Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Introdución

1.1 Datos básicos do centro
CEP Antonio Magariños Pastoriza. (36000478)
Dirección: Avenida de Vilariño 29 Cambados CP 36630 Pontevedra.
cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.gal
https://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos

O colexio é un centro de Educación Primaria de liña dous que conta cun total de 180 alumnos/as e con 21 mestres.

1.2 Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo
do Centro
A maoría das familias teñen un nivel socioeconómico medio. Moitas familias contan cun nivel de estudos  básico  e  hai  unha  porcentaxe  significativa  que  son  fillos  de  funcionarios  e  outros
profesionais do sector servizos, así como mariñeiros e agricultores.
Cómpre salientar, que nos últimos anos a porcentaxe de familias estranxeiras incrementouse no centro.
Os proxectos cos que contamos no centro e aos cales o PD vai contribuír é o Proxecto Elisa ou a participación en Depoemprende.
No vindeiro curso incluiranse na PXA os obxectivos do Plan de Acción, os cales se acadarán a través  de  diversas  actividades  que  se  levarán  a  cabo  ao  longo  do  curso.  Estas  actividades
recolleránse no presente PD.

1.3 Breve xustificación do mesmo
Este Plan dixital está adaptado ao establecido na seguinte normativa: 
¿ Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
¿ Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento
das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
¿ Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de  Educación  e  Formación  Profesional,  pola  que  se  ditan  instrucións  para  o
desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.
¿ Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación
Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma
de Galicia para o curso 2021-2022.

1.4 Proceso de elaboración
O método de traballo que empregamos foi acudir ás reunións por webex  requeridas, así mesmo, fixéronse  diversas  chuvias  de  ideas  nas  que  participaron  todos  os  membros  do  grupo,  para posteriormente, a cordinadora do Plan Dixital, elaborar os documentos que se subían a aula virtual e; finalmente, grazas a eses documentos, recoller toda a información no PD.

2. Situación de partida
2.1Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais
Descrición  xeral  acerca  da  infraestrutura  dixital  do  centro: Todas  as  aulas  contan  con conexión a internet por cable. As aulas da entrada principal, tanto as da planta baixa como as da
2º planta contan con wifi. Así mesmo, este curso na planta baixa do centro instaláronse uns repetidores wifi que permiten a conexión wifi no despacho de dirección, sala de profesores e
biblioteca.
Equipamento dispoñible e identificación dos usos segundo as seguintes categorías: aulas abalar (5º e 6º) contan con sendos carritos abalar, os cales teñen ordenadores que non funcionan
no seu 95%, así mesmo, os titores de 5º e 6º contan con un ordenador portátil, todas as aulas teñen un ordenador de mesa conectado por cable e un cañón proxector con PDI. Na biblioteca hai
un   ordenador que empregan os mestres e en ocasións o alumnado pode buscar información. Hai 3 equipos para uso de mestres na salas de profesorado e un ordenador no departamento de
orientación, así como unha aula de informática.
Servizos  dixitais  educativos: entre  os  servizos  corporativos  ou  non  corporativos  que  se empregan destácanse a páxina web do centro, aula virtual, espazoAbalar, Abalarmóbil,…).
Xestión do mantemento do equipamento do centro:  Contamos con un informático que nos repara os diferentes equipos dixitais cos que contamos e con un coordinador TIC.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos utilizados para a recollida de información foron os indicados:

