Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

En primeiro lugar, para xustificar o PD, cabe mencionar en primeira instancia a LOE 2/2006, de 3 de maio, de Educación, concretamente no seu artigo 111 de “Tecnoloxías da Información e a Comunicación”, onde expón a necesidade de aplicar medidas de aproveitamento e mellora das ferramentas dixitais dos centros, así como a promoción do seu uso. Seguidamente, no artigo 121 (en relación co artigo anterior), fai mención á necesidade de recoller no proxecto educativo unha estratexia dixital do centro. Deste xeito, en relación ao mencionado, no artigo 132 de “Competencias do director/a”, faise mención á promoción da innovación educativa e impulsión de plans para a consecución dos fines do PE, como é a elaboración do presente Plan Dixital.

Por outra banda, para cumprir co establecido na disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e Bacharelato, no curso académico 2021-2022 onde expón explicitamente que os centros elaborarán no curso citado anteriormente o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten.

Por último, cómpre facer mención á resolución precisa pola que se rexe este presente documento no referente á elaboración do documento, atendendo deste xeito á resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

A contribución do Plan Dixital ao Proxecto Educativo abrangue diferentes actuación e liñas d aprendizaxe que, evidentemente, supoñen unha mellora nas liñas educativas marcadas no noso centro educativo. Un dos obxectivos sobre os que se basea o noso eixe vertebrador en canto ao PE se refire, é conseguir unha mellora no manexo das novas tecnoloxías por parte do alumnado así que como acercar ás familias o uso das aplicacións propias da Consellería de Educación; así como realizar diversos talleres e charlas relacionados coas TIC (redes sociais, uso de app, dependencia do teléfono…). Polo tanto, podemos dicir que o Plan Dixital contribúe enormemente a reforzar esas actuación previstas no PE, indo de tarefas moi sinxelas como pode ser o manexo de softwares básicos por parte do alumnado como a utilización de programas máis específicos de programación.

Por outra banda, cabe destacar a gran relación que ten o PD cos Plans e Proxectos que se están levando a cabo no centro e que seguiremos a realizar nos vindeiros cursos. Así por exemplo a participación no Proxecta Plus “aprendo programando” supón unha relación directa e estreita coa dixitalización e mellora do centro neste apartado, e así co propio Plan Dixital contribuíndo na utilización de programas e manexo de paquetes informáticos.

Outro programa que consideramos que se debe destacar é a participación no ErasmusPlus, a través da cal o alumnado e profesorado vese na necesidade de manexar plataformas específicas do programa como pode ser “etwinning”. Ademais, a parte de ditas plataformas, supuxo para o alumnado unha familiarización coas novas tecnoloxías debido á necesidade de realizar traballos online cos socios Europeos (Portugal e Italia), así como recorrer a vídeo chamadas e traballos interactivos grupais; polo que a través deste programa estamos contribuíndo enormemente ao Plan Dixital e á inversa, o PD contribúe e reforza estas necesidades de uso das tecnoloxías así como axuda moito a detectar necesidades no alumnado e profesorado en relación á dixitalización.

Edixgal; é evidente que a implantación no centro deste programa, de cara ao curso 2022/23 suporá un paso adiante na mellora de tódolos aspectos relacionados co mundo dixital, tanto en mellora dos equipos do centro, como en dotación, recursos, utilización de novos sistemas operativos, iniciación ao mundo dixital no caso de algúns nenos e nenas e afondamento noutros casos. Así como a necesidade de traballar cos libros electrónicos suporá unha necesidade de utilización e dominio por parte do alumnado e o profesorado.

Para rematar este apartado, imos facer mención ao Clube de Ciencias (programa de innovación no que estamos inmersos), e a través do cal se traballa con infinidade de recursos electrónicos (busca de información, elaboración de presentacións, traballos con aplicacións informáticas específicas, edición de vídeos, etc.)                  

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O instrumento de recollida foi a aplicación SELFIE.

Interno
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Descoñecemento no uso de software básico. Alumnado Non
Debilidade Problemas para ter acceso a medios dixitais, especialmente ordenadores. Alumnado Non
Debilidade Rede a internet pouco axeitada. Familias Non
Debilidade Falta de ordenadores. Familias Non
Debilidade Os dispositivos dixitais non son os axeitados ou son mellorables e necesitan actualizarse. Infraestruturas Non
Debilidade A infraestrutura dixital para o ensino é deficitaria. Infraestruturas Non
Debilidade Ausencia de horario para atender as demandas tecnolóxicas do centro. Persoal docente Non
Debilidade Competencia dixital insuficiente. Persoal docente Non
Debilidade Non teñen conta específica para o acceso á rede wifi do centro. Persoal non docente Non
Fortaleza Alumnado matriculado reducido. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado recibe formación específica para ter un comportamento responsable e seguro na rede. Alumnado Non
Fortaleza Dispoñibilidade de dispositivos móbiles. Familias Non
Fortaleza Temos a nosa disposición contornas de aprendizaxe, recursos educativos e ferramentas corporativas de utilidade. Infraestruturas Non
Fortaleza Transporte escolar. Oferta Non
Fortaleza Erasmus+ Oferta Non
Fortaleza Apoio do equipo directivo ás actividades de innovación educativa. Organización de centro Non
Fortaleza Hai unha estratexia dixital marcada e en pleno desenvolvemento. Organización de centro Non
Fortaleza A participación do profesorado en programas de desenvolvemento da competencia dixital. Persoal docente Non
Fortaleza O uso de contornas dixitais como a Aula Virtual e a páxina web do centro. Persoal docente Non
Fortaleza Hai unha conciencia de mellora na utilización das TIC. Persoal docente Non
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Equipamentos mellorables e insuficientes. Administración educativa Non
Ameaza Nova lei educativa e adaptación aos cambios normativos. Lexislación Non
Oportunidade Implicación no desenvolvemento dixital do centro. ANPA Non
Oportunidade Colaboración con outros centros educativos, concello e asociacións. Contorna Non
Oportunidade Pertencer a redes como RAOGAL ou o Plan Director. Outras Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Acadar que o 100% da comunidade educativa use a aplicación Abalar
O02PD Conseguir un nivel mínimo de uso dos ordenadores por parte do alumnado.
O03PD Mellorar a competencia no uso de software básico asociado a EDIXGAL
O04PD Conseguir que o equipo TIC teña algunha/s hora/s no seu horario adicadas ao Mantemento dos Ordenadores do Centro (MOC)

