Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Plan Dixital desenvolto no noso centro se rixe segundo a lexislación que ven establecida a continuación:

 

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

    • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

    • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

    • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

    • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

    • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

O CEIP Ana María Diéguez ubícase na parroquia de Asados localizada no Concello de Rianxo. Conta con 125 Alumn@s que se distribúen no centro nas etapas de infantil e primaria. Na etapa de infantil cóntase con 3 aulas, destinadas a  4º, 5º e 6º de infantil . Xa en primaria cóntase cunha única liña. As distintas estancias do centro distribúense en dúas plantas ubicadas dentro dunha única edificación.

O centro conta con conexión a internet e distintos dispositivos de carácter TIC en cada unha das aulas. Por outra parte, nos cursos de 5º e 6º desenvólvese o plan E-Dixgal.

As vindeiras xeracións forman e van formar parte dun mundo conectado, no que se van ver rodeados de dispositivos dixitais. Dende o noso centro de ensinanza buscamos dotar o alumnado e o profesorado das medidas tecnolóxicas necesarias que lles permita adoptar o ensino a realidade social na que viven os nosos cativos na actualidade.

Hai que precisar que a incorporación das tecnoloxías á educación en xeral, e os procesos de ensino – aprendizaxe en particular, xa están presentes na nosa Comunidade Autónoma, e se establecen coma unha peza clave na producción do cambio metodolóxico que posibilite un salto cualitativo na educación.

Os recursos dixitais non só transformarán os contidos desenvoltos a unha presentación distinta da tradicional, senón que xerarán oportunidades para un maior desenvolvemento das competencias clave e o mesmo tempo isto posibilitará unha maior implicación de país/nais/titores legais, docentes e alumnado no proceso educativo.

Deste xeito, por medio deste Plan Dixital se busca favorecer de forma directa a consecución daqueles obxectivos establecidos no Proxecto Educativo de centro e á vez interrelacionarse con aqueles outros Plans e Proxectos nos que o centro participe, poñendo ó servizo destes fins os medios e recursos dixitais que poidan ser necesarios.

O proceso que se levou a cabo a hora de elaborar o Plan Dixital, seguiu unha serie de Fases:

1ª fase: A posta en marcha do Plan Dixital de forma coordinada co equipo ADIX.

2ª fase: Configuración e realización do selfie por parte do centro educativo.

3ª fase: realización do test de CDD por parte do profesorado.

4ª fase: recopilación de datos, reflexión e elaboración DAFO.

5ª fase: Definición de obxectivos e realización do plan de acción.

6ª fase: elaboración do Plan Dixital versión V 1.0.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Á hora de elaborar o Plan Dixital do centro usáronse unha serie de instrumentos de recollida de información previa. Estes veñen indicados seguidamente:

O Selfie: É unha ferramenta de autodiagnose da situación dixital do centro que servirá de reflexión e diálogo entre a comunidade educativa para marcar as liñas de acción que se incluirán no Plan Dixital do centro.

O test CDD: Coñecido como o test de compentencia dixital docente. Por medio deste test de carácter autoreflexivo, valoraríase e coñeceríase de forma orientativa o nivel de competencia dixital do profesorado, para desta forma poder planificar a futura formación do profesorado no ámbito dixital.

 

