Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro

Nome do centro: IES Camilo José Cela.
Enderezo: Rúa do Carme, nº 43. 15900 Padrón (A Coruña).
Enderezo web: www.edu.xunta.gal/centros/iescamilojosecela
Correo electrónico: ies.camilo.jose.cela@edu.xunta.gal
Etapas educativas: ESO e BACHARELATO.
Número de alumnos e alumnas matriculadas no curso 2023-2024: 231.
Número de profesores e profesoras no curso 2023-2024: 31.
Persoal non docente: 7.
Estrutura: Edificio de tres plantas construído en 1982.

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

   

O Plan Dixital é unha ferramenta destinada a integrarse no Proxecto Educativo do Centro e a contribuír a establecer unha estratexia dixital que desenvolva as competencias do alumnado e do profesorado. Dentro do PEC do centro, formará parte do documento 2 deste proxecto, onde se recollen os diferentes plans e proxectos que se desenvolven: o Proxecto Lingüístico, o Plan Xeral de Atención á Diversidade, o Plan de Acción Titorial, o Proxecto Lector e  o Plan para a Promoción de Estilos de Vida Saudable.

    En tanto que o Plan Dixital se integrará como un proxecto máis dentro do PEC, terá polo tanto unha concreción anual na Programación Xeral Anual do centro, que se realizará ao comezo de curso e se presentará á inspección educativa e será obxecto de valoración na Memoria anual que se realice ao final de cada curso.

1.3. Breve xustificación do mesmo

        No mundo actual, a educación debe asumir o reto de formar a sociedade no dominio dos recursos dixitais e nos contornos virtuais de aprendizaxe. Isto recóllese no artigo 111 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, na redacción dada pola Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación. Neste mesmo artigo, no apartado 5, recóllese que as administracións educativas e os equipos directivos dos centros deben promover o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) na aula “como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe”.

        Os Decretos 156/2022 e 157/2022, do 15 de setembro, que establecen, respectivamente, a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, recollen nos seus artigos 37 e 35 , dedicados á Educación Dixital, o mandato de que “Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa”.

As Ordes do 26 de maio de 2023, polas que se desenvolven os decretos anteriormente citados, recollen nos seus artigos 18 e 21 a estrutura que debe posuír o Plan dixital dos centros de secundaria e bacharelato.

            Na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrución para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, establécense as medidas de actuación con respecto á elaboración do Plan Dixital no curso 2021-2022.

     

           
1.4. Proceso de elaboración

     Segundo dispón o apartado cuarto da Resolución do 3 de setembro de 2021, ao comezo do curso 2021-2022 configurouse o Equipo de Dinamización do Plan Dixital do IES Camilo José Cela, segundo a estrutura suxerida no punto 2 do apartado anteriormente citado, e cos seguintes integrantes:

    María Lorena García Constenla (Profesora de Inglés, Coordinadora TIC do centro e coordinadora do equipo de dinamización do Plan Dixital).
    Manuel González Alvarellos (Profesor de Lingua Galega e Literatura e Director do centro)
    Lois Gil Magariños (Profesor de filosofía)
    Neste curso 2023-24 este equipo reunirase cunha periodicidade variable, nunca menor dunha vez ao mes. Nestas reunións iranse planificando as accións que se inclúen neste Plan Dixital.
    No proceso de elaboración do Plan Dixital tamén se manterán as visitas coa persoa mentora asignada á nosa zona. O proceso de mentorización sempre é importante para aclarar algunha dúbida que vaia xurdindo. Estas reunións de coordinación iranse a medida que se vaia traballando nos diferentes apartados do Plan Dixital: obxectivos, accións, etc.
 Na fase de redacción as persoas integrantes do equipo, baixo a supervisión da persoa coordinadora, foron distribuíndo as tarefas, apartados e responsabilidades de redacción.

