Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Denominación do centro: CEIP Plurilingüe Santa María do Valadouro

Avenida da Deputación, 7 Ferreira do Valadouro, Lugo

email: ceip.santamaria.valadouro@edu xunta.gal

Páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsantamariavaladouro/

O centro consta de 2 etapas educativas: infantil e primaria.

Nº total de alumnado: 137

Nº profesorado: 16

 

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O nivel socioeconómico da zona é medio baixo na que a maioría das familias viven da inductria da madeira e gandería.

Dende o ano 2014, o centro xa participaba no proxecto Abalar e co que continua na actualidade con E-dixgal.

Para o vindeiro curso 22-23 intentarase acadar os obxectivos plasmados neste plan

 

Proceso de elaboración

O Plan Dixital é a concreción dun traballo en equipo, posto que foi liderado pola súa coordinadora pero a súa consecución foi grazas á participación de todo o profesoradona busca de obxectivos viables e necesarios para conseguir unha mellora real da calidade educatica no eido dixital. En primeiro lugar, fíxose o test SELFIE, que nos achegou información sobre as características do centro. Despois, partindo dos datos que nos achegou o SELFIE, realizaouse unha analise DAFO, para coñecer as fortalezas e debilidades do centro, tanto a nivel externo como interno. Para rematar, tendo en conta as debilidades do centro, o profesorado do centro, dividido en equipos de traballo, realizou obxectivos reales para procurar unha mellora dixital e implementar no actual curso.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para e  elaboración do DAFO do noso centro empregamos o SELFIE e o Test CDD, cos cales puidemos obter as debilidades, fortalezas, ameazas e oportunidades coas que traballar ao longo de todo o curso.

