Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1 Xustificación do Plan Dixital.

Obrigatoriedade de inclusión do PD no Proxecto Educativo:

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

 

1.2 Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

A escola sitúase no municipio de Lantaño, no concello de Portas. Está ubicada nunha fraga con árbores autóctonas, ao lado hai un parque que empregamos como patio escolar, un centro cultural , casas, hortas e viñedos. A igrexa do pobo está preto e tamén un mirador do tren. O concello de Portas queda a poucos km. No aspecto socioeconómico, trátase dun grupo de alumnos/as pertencentes a unha contorna rural ,onde as actividades laborais máis frecuentes teñen relación co traballo no campo así como no sector servizos. No contorno hai bodegas e unha fábrica de cárnicas. Destacar ademáis que a presenza dos avós no núcleo familiar e a súa axuda na educación dos nenos/as é primordial, e se terá en conta á hora de propoñer determinadas actividades. O plan dixital non é unha parte esencial do proxecto educativo da escola. Non hai Unidades didácticas encamiñadas ao traballo das tecnoloxías porque consideramos que non se debe abusar delas na etapa de educación infantil e tendo en conta , ademáis, o excesivo uso, e ás veces indebido,que o alumnado fai fóra da escola. A contribución do plan dixital no noso centro educativo será no dominio da xestión ( boletíns, correo corporativo, abalar,web) e esporádicamente empregarase a tecnoloxía para buscar información en proxectos de investigación e xogos didácticos que poidan servir de motivación

 

1.3 Proceso de elaboración

A liña de traballo constou de tres momentos:

A recollida de información aplicando as ferramentas SELFIE e test CDD para obtención de información seguindo as directrices do marco común de estratexia dixital Digcomorg.

A reflexión de necesidades, fortalezas, ameazas e oportunidades, DAFO, empregando a información recollida previamente.

Elaboración dun plan de acción que será recollida na redacción final do Plan Dixital, que será de aplicación no presente curso.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

1. SELFIE
    A través da web oficial da Unión Europea, empregouse a esta aplicación de diagnose de persoal docente e alumnado. A través do rexistro nesta páxina, ademais das cuestións predeterminadas, incluíronse preguntas xerais e concretas para o centro. 

2. TEST CDD
    A través da aplicación FProfe desenvolveuse entre a comunidade docente unha enquisa do nivel de competencia dixital do profesorado.

3. OUTRAS FONTES
   Análise cuantitativo e cualitativo do centro, matríz dos tres porqués e CANVA.

Interno
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade -A falta de autonomía do alumnado,por ser idades temperás, non permite un uso desenvolto, creativo e crítico das tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Debilidade A complexidade da realidade educativa (atención ao alumnado, familias, xestión administrativa da escola ) Organización de centro Non
Debilidade Ao ser unha unitaria é máis difícil facer unha avaliación do progreso, debate sobre o uso da tecnoloxía,colaboracións Organización de centro Non
Debilidade Excasa formación no campo dixital. Persoal docente Si
Fortaleza Infraestructura, dispositivos dixitais,acceso a internet son axeitados para as necesidades dunha escola pequena. Infraestruturas Si
Fortaleza O interese da responsable do centro, e única mestra, por aprender e mellorar a práctica educativa empregando as tecnoloxías se as considera útiles e valiosas. Persoal docente Non
Fortaleza Comunicación regular e ben organizada coa comunidade educativa. Persoal docente Si
Fortaleza O convencemento ,por parte da responsable do centro ,de que hai que facer un uso sensato e consciente das tecnoloxías co alumnado de educación infantil para non perxudicar e interferir no seu desenvolvemento cerebral. Persoal docente Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Cada vez menos asistencia técnica por parte da Consellería. Administración educativa Si
Ameaza Burocracia en constante cambio e excesiva. Administración educativa Non
Ameaza A sobreexposición do alumnado á tecnoloxía pode influir na estimulación da creatividade e no diálogo. Contorna Si
Ameaza O acceso limitado do alumnado a dispositivos dixitais , por falta de recursos na familia, pode dificultar o ensino mixto Contorna Non
Ameaza A lei de protección de datos,as normas de dereitos de autor e as licenzas de uso, provoca medo e incertidume coa conseguinte desmotivación á hora de empregar os recursos dixitais Lexislación Si
Oportunidade Creación de recursos dixitais Administración educativa Non
Oportunidade Formación do profesorado para a actualización e innovación das prácticas de ensino e aprendizaxe, empregando as tecnoloxías. Administración educativa Si
Oportunidade Emprego das tecnoloxías para a avaliación dalgúns aspectos do proceso de ensino aprendizaxe. Administración educativa Non
Oportunidade Emprego de contornas virtuais de aprendizaxe Contorna Non
Oportunidade Empregar as tecnoloxías para a realización de proxectos interdisciplinares. Contorna Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez feita a análise dos datos obtidos mediante SELFIE, Test CDD e contribución do equipo TICs e Claustro de centro plásmase na matriz DAFO que aquí aparece onde resaltan unha serie de consideracións que deberán ser tidas en conta á hora de deseñar os obxectivos e liñas de acción. Estas son:

  • Necesidade de protexer ao alumnado de cara á sobreexposición e riscos no seu traballo dixital.
  • Mellora da Alfabetización informacional do alumnado e profesorado.
  • Homoxeneización e difusión do Software libre proposto pola consellería como ferramenta de traballo.
  • Difusión e emprego das ferramentas corporativas como medida de seguridade e protección da información.
  • Participación en formacións, proxectos e experiencias que potencien a creación de contidos dixitais a nivel alumnado e profesorado.
  • Crear un Plan Dixital simplificado e útil para a formación integral do alumnado.
  • Potenciar a creación e difusión de contidos na Aula Virtual.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a acción do profesorado na administración da páxina web.
O02PD Crear unha canle de comunicación entre compañeiras/os para compartir experiencias e dúbidas.
O03PD Realizar formacións en relación coas ferramentas dixitais proporcionadas dende a Consellería.

Seguimento

Procedemento

    O equipo de Plan Dixital realizará alo menos unha xuntanza trimestral para seguimento e avaliación das liñas de acción e avaliación das liñas de traballo, se ven, ó tratarse dunha escola unitaria, na que a persoa responsable é a coordinadora, realizarase comunicacións co profesorado especialista, informando dos obxectivos e seguimento do plan, contando coa súa valoración para o mesmo.

   O mentor Adix do centro supervisará unha ou máis veces ao trimestre a evolución do Plan Dixital para o seu seguimento e adaptación.

   A persoa coordinadora do Plan Dixital realizará o seguimento do Plan Dixital empregando a ferramenta Educalidade para a súa avaliación e seguimento.

1º Trimestre

Estamos a levar a cabo as accións que se pretendían, se ben, precisamos de mais tempo para poder profundizar nelas e realizalas con maior precisión e aproveitamento.

2º Trimestre

Estamos avanzando nas accións que pretendemos levar a cabo, se ben, nalgunhas delas precisamos de máis tempo para analizar as posibilidades e aproveitar os recursos dispoñibles.

3º Trimestre

Estamos avanzando nas accións que pretendemos levar a cabo, se ben, nalgunhas delas precisamos de máis tempo para analizar as posibilidades e aproveitar os recursos dispoñibles.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será:

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.Estará recollida a evolución do traballo nunha memoria final.

Valoración xeral

O plan axustouse ás necesidades do centro e o profesorado, se ben resulta difícil acadar todos os obxectivos propostos por falta de tempo para realizar as formacións adecuadas, así como para preparar materiais e informacións para a súa publicación en diferentes plataformas.  O tempo dispoñible no proceso de ensinanza para adicar á competencia dixital do alumnado foi moi limitado, tendo en conta as características e necesidades de nenos e nenas de infantil, así como a capacidade para elaborar propostas e a posibilidade de facer un seguimento máis exhaustivo do plan, debido á carga administrativa nas Escolas unitarias.

Proposta de mellora

É preciso revisar:

  • Os obxectivos, analizando as necesidades do centro e a realidade dunha aula de infantil nunha escola unitaria.
  • A formación docente, aumentando a competencia dixital propia e a capacidade para acompañar ó alumnado na  súa aprendizaxe ó respecto.
  • Os tempos de revisión e seguimento do plan, para sacar o mellor proveito do mesmo.
  • Dende as escolas unitarias é preciso contar con colaboración de outro profesorado ou profesionais, non é factible abarcar todos os plans e proxectos, ademais de programación de ciclo e niveis, así como tarefas administrativas, por unha única docente.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Poderá verse na web do centro e pasará a incorporarse aos documentos do centro.

https://www.edu.xunta.gal/centros/eeilantano/taxonomy/term/40

E dende educalidade en:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36013311