        Xa durante o curso 2022-2023, realizouse o seguimento do plan. Para isto, a administración creou a aplicación Educalidade, onde se integraron os plans dixitais de todos os centros. O documento trasladouse a esta aplicación e foi obxecto de seguimento nesta mesma ferramenta por parte da coordinadora do plan dixital, en colaboración coa persoa mentora asignada ao centro.

       Na actualización do documento para o curso 2023-2024 seguíronse as indicacións achegadas pola nova persoa mentora do plan dixital no centro. O documento actualízase na propia aplicación cos novos obxectivos e accións.

 

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

No proceso de elaboración do Plan Dixital realizouse a Análise DAFO do centro en base á do curso 2022-23. Fixéronse as modificacións oportunas para este curso 2023-24 determinando os seguintes resultados:

Interno
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Necesidade de tabletas e dispositivos dixitais para o alumnado. Alumnado Non
Debilidade Necesidade de estratexias para a creación de contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade Falta de conciencia e recoñecemento do traballo dos membros da comunidade educativa. Alumnado Non
Debilidade Necesidade de dotación de estratexias para aprender a comunicarse dixitalmente. Alumnado Si
Debilidade Escasa asistencia técnica para solucionar problemas dixitais. Infraestruturas Si
Debilidade O profesorado non dispón de tempo suficiente para explorar como mellorar o seu método de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Debilidade Non se avalía o progreso en materia de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade En xeral, non se empregan tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade Baixo nivel de fomento de proxectos interdisciplinares usando as tecnoloxías. Persoal docente Si
Debilidade Na maior parte dos casos non se empregan tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Baixo nivel de uso das tecnoloxías dixitais para a adaptación do ensino ás necesidades do alumnado e para o fomento da creatividade. Persoal docente Si
Debilidade Non se debate o suficiente sobre as vantaxes e desvantaxes do uso das tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Non se empregan tecnoloxías dixitais para facilitar unha retroalimentación axeitada ao alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Non existen estratexias para facilitar a participación do alumnado en procesos de avaliación entre iguais. Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado asume algunhas estratexias de comportamento responsable nas redes. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado usa contornos virtuais para a aprendizaxe. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado do centro usa de xeito responsable internet, contribuíndo a unha contorna máis segura. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado aprende a utilizar de forma segura as tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Os sistemas de protección de datos existen e aprécianse como válidos, especialmente en Bacharelato. Infraestruturas Non
Fortaleza Bo acceso á Internet. Infraestruturas Non
Fortaleza O equipo directivo informa e ofrece ao profesorado a posibilidade de formación en relación ás tecnoloxías dixitais. Oferta Si
Fortaleza O equipo directivo apoia o profesorado para que exploren novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Fortaleza Existe facilidade de acceso ao ensino e aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. O profesorado recorre habitualmente á procura de recursos educativos en liña. Persoal docente Si
Fortaleza Nivel importante de uso das tecnoloxías dixitais para a comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Si
Fortaleza O persoal docente conta co apoio do equipo directivo á hora de probar, formarse pedagoxicamente e de ter acceso a recursos didácticos dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza No centro utilízanse tecnoloxías dixitais para colaborar con outras institucións. Persoal docente Non
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Infraestrutura da rede e cableado da aula de informática obsoleto. Administración educativa Non
Ameaza Falta de coñecemento sobre os dereitos de autor e licenzas de uso na realización das actividades de ensino aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Lexislación Non
Oportunidade Estudo para a constitución dunha ANPA o vindeiro curso ANPA Non
Oportunidade Posibilidade de colaboración con persoas, entidades e institucións da contorna. Contorna Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Para o establecemento dos obxectivos que debían figurar no Plan Dixital do IES Camilo José Cela partiuse da análise DAFO realizada con anterioridade. En concreto, partiuse especialmente do apartado de Debilidades, para converter estas en obxectivos alcanzables a través dunhas accións que debían ser valoradas con indicadores medibles e cuantificables. Tamén se tivo en conta o apartado de Ameazas dentro dos factores externos.
Para determinar estas Debilidades e Ameazas analizouse previamente o informe SELFIE nos seus distintos apartados e nas diferentes etapas educativas. Nesta análise identificáronse puntos débiles e fortes en función da valoración que lle outorgaron os distintos colectivos do centro. Deste xeito, ao clasificar as puntuacións máis baixas como debilidades ou ameazas (dependendo do punto de vista interno ou externo respectivamente).

