Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación lexislativa:
    • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

    • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

    • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

    • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

    • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

    • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.


O C.R.A. de Rianxo está formado actualmente por oito escolas repartidas por cinco das seis parroquias que compoñen o Concello de Rianxo cun total de once aulas. No catálogo do centro, catro destas escolas teñen carácter multigrado, agrupando alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil e alumnado de 1o e 2o de Educación Primaria na mesma aula. Este curso en catro destas escolas non hai matriculado alumnado da etapa de Educación Primaria, funcionando na práctica como aulas multigrado de Educación Infantil. Dúas escolas están compostas exclusivamente por alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil, cun total de tres aulas multigrado. As dúas escolas restantes presentan o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria agrupados por etapa educativa. Polo tanto, nestas escolas hai dúas aulas (unha de Educación Infantil e outra de Educación primaria).

As escolas contan con conexión a Internet e un ou varios encerados dixitais.

A integración destas novas tecnoloxías ten que facerse buscando, investigando, indagando... sobre todas aquelas posibilidades que ditas tecnoloxías nos ofrecen á hora de dar una nova dimensión ao proceso educativo redefiníndoo nun novo marco de coñecemento que sirva como motivación ao noso alumnado á hora de prepararse para explorar, experimentar... en busca do coñecemento no que todos os días traballamos mestres e alumnos/as.
A pesar de ter invertido tempo en formación e prácticas con ferramentas tecnolóxicas, constatamos unha gran diferenza de coñecementos TIC no profesorado do centro. Isto leva aparellado que non nos propoñamos grandes retos, senón acadar unha normalización no eido das tecnoloxías como ferramentas útiles para lograr unha mellor calidade pedagóxica. Por este motivo neste curso académico será preciso ofertar formacións centradas nas necesidades reais máis inmediatas:
• Manexo avanzado da web do centro(Websdinámicas-Drupal).

A utilización das TIC na aula supón un cambio importante no papel do profesorado e do alumnado, na organización dos tempos e na metodoloxía. Os efectos pedagóxicos das TIC dependen da planificación didáctica realizada e das actividades que desenvolvamos coa mesma.

O Plan Dixital virá a intentar mellorar a Competencia Dixital do alumnado e intentar compensar calquera desigualdade polon feito de vivir nunha zona de tipo rural, aínda que non deprimida economicamente.

Este Plan Dixital pasará a formar parte do Proxecto Educativo e da Programación Xeral Anual, introducindo cambios significativos na práctica docente, nos contidos das distintas materias e guiando algúns dos procesos de aprendizaxe.


Proceso de elaboración: 

A elaboración do Plan Dixital recaeu sobre o Equipo de Dinamización do Plan Dixital xunto coas persoas que forman o Equipo TICs, tal e como se indica na resolución do 3 de setembro de 2021. Para a creación do antes citado Equipo de Dinamización, nomeouse unha persoa coordinadora a cal foi a encargada de informar a todo o equipo sobre as tarefas a realizar no curso de Aula Virtual no que foi matriculada. 

Neste curso (https://www.edu.xunta.gal/centros/plandixital/aulavirtual/), realizouse o seguimento de todas as actividades que se foron levando a cobo ao longo do curso e que culminaron coa elaboración deste documento. 

Estas tarefas secuenciaronse en 2 fases:

  • Fase I (Inicial): Análise e diagnose da situación dos centros. 
Nesta primeira fase realizáronse varias tarefas de análise, entre elas a preparación e elaboración do SELFIE (do 3 de outubro ao 8 de novembro do 2021)(ANEXO 1: Informe SELFIE), realización do profesorado en Fprofe do Test de Competencia Dixital Docente (CDD) (do 8 de febreiro ao 7 de marzo do 2022) (ANEXO 2: Informe test CDD)
Para levar a cabo a diagnose, elaboramos o documento DAFO (do 8 marzo ao 4 de abril do 2022) (ANEXO 3: DAFO) para o cal tivemos, xunto co grupo de PFPP do Plan Dixital, unha formación a través do CAFI, impartida pola Mentora ADIX da nosa zona (1 sesión de 2 horas). 
 
