Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro
Centro: IES Macías o Namorado
Dirección: Rúa Agro do Medio S/N   CP:15900 Padrón
Páxina Web: ies.macias.namorado@edu.xunta.gal

CONTEXTO LEXISLATIVO.

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. 

  • •Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022. 

  • •Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. 

  • •Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. 

  • •Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. 

  • •Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. 

Breve xustificación do mesmo
O IES MACÍAS O NAMORADO ten dúas liñas en cada nivel da ESO e BACHARELATO co seguinte número de alumnos/as: 21 e 22 alumnos/as en 1º da ESO, 19 e 22 alumnos/as en 2º da ESO , 18 e 25 alumnos/as en 3º da ESO con un grupo de Divesificación Curricular de 8 alumnos/as, 21 e 22 alumnos/as en 4º ESO, e 24 e 23 no 1º BACHARELATO; e finalmente 30 e 24 alumnos/as en 2º de BACHARELATO.

Para as ensinanzas de FORMACIÓN PROFESIONAL: CICLOS BÁSICOS de ADMINISTRATIVO e ELECTRICIDADE: 11 e 18 alumnos/as respectivamente nos seus dous cursos; CICLOS MEDIOS DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA E INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS 39 e 12 alumnos/as respectivamente nos dous cursos, e finalmente os CICLOS SUPERIORES DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS E AUTOMATIZACIÓN E ROBÓTICA INDUSTRIAL 49 e 27 alumnos/as, respectivamente no total dos dous cursos.

Para a comunicación coas familias utilízase Abalar e a páxina web do Centro.
No instituto traballan 56 docentes entre persoal funcionario con destino definitivo, provisional, interinos e substitutos, cunha media de idade de entre 40 e 50 anos.

 No curso 2023/2024 organizase un grupo de traballo para a elaboración e análise da competencia dixital do Centro e elaboración do Pan Dixital no que participan:

  • Coordinador: Antonio Leis Castro

  • Participantes: Jose García, Rita Castiñeiras Sueiro, Manuel Paradela Aradas.

  • O centro está nun momento de transición no que precisa atopar un coordinador TIC que goce de continuidade, e que sistematice e centralice as intervencións e a organización do centro.

  • Mentres esta figura non exista, ou só teña un carácter temporal, o Plan Dixital concíbese como un documento tamén de transición cunha vixencia de un ano.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, Test CDD e outras fontes, xenerouse unha análise DAFOno curso 22-23  que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver para o vindeiro curso 23-24.

