docente Si
Debilidade O persoal docente non participa en redes colaborativas profesionais. Persoal docente Si
Debilidade Participación limitada en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Debilidade Non se teñen en conta os dereitos de autor. Persoal docente Non
Fortaleza O centro dispón de equipos dixitais propios para que o alumnado non teña que traer dispositivo de seu Alumnado Si
Fortaleza O alumnado adquire diversas habilidades dixitais en diferentes materias. Alumnado Si
Fortaleza O alumnado desenvolve competencias para codificar, programar en relación ás tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Fortaleza Un 95% teñen acceso á aplicación aAbalar Móbil dende os seus dispositivos dixitais. Familias Si
Fortaleza O centro posúe unha ampla diversidade de recursos para desenvolver a competencia dixital. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro posúe diversa tipoloxía educativa: robótica, plurilingüismo, obradoiros¿ Oferta Si
Fortaleza O centro atópase dentro da rede E-Dixgal nos cursos de 5º e 6º de Educación Primaria. Oferta Si
Fortaleza O centro oferta como materia de libre configuración do centro en 4º e 6º de Educación Primaria. Oferta Non
Fortaleza O centro emprega principalmente as plataformas dixitais promovidas pola administración educativa. Organización de centro Si
Fortaleza O centro dispón de experiencias en diferentes plataformas e aplicativos online utilizados como os ofertados na AV Organización de centro Si
Fortaleza O centro propón diferentes inicitivas para afrontar as necesidades de formación permanente do profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza ¿ O centro conta con eficaces canles de información entre as diferentes etapas educativas. Persoal docente Non
Fortaleza O centro dispón de espazos para compartir recursos educativos dixitais (AV, mensaxería instantánea, correo electrónico¿) Persoal docente Si
Fortaleza Parte do profesorado dispón de habilidades,. Coñecementos¿ poñendo na práctica en actividade innovadoras no eido educativo. Persoal docente Si
38 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A pesar da existencia dunha Unidade de Atención a Centros (UAC); a resposta do mesmo non sempre é a axeitada e interfire na vida do centro (intervención con carácter remoto e/ou asistencia con vía telefónica). Administración educativa Non
Ameaza Parte do profesorado titor é de carácter provisional do centro. Administración educativa Si
Ameaza O alumnado achégase maioritariamente ás ferramentas dixitais como elementos de lecer en maior medida que como recurso de aprendizaxe continua. Contorna Non
Ameaza O alumnado ten acceso a contido da rede de modo ilimitado dende os fogares. Contorna Si
Ameaza Parte do alumnado non ten control parental e/ ou controla os contidos aos que acceden. Contorna Non
Ameaza Descoñecemento de ferramentas para a aprendizaxe por parte das familias. Contorna Si
Ameaza A normativa no eido dixital varía constantemente e precisa dunha actualización continua. Lexislación Non
Ameaza Falta de instrucións claras e/ou tardías ante novos protocolos, procedementos¿ Lexislación Non
Ameaza A lexislación en relación a este aspecto dixital resulta ambigua. Lexislación Non
Ameaza Recelo de como empregan outras entidades contidos dispostos na rede dende as canles de comunicación e información públicas do centro (web, blog, RRSS.) Outras Non
Oportunidade O centro recibe achegas económicas periódicas asociadas a diferentes programas en relación ao eido dixital. Administración educativa Si
Oportunidade Existencia dun departamento concreto de atención a centros (UAC) en relación a incidencias técnicas. Administración educativa Si
Oportunidade O centro mantén unha relación fluída e con carácter colaborativo coa ANPA do centro. ANPA Si
Oportunidade Boa acollida das familias relacionadas coa innovación educativa e dixital que se promoven dende o centro participando, de ser o caso, nas mesmas. Contorna Si
Oportunidade As familias participan en boa medida nas actividades/colaboracións solicitadas dende o centro. Contorna Si
Oportunidade A maioría do alumnado posúe dispositivos móbiles e electrónicos propios nos fogares e acceso á rede. Contorna Si
Oportunidade Case a totalidade das familias fan uso das ferramentas de comunicación corporativas (Abalar móbil) Contorna Si
Oportunidade As novas leis educativas integran diferentes competencias clave nas que están presentes as competencias dixitais e STEAM. Lexislación Si
Oportunidade O centro participa en actividades de desenvolvemento dixital fóra das ofertadas polas entidades públicas. Outras Si
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez feita a análise e tendo en conta os factores internos e externos tomouse a decisión de comezar polos seguintes obxectivos para o presente curso 2022/2023.

