Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP de Seráns inclúe nas súas actividades o uso das novas tecnoloxías de información e comunicación. 

Contamos con un recuncho TIC a disposición do alumnado polo que, a intención é mellorar o equipamento do centro coa adquisición dun novo equipo informático e de algunha tableta adaptada ás características do alumnado. 

O papel das TIC tamén ten relevancia á hora do reforzo e da atención á diversidade que se dá na realidade da aula, elaborando recursos que axuden no proceso educativo. 

 

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

    • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

    • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

    • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

    • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

    • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

laboración do Plan Dixital recae sobre a persoa responsable do centro que á sua vez será a coordinadora do Plan Dixital. Esta función estráese da resolución do 3 de setembro de 2021. Esta persoa foi a encargada de elaborar o plan e todas as tarefas do curso de Aula Virtual no que foi matriculada. 

Neste curso (https://www.edu.xunta.gal/centros/plandixital/aulavirtual/), realizouse o seguimento de todas as actividades que se foron levando a cobo ao longo do curso e que culminaron coa elaboración deste documento. 

Estas tarefas secuenciaronse en 2 fases:

  • Fase I (Inicial): Análise e diagnose da situación dos centros. 

    Autoavaliación SELFIE (do 3 de outubro ao 8 de novembro do 2021

    Test de Competencia Dixital Docente (CDD) (do 8 de febreiro ao 7 de marzo do 2022)

    Informe DAFO (do 8 marzo ao 4 de abril do 2022)

     

  • Fase II: Deseño e elaboración do Plan Dixital.

    Obxectivos do Plan de Acción (do 21 de abril ao 11 de maio)

    Plan Dixital de Centro (do 11 de maio ao 12 de xuño). 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Na primeira Fase de análise e diagnose, realizáronse os Test extraídos da plataforma europea SELFIE (ferramenta de autoavaliación para centros) dos cales se extraeu certa información en referencia a diferentes áreas en relación á etapa educativa.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Equipos/dispositivos dixitais para a aprendizaxe do alumnado insuficientes. Alumnado Non
Debilidade Baixa competencia dixital das familias. Familias Si
Debilidade Limitados recursos dixitais. Familias Non
Debilidade Rede wifi inestable. Infraestruturas Non
Debilidade Equipos e espazos insuficientes Infraestruturas Non
Debilidade Limitada creación de recursos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Falta de tempo para explorar novas modalidades de ensino. Persoal docente Non
Fortaleza Participación en Contratos ¿ Programa e Plan Proxecta. Oferta Non
Fortaleza Uso de plataformas dixitais promovidas pola administración. Organización de centro Si
Fortaleza Uso de programas de software libre. Organización de centro Non
Fortaleza Boa comunicación con outros centros educativos da mesma tipoloxía na contorna. Persoal docente Non
Fortaleza Participación en PFPP de índole dixital. Persoal docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta da asistencia técnica. Administración educativa Non
Ameaza Escasa dotación económica para recursos dixitais. Administración educativa Non
Ameaza Nivel socio/ económico medio/baixo. ANPA Non
Ameaza Rede de internet inestable ANPA Non
Ameaza Elevado número de trámites burocráticos. Lexislación Non
Oportunidade Emprego de recursos de comunicación coas familias corporativos. Administración educativa Si
Oportunidade Consciencia sobre as normas de dereitos de autor e licenzas de uso. Lexislación Non
Oportunidade Coñecemento sobre as políticas de protección de datos e tratamento de imaxes. Lexislación Non
Oportunidade Axudas económicas destinadas ás familias para dotación dixital por parte do Concello. Outras Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Grazas á información recollida e xerada a través dos datos do SELFIE e do Test CDD, que nos permitiu confirmar e coñecer a realidade do noso centro no relativo ao eido dixital, puidemos extraer unha análise DAFO que nos permite reflexionar sobre a realidade do noso centro e nos facilitou a elaboración das liñas de actuación fundamentais para a redacción dos obxectivos e accións a desenvolver no vindeiro curso e que se recollen neste Documento.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Realizar un proxecto interdisciplinar trimestral con, alomenos, un producto final TIC.
O02PD Promover o uso de Abalar móbil para a comunicación coas familias.
O03PD Actualización e uso periíodico de Páxina web.

Seguimento

Procedemento

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital, realizará, alomenos, unha xuntanza trimestral para valorar a evolución do Plan.

1º Trimestre

002PD Promover o uso de Abalar móbil para a comunicación coas familias: queremos promoveer o uso da aplicación ABALAR móbil para a comunnicación coas familias.

A004.1:enviar a comunnicación inicial ás familias a través de abalar.

A004.2: promover a xustificación de faltas a través desta aplicación.

 

003PD Actualización e uso periódico da páxina WEB: subir á páxina diferentes avisos de carácter informativo para as familias; programacións, actividades, entre outras...

 

2º Trimestre

AO03PD. Realizamos publicacións de interese para as familias; por falta de tempo, non están actualizadas.

3º Trimestre

Rematado o terceiro trimestre foron acadados os tres obxectivos propostos para o curso 23/24; así como se realizaron todas as súas acións.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:

Levarase a cabo unha avaliación procesual unha vez ao trimestre para analizar e valorar o estado de execución das accións, analizar e valorar os resultados, e de ser o caso, realizar posibles modificacións nas accións de mellora.

- Do mesmo xeito, ao finalizar o curso académico 2022-2023 realizarase unha avaliación final para valorar o nivel de logro dos obxectivos e as propostas de mellora. Así mesmo valoraránse accións e obxectivo novos para mellorar no vindeiro curso académico.

Valoración xeral

Podemos concluir que tras a realización das acción e aconsecución de todos os obxectivos a valoración é satisfactoria; sobre todo no tocante á nova imaxe da páxina WEB. Todas as acción repercutiron moi positivamente, tanto no alumnado como profesorado. 

Cabe destacar que se realizou unha formación sobre POLOS CREATIVOS que axudou a mellorar a competencia dixital docente en varios dos seus ámbitos.

Proposta de mellora

 A miña intención como responsable do centro é continuar coa mellora da páxina WEB así como seguir abanzando na miña formación; coa dificultade de que o meu posto non é definitivo no centro. Polo que deberemos agardar ao comezo do curso que vén para poder redactar uns obxectivos realistas que axuden á evolución do centro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital de centro será colgado na Páxina Web do centro ao igual que se poñerá en coñecemento do mesmo a toda a comunidade educativa a través das canles de comunicación coorporativas das que dispoñemos no centro (Abalar móbil, correo electrónico...).