Interno
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado presenta dificultades na busca de fontes fiables de información e ademais non ten en conta a autoría da mesma Alumnado Non
Debilidade Non empregamos as TIC para que o alumnado aporte comentarios entre eles sobre os seus traballos Alumnado Non
Debilidade Non teñen nocións sobre resolucións de problemas técnicos nin codificación xa que non dispoñen de recursos nin estratexias para abordar ditos problemas. Alumnado Non
Debilidade Presentan problemas co uso de abalar. En ocasións din que non chegan as mensaxes. Familias Non
Debilidade Aulas que non participan en Edixgal dispoñen de ordenador e proxector pero non funciona axeitadamente, os equipos están obsoletos. Infraestruturas Non
Debilidade A cantidade de tablets coas que contamos non son suficientes para unha clase numerosa non Edixga Infraestruturas Non
Debilidade Non hai boa conexión á rede das aulas que non son Edixgal, tendo que usar o profesorado os datos dos seus móbiles. Infraestruturas Non
Debilidade Non hai unha estratexia dixital definida Infraestruturas Non
Debilidade No noso centro non dispoñemos de espazos que posibilitan a aprendizaxe con rescursos dixitais, non hai aula de informática. Infraestruturas Non
Debilidade Podería estar ben contar cunha plataforma online onde o profesorado poida compartir material e documentos dun xeito sinxelo, tipo drive Oferta Non
Debilidade Aínda que temos en mente incorporalo no noso Plan Lector, non dispoñemos de repositorio en liña para biblioteca Oferta Non
Debilidade Non empregamos estratexias dixitais para colaborar con outros centros ou institutucións. Organización de centro Non
Debilidade Non contamos cunha plataforma para compartir documentos e manter informado ao claustro sobre novidades ou medidas adoptadas Organización de centro Non
Debilidade Non avaliamos o suficiente o noso progreso en relación as TIC. Deberíamos debater máis sobre o uso da tecnoloxía nas nosas aulas. Persoal docente Non
Debilidade Non se promove o uso das tecnoloxías dende o centronin se intercambian experiencias. Persoal docente Si
Debilidade Algúns mestres dominan a creación de contidos dixitais propios pero outros non Persoal docente Si
Debilidade Temos marxe de mellora á hora de fomentar a creatividade a través das TIC co noso alumnado Persoal docente Non
Debilidade Falta de informatización da conserxería Persoal non docente Non
Debilidade O alumnado non coñece como crear recursos dixitais, pois carecen de coñecemento sobre programación dixital. Persoal non docente Non
Fortaleza O alumnado móstrase implicado e motivado pola Competencia Dixital. Colabora cando se empregan as TIC debido a ser un centro de interese Alumnado Non
Fortaleza Alumnado de 5º e 6º dispón de dispositivos dixitais Alumnado Non
Fortaleza Competencia dixital media alta por parte do alumnado Alumnado Non
Fortaleza Comportamento seguro e uso responsable das TIC por parte do noso alumnado Alumnado Non
Fortaleza As familias coñecen e usan as ferramentas de comunicación coorporativas Familias Non
Fortaleza Centro dotado de equipamento e recursos dixitais. Somos centro Edixgal Infraestruturas Non
Fortaleza Contamos con tablets para o uso do alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza Hai uso de entornos virtuais de aprendizaxe como a aula virtual do centro ou a específica de Edixgal, as cales está organizadas e preparadas para o seu uso. Infraestruturas Non
Fortaleza No noso centro valórase a formación e hai interese enformarse en Competencia Dixital Oferta Si
Fortaleza Empregamos as ferramentas corporativas para comunicarnos coa comunidade educativa. Temos actualizada a páxina web do centro Organización de centro Non
Fortaleza Motivamos ao profesorado de 5º e 6º a avaliar a través deferramentas dixitais aproveitando a participación no proxecto edixgal. Organización de centro Non
Fortaleza Gran coñecemento sobre os dereitos de autor e as licencias de uso dixitais Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado coñece a existencia de recursos e materiais dixitais en liña e abertos e úsaos co alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza Empregamos as TIC para individualizar o ensino do noso alumnado Persoal docente Non
Fortaleza Contamos con profesorado que está comprometido co uso das tecnoloxías e que busca a formación permanente dese eido. Persoal docente Si
Fortaleza Dispoñen de equipamento dixital (ordenador e proxector) Persoal docente Non
Fortaleza Boa actitude e colaboración co persoal docente no desenvolvemento das súas tarefas Persoal non docente Non
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Muy limitada asistencia técnica, a reposición e o equipamento do centro por parte da Consellería Administración educativa Si
Ameaza Claustro moi pequeno, o que provoca maior carga de traballo e función por persoa Administración educativa Non
Ameaza Pouco tempo para explorar o ensino dixital debido á carga lectiva e ás poucas horas para poder ampliar coñecementos relacionados coa Competencia Dixital. Administración educativa Si
Ameaza Alta carga de burocracia que condiciona o tempo para que o profesorado lle adique ás TIC Administración educativa Si
Ameaza Dificultades para que o alumnado traia o seu propio dispositivo. Contorna Non
Ameaza Alumnado inmigrante con familias que teñen un nivel socioeconómico medio baixo Contorna Non
Ameaza Alumnado que non conta con conexión á rede nas súas casas Contorna Non
Ameaza Non darlle autonomía aos centros para destinar algo dos seus gastos de funcionamento para incorporar novos dispositivos dixitais. Lexislación Non
Ameaza Coordinadores TIC con pouca liberación horaria. Lexislación Si
Ameaza A Consellería oferta praza de técnico TIC nos centros educativos. Ao igual que existen administrativos/as isto solventaría moitos problemas. Aínda que fose itinerante Lexislación Non
Oportunidade Claustro definitivo, o que garantiza maior estabilidade nos proxectos Administración educativa Non
Oportunidade O servizo premium é efectivo e rápido Administración educativa Non
Oportunidade Proxecto Edixgal que oferta a Consellería, así como outros de robótica nos que poderíamos participar... Administración educativa Non
Oportunidade ANPA moi implicada e moi colaborativa co centro. Destacar o seu gran funcionamento como asociación ANPA Non
Oportunidade ANPA colabora economicamente e podería organizar actividades ANPA Non
Oportunidade Dotación económica dunha partida por parte de ALCOA para mercar recursos dixitais para alumnado NEAE. Outras Non
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Utilizar a aula virtual do centro
O02PD Difundir a través das Redes Sociais as actividades que se realizan dende o centro educativo para darlle unha maior proxección ao mesmo.
O03PD Renovar e actualizar os equipos informáticos das aulas de infantil (PDI e ordenadores)

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

Creación da páxina de instagram do colexio @ceipsantamariavaladouro e de facebook.

Posta en marcha da aula virtual

2º Trimestre

-Formación de parte do profesorado en canva, redes sociais e aula virtual.

-Actualización da aula virtual

3º Trimestre

-Actualización dos equipos informáticos con 9 PDIs

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Valoración moi positiva, tanto na formación do profesorado en materia de ferramentas tecmolóxicas e novas tecnoloxías como na dotación de equipamentos para o centro

Proposta de mellora

Formación do profesorado con relación as PDIs

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa a través do claustro, equipo directivo e páxina web do centro.