Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

No CPR Divino Maestro estamos orientados á formación de adultos, á impartición da Formación Profesional en varias vertentes, regrada e non regrada, Formación Profesional de ciclo medio e básico, e certificados de profesionalidade na rama administrativa, co obxectivo de capacitar ó alumnado para realizar tarefas no ámbito administrativo con responsabilidade, autonomía e iniciativa persoal. Aspiramos a unha mellora continua para dar unha mellor resposta a diversidade, que redunde nun alumnado crítico, con capacidade de decisión, criterios propios de consumo responsable, respectuosos e coñecedores da técnica e da sociedade da información e os seus desafíos. Alumnado cun perfil profesional multidisciplinar e aberto, interesados en formar parte dunha sociedade da información.

Na procura dunha transformación do CPR Divino Maestro nun centro dixitalmente competente, o Plan Dixital actuará como facilitador do desenvolvemento dos proxectos do centro a través das seguintes contribucións:

  • Formación do profesorado e implementación do desenvolvemento das actividades de ensinanza aprendizaxe.
  • Colaboración en programas internacionais ou programas europeos favorecendo a comunicación e divulgación dos proxectos programados a través do Plan Erasmus+.
  • Por en disposición equipamento dixital para o desenvolvemento dos proxectos educativos, e de innovación vencellados á escola de segunda oportunidade, ou aqueles outros proxectos que puideran xurdir no curso 2023-2024.
  • A incorporación de novas ferramentas TIC, estreitará a relación do Plan Dixital co EDLG.
  • Como recolle o Artigo 121. Proxecto educativo da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, o PEC incluirá un tratamento transversal da educación en valores, do desenvolvemento sostible, da igualdade entre mulleres e homes, da igualdade de trato e non discriminación e da prevención da violencia contra as nenas e as mulleres, do acoso e do ciberacoso escolar, así como a cultura de paz e os dereitos humanos. Deste modo o Plan Dixital contribuirá directamente no fortalecemento das accións programadas dende o Plan de Igualdade.
  • A contribución do Plan Dixital nos Plans de Formación PFPP neste curso observarase na vertente de dar dispoñibilidade de equipamento para o desenvolvemento dos diferentes cursos aprobados polo PFPP para o presente curso.   

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24

A contribución do Plan Dixital á Programación Xeral Anual do curso 2023/2024 virá dada por tres vías de actuación:

  • As accións de mellora e obxectivos presentadas no actual documento que constitúe este plan.
  • A estreita relación, cando non acción conxunta cos Plans e Proxectos, prestando especial atención e contribuíndo ao seu carácter innovador.
  • A contribución que, de maneira transversal, se fai sobre aspectos relativos ao equipamento do centro e á convivencia escolar.

Breve xustificación do mesmo

A elaboración deste Plan Dixital de Centro dá respostas á seguinte normativa:

·   Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. 

·   Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022. 

Proceso de elaboración

A análise da situación do centro atendeu ás dimensións establecidas polo Marco Europeo de Organizacións Dixitalmente Competentes (DigCompOrg). Os documentos de informe SELFIE e do test CDD, realizados no curso 2021-2022,  actuaron como documentos de referencia para xerar unha análise DAFO que favoreceu a reflexión sobre a situación do centro no contexto da dixitalización, e a elaboración final do Plan Dixital de Centro orixinal en termos de fixación de obxectivos e actuacións de mellora. Agora facemos unha actualización deste DAFO orixinal, baseándonos na análise da nova situación do centro e, a partir desta análise, facemos a revisión e actualización dos obxectivos do plan de acción para este curso 2023-2024.

 

 

 

  

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Ademais do propio coñecemento da situación do centro por parte dos integrantes do EDPD, apoiámonos na ferramenta de autoavaliación SELFIE, dispoñible para todos os centros educativos, que proporciona un informe de situación actual. Os documentos de informe SELFIE e do test CDD (realizados ao longo do curso 2021-2022), actuaron como documentos de referencia para xerar unha análise DAFO que favoreceu a reflexión sobre a situación do centro no contexto da dixitalización, e a elaboración final do Plan Dixital de Centro en termos fixación de obxectivos e actuacións de mellora.