  • Empregar entornos e ferramentas dixitais nos contextos de ensino aprendizaxe e nos proxectos interdisciplinares.
  • Desenvolver estratexias no alumnado que lle permitan crear contidos propios empregando ferramentas dixitais
  • Optimizar o equipamento informático, dispositvos móbiles e periféricos e inferirlle un carácter funcional.
  • Implementar os entornos virtuais de aprendizaxe
  • Desenvolver estratexias que permitan ás familias comunicarse e acceder á información a través de ferramentas dixitais.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Empregar entornos e ferramentas dixitais nos contextos de ensino aprendizaxe e nos proxectos interdisciplinares.
O2PD Desenvolver estratexias no alumnado que lle permitan crear contidos propios empregando ferramentas dixitais
O3PD Optimizar o equipamento informático, dispositvos móbiles e periféricos e inferirlle un carácter funcional.
O4PD Implementar os entornos virtuais de aprendizaxe
O5PD Desenvolver estratexias que permitan ás familias comunicarse e acceder á información a través de ferramentas dixitais

Seguimento

Procedemento

O procedemento seguido para comprobar o estado do Plan Dixital e a súa implementación foi o seguinte:

  • Xuntanzas de coordinación.
  • Visitas do Adix.
  • Cumplimentar a ferramenta Educalidade.
1º Trimestre

OBXECTIVO NÚMERO 1 Empregar entornos e ferramentas dixitais nos contextos de ensino aprendizaxe e nos proxectos interdisciplinares.

AO 1.1: Actualización de credenciais de usuarios das aulas virtuais. Realizado

AO 1.2: Rexistro de usuarios, modificación de contrasinais e primeiros pasos nos entornos virtuais por parte do alumnado. Realizado

AO 1.3: Acceso aos contidos, materiais, recursos, actividades, entrega de tarefas… por parte do alumnado. Pendente.

OBXECTIVO NÚMERO 2 Desenvolver estratexias no alumnado que lle permitan crear contidos propios empregando ferramentas dixitais

AO 2.1: Desenvolvemento de mínimos en relación á competencia dixital segundo os ciclos. Realizado.

OBXECTIVO NÚMERO 3 Optimizar o equipamento informático, dispositvos móbiles e periféricos e inferirlle un carácter funcional.

AO 3.1:  Inventario do equipamento informático e/ou dispositivos móbiles , periféricos... do centro. Realizado.

OBXECTIVO NÚMERO 5 Desenvolver estratexias que permitan ás familias comunicarse e acceder á información a través de ferramentas dixitais

AO 5.1: Constitución equipo TIC. Realizado.

AO 5.2: Obradoiro de formación de familias (de nova incorporación e aquelas que demanden). Realizado.

AO 5.3: Creación de titoriais de axuda en  formato vídeo e texto. Realizado.

 

 

2º Trimestre

OBXECTIVO NÚMERO 3 Optimizar o equipamento informático, dispositvos móbiles e periféricos e inferirlle un carácter funcional.

AO 3.2: Valoración das necesidades de equipamento. Realizado.

OBXECTIVO NÚMERO 4 Implementar os entornos virtuais de aprendizaxe

AO 4.1: Formación en coñecemento básico dos entornos virtuais de aprendizaxe. Realizado.

3º Trimestre

OBXECTIVO NÚMERO 1 Empregar entornos e ferramentas dixitais nos contextos de ensino aprendizaxe e nos proxectos interdisciplinares.

AO 1.3: Acceso aos contidos, materiais, recursos, actividades, entrega de tarefas… por parte do alumnado.

OBXECTIVO NÚMERO 2 Desenvolver estratexias no alumnado que lle permitan crear contidos propios empregando ferramentas dixitais

AO 2.2: Traballo semanal para o coñecemento de estratexias, ferramentas,… Pendente.

AO 2.3: Creación de contidos propios incluídos dentro de proxectos, contidos curriculares… que son publicalos na AV. Pendente.

OBXECTIVO NÚMERO 3 Optimizar o equipamento informático, dispositvos móbiles e periféricos e inferirlle un carácter funcional.

AO 3.3. Revisar optimizar os equipos que o precisen mediante a instalación de  discos duros sólidos e a ampliación da memoria RAM dos

equipos máis obsoletos así como a maqueta Abalar. Pendente.

OBXECTIVO NÚMERO 4 Implementar os entornos virtuais de aprendizaxe

AO 4.2: Creación de contidos e traballo cos entornos virtuais de aprendizaxe. Pendente.

OBXECTIVO NÚMERO 5 Desenvolver estratexias que permitan ás familias comunicarse e acceder á información a través de ferramentas dixitais

AO 5.4: Enquisa de uso final por parte das familias. Pendente.

AO 5.5: Valoración da cantidade de familias que empregaron estas ferramentas. Pendente

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a avaliación deste plan, levaranse a cabo dous tipos de avaliación. Para iso, o procedemento de seguemento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, revisarase:

- con carácter procesual: as diferentes actuacións recollidas no Plan de Acción deberanse revisar trimestralmente para coñecer o seu estado. Deste modo, poderanse axeitar, redeseñar e/ou reformular as actuacións para facer que sexa efectivo dito plan.

- con carácter anual: revisarase a través de dous procedementos:

  • A través das táboas do Plan de Acción: sinalarase o estado de cada unha das actuacións a desenvolver. Deste modo, saberase se se atopan realizadas, aprazadas ou pendentes.

  • Este plan concretarase a través da Programación Xeral Anual. Polo tanto, na Memoria Anual farase mención ao mesmo. Neste documento focalizarase a avaliación á valoración do logro dos obxectivos así como nas propostas de mellora.

 

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado polo Consello Escolar do centro na data de 28 de xuño de 2022, este plan difundirase e darase publicidade a través da web do centro informando á comunidade educativa a través da aplicación Abalar Móbil da publicación do presente Plan Dixital.

Plan Dixital