Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Plan Dixital de Centro concíbese como "un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes».

O Proxecto Dixital de Centro é un documento aberto, suxeito a continua revisión, integrado noutros plans ou proxectos de centro, que define o uso e integración das tecnoloxías no centro educativo.

Está articulado en tres dimensións:

a) Organizativa: liderado, desenvolvemento profesional, colaboración, traballo na rede...

b)Tecnolóxica: modificación, dotación e mantemento de equipos, infraestruturas e comunicacións...

c) Pedagóxica: metodoloxías, prácticas de ensino-aprendizaxe, contidos e currículos, prácticas de avaliación...

Marco lexislativo

Existen tres marcos europeos elaborados polo Centro Común de Investigación da Comisión Europea, que articulan a competencia dixital no eido educativo:

a) DigCompEdu: que fai referencia á competencia dixital docente.
b) O marco europeo da competencia dixital para os cidadáns, onde se integra tamén a competencia dixital do alumnado.

c) O marco europeo para as organizacións educativas dixitalmente competentes: que trata a elaboración do plan dixital nos centros educativos.

Ao mesmo tempo, deberá atender ao seguinte marco lexislativo:

  • Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais.

  • Lei Orgánica de Educación nos seus artigos, art. 111 bis (tecnologías de la información y la comunicación),  art 121 (Proyecto Educativo)  e art 132 (Competencias del director).

  • Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. (Título III, Planes Educativos, art. 34. Educación Digital).

  • Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia  (Título III, Planes educativos, Art. 30. Educación Digital)

  • Resolución do 6 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2023/24.

  • ORDE do de 2023 pola que se da continuidade ao programa de innovación educativa Polos creativos e se establecen instrucións para o seu desenvolvemento nos centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e nos centros privados sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para os cursos 2023/24 e 2024/25.

  • ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia

  • ORDE do 17 de xullo de 2007 polo que se regula a percepción de complemento singular del complemento específico por función tutorial y otras funciones docentes (Dinamización de nuevas tecnologías de la información y comunicación)

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración deste Plan contouse cos datos obtidos da ferramenta Selfie e os datos do test CDD realizado polo profesorado do centro.

Interno
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Dificultades de conectividade pola situación dos domicilios no ámbito rural. Familias Si
Debilidade Non están actualizados os equipamentos e as redes . Asistencia técnica insuficiente Infraestruturas Si
Debilidade Existen diferenzas notables no nivel de competencia dixital dun sector do profesorado. Persoal docente Si
Fortaleza O alumnado aprende a codificar ou programar nin a resolver problemas técnicos que xorden ao utilizar tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Fortaleza Suficiente experiencia no emprego de plataformas educativas e/ou outros recursos dixitais por parte do alumnado e profesorado de xeito colaborativo. Familias Si
Fortaleza Hai nas aulas do centro equipamento informático mercado polo propio centro. Infraestruturas Non
Fortaleza Suficiente participación en proxectos interdisciplinares. Úsanse recursos educativos abertos. Úsanse contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. Foméntase a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Insuficiente tempo para que os docentes podan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Falta de equipamentos e de asistencia técnica. Administración educativa Si
Ameaza Cambios lexislativos constantes. Dificultades coa protección de datos do alumnado. Dificultades de acceso a software específico. Lexislación Si
Oportunidade Oferta de recursos mediante programas específicos ou dotación por participación en proxectos de innovación. Oferta de formación a través de centros de formación. Administración educativa Non
Oportunidade Vontade colaborativa. ANPA Si
Oportunidade Guías de Protección de Datos e Identidade Dixital Lexislación Si
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez valorados todos os elementos da DAFO, podemos concluír que estamos ante unha boa oportunidade para regular, sistematizar e deseñar o enfoque que queremos planear para o uso das novas tecnoloxías na nosa comunidade educativa. Temos que ser quen de compensar as fortalezas/debilidades e as ameazas/oportunidade para mellorar a nosa acción educativa, así como a relación telemática coas familias e a xestión das aulas virtuais e nube do noso CRA. Con esa finalidade deséñase o Plan Dixital do centro.

En primeiro lugar, debemos de traballar na mellora dos equipos e conectividade, si é posible a través da administración educativa, ou si non fose posible en todos os casos, con recursos propios do centro.