 

Interno
54 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade - Insuficiente dispoñibilidade de equipos dixitais que o alumnado poda levar á casa. Alumnado Non
Debilidade G6. Insuficiente utilización das tecnoloxías dixitais para realizar observacións construtivas sobre o traballo dos compañeiros. Alumnado Si
Debilidade - Insuficiente dispoñibilidade de equipos adaptados para alumnado con NEAE. Alumnado Non
Debilidade F6. Insuficiente participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Debilidade - Insuficiente implicación das familias. Familias Non
Debilidade A1. Non existe unha estratexia dixital completa, en proceso. Infraestruturas Non
Debilidade C5. Insuficiente asistencia técnica, limitada polo orzamento. Infraestruturas Non
Debilidade A1. Non dispoñemos de estratexia dixital (estamos en proceso). Oferta Non
Debilidade - Non hai homoxeneidade do nivel de CDD no claustro. Organización de centro Si
Debilidade -Sí se permite traer ao alumnado o seu equipo ou dispositivo dixital. Organización de centro Non
Debilidade - Insuficiente motivación, por parte do claustro, para a utilización do software libre. Organización de centro Si
Debilidade - Insuficiente dispoñibilidade económica para a modernización de equipos. Organización de centro Non
Debilidade P5. Sí se dispón de equipos informáticos mercados polo propio centro. Organización de centro Non
Debilidade -Sí hai á disposición do alumnado un dispositivo dixital completo. Organización de centro Non
Debilidade - Insuficiente formación para a utilización dos servizos dixitais corporativos. Organización de centro Non
Debilidade B2. Insuficiente debate das vantaxes e desvantaxes de utilizar a tecnoloxía dixital. Persoal docente Si
Debilidade F6. Non se fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade D1. Insuficiente reflexión sobre as necesidades de DPC. Persoal docente Si
Debilidade F5. Insuficiente utilización de tecnoloxías dixitais para traballar en grupo. Persoal docente Si
Debilidade G6. Insuficiente utilización das tecnoloxías dixitais para realizar observacións construtivas sobre o traballo dos compañeiros. Persoal docente Si
Debilidade -Insuficiente utilización de recursos didácticos dixitais compartidos. Persoal docente Si
Debilidade - Insuficiente competencia dixital Persoal non docente Si
Fortaleza H.6 O alumnado sí aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet. Alumnado Non
Fortaleza H.4 O alumnado sí aprende a comprobar si a información que atopa en internet é fiable e precisa. Alumnado Non
Fortaleza H.7 O alumnado sí aprende a crear contidos dixitais e a comunicarse usando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza H.8 O alumnado sí aprende a comunicarse usando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza - Sí hai un seguimento fluído coas familias a través de dispositivos e software propio. Familias Non
Fortaleza - Sí hai un seguimento fluído coas familias a través de dispositivos e software propio. Familias Non
Fortaleza C2. Sí dispoñemos de dispositivos dixitais para a labor docente. Infraestruturas Non
Fortaleza C8. Suficientes dispositivos dixitais en propiedade do centro para todo o alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza C1. Suficiente infraestrutura dixital que respalda a ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza C3. Sí se facilita o acceso a internet para a ensinanza e a aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza C7. Suficiente Política de protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza A2. O claustro sí se involucra no desenvolvemento da estratexia dixital. Oferta Non
Fortaleza A6. As empresas de FCT sí se involucran mais coa estratexia dixital. Oferta Non
Fortaleza P2. Sí se promove a utilización do software libre. Organización de centro Non
Fortaleza P1. Suficientes servizos dixitais corporativos do centro. Organización de centro Non
Fortaleza P3. Sí se promove a participación do profesorado en actividades formativas. Organización de centro Non
Fortaleza A3. Sí se fomentan as novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza D3. Suficiente apoio ao profesorado para que intercambien experiencias. Persoal docente Non
Fortaleza E3. Sí se utilizan contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza E4. Sí se utilizan tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro. Persoal docente Non
Fortaleza F1. Sí se utilizan tecnoloxías dixitais para adaptar o método de ensinanza as necesidades do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza F4. Sí se utilizan tecnoloxías dixitais para motivar ao alumnado Persoal docente Non
Fortaleza G1. Sí se utilizan tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza G1. Sí se utilizan tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza B1. Sí existe certificación en competencias dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza D2. Suficiente acceso a posibilidades de DPC. Persoal docente Non
Fortaleza E1. O Profesorado sí busca recursos educativos en liña Persoal docente Non
Fortaleza E2. Suficiente creación de recursos dixitais para reforzar o labor de ensinanza. Persoal docente Non
Fortaleza G3. Sí se utilizan tecnoloxías dixitais para facilitar retroalimentación axeitada ao alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza G5. Sí se utilizan tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza F3. Sí se utilizan tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza - Si hai estabilidade na relación laboral co PAS Persoal non docente Non
54 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza - Insuficiente acceso ás ferramentas dixitais da consellería. Administración educativa Si
Ameaza - Insuficiente financiamento para melloras no ámbito dixital. Administración educativa Non
Ameaza - Insuficiente competencia dixital. Contorna Si
Ameaza - Insuficiente nivel socioeconómico da contorna. Contorna Si
Ameaza - Non hai flexibilidade na lexislación para a realización de actividades. Lexislación Non
Ameaza - Non hai estabilidade na Lexislación Educativa. Lexislación Non
Ameaza B3. Insuficiente utilización de tecnoloxías dixitais ao colaborar con organizacións. Outras Si
Oportunidade - Si hai colaboración de maneira positiva por parte da inspección educativa. Administración educativa Non
Oportunidade - Si existe oferta de formación CDD Administración educativa Non
Oportunidade - Sí existen, por parte do Concello, iniciativas que involucran ós centros. Contorna Si
Oportunidade - Sí existen novas oportunidades derivada da nova lei da ordenación e integración da Formación Profesional. Lexislación Non
Oportunidade B3. Si hai colaboración con centros da contorna para a formación. Outras Si
Oportunidade B3. Si hai colaboración con centros da contorna para proxectos europeos. Outras Si
Oportunidade B3. Si hai colaboracións cos concellos da contorna para actividades e FCT. Outras Si
Oportunidade B3. Si hai colaboración universidades para titorización de prácticas. Outras Si
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Partindo do DAFO detectamos que as maiores fortalezas atópanse no alumnado e no profesorado. Ao igual que as debilidades, falta de compartir recursos dixitais, a utilización do software libre, a necesidade de formación en competencias dixitais, as ferramentas de avaliación dixital.