- Informe SELFIE

- Test CDD

Interno
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Base de datos de proveedores de formación Alumnado Non
Debilidade Traer o propio dispositivo Alumnado Non
Debilidade Traer o propio dispositivo Familias Non
Debilidade Acceso a internet Infraestruturas Si
Debilidade Dispositivos dixitais para o aprendizaxe Infraestruturas Si
Debilidade Espazos físicos Infraestruturas Si
Debilidade Tecnoloxías asistenciais Infraestruturas Non
Debilidade Bibliotecas/repositorios en liña Infraestruturas Non
Debilidade Bibliotecas/repositorios en liña Infraestruturas Non
Debilidade Tempo para explorar o ensino dixital Organización de centro Si
Debilidade Avaliación do progreso Organización de centro Non
Debilidade Estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade Desenvolvemento da estratexia co profesorado Organización de centro Non
Debilidade Novas modalidades de ensino Organización de centro Si
Debilidade Participación das empresas na estratexia Organización de centro Non
Debilidade Empleo de entornos virtuais de aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade Tempo para explorar o ensino dixital Persoal docente Si
Debilidade Recursos educativos en liña Persoal docente Non
Debilidade Creación de recursos dixitais Persoal docente Non
Debilidade Fomento da creatividade Persoal docente Non
Debilidade Novas modalidades de ensino Persoal non docente Non
Debilidade Recursos educativos en liña Persoal non docente Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para o aprendizaxe Alumnado Non
Fortaleza infraestrutura Infraestruturas Non
Fortaleza Asistencia técnica Infraestruturas Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para o ensino Infraestruturas Non
Fortaleza Asistencia técnica Organización de centro Non
Fortaleza Debate sobre o uso da tecnoloxía Persoal docente Non
Fortaleza Adaptación ás necesidades do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza Intercambio de experiencias Persoal non docente Non
Fortaleza Creación de recursos dixitais Persoal non docente Non
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Acceso a internet Administración educativa Non
Ameaza Dispositivos dixitais para o ensino Administración educativa Si
Ameaza FENDA dixital: medidas para identificar dificultades Contorna Si
Ameaza FENDA dixital: Apoio para abordar dificultades Contorna Si
Ameaza Bibliotecas/repositorios en liña Outras Non
Oportunidade Espazos físicos Administración educativa Non
Oportunidade Nornas sobre dereitos de autor e licenzas de uso Lexislación Non
Oportunidade Colaboracións Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Coñecer os perigos da navegación e o uso seguro de internet
O2PD Inventariar e optimizar os dispositivos dixitais do centro
O3PD Promover o uso de ferramentas dixitais de software libre no proceso de ensino-aprendizaxe

Seguimento

Procedemento

O procedemento seguido para comprobar o estado do plan dixital e a súa implementación foi o seguinte:

Xuntanzas de coordinación, visita/s do ADIX e cumplimentar a ferramenta de educalidade.

1º Trimestre

Obxectivo nº1

Constituir un equipo de traballo. Realizada.

Participar no programa Plan Director e Navega con Rumbo para a convivencia e mellora da seguridade nos Centros Educativos. Realizado

Obxectivo nº2

Constituir un equipo de traballo. Realizada.

Obxectivo nº3

Crear un documento con ferramentas dixitais libres útiles para cada un dos ciclos educativos.Pendente

Solicitar formación para a aprendizaxe no uso de ferramentas de especial interese para o profesorado. Pendente

2º Trimestre

Obxectivo nº1

Participar en actividades, charlas e formación encamiñadas a coñecer os perigos da navegación. Pendente

Poñer en práctica actividades para aplicar o ocoñecemento no bo uso de internet. Pendente

Obxectivo nº2

Realizar un inventario de tódolos dispositivos dixitais do centro e posibles melloras dos mesmos. Realizado

Solicitar e instalar discos duros sólidos e apmpliación da RAm de equipos máis obsoletoas así como da maqueta Abalar. Realizado.

3º Trimestre

Obxectivo nº1

Participar en actividades, charlas e formación encamiñadas a coñecer os perigos da navegación. Pendente

Poñer en práctica actividades para aplicar o ocoñecemento no bo uso de internet. Pendente

Obxectivo nº2

Realizar un inventario de tódolos dispositivos dixitais do centro e posibles melloras dos mesmos. Realizado

Obxectivo nº3

Crear un documento con ferramentas dixitais libres útiles para cada un dos ciclos educativos.Realizado

Solicitar formación para a aprendizaxe no uso de ferramentas de especial interese para o profesorado. Realizado.

Poñer en práctica actividades utilizando as ferramentas dixitais libres. Pendente.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora,así mesmo como ben se indica nas táboas anteriores, haberá uns indicadores de logro para valorar se as actividades
levadas a cabo se acadaron, quedaron pendentes ou aprazadas, establecendo así unha porcentaxe que nos indicará se o obxectivo foi acadado.

Valoración xeral

O cumplimento parcial dos obxectivos marcados indica que hai marxe de mellora nesta competencia.

A xustificación de non acadares todos os obxectivos débese en gran parte a pouca dotación de espacio e de equipos extremadamente obsoletos que dificultan enormemente o seu uso.

Por outro lado a escasa formación específica para o que se quere traballar (curricularmente) co alumnado desde un punto de vista dixital. 

Proposta de mellora

Atopar formacións acordes ás necesidades do alumnado e do profesorado, que realmente faciliten a realización de actividades coas novas tecnoloxías e que realmente sirvan ao proceso de ensino-aprendizaxe.

Renovación dos equipos da aula de informática ou maior dotación de equjipos para as aulas,

Charlas cara as familias sobre o uso nestas idades de dispositivos electrónicos con acceso á rede.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O  Plan  Dixital  será  enviado  ao  todo  o  Claustro  de  Mestres  e  aprobarase  no  Consello Escolar.
O centro publicará este plan na páxina web e as familias serán coñecedoras do mesmo por medio da aplicación de comunicación AbalaMóbil.

Plan Dixital