Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

IES da Pobra do Caramiñal, c/ Xobre, 22, 15949 A Pobra do Caramiñal, A Coruña.

Email: ies.pobra.caraminal@edu.xunta.gal. Páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/iespobracaraminal/ . ESO, bacharelato e ciclos, medio de auxiliar de enfermería e superior de dietética (282 alumnos en ESO, 76 en bacharelato e 79 en ciclos, 53 profesores.

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Característica socioeconómicas e culturais do contexto do centro (as podemos extraer do Proxecto Educativo). O alumnado do IES da Pobra do Caramiñal provén, na súa maioría, do propio concello da Pobra, agás no caso dos ciclos formativos (C.F.), onde hai unha parte considerable que reside nos concellos limítrofes, e que acude a este pola oferta dos dous ciclos da Formación Profesional da familia de Sanidade: Ciclo Medio de Enfermería e Ciclo Superior de Dietética. Proveñen, xa que logo, de lugares de Ribeira, Rianxo, Boiro e o Son, de onde se desprazan diariamente, fundamentalmente en autobús e coche particular. En canto aos medios de transporte utilizados polo alumnado de C.F. (aquel que reside máis lonxe e que procede de diferentes concellos), o máis importante é o coche particular e o autobús de liña regular. Hai, como é lóxico, un grupo importante de alumnas e alumnos que se desprazan a pé ata o centro. A distancia que teñen que percorrer oscila entre menos de 2 quilómetros e máis de 30, sendo o grupo máis numeroso aquel que se sitúa entre os cinco e os dez quilómetros. O tempo que tardan en chegar á casa sitúase en arredor dos 20 minutos como media, situándose un grupo importante en torno á media hora de traxecto. No referente ós alumnos de ESO e Bacharelato, o medio de transporte máis utilizado é con moita diferencia o autobús. Hai dúas compañías de transporte para estes alumnos, dos cales os da ESO non deben pagar nada (están subvencionados pola Xunta) e os de Bacharelato pagan a través dun sistema de tiquets. A compañía de autobus é Ferrín.

 

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos do centro: traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías, programas de innovación nos que participa. O noso centro leva todos estes anos traballando nos primeiros cursos con Abalar, que virá a ser sustituido no curso que ven por Edixgal, a sua traxectoria nas novas tecnoloxías

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23. Este plan dixital servirá de apoio a todas as accións emprendidas no vindeiro curso, colaborando na relación e comunicación entre o centro e as familias, fomentando unha mellora metodolóxica do profesorado no tocante ao emprego das novas tecnoloxías e servirá de garante no proceso de alfabetización dixital do alumnado, velando porque este se faga dentro de criterios unificados no claustro de profesores.

Breve xustificación do mesmo

É fundamental dar un enfoque de centro ao uso dos recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e recursos dispoñibles, de modo que se converta nun proxecto compartido para os membros da comunidade educativa, que dea coherencia e guíe o uso das tecnoloxías. Será un instrumento que forme parte do Proxecto Educativo, o Proxecto de Dirección e a Programación Xeral Anual ( PXA). Neste senso o centro leva apostando polas novas tecnoloxías, incorporando a sua labor diaria o uso de aulas virtuais, dde pizarras e equipos nas aulas, e fomentando desde o departamento de tecnoloxía coñecementos en robótica, programación e impresión 3D.

 

A referencia fundamental para que os centros desenvolvan o seu potencial dixital a través dun Plan é o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes ( DigCompOrg), desenvolto polo Centro Común de Investigación ( JRC, Joint Research Centre), da Comisión Europea. Este Marco é parte do estudo Furthering Innovative Education, posto en marcha pola Dirección Xeral de Educación Cultura da Comisión Europea e o Centro Común de Investigación–Instituto de Estudos de Prospectiva Tecnolóxica ( IPTS). A elaboración deste marco europeo ten tido en conta e ten mapeado outros marcos xa existentes e recoñecidos, como OPEKA (Finlandia), Microsoft SRT, School Mentor (Noruega), Vensters (Holanda), Speak Up NRP (EE. UU.) ou HEInnovate, asi como as instruccións que se poden seguir na web do INTEF (Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado) entre outros. O plan dixital desenvolvese en cumprimento da seguinte normativa:

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Analisis Dafo e Selfie e enquisa de CDD

