Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 34.1 doDECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A análise dos datos obtidos no SELFIE e no TCDD foron tratados e analizados para elaborar o informe DAFO.
Trátase dunha táboa onde se perfilan as Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades que nos levarán
á posterior reflexión e elaboración das directrices sobre as que se baseará o Plan Dixital.

 

Interno
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Competencia dixital do alumnado con marxe de mellora(H). Alumnado Si
Debilidade Dispositivos de ensino/aprendizaxe insuficientes/obsoletos (C2 e C8). Asistencia técnica mellorable (C7). Internet mellorable (C3). Aula de informática ESO reconvertida por mor da falta de espazos no centro (C14 OP). Ratios altas na ESO (C14 OP). Infraestruturas Si
Debilidade Horarios de EI, EP e ESO non coincidentes (C14 OP). Infraestruturas Non
Debilidade Competencia dixital do profesorado con posibilidades de mellora (D1, G). Debate dentro do equipo docente sobre as tecnoloxías e ferramentas TIC con marxe de mellora (B2). Persoal docente Si
Fortaleza Aulas con ratios baixas na maior parte do alumnado do centro (C1). Infraestruturas Si
Fortaleza O persoal docente é colaborador e coordínase entre si e tamén co equipo directivo (A4 OP). Comunicación fluida con todos os membros da comunidade educativa (E4). O profesorado participa en programas de desenvolvemento profesional (D2). Persoal docente Si
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Sobrecarga de tarefas administrativas (A). Cambios lexislativos constantes (A). Publicidade de materiais eDixgal insuficiente (C5). Administración educativa Non
Ameaza A comprensión da comunidade educativa cara á labor docente ás veces é mellorable (C12 OP). Contorna Si
Oportunidade Avance no uso da tecnoloxía na aula e nos domicilios do alumnado (C2, C3, C8, C10 OP, C11 OP, C12 OP). Actualización do equipamento TIC do centro (C1). Mellora na formación dixital dos/as docentes (D1). Administración educativa Si
Oportunidade Implicación das familias no uso de tecnoloxías TIC na formación dos seus fillos/as (H). Contorna Si
Oportunidade Promoción das relacións con outros centros e institucións sociais, culturais e educativas (A6, B3, B4 OP). Outras Si
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Ademais da información recollida a través dos instrumentos anteriores, pártese no presente curso académico do contexto en que se cumpriron os obxectivos establecidos no Plan Dixital do curso pasado.

Dos feitos constatados, é evidente que existen numerosos elementos que debemos considerar, e como consecuencia adoptáronse uns obxectivos prioritarios. Algunhas reflexións que debemos destacar son as seguintes:

  • Os medios en tecnoloxías TIC no noso centro son insuficientes e/ou obsoletos, e precisan dunha renovación. Porén, no curso anterior o centro foi capaz de efectuar unha renovación inicial dunha parte dos equipos informáticos máis obsoletos, mais sería necesario continuar con este proceso para actualizar e modernizar a dotación tecnolóxica dispoñible. Asemade, o centro recibiu unha dotación de paneis dixitais interactivos para aulas de Educación Infantil e Primaria.
  • É importante realizar actividades que poidan axudar a desenvolver a competencia dixital do alumnado.
  • O profesorado debe debatir acerca das tecnoloxías e ferramentas TIC, para determinar en que ámbitos debe recibir formación para desenvolverse profesionalmente, poñendo en práctica co alumnado aquelas destrezas acadadas.
  • O centro conta cun corpo docente estable, comprometido co seu traballo e que se coordina de xeito doado e flexible, o que favorece as actuacións que se poden desenvolver a nivel de centro.
  • Existen dificultades pola heteroxeneidade das etapas educativas, EI/EP e ESO, pola disparidade das ratios (maior na ESO), o que obriga a unha maior especificidade nas actuacións por etapa.
  • A implicación das familias na formación TIC do alumnado podería ser un medio que favorecese as aprendizaxes do alumnado no ámbito TIC, aínda que é complicado establecer unhas pautas comúns de actuación debido á disparidade de medios dispoñibles en cada entorno familiar.

