Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

Nome do centro: EEI de Arretén

Código de centro: 15021056

Enderezo: Iria Flavia (Santa María). Padrón (A Coruña)

Correo: eei.arreten@edu.xunta.gal

Etapa educativa: Educación Infantil.

Aula mixta:    alumnos/as

•   5__alumnos/as de 3 anos.

•   6__alumnos/as de 4 anos.

•   1__alumnos/as de 5 anos.

 

Profesorado:

 

  1 Responsable do centro . Titora EI Definitiva 

  1 Mestra especialista en Inglés

 1  Mestra especialista A/L

  1 Mestra de relixión católica

. Xustificación:

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

. Contextualización:

Na EEI de Arretén a única profesora asume todas as funcións.  A incorporación de ferramentas dixitais no funcionamento do centro e a incorporación das TICs nas actividades de ensino-aprendizaxe sempre se foron abordando sen ter deseñado un Plan Tics e polo tanto nunca foi incluído no PEC.

 Os recursos dixitais sempre estiveron presentes transversalmente noutros documentos de xestión: PXA, Memoria, Programacións Didácticas.

 No comezo do curso escolar 2023/2024 implementarase o PD como estratexia dixital da nosa escola incorporándose á PXA .

. Proceso de elaboración:

Primeiro: Ao tratarse dunha escola cunha mestra con destino definitivo nela,a persoa encargada de realizar o Plan Dixital foi a mestra titora do único grupo de alumnos/as e tamén a responsable do centro. 
 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

 

Se tivo en conta o do curso pasado

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Na escola non hai dispositivos dixitais (tablet) propiedade do centro que o alumnado poida utilizar cando os necesite. Alumnado Non
Debilidade Non hai unha estratexia dixital na escola. Organización de centro Non
Debilidade Competencia dixital do profesorado inferior á media galega. Persoal docente Non
Debilidade Non se usa a aula virtual da escola. Persoal docente Non
Fortaleza Boa conexión por cable Infraestruturas Non
Fortaleza A persoa responsable da escola apoia ao profesorado á hora de probar novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado crea recursos dixitais para reforzar o método de ensino. Persoal docente Non
Fortaleza No noso centro debatemos sobre as vantaxes e desvantaxes do ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza A responsable da escola axuda a intercambiar experiencias dentro do centro sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado participa no DPC no relativo a ensinos dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado busca recursos educativos dixitais na internet. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para adaptar o método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Na escola a docencia e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais ven afectadas negativamente polas limitacións do espazo escolar e polo equipo dixital insuficiente. Administración educativa Non
Ameaza Falta de tempo no horario para explorar novas formas de ensino dixital. Administración educativa Non
Ameaza Falta de computadores portátiles para o ensino. Administración educativa Non
Ameaza Descoñecemento das licenzas de uso e dereitos de autor. Lexislación Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO anterior invita a reflexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir del deseñamos o plan de acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD O01PD Formar ao profesorado en Polos Creativos mediante un Grupo de Traballo.
O02PD Empregar e fomentar o uso de ferramentas corporativas para a comunicación coas familias (AbalarMobil e páxina web)
O03PD Continuar co uso das webs dinámicas

Seguimento

Procedemento

Será unha vez ao trimestre na que se valorará: - estado de execución dos obxectivos. - análise e valoración de resultados. - posibles modificacións - propostas de mellora.

1º Trimestre

No tocante ao O01PD Formación do profesorado en Polos Creativos mediante un Grupo de Traballo, leváronse a cabo as accións:

  • AO1.1: Solicitude da formación a través do CAFI.
  • AO1.2: Reparto de funcións.

Realizouse a solicitude do GT a través do aplicativo fprofe e concedeuse. Realizouse o reparto de funcións entre o profesorado participante.

 

No tocante ao O02PD Emprego e fomento do uso de ferramentas corporativas para a comunicación coas familias (AbalarMobil e páxina web), leváronse a cabo as accións:

  • AO2.1: Informar ás familias da descarga do aplicativo e envío da guía.
  • AO2.2: Enviar unha primeira comunicación coas familias a través da plataforma.
  • AO2.3: Envío sistemático de notificacións a través do aplicativo.