A día de hoxe e despois destes anos de implantanción do Plan Dixital intentáronse mellorar os nosos puntos débiles polo que algunhas destas Debilidades ou Ameazas foron desaparecendo.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover o programa Polos Creativos para fomentar a participación de alumnado e profesorado en actividades que amplíen as súas competencias clave.
O02PD Formar ao profesorado mediante un PFPP relacionado co programa Polos Creativos.
O03PD Fomentar a comunicación coas familias mediante ferramentas institucionais: Abalar.
O04PD Elaborar un protocolo de actuación ante avarías básicas que poden ser resoltas polos propios docentes, poñelo en coñecemento destes e facer un seguimento.

Seguimento

Procedemento

 A consecución dos obxectivos do Plan Dixital do IES Camilo José Cela será avaliada do seguinte xeito:

Avaliación procesual. Realizarase cada trimestre. Esta avaliación realizarase a través da reunión trimestral do Equipo de Dinamización do Plan Dixital, que examinará o proceso de cumprimento e a temporalización das diferentes accións previstas. Desta reunión levantarase acta que dea conta do estado de execución das accións e, se procede, dos procesos de mellora que se poidan introducir.

1º Trimestre

Os obxectivos e accións previstas para o primeiro trimestre foron acadados. O Equipo de Dinamización do Plan Dixital así o constatou na reunión trimestral do equipo.

2º Trimestre

O seguimento dos obxectivos e accións previstas é asumido polo director, ante a baixa da persoa coordinadora. Ata o momento acadáronse todos os previstos.

3º Trimestre

Os obxectivos e as accións previstas completáronse en prazo. Enviáronse os escritos previstos a alumnado e profesorado, verificando a súa recepción

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A consecución dos obxectivos do Plan Dixital do IES Camilo José Cela será avaliada do seguinte xeito:

Avaliación final. Realizarase unha vez ao ano, ao final de cada curso. Empregaranse os seguintes instrumentos:
    -Reunión final do Equipo de Dinamización do Plan Dixital.
    -Informe da dirección no claustro do profesorado.
    -Memoria final do centro, en que se dará conta do grao de cumprimento dos diferentes plans e proxectos e que servirá de base para a Programación Xeral Anual do vindeiro curso.

Valoración xeral

A valoración xeral do desenvolvemento do Plan Dixital, cos seus obxectivos e accións neste segundo curso, foi moi positiva. Acadáronse sen problema os obxectivos previstos e completáronse as accións de xeito satisfactorio. Ao igual que aconteceu o primeiro curso, o aspecto máis negativo tivo que ver coa escasa dotación de material, necesario neste curso para poder desenvolver os obxectivos vinculados cos Polos Creativos. Aínda así, grazas á formación recibida e aos materiais de préstamo do CAFI, puidemos alcanzar sen problema os obxectivos.

Proposta de mellora

A proposta de mellora que propoñemos é o avance na formación e na metodoloxía dos Polos Creativos, agardando recibir o material necesario para o próximo curso.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do IES Camilo José Cela comezará a súa difusión unha vez sexa aprobado polo Consello escolar do centro. Antes da súa aprobación, será presentado en Claustro.

    Con posterioridade á súa aprobación e presentación, o Plan será difundido a través da páxina web do centro, no apartado de normas e documentos:http://www.edu.xunta.gal/centros/iescamilojosecela/

    Ao comezo de cada curso realizarase unha presentación do Plan Dixital no claustro do profesorado e no Consello Escolar. Tamén se concretarán as principais medidas e actuacións na Programación Xeral Anual.