Interno
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de dispositivos dixitais para o alumnado de ESO e Bach Alumnado Non
Debilidade Non aprende a comprobar se a información de internet e fiable é precisa e non dá crédito ao traballo doutras persoas Alumnado Si
Debilidade Escaso acceso a dispositivos dixitais na casa Alumnado Si
Debilidade Aseguran que teñen problemas de conectividade Alumnado Si
Debilidade O alumnado asegura que non lle poden axudar co software, e que non piden axuda anque a necesiten. Alumnado Non
Debilidade E que é difícil encontrar espazo tranquilo para a utilización de dispositivos dixitais. Alumnado Non
Debilidade .Non se contempla que o alumnado traia os seus propios dispositivos portátiles e utilizalos durante as clases Familias Non
Debilidade Ineficiencia da conexión de internet a través da rede inhalámbrica Infraestruturas Si
Debilidade Falta de dispositivos dixitais para docentes e alumnado na ESO e Bacharelato Infraestruturas Si
Debilidade Non se dispón de asistencia técnica cando xorden problemas coas tecnoloxías dixitais Infraestruturas Si
Debilidade Desde o centro non se publicitan as liñas de transporte que emprega o alumnado ao longo do curso Oferta Non
Debilidade . O profesorado non ten tempo para explorar a ensinanza dixital nin as novas modalidades de ensinanza Organización de centro Si
Debilidade Pouca experiencia no emprego de plataformas educativas ou recursos dixitais por parte do alumnado e profesorado de xeito colaborativo Organización de centro Si
Debilidade Non se avalían os progresos en materia de ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Debilidade Non existe cultura de traballo colaborativo en redes por parte do profesorado Persoal docente Si
Debilidade Escaso traballo interdisciplinar Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado amosa interese ante o uso de recursos dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe Alumnado Si
Fortaleza O alumnado é coñecedor dalgunhas ferramentas dixitais que lle facilitan o manexo da aula virtual do centro Alumnado Si
Fortaleza As familias empregan abalar como ferramenta de comunicación cos titores/as Familias Non
Fortaleza As familias son coñecedoras da existencia dunha páxina web actualizada Familias Non
Fortaleza Boa dotación de dispositivos dixitais para o alumnado na FP Infraestruturas Si
Fortaleza Na páxina web do centro publicítanse as axudas e bolsas para todo o alumnado, así como as ofertas de emprego que se reciben para o alumnado de ciclos Oferta Non
Fortaleza Na páxina web do centro publicítanse as ensinanzas de ESO, Bach e FP impartidas no noso IES Oferta Non
Fortaleza No centro promóvese o uso de software libre no ámbito educativo Organización de centro Si
Fortaleza Foméntase a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesivo traballo burocrático Administración educativa Non
Ameaza Falta de mantemento técnico Administración educativa Si
Ameaza Non existe sistema de protección de datos Administración educativa Non
Ameaza Inexistencia de ANPA ANPA Non
Ameaza Non hai un plan para axudar aos profesores/as a identificar e enfrontar os desafíos que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico Contorna Si
Ameaza Falta de coñecemento sobre os dereitos e licenzas de uso, sobre os recursos dixitais. Lexislación Non
Ameaza O alumnado de FP carece de acceso a unha base de datos de formación en centros de traballo. Outras Non
Ameaza As empresas colaboradoras non participan na estratexia dixital do centro Outras Si
Ameaza Non existe cultura de traballo colaborativo en rede coas empresas colaboradoras Outras Si
Oportunidade Participa en actividades formativas individuais organizadas pola Administración. Administración educativa Si
Oportunidade A administración educativa actualiza as ferramentas dixitais para facilitar o ensino mixto (webex, aula virtual, etc.) Administración educativa Si
Oportunidade Programación de actividades da Escola de Nais e Pais, de cara á formación dunha ANPA no futuro ANPA Non
Oportunidade O Equipo directivo coñece a normativa relativa a adquisición de equipamento informático para os centros educativos. Lexislación Si
Oportunidade Boa relación coas empresas da contorna, e existencia dunha canle na páxina web Outras Si
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir da analise DAFO elaborouse o plan de acción con catro obxectivos para o curso 2023/2024

Obxectivos principais:

Mellorar o mantemento dos equipos do centro.

Optimizar a utilización dos recursos do centro no que se refire tanto ao material dos Polos Creativos como da nova Aula de Informática.

Mellorar a competencia dixital do profesorado e o alumnado.

Promover o uso da aula virtual co alumnado.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Optimizar o emprego do material da Aula de Informática e/ou o Polo Creativo.
O02PD Mellorar a competencia dixital do profesorado.
O04PD Promover o uso da aula virtual co alumnado e o profesorado.
003PD Colaborar con outras entidades na educación dixital no centro.
005PD Mellorar o mantemento dos equipamentos do centro.

Seguimento

Procedemento

A avaliación procesual. O Seguimento e o plan de acción realizarase cada trimestre, valorarase o estado de execución das acción, a análise e valoración dos resultados e de ser o caso, as posibles modificación das acción e propostas de mellora.
 

1º Trimestre

A01.Solicitar á Inspección de horario de dedicación para o profesorado participante no proxecto de Polos Creativos. Realizada.

A01.2 Fomentar o uso da Aula de Informática por parte do profesorado.En proceso.

Organizar un Seminario dentro do PFPP sobre aspectos das TIC e as Didácticas integradas. Realizado e completado.

Solicitar ao CAFI a través da liña 1 do plan dixital do PFPP os cursos de formación necesarios. Realizado e pendente de realización das sesións de docencia.


A 01.3 Promover un proxecto multidisciplinar entre o profesorado cos recursos do Polo Creativo e/ou a Aula de Informática. En proceso.

A04.1. Solicitar a participación do profesorado para a creación de actividades e recursos dixitais. En proceso.