Consecuentemente, establecéronse tres obxectivos para o curso 2023 - 2024, e que se recollen nas táboas de obxectivos, indicadores e accións do Plan Dixital do CPI Camiño de Santiago, e que son os seguintes:

  1. Detectar e mellorar as necesidades do profesorado no relativo á competencia dixital.
  2. Fomentar un comportamento seguro e responsable do alumnado atendendo aos riscos da internet.
  3. Actualizar os equipamentos más obsoletos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Detectar e mellorar as necesidades do profesorado no relativo á competencia dixital
O2PD Fomentar un comportamiento seguro e responsable do alumnado atendendo aos riscos da internet
O3PD ACTUALIZAR OS EQUIPAMENTOS MÁIS OBSOLETOS

Seguimento

Procedemento

A pesoa coordinadora do Plan Dixital do CPI Camiño de Santiago, Carlos Vázquez Pereiro, reunirase unha vez por trimestre co mentor Adix Xabier Baldomir para ver como evoluciona a consecución dos obxectivos, as accións propostas para os mesmos e analizar se se están a cumprir ou presentan algunha incidencia.

1º Trimestre

A día 21 de decembro de 2023, os obxectivos e as accións dos mesmos atópanse como segue:

Analizamos os obxectivos planificados para este primeiro trimestre xunto coas Accións dos Obxectivos establecidos para cada un sendo estes os resultados:


Obxectivo 1: Detectar e mellorar as necesidades do profesorado no relativo á competencia dixital.

AO1.1: Demanda de actividades formativas para a aprendizaxe en tecnoloxías da información e a comunicación, creación de contidos dixitais, etc. (Realizado)

AO1.2: Participación nunha liña do PFPP do centro ou en cursos ofertados por PLATEGA/CAFI de xeito individual (Realizado)

AO1.3: Implementación na aula dos coñecementos adquiridos na formación que enriquezan o proceso de ensino. (En proceso)

Obxectivo 2: Fomentar un comportamiento seguro e responsable do alumnado atendendo aos riscos da internet.

AO2.1: Procura, solicitude e coordinación de actividades para incrementar a competencia dixital do alumnado (talleres, charlas, etc). (Realizado)

AO2.2: Realización de actividades complementarias impartidas por persoal externo con capacitación no eido das TIC. (En proceso)

Obxectivo 3: Actualizar os equipamentos máis obsoletos.

AO3.1: Confección dun inventario dos equipos obsoletos e/ou que presentan deficiencias. (En proceso)

AO3.2: Solicitude dun orzamento dos equipamentos que se deban renovar. (En proceso)

AO3.3: Substitución dos equipos, por orde de prioridade de funcionamento. (En proceso)

 

2º Trimestre

A día 22 de marzo de 2024, os obxectivos e as accións dos mesmos atópanse como segue:

Analizamos os obxectivos planificados para este primeiro trimestre xunto coas Accións dos Obxectivos establecidos para cada un sendo estes os resultados:


Obxectivo 1: Detectar e mellorar as necesidades do profesorado no relativo á competencia dixital.

AO1.1: Demanda de actividades formativas para a aprendizaxe en tecnoloxías da información e a comunicación, creación de contidos dixitais, etc. (Realizado)

AO1.2: Participación nunha liña do PFPP do centro ou en cursos ofertados por PLATEGA/CAFI de xeito individual (Realizado)

AO1.3: Implementación na aula dos coñecementos adquiridos na formación que enriquezan o proceso de ensino. (En proceso)

Obxectivo 2: Fomentar un comportamiento seguro e responsable do alumnado atendendo aos riscos da internet.

AO2.1: Procura, solicitude e coordinación de actividades para incrementar a competencia dixital do alumnado (talleres, charlas, etc). (Realizado)

AO2.2: Realización de actividades complementarias impartidas por persoal externo con capacitación no eido das TIC. (Realizado)

Obxectivo 3: Actualizar os equipamentos máis obsoletos.

AO3.1: Confección dun inventario dos equipos obsoletos e/ou que presentan deficiencias. (En proceso)

AO3.2: Solicitude dun orzamento dos equipamentos que se deban renovar. (En proceso)

AO3.3: Substitución dos equipos, por orde de prioridade de funcionamento. (En proceso)

 

3º Trimestre

A día 6 de xuño de 2024, os obxectivos e as accións dos mesmos atópanse como segue:

Analizamos os obxectivos planificados para este primeiro trimestre xunto coas Accións dos Obxectivos establecidos para cada un sendo estes os resultados:


Obxectivo 1: Detectar e mellorar as necesidades do profesorado no relativo á competencia dixital.

