Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Na actualidade, o IES Porto do Son acolle a modalidade de Educación Secundaria Obrigatoria (1º, 2º, 3º e 4º), bacharelato de ciencias sociais e de ciencias e tecnoloxía e máis o ciclo formativo de grado medio “Guia no medio natural e de tempo libre”. 

No curso académico 2023/2024 hai matriculados un total de 377 alumnas e alumnos distribuídos de acordo co seguinte esquema:

  • 1º ESO con tres grupos A, B e C con 19, 19 e 18 alumnas e alumnos respectivamente.
  • 2º ESO con tres grupos A, B e C con 22 alumnas e alumnos cada grupo.
  • 3º ESO con tres grupos A, B e C con 22, 22 e 23 alumnas e alumnos, respectivamente.
  • 4º ESO con tres grupos con 18, 17 e  alumnos e alumnas respectivamente.
  • 1º de Bacharelato con tres grupos de 15, 16 e 23 alumnas e alumnos, respectivamente.
  • 2º de Bacharelato con dous grupos de 23 e 19 alumnas e alumnos respectivamente.
  • 1º CF con 23 alumnas e alumnos
  • 2º CF, dous grupos de 18 e 2 alumnas e alumnos respectivamente

A día de hoxe prestan os seus servizos no centro 47 profesores, un administrativo, dous conserxes e 4 limpadoras.

O profesorado repártese nos seguintes departamentos: Ciencias Naturais, Artes Plásticas, Economía, Filosofía, Educación Física, Física e Química; Francés, Inglés, Lingua Castelá e Literatura; Lingua Galega e Literatura; Grego, Matemáticas, Música, Orientación, Relixión, Tecnoloxía, Xeografía e Historia; PROA e ARCO.

Tal e como se recolle no Proxecto Educativo de Centro, a coordinación da actividade xeral do Centro corre a cargo do equipo directivo, cuxa composición é a seguinte: Santiago López, director; Francisco Mariño, xefe de estudos; Sandra Alvite, vicedirectora; Luisa Lires, secretaria.

O IES Porto do Son atópase no lugar das Laxes, concretamente a uns dous mil metros da capital do concello que dá nome ao propio centro e que está situado na ria de Muros e Noia da provincia da Coruña. O terreo que ocupa resalta pola súa forte pendente, a súa constitución rochosa e a estreita relación coa praia de Cabeiro e costa da ría amplamente exposta ao nordés.

O perfil socio-laboral do Concello de Porto do Son non é moi alentador, con, aproximadamente 9.271 habitantes e unha media de idade 44,70 anos (datos do 2018); o concello perde poboación cada ano. A taxa de paro é, no verán, dun 19%, predominando no emprego un sector servizos que triplica os demais sectores; no secundario predomina a ocupación na construción sendo as actividades do primario maioritariamente pesqueiras. Estas actividades inflúen na motivación e nos intereses do alumnado debido a que os traballos habituais da súa contorna non esixen máis alá do título da ESO.

No centro, o nivel de competencia curricular xeral é mellorable, xa que nos atopamos nun marco no que o índice socioeconómico do centro é medio-baixo. O ambiente de traballo é bo sendo a comunicación entre alumnado e profesorado fluída.

As nais e pais do noso alumnado sitúanse maioritariamente entre os 40-50 anos de idade e apenas un 2% exerce profesións liberais. Un 57% vive en pequenos núcleos rurais, o 65% non ten, ou ten estudos básicos e só o 12 % acada os estudos universitarios. A poboación sonense dispón dunha biblioteca pública e de 8 casas da cultura situadas nas distintas parroquias. Soamente un 10% recoñece facer uso da biblioteca pública sendo incluso, a intervención en actos culturais, esporádica. Un 7% da poboación non ten acceso a web e a conectividade (ancho de banda) do territorio é baixa. Para rematar, hai que lembrar tamén a baixa participación e implicación dos pais e das nais na vida do IES a cal se fai evidente na pobre asistencia ás votacións do Consello Escolar.

Con respecto ao tratamento da realidade dixital educativa, partimos dunha situación, recollida no PEC, moi parecida a da maioría de centros Galegos de características similares ao noso. Dentro deste PEC faise referencia á abordaxe das TIC como unha ferramenta máis para implementar metodoloxías activas. Neste senso, o PD servirá dun punto de partida para organizar os diferentes proxectos interdisciplinares do no noso centro, dado que, en gran medida, todos eles xiran entorno ás TIC e ao proceso de dixitalización do alumnado:

  • Club de Ciencias.
  • Plan TIC.
  • PLAMBE.
  • Espazo MAKER.
  • Polo creativos.
  • PFPP vinculado aos dispositivos de Polos Creativos.

En base a este punto de partida o PD deberá contribuír na PXA como un documento guía que defina os diferentes aspectos da dixitalización no centro educativo, desde a súa propia organización e da infraestrutura dixital que posúe ata os diferentes plans e programas anuais (plan de biblioteca, programa de formación de profesorado, etc.).

