Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

 

Art. 111 bis Tecnoloxías da información e comunicación

As condicións nas que se debe desenvolver a xestión dos datos académicos do alumnado de xeito que se cumpran os protocolos de protección de datos e se empregaren formatos que garantan a inalterabilidade entre os diferentes  sistemas empregados no sistema educativo estatal.

Por unha banda, faise referencia aos contornos virtuais de aprendizaxe, as características destes e ao seu emprego dentro da vida académica. Por outra banda, faise fincapé na necesidade de que as diferentes administracións educativas promovan o emprego das tecnoloxías da información e a comunicación como método axeitado e valioso para levar a cabo tarefas de ensino  e aprendizaxe procurando  a eliminación de condutas de risco.

As administracións educativas revisarán os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente  do profesorado de xeito que se facilite a implantación dunha cultura dixital nas aulas. Tamén, as administracións educativas ofrecerán recursos dixitais precisos que garantan a igualdade de oportunidades entre todos os escolares.

 

Art. 121 O proxecto educativo de centro

O proxecto educativo de centro recollerá a estratexia dixital do centro atendendo ao establecido no artigo 111 bis. 5.

 

Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. Competencia da dirección dos centros

 • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

    • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

    • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

    • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

    • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

    • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

As persoas directoras dos centros educativos ten a competencia de promover a innovación e experimentación con novos métodos de ensino encamiñados a acadar os obxectivos propostos no PEC


A hora de contextualizar o plan dixital dentro do noso centro e importante diferenciar:

Característica socioeconómicas e culturais do contexto do centro. Atopámonos nun entorno rural. Nun centro cun número de alumnado estable nos últimos anos grazas ao alumnado que veu do entorno próximo buscando este tipo de escola. O entorno sociocultural da nosa parroquias e medio tirando a baixo. As familias que aceden ao cole de fora do entorno son de clase media alta.

O PD integrase dentro do Proxecto Educativo de centro, como un elemento dinamizador do traballo diario.

O PD debe relacionar e integrar todos os proxectos do centro, sendo unha ferramenta motivadora, inclusiva para todo o alumnado indiferentemente da súa situación familiar e social.

Na Programación Xeral Anual do curso 22/23 deberemos ter en conta este PD para levar a cabo os obxectivos no plan de acción.


O proceso de elaboración do PD realizouse mediante unha liña de traballo do PFPP  neste curso escolar en onde todo o profesorado formou parte deste equipo de traballo (Equipo para a dinamización do plan dixital de centro) baixo a tutela dun  coordinador. Tamén, todo o claustro participou activamente nas diferentes actividades como enquisas, recollida de datos e redacción. En esta liña de traballo realizaranse xornadas de formación e diversas reunións.

A temporalidade para a realización do plan dixital foi marcada pola entrega das diferentes tarefas.

  • 1º- Novembro 21. Inicio  co contacto cas persoas ADIX co centro.
  • 2º- Decembro 21. Realización do SELFIE para centros educativos
  • 3º- Febreiro 22. Realización do test CDD.
  • 4º- Marzo 22. Realización do DAFO do centro.
  • 5º- Abril – Maio 22. Realización dos obxectivos do plan de acción dixital de centro.
  • 6º- Xuño 22. Realización do Plan Dixital de centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información previa empregados foron:

. Selfie

.É un paquete completo que axuda ás escolas a desenvolver un plan de acción e ofrece pautas para revisar os seus resultados e establecer prioridades e obxectivos.

- Test CDD,  con este test de competencia dixital docente extraemos información directa sobre o nivel de competencia do profesorado.

