Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Deseñase o plan dixital do Centro EPAPU Río Lérez para o curso 2023-24 en base a seguinte normativa:

.- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LOE 2/2006, de 3 de maio, de Educación, modificada por la Ley Orgánica 3/2020 do 29 de decembro:

 

As contornas virtuais de aprendizaxe que empreguen en los centros docentes sostidos con fondos públicos facilitarán a aplicación de plans educativos específicos deseñados polos docentes para a consecución de obxectivos concretos do currículo, e deberán contribuír a extensión do concepto de aula no tempo e no espazo. Po elo deberán, respectando os estándares de interoperabilidade, permitir aos alumnos e alumnas o acceso, desde calquera sitio e en calquera momento, as contornas de aprendizaxe dispoñibles nos centros docentes nos que estuden, con pleno respecto ao disposto na normativa aplicable en materia de propiedade intelectual, privacidade e protección de datos persoais. Ase mesmo promoverán os principios de accesibilidade universal e deseño para todas as persoas, tanto en formatos e contidos como en ferramentas e contornas virtuais de aprendizaxe.

 

Os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) no aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe.

 

.- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

Pola que se establece que os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten.

 

.- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022:

Ao longo do curso 2021-2022, cada centro dentro da súa autonomía elaborará o documento do Plan Dixital para que sirva de referencia a toda a comunidade educativa, de xeito que no curso 2022-2023 a súa aplicación sexa efectiva.

Priorizando:

1.- Mellora na competencia dixital do profesorado.

2.- Mellora no plan de comunicacións do Centro.

3.- Adquisición de dispositivos.

4.- Adecuación de espazos.

5.- Participación nas accións formativas dirixidas a mellora da competencia dixital.

6.- Creación de contornas colaborativas.

7.- Uso da aula virtual do Centro como ferramenta indispensable dada as casuísticas do Centro.

8.- Creación dun grupo de traballo entre o profesorado comprometido coa dixitalización.

Adaptaremos os obxectivos del plan a casuística do centro para o curso 2023-24

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

En primeiro lugar, realizouse a análise da situación do centro. A análise da situación do centros realizouse a través das ferramentas para a diagnose de situación SELFIE e Test de Competencia Dixital Docente.

a) Informe SELFIE para a diagnose da situación en relación a competencia dixital, o centro usou a ferramenta  de autoavaliación SELFIE, coa finalidade de obter en liña un informe de autoavaliación do centro (informe SELFIE). Esta ferramenta, desenvolta pola Comisión Europea ao abeiro do Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg), foi posta a disposición do Centro de forma gratuíta para todos os centros educativos no sitio web correspondente.

b) Test de Competencia Dixital Docente (Test CDD). De xeito complementario, o profesorado poido realizar o test CDD baseado no marco DigCompEdu desde o seu perfil persoal. Este test permitiu obter un Informe Individual coa valoración global do seu nivel competencial (A1-C2), polas áreas deste Marco e devolve un detallado  feedback. Así mesmo, xerou un Informe de Centro, xa que máis do 20% do profesorado do centro o completou, polo que pódese considerar que os seus resultados  son representativos.

Realizouse unha diagnose de situación do centro:

a)  A partir do Informe SELFIE,  xerouse un informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) que permitiunos a análise de situación e a definición das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións.

b) O informe individual do test CDD permitiu ao centro educativo avanzar nas competencias profesionais docentes relacionadas co ámbito dixital, permitindo planificar unha formación persoal que atenda ao nivel de partida de cada docente. Así mesmo, o informe de centro permitirá planificar a liña de formación a través dos PFPP.

As pautas para a elaboración do Plan Dixital:

O Plan Dixital realizase en base a información recollida do informe de análise da situación do centro e de acordo coa estrutura que se recolle no anexo da resolución do 3de setembro de 2021.

En canto a temporalización:

Durante o primeiro trimestre do curso 2021-2022, o centro fixo a análise de situación mediante a ferramenta de autoavaliación SELFIE e o test CDD, e logo a fase de diagnose e o deseño e elaboración do Plan Dixital.

No último trimestre do curso 2021-2022, o Plan Dixital será aprobado polo consello escolar, unha vez oído o claustro.

 

No curso 2022-2023, o centro procederá a implementación efectiva do Plan que estará sometido a un proceso de avaliación e mellora continua.

