Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

IES LUÍS SEOANE

Rúa Luxemburgo

ies.luís.seoane@edu.xunta.gal

http://iesluisseoane.org

Este curso 2021-22, o IES Luís Seoane conta con 84 profesores/as e 1.062 alumnos e alumnas nas seguintes etapas educativas (ESO, Bacharelato e FP de réxime ordinario e adultos presencial, distancia e Dual (Familias Profesionais de Administración e Xestión, Comercio e Márketing).

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

En Resolución do 3 de setembro de 2021, a Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, estableceu a necesidade da elaboración e implementación do plan dixital de centro para o curso 2021-22 co fin de lograr a transformación dixital dos centros educativos converténdoos en organizacións “dixitalmente competentes nos procesos de ensino aprendizaxe, de xestión e de relación” para o que se precisaría “un proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa.

O Plan dixital do centro debe ser o instrumento e a plasmación desta transformación dixital recollendo os obxectivos e as accións encamiñadas a súa obtención xunto cos instrumentos de avaliación e diagnose que permitirían a valoración dos resultados e, no seu caso, as modificacións das actuacións e propostas de mellora.

Breve xustificación do mesmo

A transformación dixital da nosa sociedade é un feito incuestionable que está afectando a todas as esferas da nosa vida, desde as relacións sociais ás económicas. Sen embargo, a pandemia da COVID-19 puxo de manifesto que a escola non estaba perfectamente adaptada a esta nova realidade, os confinamentos, as corentenas, a necesidade de levar á práctica sistemas de ensinanza híbridos supuxeron un desafío dramático para docentes, alumnos e familias. Afloraron diversas eivas derivadas tanto das limitadas capacidades dixitais do profesorado, como das de acceso ás tecnoloxías de parte do alumnado. O reto vivido serviu como catalizador para a concienciación da necesidade de implementar novas formas innovadoras de actividades de ensino-aprendizaxe que incorporen unha adaptación da escola ao cambio dixital.

A misión dun centro educativo debe ser a de contribuír á igualdade social, e a educación dixital é un importante vector de igualdade de oportunidades. A transformación dos sistemas de educación e formación deben garantir a adquisición de competencias dixitais é facer que o alumno sexa o  actor do seu proxecto formativo e profesional. Ao tempo, o dixital permite a utilización de novas prácticas docentes máis lúdicas, diversificadas e colaborativas.

O Plan dixital do centro é a base sobre a que se sosterá esta transformación dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O contexto da realización do DAFO encóntrase recollido no apartado 2 do documento anexo

Interno
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Colaboración entre o alumn. Aprender a programar. Resolución problemas técnicos Alumnado Si
Debilidade Falta de estratexia dixital. Proxectos interdisciplinares Organización de centro Si
Debilidade Falta de tempo profesorado Persoal docente Si
Fortaleza Traer o propio dispositivo Alumnado Non
Fortaleza Disp. para a ensinanza. Emprego entornos virtuais. Comunicación dixital Infraestruturas Si
Fortaleza Recursos educ. en liña Organización de centro Si
Fortaleza Desenvolvemento profesional Persoal docente Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Moito profesorado interino. Dificultade para solucionar problemas técnicos das conexións. Falta de prestacións para o centro dos equipos Edixgal Administración educativa Si
Ameaza Brecha dixital das familias. Uso inadecuado dos sistemas de comunicación coas familias. ANPA Si
Ameaza Competencia con outros IES Contorna Si
Oportunidade Planes de Formación do Profesorado. Nova visión, sobre todo dende a pandemia, da necesidade de aplicación de competencias dixitais Administración educativa Si
Oportunidade Nova lexislación Lexislación Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Adaptación de postos de ensino virtual
O02PD Dixitalizar e estandarizar a comunicación entre profesores e titores para preparación de reunións
O03PD Crear a figura e nomear titores dixitais expertos entre alumnos e profesores para a solución de problemas técnicos sinxelos en relación á conexión WiFi do centro e manexo da aula virtual
O04PD Fomentar o traballo dixital colaborativo entre o profesorado
O05PD Manter un repertorio de recursos actualizados para a consulta de aspectos básicos para o manexo da Aula Virtual do centro
O06PD Expurgar aula virtual
O07PD Resistro dixital de avarías do equipamento informático
O08PD Seguir online a FCT
O09PD Desenvolver instrumentos de avaliación para o módulo de proxecto empregando ferramentas dixitais colaborativas
O10PD Utilización da aplicación Inventario de AMTEGA
O11PD Calendarios GOOGLE para a reserva das aulas de informática