Por outro lado, é importante seguir traballando na formación do profesorado , para poder trasladar esta experiencia ás familias do alumnado e a súa práctica docente. Esta mellora da Competencia Dixital Docente será clave nos vindeiros cursos, tanto en funcións docentes como en funcións administrativas/burocráticas.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Mellorar a páxina web do centro. (E3)
O2PD Mellorar a comunicación por ABALAR MÓBIL coas familias e establecendo este como un medio principal de comunicación.
O3PD Mellorar a Competencia Dixital do profesorado a través do PFPP "Medrando cos tempos no CRA de Oroso".

Seguimento

Procedemento

A persoa coordinadora do Plan Dixital do CRA de Oroso, Raquel Garazo Ramos, reunirase persoal, telefónica ou telemáticamente co mentor ADIX , Jorge Fernández Otero, tantas veces como fose necesario para revisar e analizar como se van levando a cabo os obxectivos e accións dos mesmos ou se estos presentan algunha incidencia ao longo do curso académico 2023 2024. 

1º Trimestre

A 21 de decembro de 2023 os obxectivos e as accións dos mesmos atópanse como segue:

Obxectivo 1: Mellorar a páxina web do centro. 

AO1.1: Análise do estado actual da páxina web do centro. REALIZADA

AO1.2: Realización das modificacións oportunas segundo a análise feita. EN PROCESO

AO1.3: Avaliación da idoneidade e utilidade real para os usuarios dos cambios feitos na páxina web do centro. ADIADA

 

Obxectivo 2: Mellorar a comuniación por ABALAR MÓBIL coas familias e establecer este comu un medio principal de comunicación. 

AO2.1: Información ás familias de nova incorporación ao centro da existencia e funcionamento de Abalar Móbil. REALIZADA

AO2.2: Asesoramento ás familias sobre o funcionamento de aplicación. EN PROCESO

AO2.3: Avaliación dos resultados obtidos sobre o uso da aplicación. ADIADA


Obxectivo 3: Mellorar a Competencia Dixital do profesorado a través do PFPP "Medrando cos tempos no CRA de Oroso".

AO3.1: Solicitude dunha liña de formación dentro do PFPP. REALIZADA

AO3.2: Realización de actividades relacionadas co PFPP. EN PROCESO

AO3.3: Avaliación dos resultados obtidos. ADIADA

 

 

 

2º Trimestre

A 24 de marzo de 2024 os obxectivos e as accións dos mesmoas atópanse como segue:

Obxectivo 1: Mellorar a páxina web do centro. 

AO1.1: Análise do estado actual da páxina web do centro. REALIZADA

AO1.2: Realización das modificacións oportunas segundo a análise feita.REALIZADA

AO1.3: Avaliación da idoneidade e utilidade real para os usuarios dos cambios feitos na páxina web do centro. EN PROCESO

 

Obxectivo 2: Mellorar a comuniación por ABALAR MÓBIL coas familias e establecer este comu un medio principal de comunicación.

AO2.1: Información ás familias de nova incorporación ao centro da existencia e funcionamento de Abalar Móbil. REALIZADA.

AO2.2: Asesoramento ás familias sobre o funcionamento de aplicación. REALIZADA.

AO2.3: Avaliación dos resultados obtidos sobre o uso da aplicación. EN PROCESO.


Obxectivo 3: Mellorar a Competencia Dixital do profesorado a través do PFPP "Medrando cos tempos no CRA de Oroso".

AO3.1: Solicitude dunha liña de formación dentro do PFPP. REALIZADA. 

AO3.2: Realización de actividades relacionadas co PFPP. REALIZADA.

AO3.3: Avaliación dos resultados obtidos. EN PROCESO. 

 

 

3º Trimestre

A 21 de  xuno  de 2024 os obxectivos e as accións dos mesmoas atópanse como segue:

Obxectivo 1: Mellorar a páxina web do centro. 

AO1.1: Análise do estado actual da páxina web do centro. REALIZADA. 

AO1.2: Realización das modificacións oportunas segundo a análise feita. REALIZADA. 

