Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN.

Á hora de elaborar o Plan Dixital tívose en conta a seguinte lexislación:

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

CONTEXTUALIZACIÓN E CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO.

O CEIPP de Outes é un centro en constante análise e reflexión da súa práctica educativa, o que nos leva a detectar como unha necesidade a importancia de poder garantir unha educación dixitalizada e inclusiva na nosa comunidade educativa. Diminuír a brecha dixital do alumnado da nosa escola, nun concello sen outras posibilidades de achegamento a recursos dixitais e de corte STEM, empoderándoo no uso destas tecnoloxías, é un dos obxectivos principais que plantexamos neste plan.

Asumimos a incorporación do Plan Dixital de xeito integrado co resto de programas nos que participa o centro e de maneira especial co Proxecto Documental Integrado que cada ano se desenvolve no centro, o que propiciará unha abordaxe curricular, significativa e contextualizada das iniciativas que se leven a cabo neste plan.

O Plan Dixital intégrase dentro do Proxecto Educativo (PE) do centro, como un elemento dinamizador do traballo educativo cotiá. Así mesmo, debe estar integrado en todos os proxectos e plans do centro, ofrecendo ferramentas de traballo motivadoras, inclusivas e, sobre todo, orientadas a todo o alumnado.

Do mesmo xeito, a PXA deberá ter en conta dito plan para desenvolver os obxectivos establecidos no Plan de Acción e formará parte do Plan de Integración das TIC.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE e o TCDD o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Deficiente conectividade no concello. Deficiente solvencia dixital para o apoio do alumnado. Ferramentas tecnolóxicas pouco adaptadas. Familias Si
Debilidade Equipamento dixital deficiente tanto por antigüidade, tipo e cantidade. Deficiente conectividade por cable. Falta de armarios de carga para ordenadores Edixgal. Infraestruturas Si
Fortaleza Elevada motivación do alumnado coas propostas dixitais. Úsanse contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado de primaria. Alumnado Non
Fortaleza Suficiente experiencia no emprego de plataformas educativas e/ou outros recursos dixitais por parte do alumnado e profesorado de xeito colaborativo. Organización de centro Non
Fortaleza Excelente formación técnica na utilización de entornas e recursos dixitais abertos. Persoal docente Non
Fortaleza Gran implicación do persoal non docente. Persoal non docente Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de servizo técnico fóra de Edixgal. Falta de dotación do equipamento adecuado e actualizado ás necesidades do centro. Administración educativa Non
Ameaza Mala conectividade no concello. Cortes de suministro repetitivos. Contorna Non
Ameaza Lentitude e limitación que pode supoñer. Lexislación Non
Oportunidade Posibilidade de realizar un Plan Dixital para conseguir unha estratexia dixital no centro útil. Administración educativa Non
Oportunidade Formación para as familias organiza pola ANPA. ANPA Non
Oportunidade Posibilidade de establecer sinerxias para traballar conxuntamente. Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A análise DAFO axudo na elaboración do Plan Dixital.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formar ás familias en recursos dixitais.
O02PD Formar ao alumnado en ciberseguridade e demáis riscos do suo das TIC¿s.
O03PD Actualizar os equipos informáticos da sala de profesores.
O04PD Uso da aula de Polos Creativos por todo o centro.

Seguimento

Procedemento

No contexto de avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Ao finalizar o primeiro trimestre o estado de cada un os obxectivos e accións vinculadas a cada un destes é o seguinte:

  • Obxectivo O01PD: Formar ás familias en recursos dixitais.
    • AO1.1: Acadado.
    • AO1.2: En proceso.
  • Obxectivo O02PD: Formar ao alumnado en ciberseguridade e demáis riscos do suo das TIC´s. 
    • AO2.1: Acadado. 
  • Obxectivo O03PD: Actualizar os equipos informáticos da sala de profesores.
    • AO3.1: Acadado.
    • AO3.2: En proceso.
  • Obxectivo O04PD: Uso da aula de Polos Creativos por todo o centro.
    • AO4.1: En proceso.

O desenvolvemento do Plan Dixital estase levando a cabo correctamente, cumprindo os prazos previstos e cun bo grao de implantación no centro das accións programadas. 

2º Trimestre

Ao finalizar o segundo trimestre o estado de cada un dos obxectivos e accións vinculadas a cada un destes é o seguinte:

  • Obxectivo O01PD: Formar ás familias en recursos dixitais.
    • AO1.1: Acadado.
    • AO1.2: En proceso.
  • Obxectivo O02PD: Formar ao alumnado en ciberseguridade e demáis riscos do suo das TIC´s. 
    • AO2.1: Acadado. 
  • Obxectivo O03PD: Actualizar os equipos informáticos da sala de profesores.
    • AO3.1: Acadado.
    • AO3.2: Acadado.
  • Obxectivo O04PD: Uso da aula de Polos Creativos por todo o centro.
    • AO4.1: En proceso.

O desenvolvemento do Plan Dixital estase levando a cabo correctamente, cumprindo os prazos previstos e cun bo grao de implantación no centro das accións programadas. 

3º Trimestre

Ao finalizar o terceiro trimestre o estado de cada un dos obxectivos e accións vinculadas a cada un destes é o seguinte:

  • Obxectivo O01PD: Formar ás familias en recursos dixitais.
    • AO1.1: Acadado.
    • AO1.2: En proceso.

O obxectivo 1 está totalmente acadado habendo aproximadamente un 50% .

  • Obxectivo O02PD: Formar ao alumnado en ciberseguridade e demáis riscos do uso das TIC´s. 
    • AO2.1: Acadado. 

O obxectivo 2 está totalmente acadado .

  • Obxectivo O03PD: Actualizar os equipos informáticos da sala de profesores.
    • AO3.1: Acadado.
    • AO3.2: Acadado.

O obxectivo 3 está totalmente acadado pois actualizaronse os ordenadores que había e colocáronse outros 2. 

  • Obxectivo O04PD: Uso da aula de Polos Creativos por todo o centro.
    • AO4.1: En proceso

O obxectivo 4 atópase en proceso xa que o alumnado dos diferentes niveis é usuario da aula pero non de forma constante. Só en actividades puntuais. 

O desenvolvemento do Plan Dixital estase levando a cabo correctamente, cumprindo os prazos previstos e cun bo grao de implantación no centro das accións programadas. 

Recibíronse 7 ordenadores que serán para os especialistas do Departamento de Orientación. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a avaliación do Plan Dixital seguiremos as seguintes indicacións:

-          No contexto de avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións e as propostas de mellora.

-          No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Os obxectivos 2 e 3 están totalmente acadados excepto o obxectivo 1 e 4 que non se puideron levar a cabo por circustancia alleas ao Plan Dixital 

Desde o centro considéranse que foron útiles os obxectivos levados a cabo e que tiveron repercursión no centro.

Proposta de mellora
  • Retomar os obxectivo 1 e 4
  • Continuar con Polos Creativos.
  • Seguir mellorando a contectividade.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A forma de dar a coñecer o Plan Dixital será a seguinte:

-          Publicación na páxina web do centro  así como na aula virtual do mesmo.

-          Dalo a coñecer a través da ANPA e do Claustro.