Interno
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H7 O alumnado non ten ferramentas para crear contidos. Alumnado Si
Debilidade G6 Comentar con outros alumnos os seus traballos Alumnado Si
Debilidade H11 O alumnado non codifica programas. Alumnado Si
Debilidade C12 Brecha dixital, apoios para abordar retos. Organización de centro Si
Debilidade C15 Falta de asistencia tecnolóxica Organización de centro Si
Debilidade A1 Falta dunha estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade A3 Falta de tempo para explorar a ensinanza dixital Organización de centro Non
Debilidade F6 Proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Debilidade B1 Falta de avaliación de procesos Persoal docente Si
Debilidade B3 Escaseza de colaboración entre departa-mentos Persoal docente Si
Debilidade D3. Intercambio de experiencias. Persoal docente Si
Debilidade E1. Recursos educativos en liña. Persoal docente Si
Fortaleza C1 Centro con boas infraestruturas Infraestruturas Si
Fortaleza C2 Dispositivos dixitais para o ensino. Infraestruturas Si
Fortaleza A3 Abertos a novas modalidades de ensinan-zas. Oferta Si
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de tempo do profesorado para desenvolver actividades TIC Administración educativa Si
Ameaza Falta de apoio técnico. Administración educativa Si
Ameaza No existe EDIXGAL para o ensino de adultos Administración educativa Non
Ameaza Profesorado con falta de competencia dixital Outras Si
Oportunidade Creación da rede DixitalGal Administración educativa Non
Oportunidade Ter un asesor ADIX e Abalar para o centro Administración educativa Si
Oportunidade Grupo de docentes que fixeron un PFPP sobre Moodle Outras Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Implantar AbalarMobil como sistema de comunicación no centro.
O02PD Desenvolver unha nova páxina web de Centro funcional para toda a comunidade educativa
O03PD Configurar os dispositivos do Centro para acceder a rede wifi corporativa, dar acceso ao profesorado e ao alumnado.
O04PD Deseñar un plan de formación do profesorado para intercambio de experiencias cos novos paneis dixitais.
O05PD Facer un inventario de todos os dispositivos dixitais do centro actualmente en uso.

Seguimento

Procedemento

O procedemento para o seguimento do proxecto do plan dixital será o seguinte:

Farase trimestralmente en reunión do equipo directivo e as persoas responsables das principais actuacións, tales como o coordinador do plan dixital.

Cubriranse os resultados acadados nas valoracións das accións correspondentes para ese trimestre e de ser o caso, valorase se se realizou a acción ou ben se habería que pospoñela ou incluso suspendela.

Nos apartados correspondentes á valoración trimestral deixarase constancia de cambios, acordos ou outras decisións relativas ao avance dos procesos e das actuacións en cuestión.

No contexto da avaliación final, rematado o curso, se fará unha valoración dos obxectivos acadados e a inclusión de novos obxectivos para vindeiros cursos académicos. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

1º Trimestre

1 Planificación do PD para este curso escolar: Poderemos facer unha copia do PD do pasado curso en Educalidade e logo editalo (borrrando os obxectivos superados, cambiando indicadores e accións de outros e incluíndo novas, se é o caso).

 2° Ínfórmase do proceso avaliación do plan en Educalidade ó longo do curso.

3° Recoméndase incluir un obxectivo relacionado coa nova aplicación INVENTARIO de AMTEGA está sendo pilotado nos centros da rede DixitalGal e que previsiblemente se activará para todos os centros públicos neste curso.

Proceso de solicitude PFPP: SI

2º Trimestre

1 º Realizouse o seguemento trimestral de acordo co planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital estudando a execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.
Analizamos que os obxectivos do PD correspondentes ata o 1ª trimestre , todos desenvolvense segundo o programado:
          O obxectivo O01PD e O02PD está en proceso de acadarse.
          Os obxectivos O03PD está instalada a nova rede e dispositivos configurados.
          Os O04PD está en proceso (50%), xa tiveron formación
2 º Aplicación INVENTARIO de AMTEGA.
O O05PD está en adiado, ata a entrada do centro na aplicación Inventario por parte de AMTEGA.

3º Trimestre

Realizouse o seguemento  trimestral de acordo co planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital estudando a  execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.

Analizamos que os obxectivos do PD correspondentes ata o 3ª trimestre  se desenvolven según o programado inicialmente no plan,  excepto as seguintes accións ou obxectivos  :

  •  Os obxectivos   están acadados, excepto o O05PD que adiouse xa que aínda non está implantada a aplicación para facer o inventario do Centro. 
  • O traballo desenvolto  foi acorde ó programado no plan, polo que a planificación foi realista e acertada.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Dos cinco obxectivos propostos, catro deles poiderón ser levados a cabo e rematados con éxito. Cabe destacar o funcionamento do Plan de Formación do Profesorado con ampla participación e seguimento por parte do profesorado. O obxectivo 5 non se pudo acometer por non dispoñer da aplicación para facer o inventariado do Centro.

Proposta de mellora

Por suposto pensamos que para o curso que ben xa estea habilitada a aplicación para facer o inventario do Centro, e que podamos facelo. Dado que nos novos curriculos da ESA aparecen contidos referentes a robotica e automática pensamos que podería ser boa idea dispor de medios no centro para que o alumnado poda facer prácticas con estes dispositivos, tamén incluso con impresión 3D. 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital será enviado por correo electrónico a todo o persoal docente e non docente en formato pdf, abríndose un prazo para aportar alegacións. Logo será debatido no Claustro para a súa valoración e posteriormente, levarase ao Consello Escolar para que a dirección do Centro o aprobe se é o caso.

De ser aprobado publicarase na páxina web do Centro (https://www.edu.xunta.gal/centros/epariolerez/) para que estea a disposición de calquera membro da comunidade ou ben para calquera persoa que queira acceder a el.