Seguimento

Procedemento

Realizarase unha revisión trimestral.

1º Trimestre

Iniciáronse todos os obxectivos.

2º Trimestre

Acadáronse as accións 1 e 2 de todos os obxectivos agás as do 4.

3º Trimestre

Acadáronse todos os obxectivos agás o 4:

"Deseñar un horario para que o equipo TIC poda ter unha/s sesión/s adicada/s ao mantemento dos ordenadores do centro". Por mor da tipoloxía do noso centro educativo resulta moi complexo deseñar un horario con esa hora específica.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No tocante á avaliación do plan, as reunións do equipo que forma parte do plan Dixital do centro serán trimestrais, onde se valorarán aspectos como o desenvolvemento e a consecución dos obxectivos propostos inicialmente no apartado 3.1, a análise dos resultados de ferramentas, tales como a enquisa SELFIE ou a análise DAFO, marcados no apartado 2.3 e a concreción dos obxectivos personalizados ó noso centro, a partires dos resultados das mesmas ferramentas.

Os procedementos para avaliar o noso plan serán os indicadores de logro marcados nas táboas previamente elaboradas no apartado 3, onde se define cada obxectivo e se engade o indicador, marcado como “Acadado” ou “Non acadado”, segundo se desenvolvese o obxectivo proposto.

Como o carácter desta avaliación é modificable e autoavaliable, as propostas de mellora, o estado da execución das accións definidas polo centro e a resolución de erros, son outros dos aspectos a valorar nas reunións trimestrais de avaliación do plan, sendo modificados ou mellorados polo equipo cando sexa preciso, ou cando os obxectivos non fosen acadados.

Por último, a avaliación final e as reunións para levala a cabo serán anuais e valorarase o logro dos obxectivos e fixaranse as propostas de mellora do plan.

Valoración xeral

O plan dixital do CPI Uxío Novoneira terá en conta aspectos como a infraestrutura tecnolóxica, a formación docente, os contidos educativos dixitais, a equidade no acceso, a seguridade e privacidade, así como a avaliación e seguimento. Un enfoque integral que aborde estes aspectos clave pode axudar a garantir unha implementación exitosa e beneficios para toda a comunidade educativa.

Valoramos moi positivamente o aumento na utilización da aplicación Abalar, o mesmo que acadar o obxectivo de uso de ordenadores por parte do alumnado. Así mesmo mellorou a competencia no uso de software básico asociado a E-Dixgal.

Proposta de mellora

Os resultados obtidos, tras realizar a avaliación do PDC, quedarán reflectidos na Memoria Anual do centro, así como as propostas de mellora que se consideraron oportunas. Ademais, resulta aconsellable realizar, con carácter anual ou bianual, unha comparativa da situación do centro volvendo avaliar a competencia dixital do mesmo a través da ferramenta SELFIE. Para o vindeiro curso manteremos os nosos obxectivos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a difusión do Plan Dixital entre toda a comunidade educativa, elaboramos un plan estratéxico de publicidade entre toda a comunidade educativa, que se baseará nos seguintes puntos de actuación (non se teñen que realizar necesariamente no orde que aparecen a continuación):

  • Trasladarase toda a información necesaria respecto ao plan dixital ao claustro de profesores e profesoras, no vindeiro claustro e CCP de fin de curso cun punto específico sobre dito plan.

  • Porase en coñecemento das familias do centro o presente documento, a través das canles oficiais (Abalar e web oficial do centro). Na web, en concreto, crearase un aviso específico o día da publicación e a maiores un apartado específico na propia web para maior facilidade no caso de querer consultar o documento.

  • A maiores, na reunión de familias de fin de curso, explicaranse brevemente as principais actuacións do presente documento de cara ao funcionamento do centro e a relación co PE e PXA de cara aos vindeiros cursos.

  • Imprimirase unha copia do PD, que quedará na sala de profesorado, para que todo o profesorado e persoal non docente teña acceso a ela; así como haberá outra en secretaría por si algunha familia quere realizar algunha consulta.

  • En setembro, no claustro de inicio de curso 2022-2023 haberá un punto da reunión adicado ao PD para trasladar toda a información relevante ao novo claustro.

  • Do mesmo xeito, na posterior reunión de familias do vindeiro curso, farase o mesmo que o mencionado no punto anterior.