Interno
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Uso reducido de tecnoloxías dixitais que fomenten o traballo en equipo entre o alumnado. Alumnado Si
Debilidade Falta de creación de contidos dixitais por medio do alumnado. Alumnado Si
Debilidade Carécese de aula de medios informáticos e tecnolóxicos. Infraestruturas Non
Debilidade Dotación de recursos (pantallas) ausente en cursos intermedios. Infraestruturas Si
Debilidade Ausencia dunha estratexia dixital en infantil e de 1º a 4º de primaria. Organización de centro Non
Debilidade Tempo escaso para exploración de novas modalidades de ensino educativo Persoal docente Non
Debilidade Ausencia de avaliación do progreso acadado no proceso de ensino aprendizaxe a través medios dixitais exceptuando aulas Edixgal. Persoal docente Non
Debilidade Uso reducido de tecnoloxías dixitais que fomenten a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Fortaleza Funcionamento óptimo de internet nos espazos educativos. Infraestruturas Si
Fortaleza Dotación de proxector, ordenador, conexión LAN e WIFI en todos os espazos do centro. Infraestruturas Non
Fortaleza Existencia de dispositivos dixitais no centro. Infraestruturas Si
Fortaleza Participación no Proxecto E-Dixgal. Oferta Non
Fortaleza Bo funcionamento da asistencia técnica no centro. Organización de centro Non
Fortaleza Presencia de estratexia dixital (5º e 6º). Organización de centro Non
Fortaleza Acceso e desenvolvemento profesional continuo en canto ao ensino e aprendizaxe dixital. Persoal docente Si
Fortaleza Búsqueda de xeito habitual por parte do profesorado de recursos educativos dixitais en línea. Persoal docente Non
Fortaleza Presencia de persoal docente con caracter estable no centro. Persoal docente Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Nivel medio - baixo de habilidade dixital nas familias. Administración educativa Non
Ameaza Ausencia de medios dixitais adecuados de gran parte alumnado fóra do centro (exceptuando 5º e 6º que dispoñen de dispositivos edixgal). Administración educativa Non
Ameaza existencia de certos problemas de conexión á rede e de velocidade da mesma nos fogares. Administración educativa Non
Ameaza Escasa dotación económica que posibilite unha maior presenza de medios dixitais no centro, así como máis actualizados Administración educativa Non
Ameaza Necesidade de dotación de medios tecnolóxicos actualizados Administración educativa Non
Ameaza Falta de colaboración con outros centros e organizacións para apoiar o emprego de tecnoloxías dixitais. Outras Non
Oportunidade Gran cantidade de cursos formativos vinculados aos medios dixitais ofertados pola administración. Administración educativa Non
Oportunidade Boa relación e actitude de colaboración da ANPA co centro. Administración educativa Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez recolleita a información por medio dos instumentos SELFIE e o test de CDD, xeraríase o Informe DAFO, dando lugar a reflexión sobre a realidade do centro. Esto nos permiteu establecer as liñas de actuación, que a súa vez darían lugar a concreción dos obxectivos e as accións necesarias a  desenvolver de cara ao vindeiro curso para acadar ditos obxectivos. Isto ven recollido no presente documento.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Fomentar a participación do alumnado nun proxecto interdisciplinar que favoreza a creación de contidos dixitais e o traballo en grupo.
O02PD Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente da etapa de infantil, primeiro e segundo nivel de primaria.
O03PD Dotar de Paneis interactivos naquelas aulas nas que se precise desta ferramenta.
O04PD Coñecer e aplicar as posibilidades didácticas e pedagóxicas que ofrecen as ferramentas dixitais presentes nos paneis interactivos.

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do Plan Dixital, realizará xuntanzas periódicas para valorar a súa evolución.

Para favorecer o seu seguimento, a persoa mentora ADIX, realizará 2 visitas trimestrais ao centro, valorando o desenvolvemento do Plan Dixital xunto co coordinador.

Ao mesmo tempo a persoa coordinadora terá acceso á plataforma Educalidade, na cal rexistrará os avances acadados e levará a cabo a valoración dos mesmos baixo a supervisión do director.

1º Trimestre

Durante este trimestre, acadaríanse os seguintes obxectivos:

O01PD:" Fomentar a participación do alumnado nun proxecto interdisciplinar que favoreza a creación de contidos dixitais e o traballo en grupo".

En relación ao obxectivo que se indica, nos cursos do 2º ciclo estanse a empregar de forma esporádica os medios dixitais para levar a cabo a búsqueda e selección de información vinculada aos contidos desenvoltos na aula. Por outra parte no 3º ciclo a utilización destos medios é cada vez máis regular debido a gran cantidade de traballos que se realizan por medio de recursos dixitais.

 

O02PD: "Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente da etapa de infantil e o primeiro e segundo nivel de primaria".

Cada vez é maior o uso dos medios dixitais no desenvolvemento das sesións de ensino aprendizaxe dentro desta etapa de infantil, algo que se materializa sobre todo a través do uso dos paneis interactivos. Esto leva ao profesorado desta a etapa, a crear cada vez con maior asiduidade contidos dixitais que posteriormente empregan co alumnado.

 

O03PD: "Dotar de Paneis interactivos naquelas aulas nas que se precise desta ferramenta".

Todavía non se dotou con este material aos cursos pretencentes ao 3º ciclo.

 

O04PD: Coñecer e aplicar as posibilidades didácticas e pedagóxicas que ofrecen as ferramentas dixitais presentes nos paneis interactivos.

Solicitouse un PFPP cunha liña de tipo didáctico basado nas posibilidades pedagóxicas e didácticas da dotación STEM no noso centro, atópase aprobado e actualmente se está a desenvolver no centroi para intentar acadar os obxectivos establecidos.

2º Trimestre

Durante este trimestre, acadaríanse os seguintes obxectivos:

O01PD:" Fomentar a participación do alumnado nun proxecto interdisciplinar que favoreza a creación de contidos dixitais e o traballo en grupo".

En relación ao obxectivo que se indica, nos cursos do 2º ciclo estan a empregarse con algo máis de asiduidade os medios dixitais paraa búsqueda e selección de información vinculada aos contidos desenvoltos na aula. Por outra parte no 3º ciclo a utilización destos medios segue a ser regular debido a gran cantidade de traballos que se realizan por medio de recursos dixitais.

 

O02PD: "Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente da etapa de infantil e o primeiro e segundo nivel de primaria".