Respecto das posibles ameazas e oportunidades detectadas no DAFO, cabe sinalar que estas veñen fundamentalmente da administración educativa dende dúas perspectivas, a lexislación educativa e os seus constantes cambios e os investimentos no proceso de dixitalización na liña das directrices da UE e da Axenda 2030 e os obxectivos para o desenvolvemento.

Como conclusión sinalar que unha vez analizados os resultados dos diferentes instrumentos de avaliación da dixitalización do centro como o SELFIE, o CDD e o DAFO o centro aprobou un Plan Dixital ambicioso, realista e alcanzable cando menos na súa meirande parte, dandolle continuidade aos obxectivos nas catro áres que se detallan a continuación, quedando fora do alcance do noso alcance calquera tipo de axuda para renovación ou adquisición de medios dixitais.

Debido a esto marcaronse 6 obxectivos en 4 das áreas:

  • Colaboración e traballo na rede.
    • Creación de espazos de colaboración para compartir materiais.
    • Aumentar a colaboración intercentros.
  • Prácticas de avaliación.
    • Empregar a avaliación entre iguais usando tecnoloxías dixitais.
    • Emprego de rubricas para a avaliación en entorno dixital.
  • Desenvolvemento profesional.
    • Melllorar as competencias dixitais docentes
  • Prácticas de Ensinanza Aprendizaxe.
    • Proxecto interdisciplinar en espazo virtual

 

 

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Crear espazos de colaboración para compartir materiais didácticos dixitais.
O02PD Empregar a avaliación entre iguais usando tecnoloxías dixitais.
O03PD Empregar rúbricas para a avaliación de traballos facilitando retroalimentación axeitada ao alumnado en entorno Moodle e/ou Classroom.
O04PD Mellorar as competencias dixitais docentes (Software libre)
O05PD Aumentar a colaboración Intercentros
O06PD Deseñar e desenvolver dun proxecto interdisciplinar nun espazo virtual

Seguimento

Procedemento

O seguimento do PD realizarase ao final de cada trimestre, polo que o equipo directivo xunto co equipo TIC, reunirase nos meses de decembro, marzo e xuño para analizar se se está a cumprir o calendario de accións previsto no apartado anterior, analizando:

  • Cumprimento dos obxectivos en prazo.
  • Grao de satisfacción na consecución dos obxectivos.
  • Posibles adaptacións das accións de mellora.
  • Outras observacións.

 

1º Trimestre

Obxectivo O01PD

  • Adecuase o espazo virtual para compartir contidos, facilitanse as instruccións ao claustro e decidense os recursos a compartir e propoñense as formacións específicas para incluir no plan de formación do profesorado.
  • Realizanse achegas trimestrais de materiais virtuais por parte de todo o profesorado.

Obxectivo O02PD

  • Acordanse as tarefas a avaliar entre iguais, nas materias de Empresa na aula e Técnicas Administrativas Básicas.
  • Matriculase a todo o alumnado na aula virtual.
  • Creanse tarefas nas que se utiliza a avaliación entre iguais.

Obxectivo O03PD

  • Planteanse as rubricas que se utilizaran coma base.
  • Reunión formativa sobre a creación das rúbricas en Moodle.

Obxectivo O04PD

  • Acordanse as necesidades formativas do profesorado, farase formación interna entre o profesorado sobre LibreOffice e ferramentas de Google Works.
  • Elaboración do plan de formación do profesorado, incluese formación de FP profe así coma formación bonificada e contratos programas.

Obxectivo O05PD

  • Contacto cos centros de formación: IES Pobra, CIFP Coroso, Escola Infantil Monte Carmelo, LYCÉE CURIE&JANOT e Instituto para a Qualificação, IP-RAM.