Na reunión inicial informouse ás familias do emprego do aplicativo durante o curso e entregóuselles a guía impresa ademáis de enviarse por email. Tamén se realizaron diferentes comunicacións a través das mesmas como avisos ou comunicacións persoais.

 

No tocante ao O03PD Continuar co uso das webs dinámicas, leváronse a cabo as accións:

  • AO3.1: Actualización da páxina web.

Actualizouse a páxina web cos datos correspondentes ao curso actual e realizáronse as primeiras publicacións.

2º Trimestre

No tocante ao O01PD Formación do profesorado en Polos Creativos mediante un Grupo de Traballo, leváronse a cabo as accións:

  • AO1.1: Solicitude da formación a través do CAFI.
  • AO1.2: Reparto de funcións.
  • AO1.3: Formación específica en robótica e paneis dixitais.

Realizouse a formación do GT en robótica pàra EI durante 4 horas e en paneis dixitais durante 2 horas.

No tocante ao O02PD Emprego e fomento do uso de ferramentas corporativas para a comunicación coas familias (AbalarMobil e páxina web), leváronse a cabo as accións:

  • AO2.1: Informar ás familias da descarga do aplicativo e envío da guía.
  • AO2.2: Enviar unha primeira comunicación coas familias a través da plataforma.
  • AO3.3: Envío sistemático de notificacións a través do aplicativo.

Continuáronse realizando diferentes comunicacións a través das mesmas como avisos ou comunicacións persoais.

No tocante ao O03PD Continuar co uso das webs dinámicas, leváronse a cabo as accións:

  • AO3.1: Actualización da páxina web.

Actualizouse a páxina web con publicacións relativas ao 2º trimestre.

3º Trimestre

No tocante ao O01PD Formación do profesorado en Polos Creativos mediante un Grupo de Traballo, leváronse a cabo as accións:

  • AO1.1: Solicitude da formación a través do CAFI.
  • AO1.2: Reparto de funcións.
  • AO1.3: Formación específica en robótica e paneis dixitais.

Rematouse o Grupo de Traballo coas sesións grupais e individuais que faltaban.

 

No tocante ao O02PD Emprego e fomento do uso de ferramentas corporativas para a comunicación coas familias (AbalarMobil e páxina web), leváronse a cabo as accións:

  • AO2.1: Informar ás familias da descarga do aplicativo e envío da guía.
  • AO2.2: Enviar unha primeira comunicación coas familias a través da plataforma.
  • AO3.3: Envío sistemático de notificacións a través do aplicativo.

Continuáronse realizando diferentes comunicacións a través das mesmas como avisos ou comunicacións persoais.

 

No tocante ao O03PD Continuar co uso das webs dinámicas, leváronse a cabo as accións:

  • AO3.1: Actualización da páxina web.
  • AO3.2: Actualización periódica e sistemática coas actividades que se foron realizando ao longo do curso na páxina web da escola e inclusión de novas de interese na mesma.

Actualizouse a páxina web durante todo o curso.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No último Consello Escolar se realizará a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora e modificacións para o próximo curso. Para realizar a avaliación do Plan Dixital utilizaremos a valoración da acción recollida na táboa de cada obxectivo do Plan de Acción: no que deixarase constancia escrita do seguimento das accións realizadas e do estado (realizado, aprazado, pendente) do cumprimento de cada obxectivo. Trátase polo tanto de facer unha revisión anual ao remate de cada curso escolar que utilizaremos como a nova folla de ruta para seguir avanzando.

Valoración xeral

Os obxectivos propostos para este Plan Dixital foron ben propostos e cumpríronse na súa totalidade.

Proposta de mellora

Deberase facer fincapé na mellora das competencias dixitais do profesorado e na súa integración no día a día da aula. Tamén se deberá facer un mantemento periódico dos equipos informáticos do centro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

As estratexias que imos a seguir para a difusión do Plan Dixital son:

•              Presentación e aprobación do Plan Dixital no Consello Escolar.

•              Difusión do Plan Dixital entre toda a comunidade Educativa a través das reunións informativas pertinentes.