Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O Equipo de Dinamización do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.
A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, 1 visita ao centro por trimestre para analizar xunto coa persoa coordinadora do Plan Dixital, o desenvolvemento do proxecto.
A persoa coordinadora do Plan Dixital terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistar os avances e as avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora.
Ao longo do 1º trimestre do presente curso acadouse o obxectivo O01PD que consiste en Promover a comunicación entre os titores e as familias mediante o uso da ferramenta Abalarpro.
En relación ao obxectivo O02PD que consiste en Establecer un equipo de docentes para a xestión e seguimento do Plan dixital de Centro, están realizadas as accións: AO02.1, AO02.2, AO02.3
En relación ao obxectivo O03PD que consiste en Acreditar unha competencia dixital dentro do claustro, están realizadas as accións: AO03.1, AO03.2, AO03.3
En relación ao obxectio O05PD que consiste en Favorecer o intercambio de experiencias, no contexto da transformación dixital dos centros, entre o profesorado do propio centro; está realizada a acción: AO05.1 e están en proceso as accións: AO05.2, AO05.3
En relación ao obxectivo O06PD que consiste en Promover o emprego de entornos virtuais de aprendizaxe para o desenvolvemento de actividades de aula, está realizada a acción AO 06.1.
En relación ao obxectivo O07PD que consiste en Implementar un proxecto interdisciplinar anual no que participe a totalidade do alumnado, está realizada a acción AO07.1 e están en proceso as accións: AO07.2, AO07.3 e AO07.4.
En xeral, o Equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro, así como a persoa directora e o Mentor ADIX consideran que o proceso vai por bo camiño.
Ao longo do 2º trimestre do presente curso acadáronse as accións AO04.1 e AO04.2 do obxectivo O04PD que consiste en Actualizar e/ou renovar os dispositivos dixitais do centro de uso docente e administrativo.
En relación ao obxectivo O05PD que consiste en Favorecer o intercambio de experiencias, no contexto da transformación dixital dos centros, entre o profesorado do propio centro, realizáronse as accións: AO05.2 e AO05.3
En relación ao obxectivo O07PD que consiste en Implementar un proxecto interdisciplinar anual no que participe a totalidade do alumnado, comezáronse as accións AO07.2, AO07.3 e AO07.4.
Na recta final do curso, é dicir, no 3º trimestre, realizáronse algunhas das accións que quedaban pendentes.
Con respecto ao obxectivo O02PD que consiste en Establecer un equipo de docentes para a xestión e seguimento do PDC, intentouse realizar a acción AO02.4 empregando materiais de Polos Creativos (máquina de coser, máquina de chapas, cortadora láser) emprestados polo CFR posto que non recibimos ningún material de dito proxecto.
Con respecto ao obxectivo O03PD que consiste en Acreditar unha competencia dixital dentro do claustro, leváronse a cabo as accións AO03.4 e AO03.5.
Con respecto ao obxectivo O07PD que consiste en Implementar un Proxecto Interdisciplinar Anual, leváronse a cabo as accións AO07.2, AO07.3 e AO07.4.
Con respecto ao obxectivo O08PD que consiste en Realizar o inventario de todo o equipamento tecnolóxico do centro, levouse a cabo a acción AO08.1.
Avaliación
Avaliación do plan
O encargado do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o Equipo Dinamizador do Plan Dixital.
A avaliación realizarase segundo dous contextos:
- No contexto da avaliación procesual: A frecuencia da avaliación do proceso será unha vez ao trimestre, coincidindo coas datas de finalización de trimestre. Valorarase o estado da execución das accións previstas, os resultados, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final: A frecuencia da avaliación final será ao remate do curso, no mes de xuño. Valorarase o logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
O desenvolvemento do plan dixital precisa o enfoque dun proceso continuo e evolutivo. Representou un desafío para a comunidade educativa e, nalgún obxectivo concreto, require máis tempo para optimizar o seu resultado.
Varios factores condicionaron o desenvolvemento do Plan Dixital, a infraestrutura tecnolóxica dispoñible, a formación e capacitación dos docentes, a dispoñibilidade de recursos dixitais adecuados e as metodoloxías de ensino.
O desenvolvemento dos obxectivos O02PD, O06PD e O08PD víronse afectados por algún destes factores polo que deberemos reformulalos para o vindeiro curso.
A avaliación do desenvolvemento do plan dixital debe ter en conta os resultados e o impacto na aprendizaxe dos estudantes, así como a experiencia e a retroalimentación dos docentes, familias, comunidade, etc.
¿ Realizar unha reavaliación das necesidades tecnolóxicas e os recursos dispoñibles no centro educativo coa finalidade de determinar que recursos adicionais son necesarios. Agardamos que a app Inventario chegue aos centros o vindeiro curso polo que habería que volver a centrar un dos obxectivos do noso plan neste ámbito.
¿ Reflexionar co claustro sobre as posibles accións a realizar en torno ao proxecto Polos Creativos, sempre e cando recibamos o material de Polos Creativos.
¿ Realizar unha actualización dos ítems do DAFO que puideron verse modificados a raíz da implementación do Plan Dixital deste ano.
¿ Reflexionar sobre o plantexamento dos obxectivos SMART para unha mellor adaptación dos mesmos á realidade educativa, por exemplo:
o número de obxectivos por ano e tempos de realización dos mesmos
o valores a acadar facilmente medibles,
o accións e obxectivos que ofrezan un impacto positivo no centro
o Recuperar algún obxectivo parcialmente acadado ou pendente de realizar que sexa de interese e reformulalo no caso de ser necesario.
¿ Afondar na formación e no desenvolvemento profesional continuo do corpo docente en colaboración cos CFR afondando na estabilización dunha liña TIC nos PFPP. Así mesmo, é importante seguir fomentando a colaboración e o intercambio de boas prácticas entre os docentes.
¿ Integración curricular: Promover a integración da tecnoloxía no currículo escolar de maneira transversal. Isto implica identificar oportunidades para utilizar ferramentas dixitais en diversas materias e actividades, fomentando a creatividade, a colaboración e o pensamento crítico dos estudantes. Así mesmo, débense establecer criterios claros para avaliar o uso da tecnoloxía e o seu impacto na aprendizaxe.
¿ Promocionar o acceso a recursos dixitais de calidade, coma os do Espazo Abalar, Agueiro, CREAGAL (en construción), Intef, Procomún, etc. , para enriquecer o proceso de ensino-aprendizaxe.
¿ Fomentar a participación activa da comunidade educativa no plan
dixital, involucrando aos pais, estudantes e outros membros da comunidade na toma de decisións e na implementación de estratexias dixitais. Pódense realizar reunións informativas, enquisas e espazos de diálogo para recompilar opinións e retroalimentación.
¿ Establecer un sistema de avaliación e seguimento continuo para medir o impacto do plan dixital na aprendizaxe dos estudantes e na calidade do ensino. Isto implica recompilar datos, analizar resultados e realizar axustes periódicos segundo os achados. Tamén é importante comunicar os avances e logros do plan á comunidade educativa.
Comunicación e difusión
O Plan Dixital será remitido ao claustro para o seu coñecemento e ao consello escolar para a súa aprobación.
Poderase consultar na aplicación Educalidade no apartado Plans dos centros.
A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para poder rexistrar os avances e avaliacións do plan baixo a supervisión da persoa directora.