Interno
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade ¿ O alumnado descoñece o básico da edición de textos. Alumnado Non
Debilidade ¿ Consideramos que o informe SELFIE non é concluinte para traballara a parti de el. ¿ Non hai una estratexía dixital (todavía non temos desenvolto o plan dixital). ¿ Existe falta de materiais con licenza libre. Organización de centro Non
Debilidade ¿ Os novos equipos pagáronse con cuartos do propio centro. ¿ As incidencias técnicas son sempre ben asistidas pola UAC, pero os prazos de tempo son moi dilatados. ¿ Deberíase promover ou que todos optásemos polo Libre Office, ou que a Xunta pagara algunas licenzas de outros programas. Organización de centro Non
Fortaleza ¿ Abalar mobil Infraestruturas Non
Fortaleza ¿ Cando se dinamizou a aula virtual nos cursos pasados, crearonse titoriais de todos os aspectos da aula virtual. Organización de centro Non
Fortaleza ¿ Xa temos traballado co profesorado, a anterior dirección tiña una estratexia de fomento da aula virtual no profesorado. ¿ O profesorado ten clara o respeto dos dereitos de autor, e págas desde o centro una tasa anual a CEDRO para estas cuestión. Persoal docente Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A constante mobilidade do profesorado é unha ameaza para a instauración de calquera plan ou iniciativa no centro. Administración educativa Non
Ameaza 1. As "Fake News". 2. A falta de ciberseguridade no envío de datos. Contorna Non
Ameaza 1. Por lei, os menores de 13 anos non poden ter correo electrónico. Lexislación Non
Ameaza 1. Existe falta de materiais con licenza libre. Outras Non
Ameaza 2. As editoriais deben e mellorar os seus contidos en EDIXGAL Outras Non
Oportunidade 1. A incorporación a EDIXGAL suporía unha mellora de equipos, asistencia técnica e formación do profesorado. Administración educativa Non
Oportunidade 4. Os alumnos deberían de ter o seu propio correo da Xunta Administración educativa Non
Oportunidade 2. A instalación de WIFI no centro facilitaría o traballo a alumnado e profesorado. Administración educativa Non
Oportunidade 3. A consellería de educación debería ter a sua propia ¿nube¿ Administración educativa Non
Oportunidade 5. Debería existir una Intranet corporativa. Administración educativa Non
Oportunidade 6. Falta tempo para que o profesorado explore como mellorar o seu método de ensinanza con metodoloxías dixitais. Administración educativa Non
Oportunidade 1. A comunidade educativa comunícase preferentemente con tecnoloxía dixital. ANPA Non
Oportunidade 1. A propia contorna dixital ofrece moitas opotunidades de formación. Contorna Non
Oportunidade 2. Fácil acceso a información (a través de titoriais, de navegadores, etc). Contorna Non
Oportunidade Págase desde o centro una taxa anual a CEDRO para reprografía. Lexislación Non
Oportunidade 1. Promoción da ciberseguridade por parte da Garda Civil e do Concello. Outras Non
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Despois de feito o análisis DAFO do centro, concluimos que temos que mellorar as competencias dixitais do alumnado e o profesorado, fomentando o uso do libre office e das licencias gratuitas.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar e manter as infraestruturas, medios técnicos e proxectos educativos.
O02PD Mellorar a xestión das infraestruturas
O03PD Conseguir que a web do centro sexa unha canle efectiva de comunicación
O04PD Formación no uso do equipamento de Polos Creativos
O05PD Establecer e adoptar unha estratexia dixital de centro
O06PD Establecer e dinamizar a colaboración e a cooperación docente

Seguimento

Procedemento

O plan dixital do centro sera obxeto e avaliación constante para poder medir o seu grado de desenvolvemento, o seu impacto e a sua difusión:

 

4.1. - Avaliación procesual: Para poder manter un control sobre o estado de execución das accións, temos no tocante ao mantemento de equipos un rexistro de incidencias no que se da conta de averias e reparacións. Mantense no centro un inventario no que os departamentos inscriben ou dan de baixa os equipamentos. Temos ademais contacto regular ca unidade de atención a centros (UAC) que dan número de rexistro as incidencias que lles temos comunicado. A coordinadora TIC mantén informado ao claustro e a dirección do estado do mantemento. Para avaliar o emprego das aulas virtuais por parte do profesorado, exite a posibilidade de xerar un informe sobre o seu uso que ben podería empregarse como metodo de avaliación. A inclusión do centro no prgrama EDIXGAL supón a adopción de ferramentas de avaliación propias do proxecto que tamén nos permitiran coñercer o grado de consecución dos obxectivos do mesmo.

