Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación en relación coa normativa vixente: 

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contextualización do PD e contribución ao Proxecto Educativo de Centro:
O Plan Dixital contribúe a o desenvolvemento do PE, pois implica a actualización e mellora de cuestións coma os equipamentos ou habilidades dixitais, tanto do profesorado, alumnado e as súas familias.
Ademais inclúe o desenvolvemento de EDixgal, o programa adaptado ao noso centro en relación aos Polos creativos, ou a participación do alumnado nas sesións da aula de informática. Así mesmo, procurarase a relación con outros equipos, proxectos e formación que se desenvolven no noso centro.
No que refire á Programación Xeral Anual do curso 23/24, incluirá o Plan Dixital, de cara a consecución dos diferentes obxectivos propostos do plan de acción e mellorando así a situación dixital do noso centro.

Proceso de elaboración:

Para o deseño e elaboración do Plan Dixital do centro, organizouse nun principio cun grupo de traballo: Análise da competencia dixital do centro e elaboración do plan dixital, dun total de 20 horas organizadas en traballo en grupo, individual, e sesións de formación. Os participantes foron os integrantes do Equipo de Dinamización do Plan Dixital do centro nese momento.
Dende o principio, e na actualidade, estamos asesorados pola persoa Adix/mentora de referencia, en canto as dúbidas e incidencias no desenvolvemento e elaboración das diferentes fases do Plan Dixital. 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Tras realizar o SELFIE e o test CDD durante o curso 21/22 e levar a cabo o PD do curso 22/23, tendo en conta ademais os coñecementos sobre a contorna que o profesorado do centro posúe, elaborouse o presente DAFO.

Interno
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H6, H7. Non saben dar crédito ao traballo doutras persoas que atopa na rede; nin crear contidos dixitais. Alumnado Si
Debilidade H11, H13. Non aprenden a codificar e programar; nin a resolver problemas técnicos. Alumnado Non
Debilidade Baixa competencia dixital. Familias Si
Debilidade No fogar, falta de tecnoloxía dixital para as tarefas do colexio. Non se em-prega con fins educativos. Familias Non
Debilidade C7. Non hai normas claras sobre a aplicación da lei de protección de datos. Infraestruturas Si
Debilidade C16 OP. No centro non existen respositorios con materiais de ensino-aprendizaxe. Infraestruturas Non
Debilidade A1, B1, G8. Non temos estratexia dixital. Non avaliamos coa tecnoloxía. Organización de centro Non
Debilidade B4 OP. Non colaboramos con outros centros/organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade C12 O centro carece dun plan de axuda ao profesorado para afrontar os novos desafíos do ensino mixto. Organización de centro Non
Debilidade G8. Non se facilita que o alumnado use a tecnoloxía para documentar a súa aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade C13 OP. O alumnado non pode traer os seus dispositivos dixitais ao centro. Organización de centro Non
Debilidade F6. Non fomentamos a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares usanso as tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade B1, G1, G3, G5, G7, G9. Non usamos a tecnoloxía para avaliar (nin ao profesorado nin ao alumnado). Persoal docente Non
Debilidade G10 OP. Equipo directivo: non valoramos as habilidades dixitais que o alumnado desenvolve fóra do colexio. Persoal docente Non
Debilidade Baixa competencia dixital. Persoal docente Si
Fortaleza H1-H3. Valora que usa de forma responsable a rede; e comproba que a información atopada é fiable. Alumnado Si
Fortaleza Alta implicación de cara ás tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza H10. Usa a tecnoloxía en diferentes materias. Atopa a información que precisa na web do centro. Alumnado Non
Fortaleza C8. Hai dispostivos dixitais no centro que pode empregar. Alumnado Non
Fortaleza Pode facer un seguimento das tarefas na Aula Virtual (nalgunhas materias). Alumnado Non
Fortaleza Chegan avisos e notificacións por Abalar Móbil ás familias. Familias Non
Fortaleza Comunicación fluída coas familias a través de aplicacións dixitais. Familias Non
Fortaleza Apoio e implicación das familias. Familias Non
Fortaleza Contamos con suficientes espazos de traballo. Infraestruturas Non
Fortaleza C3. Temos acceso a internet. Infraestruturas Non
Fortaleza C2. Hai equipamento informático mercado polo centro. Infraestruturas Non
Fortaleza C8. Dispoñemos de dispositivos dixitais para uso do profesorado e alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza A3. Probamos novas formas de ensino coas tecnoloxías dixitais. Oferta Si
Fortaleza Empregamos ferramentas corporativas para difundir información. Organización de centro Non
Fortaleza A3. Temos o apoio do equipo directivo, para probar novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza E4. Utilizamos tecnoloxías para a comunicación relativa ao centro. Persoal docente Non
Fortaleza D1, D2. Reflexionamos sobre as necesidades de DPC, tendo acceso a estas. Participación do Profesorado. Persoal docente Non
Fortaleza E1, E2, E4. Usamos e creamos recursos dixitais na rede. Persoal docente Non
Fortaleza Empregamos os servizos dixitais educativos corporativos. Persoal docente Non
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de tempo en horario escolar debido á sobrecarga de traballo burocrático. Administración educativa Si
Ameaza H11. No centro o alumnado non aprende a codificar e programar (extraescolares). ANPA Si
Ameaza Acceso limitado de parte do alumnado a dispositivos dixitais. ANPA Non
Ameaza Falta de conexión estable á internet. Contorna Non
Ameaza C7. No centro non existen sistemas de protección de datos. Lexislación Si
Ameaza B4. Escasa colaboración con outros centros ou organizacións para apoiar o uso de tecnoloxías dixitiais. Outras Non
Oportunidade Crecemento continuo e mellora do equipamento no centro. C3. Acceso a internet. Administración educativa Non
Oportunidade Oferta de actividades formativas. Administración educativa Non
Oportunidade Plan Dixital e/ou outras actividades DPC. Administración educativa Non
Oportunidade Incentivo para a mellora da calidade educativa. Administración educativa Non
Oportunidade As modalidades de formación, axústanse ás nosas necesidades. Administración educativa Non
Oportunidade Organiza unha actividade extraescolar de informática. ANPA Si
Oportunidade Apoia ao centro invertindo na mellora do seu equipamento (portátiles, tabletas, robot NAO). ANPA Non
Oportunidade O equipo directivo coñece a normativa de adquisición de equipamento informático. Lexislación Non
Oportunidade A5. Respectamos os dereitos de autor e as licencias de uso ao empregar tecnoloxías dixitais. Lexislación Non
Oportunidade Facilidade para colaborar e compartir experiencias con outros centros. Outras Non
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir dese DAFO, o equipo do PD procedeu a elaborar o Plan de Acción para o curso 2022/2023 que modificamos para a elaboración do Plan Dixital para o presente curso 23/24. Neste xa se detallan accións concretas a realizar, cos seus prazos de execución e responsables.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Organizar o horario para mellorar a Dinamización Dixital do centro.
O02PD Ofrecer unha tarde semanal para as familias e o alumnado na aula de informática ou biblioteca, de cara a mellorar a competencia dixital das familias e alumnado, ofrecendo actividades e recursos variados.
O03PD Aplicar con rigorosidade a Lei de protección de datos.
O04PD Actualizar e manter o equipamento informático.
O05PD Crear unha categoría na Aula Virtual coas diferentes materias organizadas por cursos para compartir recursos
O06PD Continuar coa formación dentro do PFPP (liña STEM).
O07PD Participar nas actividades propostas relacionadas cos Polos creativos.
O08PD Mellorar a competencia dixital do alumnado a través das sesións quincenais de Informática e a participación no programa E Dixgal.
O09PD Programar e levar a cabo por parte da ANPA actividades extraescolares que desenvolvan habilidades dixitais.
O10PD Reflexionar sobre uso responsable da internet.