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Como punto de partida para o deseño do Plan Dixital do curso actual, foi revisado o análise DAFO inicial. Desde esa base, foron adoptadas novas medidas, a partir dunha valoración do punto no que nos atopamos despois dun ano de vixencia do plan. As medidas, sobre todo, concretáronse na reformulación dos obxectivos, reducindo o seu número e centrándoos en aspectos máis concretos.

 

Interno
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Na aula non se dispón, para o alumnado, de dispositivos dixitais individuais. Alumnado Non
Debilidade Non se dispón dunha estratexia dixital establecida para a relación directa e participación das familias. Familias Non
Debilidade O centro non dispón de espazos físicos suficientes para a dixitalización do centro. Infraestruturas Non
Debilidade Non se dispón dunha oferta ou apoio dixital establecido nas distintas programacións e materias. Oferta Si
Debilidade O centro non presenta unha estratexia dixital definida. Organización de centro Si
Debilidade Falta de asignación de tempo por parte da administración para o DPC de coordinadores, profesorado e directiva. Outras Non
Debilidade Necesidade dun desenvolvemento profesional continuo Persoal docente Si
Debilidade Non se dispón de asistencia técnica inmediata e especializada no centro. Persoal non docente Si
Fortaleza O alumnado do centro presenta unha maior motivación ante os recursos dixitais. Alumnado Non
Fortaleza A estratexia dixital do centro permite a relación rápida e directa coas familias. Familias Non
Fortaleza O centro presenta unha infraestrutura dixital de tipo medio. Infraestruturas Si
Fortaleza A estratexia dixital actual permite o seguimento dixital de moitas materias en situacións de imposibilidade de asistencia física ao centro. Oferta Non
Fortaleza Integración de entornos virtuais de aprendizaxe adaptados aos novos requirimentos do alumnado Oferta Non
Fortaleza Novas modalidades de ensinanza. Oferta Non
Fortaleza O centro fomenta a dixitalización co desenvolvemento/proposta dunha estratexia a acordar co profesorado Organización de centro Non
Fortaleza Grandes posibilidades de creación de recursos dixitais propios e adaptados a realidade do alumnado do centro. Persoal docente Si
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de asignación de tempo por parte da administración para o DPC de coordinadores, profesorado e directiva. Administración educativa Non
Ameaza Desconexión entre o centro educativo e a realidade dixital da sociedade e da contorna inmediata. Contorna Non
Ameaza No ámbito xeográfico non se dispón de boa conexión e acceso a internet. Outras Non
Oportunidade Na actualidade pódese dispoñer de numerosos recursos educativos en liña. Administración educativa Non
Oportunidade Posibilidade dunha comunicación máis efectiva entre a ANPA e o centro/profesorado. ANPA Non
Oportunidade A dixitalización permitirá a comunicación e o intercambio de experiencias. Contorna Non
Oportunidade A correcta dixitalización permitirá a axeitada avaliación de capacidades requiridas pola lexislación vixente. Lexislación Non
Oportunidade Oportunidades de colaboración a través da dixitalización con outras entidades educativas. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez revisados e actualizados os datos extraidos da actualización do DAFO, inciaremos este novo curso con novas orientacións, centradas na simplificación dos obxectivos perseguidos, unha vez que se constatou a dificultade de acadar metas tan ambiciosas como as formuladas no curso anterior, sobre todo, por quedaren elas fora do alcance do equipo de traballo.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Aplicar os acordos acadados polo grupo de traballo sobre a AV no curso 20/21, reflectidos no documento DECÁLOGO DE BO USO PARA A AV DO CENTRO
O02PD Organización de xornadas de intercambio de experiencias TIC, entre o profesorado do noso centro.
O03PD Colaborar con entidades privadas da contorna socioeconómica do centro. (B3-Colaboracións)
O04PD Formación do profesorado mediante un PFPP en manexo de equipamento dixital: impresoras 3D, cortadora láser, gafas virtuais,...
O05PD Realización de proxectos interdisciplinarios empregando ferramentas dixitais
O06PD Crear un glosario sobre ferramentas e aplicacións útiles para a elaboración de recursos para a práctica docente. (D3-Intercambio de experiencias)
O07PD Participación no DPC por medio de cursos de formación e de perfeccionamento das ferramentas dixitais e do software de libre acceso dispoñible no ámbito profesional ou docente. (D2-Participación no DPC)
O08PD Empregar os libros de cualificación en contornas Moodle (E3-Emprego de contornas virtuais de aprendizaxe)
O09PD Dixitalización de procesos administrativos: reserva de espazos no centro educativo (aulas de Polos Creativos)

Seguimento

Procedemento

Realizouse unha reunión inicial, no mes de setembro, para valorar a direción que debe tomar o novo plan de traballo. 
Acórdase, entre os membros do equipo, realizar unha reunión de traballo cada mes, para valorar a marcha das accións desenvoltas, contrastando a realidade cos indicadores utilizados e guiándonos pola temporalización incluída na propia descrición dos obxectivos.