4.2. - Avaliación final: Para poder avaliar correctamente este plan dixital, sería convinte repetir as ferramentas de diagnóstico (SELFIE, enquisa CDD) para ter un punto de partida mais adecuado. Logo, por medio de formularios, obter a opinion de todos os colectivos participantes do centro. E por último con toda a información obtida cubrir unha rúbrica expresiva de todo o proceso. Esta rúbrica pode implementarse na propia aula virtual.

1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre do curso 2023/24 implementouse un ano mais unha liña de formación do profesorado de dixitalización. Nesta liña profundizase no emprego da ferramenta EDIXGAL, e no uso de das aulas virtuais asociadas a devandita ferramenta.

Respecto da mellora e mantemento de infraestructuras, durante o primeiro trimestre instalouse fibra en todo o centro, e entodas a sualas intalaronse portátiles novos en todas as aulas, e ao duplicar o ciclo medio de Auxiliar de enfermeria, enviaron 12 ordenadores de mesa e 12 portátiles.

Empezouse a usar durante ese trimestre a axenda asociada ao correo corporativo.

Repecto da mellora da xestión, temos a tres profesores dedicados a xestión TIC, Edixgal e Polos creativos.

A web do centro segue sen arrancar ao non conseguir a un profesor voluntario da súa xestión.

En canto a formación no uso de equipamentos de polos creativos, chegou un Kit de formación no que os distintos docentes segundo as súas asignaturas poderar facer traballos co alumnado. 

A colaboración e a coordinación docente faise a traves do club de ciencia e os PFPP do centro.

 

2º Trimestre

Durante o segundo trimestre fixéronse PFPP sobre Polos Creativos e sobre Elaboración de recursos educativos no marco do programa Edixgal. 

Recibíronse no centro 12 portétiles de aula para ESO e Bach.

Continuouse co mantemento e reparación das maquetas Abalar.

Instalouse o RAC para a restaurada Casa do Conserxe

Realizamos as probas CONDIX para bacharelato

Cubriuse o formulario para a petición dos paneis interactivos

3º Trimestre

Durante o último trimestre do curso pechamos os PFPP do centro

Continuouse co mantemento e reparación das maquetas Abalar.

Realizaremos as probas CONDIX para  4º ESO e Auxiliar de enfermería

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O plan debe contemplar indicadores de logro para realizar anualmente una avaliación de progresos del
Plan Dixital de Centro. Confección de rúbricas de avaliación.

¿ Serán indicadores significativos do grado de consecución dos obxetivos para poder facer os
axustes e melloras que sean precisos.
¿ O plan avaliarase en función dos resultados obtidos, no marco dos obxetivos y prazos previstos, e
das condicions de aplicación.
¿ O informe de progreso formaría parte de la Memoria anual del centro.
Al final do curso o do período plurianual, una vez que se teñan consolidado aas actuaciones, débese
volver a avaliar globalmente aa competencia dixital do centro utilizando a ferramenta SELFIE. Esta
avaliación realizárse preferentemente o final do curso escolar, con una cadencia o menos bienal e dará pe
a revisión e actualización del Plan Dixital de Centro.

Valoración xeral

Neste curso 23/24 consolídase a implantación do Edixgal, seguirase con PFPP para formar ao profesorado nas ferramentas Edixgal e farase mantemento e coidado de equipos e programas.

Continuarase coa dixitalización da documentación en papel, implementando os arquivos coa expedición automática de informes.

A novidade estará na implantación dos Polos Creativos, que farase por medio dun PFPP e a designación dun responsable dos novos equipos.

Proposta de mellora

A principal proposta de mellora e lograr un tratamento integrado da tecnoloxía que vai formar parte do plan estratéxico de mellora do centro. Este tratamento consiste en un acordo común entre as materias para acadar unha alfabetización dixital homoxénea do alumnado.

Outro aspecto a mellorar nocentro e a mellora da coordinación do propio plan dixital, acollendoa masi profesorado participe da súa xestión.

A incorporación a Polos Creativos vai esixir tamén a formación do profesorado interesado, vai ser necesario para o centro conseguir un grupo de profesores implicados para desenvolver a prate práctica desta dotación material.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do seguinte plan dixital seguirá as mesmas canles que se teñen empregado para outros documentos do centro. Presentarase ante claustro en canto estea rematado, e estará a disposición de calquera que o quera consultar na páxina web do centro. Nas distintas reunións que se manteñan cos pais e nais do alumnado, tamén se fará una presentación expresa do plan. Entre o alumnado aproveitarnase as reunións de titoria, para que os docentes poidan presentar o plan entre os seus titorandos.

O plan dixital vaise a integrar como un componente mais do plan estratéxico de mellora, do que ten que formar parte ineludible.