Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O Equipo de Dinamización do Plan Dixital, realizará, alomenos, unha xuntanza trimestral para valorar a evolución do Plan.
Do mesmo xeito a persoa mentora ADIX estará á nosa disposición para revisar e acompañar no proceso xunto coa persoa coordinadora do Plan Dixital, o desenvolvemento do PD.
A persoa coordinadora do PD, terá acceso á ferramenta EduCalidade para rexistrar os avances e avaliación deste plan, baixo a supervisión da persoa directora e co apoio do resto de persoas que forman o equipo.
En relación aos obxectivos propostos para este curso, unha vez rematado o primeiro trimestre, podemos concluír:
O01PD: estado parcialmente acadado. Estando planificadas os proxectos a realizar e realizadas as accións correspondentes ao primeiro trimestre.
O02PD: estado pendente. Estanse a realizar actividades no recuncho que seguirá activo o resto do curso.
O03PD: estado acadado. Todas as accións realizadas.
O04PD: estado parcialmente acadado. Xa se realizaron varias publicacións en relación á difusión de actividades a realizar así como imaxes en galerías das actividades xa realizadas. Continuamos seleccionando os contidos a compartir.
Ao finalizar o segundo trimestre podemos concluír:
O01PD: Parcialmente acadado. Difundir as actividades do proxecto na Páxina Web. Xa se comezou coa plublicación de actividades en Páxina Web. Obtención de un produto final TIC en cada proxecto. Do mesmo xeito xa se están a realizar produtos TIC finais das actividades do proxecto.
O04PD: Seleccionar as publicacións a engadir na páxina web. Xa se comezou coa selección e publicación de actividades e documentación na páxina web.
Avaliación
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:
- Levarase a cabo unha avaliaicón procesual unha vez ao trimestre para analizar e valorar o estado de execución das accións, analizar e valorar os resultados, e de ser o caso, realizar posibles modificacións nas accións de mellora.
- Do mesmo xeito, ao finalizar o curso académico 2022-2023 relizarase unha avaliación final para valorar o nivel de logro dos obxectivos e as propostas de mellora. Así mesmo valoraránse accións e obxectivos novos para mellorar no vindeiro curso académico.
Comunicación e difusión
O Plan Dixital de centro será colgado na Páxinca Web do Centro ao igual que se poñerá en coñecemento do mesmo a toda a comunidade educativa a través das canles de comunicación coorporativas das que dispoñemos no centro (Abalar móbil, correo electrónico...).
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipqueiruga/node/14