Seguimento

Procedemento

Para a valoración da consecución dos diferentes obxectivos do Plan de Acción o Equipo de Dinamización do Plan Dixital, reunirase, alomenos un vez no trimestre, de cara modificación das accións ou a inclusión de propostas de mellora mediante a avaliación procesual.

A persoa coordinadora do PD terá acceso e permiso de edición na plataforma Educalidade, coa finalidade de realizar o seguimento de dito PD.

1º Trimestre

Temos os obxectivos parcialmente acadados pois moitas das accións propostas para conseguilos, están programadas para os seguintes trimestres.

A01.1PD. Dende un principio a dirección organizou unha distribución das reunións ao longo do curso, entre elas a do EDPD.

A01.2PD. Esta elaborado o horario do coordinador, non dos participantes do EDPD (valorar se modificar esta acción/obxectivo).

A02.1PD. Aínda non se difundiu a posibilidades de realizar tarefas educativas en horario de garda.

* si foi acadada (axudar ao alumnado en tarefas educativas, pero non é unha obligación por parte do profesorado).

A03.1PD. Non todos os equipos do centro empregados polo profesorado, teñen contrasinal.

A03.2PD. Aínda non rematamos o protocolo a nivel de centro para o uso de datos persoais así como para a xestión a realizar no traslado de información.

* Falaronse diferentes cuestións en Claustros que se incluirán no documento (Protocolo a nivel de centro para o uso de datos persoais).

A04.3PD. Aumentouse a dotación do equipamento informática da aula de mestr@s, pero non na conserxería.

*Aumentouse a dotación do equipamento informático da sala de mestr@s, pero non da conserxería (pois precisaría organizala correctamente para poder instalalo).