AO1.1: Demanda de actividades formativas para a aprendizaxe en tecnoloxías da información e a comunicación, creación de contidos dixitais, etc. (Realizado)

AO1.2: Participación nunha liña do PFPP do centro ou en cursos ofertados por PLATEGA/CAFI de xeito individual (Realizado)

AO1.3: Implementación na aula dos coñecementos adquiridos na formación que enriquezan o proceso de ensino. (Realizado)

Obxectivo 2: Fomentar un comportamiento seguro e responsable do alumnado atendendo aos riscos da internet.

AO2.1: Procura, solicitude e coordinación de actividades para incrementar a competencia dixital do alumnado (talleres, charlas, etc). (Realizado)

AO2.2: Realización de actividades complementarias impartidas por persoal externo con capacitación no eido das TIC. (Realizado)

Obxectivo 3: Actualizar os equipamentos máis obsoletos.

AO3.1: Confección dun inventario dos equipos obsoletos e/ou que presentan deficiencias. (Realizado)

AO3.2: Solicitude dun orzamento dos equipamentos que se deban renovar. (Realizado)

AO3.3: Substitución dos equipos, por orde de prioridade de funcionamento. (Realizado)

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No seguimento do grao de consecución dos obxectivos fixados neste Plan Dixital farase unha avaliación procesual en relación a aquelas accións que deban ser executadas dentro dun determinado trimestre. No suposto de que as actuacións transcorran con demora, tratarase de darlles cumprimento coa maior dilixencia que sexa posible para favorecer a consecución dos obxectivos. Nesta avaliación procesual, revisarase o estado das accións ao cabo do trimestre en que se prevé que teñan lugar. 

Por outra banda vaise facer, asemade, unha avaliación final empregando os indicadores establecidos no Plan de Acción para cada obxectivo. Esta avaliación terá lugar ao final do curso académico 2023 – 2024. 

O grao de consecución dos obxectivos condicionará os que se deban considerar en vindeiros cursos académicos nos seus respectivos plans dixitais.

Valoración xeral

A valoración xeral do cumprimento do Plan Dixital é positiva. Ao comezo do curso, consultamos co profesorado do centro sobre as súas inquedanzas na formación que precisan, e como consecuencia observamos unha demanda de formación en dous ámbitos diferenciados: por unha banda, en mediación e convivencia escolar; e, por outra, en recursos didácticos e técnicos para poñer en marcha unha aula de polos creativos. Por conseguinte, puxémonos en contacto co Centro Autonómico de Formación e Innovación para solicitar ambos itinerarios e posteriormente desenvolver, dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado para este curso, dúas liñas de traballo que consistiron en cadanseu seminario, que seguiu con aproveitamento un total de 36 docentes.

Asemade, demandáronse actividades de formación en uso seguro das novas tecnoloxías para o alumnado. Entre as actividades que se desenvolveron, podemos mencionar os relatorios impartidos pola Garda Civil dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, así como tamén participamos no proxecto "Te pongo un reto", da fundación Gestión y Participación Social, financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, así como pola Comunidade Autónoma de Madrid, para a prevención do acoso e o ciberacoso nas redes sociais.

Así mesmo, o centro ao longo deste curso fixo un esforzo económico para poder dotar do equipamento informático imprescindible a aqueles espazos que precisaban dun ordenador para poder desenvolver as actividades programadas, sendo capaces de renovar 7 equipos informáticos, de modo que o obxectivo de renovar 5 unidades quedou satisfeito.

Proposta de mellora

No itinerario do Plan de Formación Permanente do Profesorado sobre polos creativos, tería sido desexable ter recibido unha formación máis técnica dos distintos dispositivos que conforman unha aula desta natureza, dado que o profesorado ten máis carencias deste tipo de formación que no caso das ferramentas puramente pedagóxicas, sobre as que versou a formación recibida. Deste xeito, tratarase de que no vindeiro curso 2024 - 2025 o profesorado teña a oportunidade de acceder a este tipo de formación.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O presente Plan Dixital do CPI Camiño de Santiago para o curso 2023 - 2024 será difundido a toda a comunidade educativa, tras a súa aprobación polo Consello Escolar, a través da páxina web corporativa de Educalidade (https://www.edu.xunta.es/educalidade). No caso particular do alumnado, será informado das actividades establecidas no Plan de Acción que lles afecten a través dos cauces habituais, é dicir, a través da acción titorial.