Cada vez é maior o uso dos medios dixitais no desenvolvemento das sesións de ensino aprendizaxe dentro desta etapa de infantil, algo que se materializa sobre todo a través do uso dos paneis interactivos. Esto leva ao profesorado desta a etapa, a crear cada vez con maior asiduidade contidos dixitais que posteriormente empregan co alumnado.

 

O03PD: "Dotar de Paneis interactivos naquelas aulas nas que se precise desta ferramenta".

Recibíronse os paneis destinados á súa instalación no centro para  o 3º ciclo e queda pendiente a súa instalación nas aulas.

 

O04PD: Coñecer e aplicar as posibilidades didácticas e pedagóxicas que ofrecen as ferramentas dixitais presentes nos paneis interactivos.

Segue a desenvolverse o PFPP cunha liña de tipo didáctico basado nas posibilidades pedagóxicas e didácticas da dotación STEM no noso centro. O uso destas ferramentas na aula está a ser bastante habitual. O profesorado está cada vez máis familiarizado coas ferramentas web presentes nestes e cada vez é máis coñecedor do uso práctico e didáctico que estas poden ofrecer. 

3º Trimestre

Durante este trimestre, acadaríanse os seguintes obxectivos:

O01PD:" Fomentar a participación do alumnado nun proxecto interdisciplinar que favoreza a creación de contidos dixitais e o traballo en grupo".

En relación ao obxectivo que se indica, nos cursos do 2º ciclo cada vez é maior o uso de ferramentas dixitais por parte do alumnado, por medio delas ademais de crear certos contidos dixitais o alumnado desenvolve abúsqueda de información e en certa medida xa procesa certa información para a elaboración de traballos sinxelos . Por outra parte no 3º ciclo a utilización destos medios segue a ser regular debido a gran cantidade de traballos que se realizan por medio de recursos dixitais.

O02PD: "Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente da etapa de infantil e o primeiro e segundo nivel de primaria".

Cada vez é maior o uso dos medios dixitais no desenvolvemento das sesións de ensino aprendizaxe dentro desta etapa de infantil, algo que se materializa sobre todo a través do uso dos paneis interactivos. Esto leva ao profesorado desta a etapa, a crear cada vez con maior asiduidade contidos dixitais que posteriormente empregan co alumnado. No 1º ciclo o seu uso está regularizado de forma que moitos dos recursos dixitais que se crearon se atopan nas aulas virtuais dos correspondentes cursos.

O03PD: "Dotar de Paneis interactivos naquelas aulas nas que se precise desta ferramenta".

Os paneis foron instalados en tódolos cursos.

 

O04PD: Coñecer e aplicar as posibilidades didácticas e pedagóxicas que ofrecen as ferramentas dixitais presentes nos paneis interactivos.

Unha vez finalizado o PFPP de  posibilidades pedagóxicas e didácticas da dotación STEM no noso centro. O uso destas ferramentas na aula segue a  ser bastante habitual. O profesorado  cada vez ten maior coñecemento e está  máis familiarizado coas ferramentas web presentes nestes e cada vez é máis coñecedor do uso práctico e didáctico que estas poden ofrecer. A implementación destes recursos nas aulas é cada vez maior.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, procederá do seguinte xeito.

- Avaliación procesual: Realizarase como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- Avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

En xeral, os obxectivos enmarcados dentro do desenvolvemento deste Plan Dixital fóronse acadando de xeito progresivo e de forma prácticamente completa ao longo destes cursos. A presenza e uso dos medios dixitais na aula é cada vez máis habitual e o profesorado e alumnado acada cada vez unha maior competencia neste medio, observándose un maior dominio e coñecemento tanto no que respecta ao uso dos recursos TICs así como no uso de ferramentas webs que poden ser empregadas na aula como un complemento de ensino. Durante estes dous cursos renováronse os paneis dixitais facilitando a labor dos mestres no uso destes medios xa que se perciben como equipos máis intuitivos e sinxelos de cara a súa utilización. Por outra parte os seminarios realizados durante estes cursos nos permitiron coñecer o funcionamento de ferramentas dixitais que poden facilitar a labor do docente na aula. 

 

Proposta de mellora

- Actualizarse de xeito permanente no uso dos medios e das ferramentas dixitais.

- Promover o uso de forma racional destes medios dixitais.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para informar e difundir o Plan Dixital entre a Comunidade Educativa en primeiro lugar este se exporá ao profesorado do centro dándose a coñecer este documento como unha guía que serva como medio de orientación ao mesmo. Posteriormente se dará a coñecer ao resto da comunidade educativa en primeiro lugar vía consello escolar  fundamentalmente da páxina web do centro.

O plan é dado a coñecer polo claustro e aprobado no consello escolar a data de 30 de xuño de 2022.

 

A ligazón á páxina web onde se atopa exposto o Plan dixital é a seguinte:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipanamariadieguez/system/files/Plan%20Dixital%20CEIP%20Ana%20mar%C3%ADa%20Di%C3%A9guez.pdf