Cada trimestre, e nesta mesma lapela, reseñaranse os avances do plan, recollendo aquelas actuacións desenvoltas segundo a planificación acordada.

1º Trimestre

Abordouse, de inicio, o traballo de preparación e optimización das aulas virtuais dos diferentes departamentos. Os traballos de mantemento explicados no decálogo de bo uso da AV foron divulgados de novo, apoiados nos vídeos titoriais producidos para este fin. Nesta mesma web, preparouse o recurso de reservas de espazos, centrado na xestión das aulas de Polos Creativos (obxectivo nº 9).

Así mesmo, se abordou o obxectivo nº 2, propoñendo intercambios de experiencias e coñecementos entre profesores en relación coa competencia dixital.

Deseñouse e planificouse tamén, os contidos do PFPP, que desta vez se vai centrar na formación do equipamento de Polos Creativos.

2º Trimestre

Neste trimestre centrouse o desenvolvemento do curso de formación en equipamento dos Polos Creativos, que ven definido no obxectivo nº 4.

Así mesmo, seguimos traballando na ampliación da base de datos que contén unha recompilación de aplicacións dixitais de interese para a función docente (obxectivo nº 6).

De igual xeito, promoveuse a participación do profesorado en cursos de formación no eido das competencias dixitais. Duas persoas obtiveron o certificado do nivel de competencia dixital B2 ao superar con éxito este curso. Esta actuación englóbase dentro do obxectivo nº 7.

3º Trimestre

Neste último trimestre as actuación dirixíronse a traballar o obxectivo nº 8, a través do cal se promovía a utilización do libro de cualificacións da AV para mellorar e optimizar os traballos de xestión do profesorado. Obsérvase un aumento significativo do profesorado que comeza a utilizar este recurso. Así mesmo, obsérvase un notable incremento da utilización de funcións avanzadas na cualificación que propón Moodle.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación deste plan pasa por contrastar, ao final do ano, os obxectivos acadados, en función do seguimento que se levará a cabo ao longo dos tres trimestres do curso. Por un lado, valorarase a realización das accións previstas e, en último termo, compararase o/os indicadores definidos para cada un dos obxectivos coa realidade obtida na actividade do noso centro. As desviacións detectadas con respecto ao planificado, serán os piares básicos para definir as actuacións precisas para os vindeiros anos. 

En canto aos obxectivos que teñen un cumprimento plurianual, será preciso valorar si o indicador seleccionado se axusta á realidade, modificándoo en caso contrario.

Valoración xeral

En xeral, o resultado da aplicación de medidas propostas, concretadas  nos 9 obxectivos do plan, resultou moi satisfactoria. Abordáronse practicamente tódolos puntos, ainda que algúns deles non se puideron levar a cabo.

Proposta de mellora

Buscar a maneira de propoñer situacións e/ou proxectos que poidan ser desenvoltos desde unha perspectiva multidisciplinaria. Este aspecto debe pasar ademais por coordinar, dalgún xeito, os horarios do profesorado que desexe propoñer actuacións nesta liña, de maneira que sexan compatibles entre os participantes (coincidencia horaria, secuencia de espazos horarios,...)

Tamén se debe estudar a maneira de acometer o obxectivo nº 3, aquel que fala da coordinación con entidades privadas da contorna. Desde o ámbito do ciclo formativo do noso centro, e coa entrada da nova lexislación que o regula (FP dual) poderíase, seguramente, ter unha actuación máis adecuada,

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A primeira medida para difundir este documento foi a súa exposición no claustro de profesores. Nese foro debatíronse as particularidades do mesmo e déronse a coñecer os aspectos máis relevantes. A continuación, trasladouse o documento a un espazo da Aula Virtual do centro, no que se creou un curso específico para este fin. Alí, ademais da exposición do plan, albérganse todas as actividades e recursos que van xurdindo en relación cos obxectivos do plan. Finalmente, unha vez rematada a actualización do presente documento, elaborouse unha infografía resumo, coa referencia aos 9 obxectivos do plan. Este documento foi enviado a todo o claustro e colgado nun panel informativo da sala de profesores, para a súa consulta pública.

Finalmente, existe un acceso permanente na páxina web do instituto, a través do cal se pode consultar o documento aprobado. O enlace a ese documento é o seguinte: Plan Dixital

No presente curso, está previsto que a aplicación Educalidade funciones coma un repositorio dos Plans Dixitais de todos os centros educativos. As actualizacións do documento, que se irá revisando ao longo dos vindeiros cursos, podera ser consultada a través do buscador da aplicación Educalidade.