  • Fase II: Deseño e elaboración do Plan Dixital.
    A primeira tarefa desta segunda fase foi a elaboración dos obxectivos do Plan de Acción (do 21 de abril ao 11 de maio) (ANEXO 4: Plan de acción), para a cal tivemos unha segunda formación (1 sesión de 2 horas) e para finalizar o curso, estamos a levar a cabo a redacción deste docuemtno, o Plan Dixital de Centro (do 11 de maio ao 12 de xuño) (ANEXO 5: PDs do CRA de Rianxo  con especificacións por escolas)

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información previa empregados foron: 

a) SELFIE: é un paquete completo que axuda ás escolas a desenvolver un plan de acción para unha aprendizaxe eficaz na era dixital. Ofrece pautas paso a paso para revisar os resultados e establecer prioridades e obxectivos, desenvolver un plan de acción, implementar e avaliar ese plan.

b) Test CDD: con este Test de Competencia Dixital Docente, enmarcado no Marco Europeo DigCompEdu, extraemos información directa sobre o nivel de Competencia Dixital do profesora do centro, facendo unha anlálise dos resultados. 

 

Interno
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade FALTA COMPETENCIA DIXITAL. Alumnado Si
Debilidade FALTA DE COMPETENCIA DIXITAL. Familias Si
Debilidade ESCASEZA DE RECURSOS NAS DISTINTAS ESCOLAS QUE COMPOÑEN O CRA. Infraestruturas Si
Debilidade POUCOS DISPOSITIVOS DISPOÑIBLES, DOS QUE DISPOÑEMOS ESTÁN DETERIORADOS E/OU DESACTUALIZADOS. Infraestruturas Non
Debilidade FALTA DE ESTRATEXIA DIXITAL. Organización de centro Non
Debilidade NECESIDADE DE ADAPTAR OS MEDIOS TECNOLÓXICOS Á TIPOLOXÍA DE CENTRO (CRA) Organización de centro Si
Debilidade FALTA DE TEMPO POR PARTE DOS MESTRES-AS PARA FORMARSE EN CANTO Á COMPETENCIA DIXITAL. Persoal docente Si
Debilidade O PROFESORADO NON EMPREGA A AV. Persoal docente Si
Debilidade DEBIDO Á ESCASEZA DE FORMACIÓN, PRESENTAN DIFICULTADES DE CARA A CREACIÓN DE RECURSOS. Persoal docente Si
Fortaleza COMPORTAMENTO RESPONSABLE. Alumnado Non
Fortaleza PARTICIPACIÓN PROXECTOS EDUCATIVOS COMO: ERASMUS+, PLANS PROXECTA OU BIBLIOTECAS CREATIVAS. Oferta Non
Fortaleza AULA VIRTUAL E PÁXINA WEB ACTUALIZADAS. Organización de centro Si
Fortaleza UTILIZAMOS FERRAMENTAS COORPORATIVAS PARA A COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS (ABALAR MÓBIL). Organización de centro Non
Fortaleza USO SISTEMÁTICO DE PÁXINA WEB COORPOTATIVA DO CENTRO PARA COMPARTIR ACTIVIDADES E INFORMACIÓN COA COMUNIDADE EDUCATIVA. Persoal docente Non
Fortaleza O PROFESORADO MÓSTRASE COMUNICATIVO EN CANTO AS SÚAS EXPERIENCIAS AO REDOR DA COMPETENCIA DIXITAL. Persoal docente Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza FALTA DE FONDOS ESPECÍFICOS PARA MERCAR DISPOSITIVOS. Administración educativa Non
Ameaza DIFICULTADES PARA SOLVENTAR PROBLEMAS TÉCNICOS Administración educativa Non
Ameaza EXCESO DE CARGA BUROCRÁTICA. FALTA DE HORARIO PARA AS PERSOAS COORDINADORAS. Lexislación Non
Oportunidade POSIBILIDADE DE COMUNICACIÓN PARA QUE COÑEZAN AS CARENCIAS. Administración educativa Non
Oportunidade BOA COMUNICACIÓN E RESPOSTA ÁS DEMANDAS PROPOSTAS. ANPA Non
Oportunidade COLABORACIÓNS CO CONCELLO NA RESOLUCIÓN TÉCNICA DIXITAL. Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Grazas á información recollida e xerada a través dos datos do SELFIE e do Test CDD, que nos permitiu confirmar e coñecer a realidade do noso centro no relativo ao eido dixital, puidemos extraer unha análise DAFO que nos permite reflexionar sobre a realidade do noso centro e nos facilitou a elaboración das liñas de actuación fundamentais para a redacción dos obxectivos e accións a desenvolver no vindeiro curso e que se recollen neste Documento.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formar ao claustro de mestres en competencia dixital docente. (Paneis Dixitais)
O02PD Solicitar PFPP para mellorar a competencia dixital docente.
O03PD Empregar Escolas na nube como ferramenta colaborativa e comunicación no centro e con outros CRAs.
O04PD Promover o uso do Abalar móbil/Abalarpro para a comunicación coas familias.
O05PD Renovar e actualizar a web do centro