Seguimento

Procedemento

Someterase a avaliación periódica o grao de cumprimento do mesmo, garantíndose a participación dos diferentes membros da Comunidade.

O seguimento e a avaliación do plan será levado a cabo principalmente polo coordinador e o equipo directivo.

1º Trimestre

Realizouse o seguemento  trimestral de acordo co planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital estudando a  execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.

Analizamos que os obxectivos do PD correspondentes ata o 1ª trimestre , todos desenvolvense  segundo o  programado :

  •  O obxectivo  O01PD e  O02PD, O03PD, O06PD  e   O03PD están xa en disposión de consecución..
  • Os  obxectivos    O04PD e  O05PD están en proceso e en prazo.
  • Os  obxectivos    O08PD e  O09PD están pendentes de consultar coa familia profesional implicada principalmente nos mesmos.
  • O10PD  está pendente da activación por parte de AMTEGA da aplicación Inventario.
2º Trimestre

Realizouse o seguemento  trimestral de acordo co planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital estudando a  execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.

Analizamos que os obxectivos do PD correspondentes ao 2º trimestre  se desenvolven según o programado  :

O01PD Acadado
O02PD Acadado
O03PD Parcialmente acadado.
O04PD Non acadado
O05PD Temos os recursos desde a pandemia aínda que sin actualizar. Acadado
O06PD Faise unha pequena limpeza cada ano. Acadado
O07PD Acadado
O08PD O seguimento da FCT sigue sendo presencial e a documentación en papel.  No se alcanza o obxetivo e queda para o próximo ano.
O09PD Se  establecen conxuntamente entre os departamentos de administración e comercio os criterios e instrumentos de avaliación do módulo de Proxecto e se crean cursos na aula virtual para a súa implementación, acadado.
O10PD Pendente da implementación da aplicación da Xunta
O11PD Acadado

 

 


 

 
3º Trimestre

Realizouse o seguemento  trimestral de acordo co planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital estudando a  execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.

Analizamos que os obxectivos do PD correspondentes ao 3º trimestre  se desenvolven según o programado  :

O01PD Acadado
O02PD Acadado
O03PD Parcialmente acadado.
O04PD Parcialmente acadado
O05PD Acadado
O06PD Acadado
O07PD Acadado
O08PD Non acadado
O09PD Aacadado.
O10PD Pendente da implementación da aplicación da Xunta. Non acadado
O11PD Acadado

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Realizarase unha avaliación intermedia do desenvolvemento do programado aproximadamente no mes de marzo, que poda servir, no caso de que se observen anomalías, para poder axustar as acciones. O finalizar o curso realizarán unha memoria avaliativa que conteña ademais propostas de mellora para volver a comezar o ciclo no curso seguinte.

Valoración xeral

Tendo en conta que o noso Plan partía duns obxetivos moi ambiciosos e dado o grado de cumplimento, a nosa valoración xeral e moi positiva. Dos 11 obxetivos 7 foron alcanzados totalmente, 2 parcialmente e solo 2 quedaron pendentes para o ano próximo, sendo un destes últimos o da utilización da aplicación do Inventario de AMTEGA que non depende de nos.

Proposta de mellora

Debemos mellorar no fomento do traballo dixital colaborativo entre o profesorado, aínda que nalgúns departamentos e entre algúns profesores/as sí que se realiza.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan publicarse na web EDUCALIDADE. (https://www.edu.xunta.gal/educalidade/)