AO1.3: Avaliación da idoneidade e utilidade real para os usuarios dos cambios feitos na páxina web do centro. REALIZADA. 

 

Obxectivo 2: Mellorar a comuniación por ABALAR MÓBIL coas familias e establecer este comu un medio principal de comunicación.

AO2.1: Información ás familias de nova incorporación ao centro da existencia e funcionamento de Abalar Móbil. REALIZADA. 

AO2.2: Asesoramento ás familias sobre o funcionamento de aplicación. REALIZADA. 

AO2.3: Avaliación dos resultados obtidos sobre o uso da aplicación. REALIZADA. 


Obxectivo 3: Mellorar a Competencia Dixital do profesorado a través do PFPP "Medrando cos tempos no CRA de Oroso".

AO3.1: Solicitude dunha liña de formación dentro do PFPP. REALIZADA. 

AO3.2: Realización de actividades relacionadas co PFPP. REALIZADA. 

AO3.3: Avaliación dos resultados obtidos. REALIZADA.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para facer o seguemento do desenvolvemento deste Plan, de xeito trimestral faremos unha reflexión sobre a súa evolución, para poder reorientar a nosa acción. Analizarase no marco das sesións de avaliación, xunto co desenvolvemento das programacións docentes, ao ter unha relación directa coa práctica habitual na maior parte das actividades planeadas para o traballo dos contidos co alumnado.

 Baseándonos na avaliación trimestral, ao final de curso faremos unha reflexión en profundidade do grao de consecución dos obxectivos propostos. Tendo esta referencia do grao de consecución, planearemos os obxectivos a acadar o vindeiro curso, así coma as propostas de mellora para acadalos.

Valoración xeral

Ao longo do curso desenvolvéronse os obxectivos programados no Plan Dixital ,  así durante o primeiro trimestre fíxose análise do estado da páxina web do centro, do emprego de Abalar por parte das familias como medio de comunicacón e propúxose a formación do profesorado dentro dun PFPP centrado na Competencia Dixital.

Durante o segundo trimeste desenvolvéronse accións de asesoramento continuo das familias  no emprego de Abalar móbil como canle principal de comunicación co centro e cos titores, asesorando e formando a todas as familias, tanto as que xa pertencen a comunidade educativa como as de nova incorporación.  Do mesmo xeito, foronse facendo cambios e modificacións na web do centro, segundo ía transcurrindo o curso e na medida as posibilidades do profesorado. Durante o segundo trimestre, tivemos oportunidade de desenvolver o PFPP, desenvolvendo a través de  traballo individual,  en grupo, como con formación externa a cargo de Santiago Gil. 

Durante o terceiro trimestre ademáis de continuar  co desenvolvemento de todos os obxectivos e accións, puidemos facer un análise, reflexión e valoración dos obxectivos establecidos e accións realizadas tanto no desenvolvemento da Competencia Dixital do profesorado, como da idoneidade dos cambios realizados na web do centro, como na valoración por parte das famiilias e profesorado da utilidade do Abalar como medio de intercambio de información e comunicación familia-escola. 

Cabe sinalar que o Plan Dixital veuse enriquecido pola formación a nivel individual que fixo no ámbito da Competencia dixital 70% do profesorado, a través de cursos de Platega, formación presencial no CAFI...

 

Proposta de mellora

Os obxectivos fóronse desenvolvendo e acadando, aínda que son susteptibles de seguir traballando e mellorando. Trátase de obxectivos que non podemos obviar co inicio dun novo curso académico, xa que son obxectivos de continuidade. 

De cara ao curso que ven propónse:

- Continuar co asesoramento ás familias empregando non só o  Abalar, se non incorprar o emprego da web do centro a aula virtual.

- Continuar coa actualización da web do centro, incorporando un Agueiro. 

- Continuar coa formación en centros a través dun PFPP relacionando atención a diversidade cos Polos Creativos. 

 

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

 Unha vez debatido no claustro e aprobado no Consello Escolar, este Plan difundirase ás familias do alumnado xunto coa información de principio de curso na nosa páxina web. Comunicaremos ás familias do alumnado a publicación deste e doutros documentos mediante unha mensaxe de abalarMóbil.

O Plan Dixital durante este curso 23-24 estará dispoñible no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15032509