Seguimento

Procedemento

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital, realizará, alomenos, unha xuntanza trimestral para valorar a evolución do Plan.

Do mesmo xeito, a persoa mentora ADIX acompañará á persoa coordinadora do Plan Dixital, no desenvolvemento do PD.

A persoa coordinadora do PD, terá acceso á ferramenta EduCalidade para rexistrar os avances e avaliación deste plan, baixo a supervisión da persoa directora e co apoio do resto de persoas que forman o equipo. 

 

1º Trimestre

O01PD: Formar ao claustro de mestres en competencia dixital docente. (Paneis Dixitais) este obxectivo foi acadado, e as súas accións foron realizadas nos meses de setembro e outubro. A formación foi impartida coa asesora Abalar de zona  na Escola de Abuín o martes 17 de outubro en horario de 16:00h a 19:30h.  Nesta sesión formativa participou o claustro na súa totalidade, e apartir da mesma xurdiron dúbidas que foron resoltas posteriormente a través de diferentes canles, pola asesora. A partir desta formación o claustro está poñendo en práctica o aprendido e tentando sacar o máximo proveito aos paneis recibidos a finais do curso 2022-23 por parte da Consellería.

Unha vez rebidos estes paneis o centro está valorado a posibilidade de reubicar e reutilizar os paneis antigos que aínda teñen unha vida útil.

O02PD: Solicitar PFPP para mellorar a competencia dixital docente. En canto ao segundo obxectivo leváronse a cabo as dúas primeiras accións quedando pendente a terceira coa que se comezará ao inicio do 2º trimestre.

Accións realizadas: 

AO2.1:Acordo de participación no PFPP en relación á intelixencia Artificial. Unha parte do clustro manifestou a súa disconformidade en canto á temática do PFPP. Considerendo que non é unha temática aplicable ás aulas nas que actualmente se está a traballar tendo en conta a idade do alumnado (3-8 anos). Así mesmo consideran que a evolución da tecnoloxía e implentación da mesma nas aulas, está restando importancia a outros valores que son o soporte metodolóxico do Proxecto Educativo do noso centro. Porén o profesorado que se inscribe neste PFPP considera oportuno investigar e coñecer os pros e contras de empregar a IA para sacar o máximo partido ás nosas funcións docentes. 

AO02.2:Inscripción do profesorado participante no Programa. Tendo en conta que o PFPP é un grupo de traballo non se inscribiu a totalidade do profesorado. Neste caso participando grupo de traballo arredor dun 30%. 

O03PD: Empregar Escolas na nube como ferramenta colaborativa e comunicación no centro e con outros CRAs. No tocante a este obxectivo a coordinadora TIC encargouse de renovar as matrículas do profesorado e incluír á totalidade do alumando que estaba sen matricular ata este curso. Así mesmo creou carpetas e subiu documentación a compartir co resto de profesorado. Por isto danse por acadadas accións: 

AO03.1: Renovación das matrículas do profesorado no recurso.

AO03.2:Creación de carpetas e subida de documentación para compartir.