Interno
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Deficiencia nos equipamentos. Familias Si
Debilidade Falta de formación dixital. Familias Si
Debilidade O actual equipamento de sobremesa que impide a mobilidade e funcionamento polo centro. Infraestruturas Non
Debilidade Deficiente equipamento dixital. Infraestruturas Non
Debilidade Mala conectividade. Infraestruturas Si
Fortaleza Motivación de cara ás propostas dixitais. Alumnado Si
Fortaleza Interese polos procesos de transformación dixital da escola. Persoal docente Si
Fortaleza Excelente formación. Persoal docente Si
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Tardanza no servizo técnico. Administración educativa Non
Ameaza Falta de dotación de equipamentos adecuados ao centro. Administración educativa Non
Ameaza Deficiencia de conectividade. Contorna Si
Ameaza Pouca implicación do concello. Outras Non
Oportunidade Colaboración na formación das familias. ANPA Non
Oportunidade Posibilidade de traballar conxuntamente con outras organizacións, asociacións da contorna. Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Grazas a información recollida e xerada a través dos datos do Selfie e Tests CDD poidemos extraer unha análise DAFO que nos permite reflexionar sobre a realidade  do oso centro facilitándonos as lines de actuación para a redacción dos obxectivos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD DINAMIZAR E FOMENTAR A FORMACIÓN CONTINUA DO PROFESORADO (en Aula Virtual)
O02PD SUPERVISAR A CONECTIVIDADE E O FUNCIONAMENTO DO EQUIPAMENTO
O03PD DISEÑAR INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN A TRAVÉS DO USO DAS TICS
O04PD POÑER EN VALOR O USO DAS TICS NOS PROCESOS DE ENSEÑANZA APRENDIZAXE
O05PD IDENTIFICAR E CONTRARESTAR DEBILIDADES NA PRAXE DO ALUMNADO EN LA UTILIZACIÓN DE LAS TICS
O06PD FACILITAR FORMACIÓN ÁS FAMILIAS A TRAVÉS DO PLAN DIXITAL DO CENTRO.
O07PD ESTABLECER REDES CO RESTO DE CENTROS DA CONTORNA PARA COMPARTIR EXPERIENCIAS

Seguimento

Procedemento

O EDPD realizará, a lo menos, unha xuntanza trimestral para valorar a evolución do plan . 

Do mesmo xeito, a mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas trimestrais ao centro, para analizar xunto ca persoa coordinadora o desenvolvemento do PD.

A persoa coordinadora terá aceso a ferrramenta educalidade para rexistrar os avances e evaliación do plan.

 

1º Trimestre

Neste primeiro trimestre o profesorado recibiu formación edixgal, impresora 3D, rotutex e de robótica.

Abriuse a comunidade educativa en xeral os novos recursos. Destacar a colaboración das familias na elaboración de material audiovisual. 

Engadiuse o curso de 4º de primaria a edixgal mellorando así as súas competencias en tics. 

En todas as aulas ca chegada das novas pizarras dixitais implementáronse a utilización de novos materias e estratexías educativas.

 

 

2º Trimestre

Seguiuse traballando ca comunidade educativa en xeral cos novos recursos.

Destacar a colaboración das familias na elaboración de material audiovisual.

Seguese en todoas as aulas ca chegada das novas pizarras dixitais a implementarse a utilización de novos materias e estratexías educativas.

 

 

3º Trimestre

Ampliouse o traballo da comunidade co participación da Anpa.

Ofertaronse recurso as familias.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Tendo como referencias os obxectivos do plan dixital realizarase unha avaliación procesual e final. No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. A realización de esta avaliación será ao principio de cada trimestre, así, os aspectos quedarán reflectivos en cada unha de as actas. No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora. As propostas de mellora serán os aspectos principais con os que traballaremos o próximo curso. Por último, nos obxectivos do plan de acción dixital tamén quedan recollidos os instrumentos de avaliación que foron utilizados.

Valoración xeral

En liñas xerais cumplíronse os obxectivos case na súa totalidade.

Proposta de mellora

Debemos realizar máis actividades con outros centros e dinamizar máis os recursos entre o profesorado e aulas.

Críticar a falta de material prometido pola conceselleria para polos plus + ( cortadora láser e gafas de realidade virtual).

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Como unha estratexia fundamental para dálle a relevancia que require el plan levaremos a cabo una acción de difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa. Os tres elementos fundamentais para completar esta acción serán:

• Publicación do PD na web.

• Dar a coñecer no claustro, consello e a ANPA.

• Informar nas asembleas de inicio de curso.

Para a comprobación do éxito desta acción se realizarase unha enquisa en onde poderemos comprobar el grao de coñecemento do plan dixital.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsobradonebra/system/files/15013928Ì£_CEIPPSobradoNebra_PlanDixital_V1.0_08062022.pdf