Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Esta é unha escola rural, unitaria, mixta e pública, de educación infantil que pertence á Consellería de Educación da Xunta de Galicia e está situada na parroquia de San Pantaleón das Viñas (Paderne).

O seu modelo educativo está baseado en pedagoxías activas e vivenciais. Un espazo humano, pedagóxico e reflexivo, adicado ao coidado, desenvolvemento e aprendizaxe de todos os nenos e nenas coa finalidade de potenciar e respectar as súas habilidades naturais.

Este PD de Centro propón recoller as actuacións para mellorar a competencia dixital do Centro e de todos os sectores da comunidade educativa

.Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Ed e FP, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do PD nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

O proceso de elaboración do PD inclúe varias fases para a súa elaboración concretadas para o curso 2021-2022:

- Fase I: Análise e diagnose

- Fase II: Deseño e elaboración do PD

- Fase III. Implementación, seguimento e avaliación.Cada unha destas fases están debidamente temporalizadas contando co asesoramento do ADIX Coruña 3.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Informe SELFIE, TCDD

Interno
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non todo o alumnado conta con soporte informático na casa o que limita o traballo en entornos virtuais. Alumnado Non
Debilidade O noso centro non conta cunha estratexia dixital establecida nun PlAN Dixital de Centro. Organización de centro Si
Debilidade Non usamos habitualmente sistemas de aprendizaxes virtuais. Organización de centro Si
Debilidade Non temos unha biblioteca de recursos dixitais compartida con outros centros. Organización de centro Si
Debilidade Non usamos habitualmente ferramentas corporativas no noso traballo. Organización de centro Non
Debilidade Non participamos nun Plan de Formación porque non se axustan ás nosas necesidades. Organización de centro Si
Debilidade Non contamos nin precisamos de sistemas de avaliación dixital do progreso do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Non colaboramos con outros centros da Contorna en actividades dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Non creamos contidos dixitais propios e non usamos entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade Adaptamos os recursos dixitais ás necesidades do noso alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Non contamos con formación no ámbito de robótica Educativa nin en codificación. Persoal docente Non
Fortaleza Alumnado moi motivado no traballo dixital. Alumnado Si
Fortaleza O noso alumnado son competentes dixitalmente. Alumnado Si
Fortaleza Familias colaboradoras e implicadas Familias Si
Fortaleza O centro conta cunha organización adecuada dos recursos dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza As mestras do centro comparten experiencias dixitais que son beneficiosas para o seu alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza No noso centro buscamos recursos dixitais que son positivos no E-A Persoal docente Non
Fortaleza Adaptamos os recursos dixitais ás necesidades do noso alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza Existe unha comunicación dixital fluida coa comunidade educativa. Persoal docente Si
Fortaleza No noso centro traballamos por Proxectos compaxinando actividades dixitais que reforcen a aprendizaxe e a creatividade do noso alumnado. Persoal docente Si
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Saturación laboral que limita o tempo para explorar o ensino dixital. Administración educativa Non
Ameaza Descoñecemos a lexislación relativas ás normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Lexislación Non
Ameaza Descoñecemos a lexislación relativas á compra se produtos informáticos. Lexislación Non
Oportunidade A UAC ten unha resposta axeitada ás nosas necesidades. Administración educativa Non
Oportunidade Está en fase de creación unha ANPA ANPA Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir da información obtida no Informe SELFIE, TCDD e unha valoración subxectiva do noso centro e alumnado establecimos o noso DAFO.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
1 Continuar coas actividades de robótica educativa.
2 Desenvolver actividades co panel interactivo.
3 Dinamizar a web da escola.

Seguimento

Procedemento

A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas ao centro por trimestre para analizar xunto coa `persoa coordinadora do PD o desenvolvemento do proxecto.

A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar as avaliacións deste Plan.

1º Trimestre

Os obxectivos avanzan máis lento do esperado xa que estivemos de obras na escola. Coordinámonos coa escola de EEI de Areas para a formación do PFPP e en obxectivos comúns. Solicitouse formación ao CFR sobre Polos Creativos e pensamento computacional.

2º Trimestre

Seguimos pendentes do material de robótica facilitado polos Polos Creativos para avanzar no Obxectivo 1.

Obxectivo 2 acadado dado que as pantallas empréganse a cotío.

Obxectivo 3 avanza segundo o previsto.

3º Trimestre

As actividades do Plan Dixital continuaron desenvolvéndose no terceiro trimestre.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para avaliar o seguimento do desenvolvemento do Plan será necesario medir o grao da consecución dos obxectivos que nos marcamos. Tamén haberá que comprobar a efectividade das actuacións levadas a cabo de xeito específico e concreto.

Todos estes aspectos deben ser medibles, acadables, realistas e definidos no tempo.

- No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización será, como mínimo, unha vez por trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e , de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será, como mínimo, unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e prazos e as propostas de mellora. O informe de progreso formará parte da Memoria Anual do Centro.

Para levar a cabo a avaliación teremos en conta os indicadores de avaliación asociados a cada obxectivo e acción.

Valoración xeral

O emprego do PDI integrouse completamente na vida do centro con emprego diario. As actividades de robótica incrementáronse con respecto ao curso pasado. A dinamización da web comezou pero necesita algo máis de impulso e formación asociada.

Proposta de mellora

Para o vindeiro curso seguiremos co mantemento de fortalezas e co impulso da páxina web e das actividades de Polos Creativos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este documento, unha vez validado e aprobado polos órganos colexiados competentes, será publicado na web do centro.

A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta educalidade para poder rexistrar os avances e avaliacións do Plan Dixital.

PLAN DIXITAL