Cabe destacar que o recurso é complexo e pouco intuitivo o que fai que o profesorado amose reticencias a empregalo. Á hora da matriculación ocorreron varios problemas técnicos que a día de hoxe seguen sen estar solucionados, probocando que varios alumnos e alumnas aínda non teñan acceso. Así mesmo, cando solicitamos a axuda de asesores sobre o funcionamento do programa, nos atopamos con dificultades pola falta de formación dos mesmos. Queremos resaltar de todos xeitos o bo facer da nosa asesora que sempre está dispoñible e tentando resolver as nosas dúbidas. 

O04PD: Promover o uso do Abalar móbil/Abalarpro para a comunicación coas familias. Ao igual que en anos anos anteriores a nosa prioridade como centro é informar ás familias do uso sistemático das ferramentas coorporativas e potenciar o uso dos recursos ofrecidos pola Consellería para manter a comunicación coa comunidade educativa. Este obxectivo queda completado na súa totalidade. 

AO04.2: Enviar unha comunicación inicial ás familias a través do abalar.

AO04.1: Enviar comunicación ás familias coas instrucións para a instalación e uso de abalar móbil.

O05PD: Renovar e actualizar a web do centro. En canto ao último obxectivo a coordinadora TIC púxose en contacto coa Asesora Abalar de zona coa que mantén contacto permanente en relación ao estado das webs dinámicas. Neste caso estamos á espera de novas instrucións para poder modificar e organizar a nosa páxina web. 

2º Trimestre
  • Comezáronse as formacións  sobre I.A.
  • Iniciose a actualización da Pax. Web.
3º Trimestre

Quedan acadados todos os obxetivos agás o 005PD que se completará o próximo curso.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

A consecución dos obxectivos foi case total, quendando parcialmente acadados o obxectivo O05PD no que se especifica a im protancia da revisión e actualización constante da páxina web. Continuaremos renovándoa permanentemente.

O resto de obxectivos estánm acadados de forma satisfactoria e na súa maioría todas as accións producirón beneficios para o profesorado e o alumando aos que ían dirixidos. 

Proposta de mellora

Preténdese rematar a actualización da Páxina web así com seguir formando ao profesorado en Competencia Dixital. 

Aínda así quedamos á espera de consolidar as liñas de perfeccionamento e os obxectivos a propoñer ao comezo do proximo curso para poder adaptarnos ás necesidades e particularidades de centro e docentes. 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital de Centro estará exposto na Páxina Web do centro ao igual que se poñerá en coñecemento do mesmo a toda a comunidade educativa a través das canles de comunicación coorporativas das que dispoñemos no centro (Abalar móbil, correo electrónico...)

Do mesmo xeito, este documento, quedará a disposición en formato físico impreso, no edificio da Sede para que calquera persoa que o solicite poida revisalo.

Este plan é coñecido polo Claustro e aprobado no Consello Escolar.

Ligazóns ao Plan Dixital 2022-23 do Cra de Rianxo e expecificacións por Escolas na súa Web:

http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/system/files/15027551_CRADERIANXO_PlanDixital_V1.0_14062022.pdf

Abuín: http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/system/files/ABUÍN-15027551_CRADERIANXO_PlanDixital_V1.0_14062022_2.pdf

Capela: http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/system/files/CAPELA-15027551_CRADERIANXO_PlanDixital_V1.0_14062022.pdf

Cruceiro: http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/system/files/CRUCEIRO-15027551_CRADERIANXO_PlanDixital_V1.0_14062022.pdf

Cuvide: http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/system/files/CUVIDE-15027551_CRADERIANXO_PlanDixital_V1.0_14062022.pdf

Outeiro: http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/system/files/OUTEIRO-15027551_CRADERIANXO_PlanDixital_V1.0_14062022.pdf

Pazo: http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/system/files/PAZO-15027551_CRADERIANXO_PlanDixital_V1.0_14062022.pdf

Quintáns: http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/system/files/QUINTÁNS-15027551_CRADERIANXO_PlanDixital_V1.0_14062022_0.pdf

Rañó: http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/system/files/RAÑÓ-15027551_CRADERIANXO_PlanDixital_V1.0_14062022.pdf