AO4.3. Fomentar o uso do Libro de Cualificacións da Aula Virtual por parte do Profesorado. En proceso.

Realizar charlas e obradoiros sobre seguridade na rede, e tecnoloxías dixitais. En proceso. As charlas e obradoiros están solicitados e concedidos. Quedan pendentes as datas.

Solicitar presupostos para un mantemento técnico dos equipos do IES. Adiado por falta de orzamento.

AO5.2: Dispoñer dun protocolo de resolución ou comunicación de incidencias máis comúns.Realizado e adiado.

AO5.3: Instalar maquetas de software libre nos equipos de nova adquisición. Intentado e adiado por falta de acordo no profesorado.

 

2º Trimestre

A 01.3 Promover un proxecto multidisciplinar entre o profesorado cos recursos do Polo Creativo e/ou a Aula de Informática. En proceso.

A04.1. Solicitar a participación do profesorado para a creación de actividades e recursos dixitais. Realizado a través do PFPP. Actividades Aula Virtual e H5P.

AO4.3. Fomentar o uso do Libro de Cualificacións da Aula Virtual por parte do Profesorado.Realizado a través do PFPP. Actividades Aula Virtual e H5P.

Realizar charlas e obradoiros sobre seguridade na rede, e tecnoloxías dixitais. En proceso. As charlas e obradoiros están solicitados e concedidos. Realizadas as charlas previstas sobre seguridade nas redes, Plan Director...

Solicitar presupostos para un mantemento técnico dos equipos do IES. Adiado por falta de orzamento.

AO5.2: Dispoñer dun protocolo de resolución ou comunicación de incidencias máis comúns. Adiado por falta de recursos.

AO5.3: Instalar maquetas de software libre nos equipos de nova adquisición. Intentado e adiado por falta de acordo no profesorado.

3º Trimestre

A 01.3 Promover un proxecto multidisciplinar entre o profesorado cos recursos do Polo Creativo e/ou a Aula de Informática. En proceso.

A04.1. Solicitar a participación do profesorado para a creación de actividades e recursos dixitais. Realizado a través do PFPP. Actividades Aula Virtual e H5P.

AO4.3. Fomentar o uso do Libro de Cualificacións da Aula Virtual por parte do Profesorado.Realizado a través do PFPP. Actividades Aula Virtual e H5P.

Realizar charlas e obradoiros sobre seguridade na rede, e tecnoloxías dixitais. En proceso. As charlas e obradoiros están solicitados e concedidos. Realizadas as charlas previstas sobre seguridade nas redes, Plan Director...

Solicitar presupostos para un mantemento técnico dos equipos do IES. Adiado por falta de orzamento.

AO5.2: Dispoñer dun protocolo de resolución ou comunicación de incidencias máis comúns. Adiado por falta de recursos.

AO5.3: Instalar maquetas de software libre nos equipos de nova adquisición. Intentado e adiado por falta de acordo no profesorado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación final realizarase unha vez ao ano, e valoraranse o logro dos obxectivos e as propostas de mellora. 

Valoración xeral

O profesorado valora moi positivamente a realización de cursos de mellora e formación na competencia dixital.

Sen embargo é opinión maioritaria no Claustro que os Polos Creativos precisan unha asignación horaria para poder levar a cabo proxectos que teñan encaixe no currículo.

Os equipos do centro precisan unha actualización e mellora de software e hardware. A administración prometeu equipos novos hai moito tempo, sen embargo non chegan e invertir cartos en equipos que nunha data próxima pero incerta van a desaparecer non parece un emprego útil dos cartos públicos.

 

Proposta de mellora

Ter un coordinador TIC con asignación horaria suficiente para atender un centro de tres edificios, e centos de equipos informáticos cunha vida útil xa moi prolongada.

Mellorar a web e renovar estéticamente e dotala dunha imaxe de centro máis sólida e menos estandarizada.

Aumentar o emprego de Abalar coas familias.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

 Difusión do plan

Difundirase o plan a través da comunidade educativa na páxina Web do Centro. 

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmaciasonamorado/

Ademáis o Plan Dixital está actualizado e dispoñible para a súa consulta en Educalidade.