A05.1PD. O curso para compartir recursos na Aula Virtual, está creado.

A05.2PD. O profesorado aínda non está matriculado.

A05.3PD. Non todo o profesorado coñece a súa existencia (curso para compartir recursos da Aula Virtual).

A06.1PD. Acordamos a solicitude e participación no PFPP.

A07.1PD. Informase no primeiro claustro da posibilidade de participar nas actividades de Polos Creativos. Todos están de acordo en participar.

A07.4PD. Escóllese os ODS como proxecto.

A09.1PD. Aínda que non se fixo reunión como tal, si se lles informa á ANPA da posibilidade de organizar actividades dixitais no centro.

A09.2PD. Preparanse os espazos e materias necesarios para desenvolver as actividades extraescolares de informática e robótica.

A09.3PD. Ofrécenselle espazos e materiais de Polos Creativos á ANPA.

 

2º Trimestre

Temos a maioría dos obxectivos parcialmente adadados. Pero hai que ter en conta que moitos deles son para o 30 de xuño.

1. Acadado

2. Parcialmente: avanzamos na formación co alumnado e as familias; pero non no ofrecemento dos ordenadores da biblioteca para tarefas educativas do alumnado e familias, pero é unha acción con data o 30 de xuño (A02.2)

3. Parcialmente: Protocolo a nivel de centro de uso dos datos persoais (aínda que sí hai indicacións da dirección); revisar o contrasinal dos equipos que non están nas zonas comúns.

4. Parcialmente: revisión e expurgo de equipos (30 xuño); ordenador de conserxería, precisase acondicionamente previo.

5. Parcialmente: AV: revisar matricular, e dar a coñecer o uso do banco de recursos.

6. Parcialmete PFPP, pois incluimos unha acción relacionada coa entrega de memorias.

7. Parcialmente: Polos Creativos, pero estamos a desenvolver e inclúe por exemplo as memorias.

8. Parcialmente: competenica dixital e edixgal, con data 30 xuño.

9. Parcialmente: ANPA, faltaría unha actividad co material de Polos, con data ao 30 de xuño (aínda que robótica faise na aula de polos).

10. Parcialmente: Internet segura, a data a 30 de xuño (fíxose pero faltan sesión por implementar no 3º ciclo).

3º Trimestre

Temos a maioría dos obxectivos adadados, aínda que algunhas accións quedarán pendetes para o vindeiro curso.

1. Acadado.

2. Acadado. Aínda que non se ofreceron os ordenadores da biblioteca para tarefas educativas do alumnado e familias. Pero sí se facilitaron equipos ao alumnado especialmente do 3º ciclo, que nalgún momento, por alqunha incidencia, non pudieron empregar o seu ordenador de préstamo.

3. Parcialmente: Protocolo a nivel de centro de uso dos datos persoais (aínda que sí hai indicacións da dirección); revisar o contrasinal dos equipos que non están nas zonas comúns.

4. Parcialmente: Aínda que se se substituíu, e reparou os equipos dos ordenadores das aulas segundo se fixo necesario, así como dos equipos de préstamos do alumando do terceiro ciclo; está pendente a revisión e expurgo de equipos antigos en desuso. Para instalar o ordenador de conserxería, precisase acondicionamente previo.

5. Parcialmente: AV: Aínda que se subiron poucos materiais ao banco de recursos. No próximo curso dar a coñecer o curso e os seus beneficios para o profesorado.

6. Acadado.

7. Acadado.

8. Acadado. Aínda que non se fixeron sesións de informática, desenvolvemos os obradoiros de Polos Creativos.

9. Acadado.

10. Acadado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Ao rematar o curso realizarase a avaliación final, centrada no logro dos obxectivos e a proposta de mellora de cara a elaboración do Plan Dixital do próximo curso 2023/24.

Valoración xeral

A maioría dos obxectivos e as súas accións foron acadados. Quedan algunhas cuestións pendentes de cara o curso que ven como poden ser:

  • Elaboración dun Protocolo a nivel de centro sobre os uso dos datos persoais (aínda que sempre hai indicacións dende a dirección)
  • Revisar o contrasinal dos equipos que non están nas zonas comúns.
  • Expurgo de equipos antigos en desuso.
  • Instalar o ordenador de conserxería, precisase acondicionamente previo.
  • Dar a coñecer o curso Banco de Recursos (na Aula Virtual do centro) e os seus beneficios para o profesorado.
Proposta de mellora

De cara o curso que ven, terase en conta a valoración xeral do punto anterior; e así memo faranse as modificacións oportunas en relación ao Plan Dixital 2024/25 que, dende o novo equipo, consideremos necesarias no contexto do no noso centro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Darase a coñecer o Plan Dixital no Claustro no Consello Escolar a través do enlace de Educalidade que fai referencia ao noso centro:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15023417