Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos
do centro:

No noso centro existe dende hai bastantes anos un consenso de toda a comunidade escolar, impulsada dende o equipo directivo, de introdución das novas tecnoloxías da información e da comunicación na práctica educativa cotián do centro. Este consenso levounos a levar adiante accións en tres frontes para acadar un uso normalizado das mesmas. Nun primeiro lugar traballamos para termos unha dotación de equipamentos suficiente, tanto a nivel de adquisicións propias (PDI, ordenadores e proxectores en cada aula, dotación dunha sala de recursos para o profesorado...) como participando en distintos programas de innovación educativa como Abalar e Edixgal. Así mesmo dende a Biblioteca Escolar se realizou unha importante achega de recursos (tablets, ...) que nos permiten, arestora, contar cunha dotación suficiente na aula de informática. Nun segundo plano fomentouse a formación do profesorado no uso e emprego das novas tecnoloxías. A participación na formación do profesorado sempre foi maioritaria e permitiu ir avanzando aos poucos na elaboración de produtos educativos propios e na incorporación destes na práctica educativa cotián.

A pandemia nestes últimos anos incrementou o compromiso coa formación do profesorado e o uso que se fai no centro da aula virtual. Tamén nestes últimos anos e á calor das necesidades de comunicación xeradas polo confinamento, fíxose evidente a necesidade de uso das canles corporativas para evitar o emprego de mensaxerías comerciais, feito que se
Estamos traballado na dotación de mais material e a formación, é na creación dun espazo web e un perfil en redes sociais que achegue unha imaxe dinámica do centro, amose as súas actividades dun xeito aberto e democrático, permitindo a todos o usuarios coñecer os nosos documentos e programacións ao tempo que sexa un escaparate da actividade do centro. Os programas relacionados coas novas tecnoloxías nos que participa o noso centro son Abalar e Edixgal, e distintas actuacións relacionadas coa biblioteca.

Breve xustificación do mesmo
A normativa aplicable ao noso Plan Dixital é a seguinte:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021- 2022
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Proceso de elaboración
Para a elaboración do presente plan constituíse un Equipo de Dinamización do Plan dixital, formado por:

  • Rafael Iglesias Casado (Coordinador TIC-EDIXGAl e Coordinador do PD)
  • Ma del Carmen Mouriño Sestelo (Secretaria do centro)
  • Jorge José Pérez Maceira (Profesor)
  • Miguel Refojos Leal (Profesor)

Mantivéronse reunións durante o presente curso para levar a fin as diferentes etapas para a elaboración do Plan Dixital. A continuación resumimos o proceso:
No primeiro trimestre, despois de organizarnos como grupo de traballo no PFPP, rexistrámonos na ferramenta SELFIE e preparamos os 3 cuestionarios para as distintas etapas educativas (ESO/BACHARELATO/CICLO). Cuestionarios que foron realizados polo equipo directivo, profesorado e alumnado antes das vacacións de Nadal.

A principios de ano comezamos coa análise dos resultados do Selfie e o profesorado realizou un Test sobre Competencia Dixital Docente(CDD) para coñecer o nivel competencial no que se atopaba o profesorado do centro.

Cos datos que reflexaban as ferramentas anteriores realizamos un DAFO para coñecer as nosa fortalezas e debilidades o que no permitiu realizar un PLAN DE ACCIÓN con ropostas de mellora fixando os obxectivos a alcanzar no próximo curso.

Finalmente elaborouse este documento onde queda reflexado todo o proceso comentado anteriormente.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos utilizados foron o SELFIE e test de CCD.