Obxectivo O06PD

  • Crease o grupo de deseño de proxectos interdisciplinares: coordinarán Gemma Cerqueiras Paz e Beatriz Pérez Santos.
  • Eliximos o proxecto das CABICHAS: Reciclar e coidar o medioambiente para manter un planeta saudable a través da concienciación do noso alumnado, a comunidade educativa e a poboación da nosa área de influencia. A todos interésanos coidar a nosa contorna xa contribúe a incrementar a calidade de vida, ao seu coidado estético, á saúde das persoas a través da alimentación e o aire que respiramos, a xerar postos de traballo, ofrecer produtos naturais de calidade e á beleza paisaxística. Concienciando sobre o cambio climático.

 

2º Trimestre

Obxectivo O01PD

  • Realizanse achegas trimestrais de materiais virtuais por parte de todo o profesorado.

Obxectivo O02PD

  • Continuase coa creación de tarefas nas que se utiliza a avaliación entre iguais.

Obxectivo O03PD

  • Continuase coa elaboración e utilización das rúbricas.

Obxectivo O04PD

  • Realizanse as formacións propostas.

Obxectivo O05PD

  • Continuase co deseño e realización de actividades intercentros.

Obxectivo O06PD

  • O alumnado traballa no proxecto das CABICHAS coas ferramentas dixitais.
3º Trimestre

Obxectivo O01PD

  • Realizanse achegas trimestrais de materiais virtuais por parte de todo o profesorado.

Obxectivo O02PD

  • Creanse tarefas nas que se utiliza a avaliación entre iguais.

Obxectivo O03PD

  • Elaboranse rúbricas e compartense.

Obxectivo O04PD

  • Realizase formación.

Obxectivo O05PD

Realizanse as actividades:

  • IES Pobra: traballouse sobre o benestar e a convivencia,
  • CIFP Coroso: traballouse na dixitalización da documentación a xerar polo alumnado e o profesorado nas movilidades Erasmus
  • Escola Infantil Monte Carmelo: traballouse en proxectos de dinamización da língua galega e a revista dixital do centro.
  • LYCÉE CURIE&JANOT e Instituto para a Qualificação, IP-RAM: organizaronse as mobilidades do alumnado, visitas preparatorias e de acompañamento con medios dixitais.

Obxectivo O06PD

  • Traballase no proxecto a través de todas as materias, exponse nun staand no mercado da Pobra onde se difunde a través de redes sociais, xornais e televisións.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación realizarase ao final do curso, coincidindo co seguimento do terceiro trimestre. Neste apartado de xeito global analizarase:

  • Consecución de obxectivos.
  • Desviación nos obxectivos non conseguidos na súa totalidade.
  • Motivos polos que non se lograron os obxectivos.
  • Se os obxectivos alcanzados deben ser potenciados no curso seguinte ou se xa están nunha situación óptima.
  • Posibles modificacións ou substitución de obxectivos.
  • Análise do funcionamento do equipo TIC e a coordinación co equipo directivo.
Valoración xeral

O plan se desenvolveu ao longo de todo o curso, traballouse de maneira bastante satisfactoria nos seis obxectivos:

  • Obxectivo O01PD acadado: chegaronse aos 24 materiais creados e compartidos por e entre todo o profesorado.
  • Obxectivo O02PD acadado: o 25% do profesorado utilizou a avaliación entre iguais.
  • Obxectivo O03PD parcial: si se fixeron rubricas base pero non se consigueu compartir 2 rubricas por cada materia.
  • Obxectivo O04PD acadado: o 100% do profesorado realiza formacións.
  • Obxectivo O05PD acadado: colaborase con 5 centros.
  • Obxectivo O06PD acadado: realizase o proxecto con medios dixitais: o alumnado utiliza follas de calculo, fanse reunións on line, deseñanse camisetas con ferramentas dixitais, así coma rollplays e tripticos, se difunde cun stand para o contacto directo coa poboación da Pobra e con medios dixitais para redes sociais, prensa e televisión.
Proposta de mellora

Continuar cos obxectivos o próximo curso, ampliando os conseguidos se fose posible, (tendo en conta as limitacións do centro: todo o persaol somos os 8 profesores, dos que o 25% está a media xornada e outro 25% ten unha xornada inferior ao 75%) e retomando os que se conseguiron parcialmente.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do seguinte plan dixital seguirá as mesmas canles que se teñen empregado para outros documentos do centro. Presentarase ante claustro en canto estea actualizado. Ademais, será obxecto das futuras actuacións de difusión a través das intervencións que puidesen ser contempladas no Plan de Comunicación de centro.)

O Plan Dixital actualizado está dispoñible para a súa consulta aberta en EduCalidade.