Interno
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C8/10 -O alumnado da BAC non dispón de equipos que pode levar para á casa. Alumnado Non
Debilidade C5-O centro dispón de asistencia técnica cando teño problemas pero non é no momento. Infraestruturas Si
Debilidade C14 - Insuficientes espazos físicos que faciliten a ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Debilidade C7 - Insuficiente política de protección de datos. Infraestruturas Non
Debilidade C16 - Insuficientes repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensinanza aprendizaxe. Infraestruturas Non
Debilidade C15 - Insuficiente acceso as tecnoloxías asistenciais polos alumnos con necesidades educativas específicas. Infraestruturas Non
Debilidade B1-No noso centro non avaliamos os progresos en competencias dixitais. (ensino/aprendizaxe con tecnoloxías dixitais) Organización de centro Non
Debilidade A2-O profesorado non se involucra no desenvolvemento da estratexia dixital do centro. Organización de centro Non
Debilidade A1-Non existe unha estratexia dixital clara. Organización de centro Non
Debilidade B1-No noso centro non avaliamos o suficiente os progresos en competencias dixitais. Persoal docente Non
Debilidade F3-Usamos pouco a tecnoloxía para realizar actividades creativas. Persoal docente Non
Debilidade A4-Insuficiente tempo para que os docentes podan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Persoal docente Non
Debilidade D1-Debatemos pouco sobre as necesidades de FPP no relativo ao ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade D3-Insuficiente intercambio de experiencias sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. (participación en proxectos interdisciplinarios.) Persoal docente Non
Debilidade G5/G6 - Baixo uso da tecnoloxía para avaliar ao alumnado e para a retroalimentación, autoavaliación e a avaliación entre iguais, autoaprendizaxe... Persoal docente Non
Debilidade B2-No noso centro non existe de reflexión en profundidade sobre o uso das TIC¿s . Persoal docente Non
Debilidade F5/F6-Usamos pouco a tecnoloxía para que o alumnado traballe en grupo (colaboración/cooperación) e para proxectos interdisciplinarios entre materias. Persoal docente Non
Fortaleza C8/10 -O alumnado da ESO dispón de equipos que pode levar para á casa. Alumnado Non
Fortaleza C1-O centro ten infraestrutura dixital que apoia o ensino/aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza C3-O centro facilita o acceso a Internet (todo profesorado e alumnado ESO nos equipos que lle cede para uso persoal) Infraestruturas Non
Fortaleza C2-O centro dispón de dispositivos dixitais para a labor docente. Infraestruturas Non
Fortaleza A3-O centro apoia á hora de probar novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza E5-Si se utilizan recursos educativos abertos. Persoal docente Non
Fortaleza E1-O noso profesorado busca recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza E4-Si se utilizan tecnoloxías dixitais para a comunicación no centro educativo. Persoal docente Non
Fortaleza E3-Si se usan contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado Persoal docente Non
Fortaleza F1-Si se usan las tecnoloxías dixitais para adaptarse as necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza E2-O profesorado crea de recursos dixitais para reforzar o labor de ensinanza. Persoal docente Non
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Pouca estabilidade laboral do persoal docente. Contorna Non
Ameaza B4-Non existe colaboración con outros centros para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais. Outras Non
Oportunidade O centro só emprega servizos dixitais educativos corporativos Administración educativa Non
Oportunidade D2-O profesorado ten acceso a FPP relacionadas coas novas tecnoloxías. Administración educativa Non
Oportunidade Boa colaboración da ANPA en distintos proxectos. ANPA Non
Oportunidade Alta participación na ESCOLA DE FAMILIAS. Contorna Non
Oportunidade A5 - Coñecemos pero non respectamos o suficiente os dereitos de autor. Lexislación Non
Oportunidade B3-Usamos pouco as tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións (si se usa videoconferencia coas universidades). Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez analizado o dafo vemos que se precisa incidir na conscienciacion do uso seguro de internet...

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Desenvolver estratexias que permitan ao alumnado de 1ESO adquirir a competencia dixital básica para traballar nas distintas materias.
O2PD Facer que o profesorado se involucre no desenvolvemento da estratexia dixital do centro.
O3PD Desenvolver proxectos interdisciplinarios empregando ferramentas dixitais coa participación de varios departamentos.
O4PD Desenvolver un protocolo común de uso das TIC en todo o centro e poñelo en práctica.
O5PD Desenvolver estratexias que permitan ao alumnado actuar de xeito seguro en internet.

Seguimento

Procedemento
  • Faise un seguimento mensual por parte do equipo de dinamización do plan dixital.
  • O coordinador do plan dixital ten acceso a aplicación EDUCALIDADE para o rexistro deste seguimento.
  • O mentor Adix fai dúas visitas por trimestre para a valoración da posta en práctica do plan dixital.
1º Trimestre

A implantación do plan dixital no 1º trimestre foi cumprindo os obxectivos previstos.

2º Trimestre

O cambio de coordinador do plan dixital entre o primeiro e o segundo trimestres (por motivo dunha comisión de servicios), provocou algún desaxuste, e non se avanzou en todos os obxectivos como se esperaba.

3º Trimestre

Os retrasos arrastrados do trimestre anterior supuseron que non se acadaran por completos os 5 obxectivos plantexados inicialmente.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación procesual
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do presente plan será  realizado polo equipo de traballo establecido ao inicio do curso para dinamizar as TIC (ver acción AO2.1 do obxectivo 2 do plan de acción), mantendo unha reunión mensual para realizar o seguimento do estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
A mesma táboas que apracen no PLAN DE ACCIÓN (apartado 3 deste documento) empregarase para facer o seguimento de cada obxectivo na fase de avaliación deste Plan.

Valoración xeral

Os retrasos arrastrados do trimestre anterior supuseron que non se acadaran por completos os 5 obxectivos plantexados inicialmente. Ademais consideramos que os obxectivos 4 e 5 eran un pouco ambiciosos para este primeiro ano de implantación do plan dixital.

Proposta de mellora

Definir un obxectivos máis axustados e a máis longo plazo.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Difusión do plan
O presente plan será enviado a todo o profesorado por correo electrónico, e unha vez oído ao profesorado no claustro de final de curso 2021/2022, será aprobado polo consello escolar.
Para darlle visibilidade e para que os responsables das acción no vindeiro curso estean informados dos pasos a seguir para cumplir cos obxectivos,o plan dixital será publicado na aula virtual e/ou na web do centro para que toda a comunidade educativa poda consultalo.