Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.Introdución

 

1. Breve xustificación 

 

  • Art.111 bis,Art.121 e Art132 da LOE 2/2006, de 3 de maio de Educación.

  • LOMLOE Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, polo que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educe Formación Profesional, pola que se dictan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzasde EI,EP,ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaria Xeral deEducación e Formación Profesional, pola que se dictan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021-2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021,da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o diseño, elaboración e implementacióndo Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia paraq o curso 2021-2022.

2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo 

Este Plan Dixital contribuirá a un uso razoado e concreto das novas tecnoloxías para potenciar as competencias dixitais do alumnado. Tamén contribuirá a concretar, programar, organizar e mellorar as competencias tic, tanto no profesorado como no alumnado, partindo da realidade actual do centro.

Programas de innovación nos que participa o profesorado

A maior parte do profesorado realiza ao longo do curso cursos de formación.

Este ano participamos en xornadas e cursos: coidado e benestar emocional, proxectos de vida activa e saudable (Xogade), potenciación da biblioteca escolar, uso da radio ….

3. Proceso de elaboración

Basearémonos nos seguintes apartados:

  • Avaliar a situación do centro en relación co uso da innovación dixital, para poder deseñar e mellorar as competencias dixitais do centro.

  • Recoñecer o plan dixital como un recurso clave para a planificación da estratexia dixital de organización educativa.

  • Transformar o centro nunha organización que aprende e mellora as competencias dixitais.

  • Para levar a cabo isto é preciso facer unha análise da situación actual tendo en conta os seguintes aspectos:

  • Análise da competencia dixital do centro (alumnado, profesorado e equipo directivo) coa ferramenta SELFIE.

  • Análise dos recursos do alumnado.

  • Análise da infraestructura , recursos e estado do centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Realizado a partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade - ALUMNADO: RESOLVER PROBLEMAS TÉCNICOS, TECNOLOXÍA FORA DO CENTRO CON FINS DE APRENDIZAXE, MALOS HÁBITOS DE USO DIXITAL. Alumnado Si
Debilidade BAIXA COMPETENCIA DIXITAL Familias Non
Debilidade - INFRAESTRUTURAS- EQUIPAMENTO: PROTECCIÓN DE DATOS, PROBLEMAS TÉCNICOS, MALA SITUACIÓNDA BASE DO SISTEMA DE COMUNICACIÓN (RACK), ESPAZOS, CONEXIÓN A INTERNET POUCO FIABLE OU LENTA. Infraestruturas Non
Debilidade BIBLIOTECA / REPOSITORIO EN LIÑA Oferta Non
Debilidade SINERXIAS PARA APRENDIZAXE MIXTO, AVALIACIÓN DO PROGRESO Organización de centro Si
Debilidade - PERSOAL DOCENTE: BRECHA DIXITAL, AVALIACIÓN DIXITAL, NECESIDADE DPC, APRENDER A PROGRAMAR, CREACIÓN DE CONTIDOS DIXITAIS, FALTA DE TEMPO PARA DESENVOLVER MATERIAL DE USO TIC, FALTA SEGURIDADE EN PROTECCIÓN DE DATOS, APOIO TÉCNICO. Persoal docente Si
Fortaleza IMPLICACIÓN E COLABORACIÓN COAS TECNOLOXÍAS DIXITAIS, COMPETENCIA DIXITAL. Alumnado Non
Fortaleza - BOA DOTACIÓN RECURSOS DIXITAIS, CONEXIÓN INTERNET, Infraestruturas Non
Fortaleza NOVAS MODALIDADES DE ENSINO Oferta Non
Fortaleza COMUNICACIÓN COA COMUNIDADE EDUCATIVA, DISPOSITIVOS DIXITAIS PARA A ENSINANZA E PARA O ALUMNADO, ACCESO A INTERNET. Organización de centro Non
Fortaleza TEMPO ADICADO Á ENSINANZA DIXITAL, RECURSOS EDUCATIVOS EN LIÑA, COMUNICACIÓN COA COMUNIDADE EDUCATIVA, RECURSOS EDUC. ABERTOS. Persoal docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza EXCESIVA BUROCRACIA Administración educativa Non
Ameaza CAMBIO CONSTANTE DE LEIS EDUCATIVAS Lexislación Non
Oportunidade O CENTRO SÓ EMPREGA SERVIZOS DIXITAIS EDUCATIVOS CORPORATIVOS Administración educativa Non
Oportunidade COLABORACIÓN CO INSTITUTO PINO MANSO Contorna Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Os obxectivos para o Plan Dixital tentarán dar respostas ás debilidades atopadas.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Establecer unha serie de contidos por curso relacionado co uso das TIC
O02PD Crear e manter un repertorio de recursos dixitais

Seguimento

Procedemento

Ao longo do procedemento faremos un seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos:
- Na avaliación procesual
- Na avaliación final

1º Trimestre

Posta en común e organización do traballo a desenvolver dentro obxectivos do Plan de Acción.
Buscar información individual relacionada cos obxectivos propostos e elaboración de contidos tic para compartir c@s compañeir@s e así poder debatir e decidir entre tod@s o que máis conveña.

2º Trimestre

Elaboración individual de recursos dixitais para poder traballar cos nenos, cunha progresión de dificultade de1º a 6º.
Organizar o traballo individual e compartilo en Drive.

Seguir afondando na elaboración e descrición de contidos e recursos dixitais.

3º Trimestre

Configuración dos distintos recursos e contidos para engadir ao Plan de Acción.

Secuenciación definitiva de cada contido e recurso.

Incluir o Plan Dixital na plataforma Edu Calidade.

Elaboración da memoria final.
 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos:
- Na avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- Na avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Hai unha total implicación do profesorado, tanto na elaboración como na posta en práctica na aula co alumnado. Tanto os Recursos como os Contidos son acollidos por todo o claustro, coa ilusión e tranquilidade que produce  o saber e coñecer, a programación e organización de materiais tics para desenvolver cos discentes ao longo toda a Ed. Infantil e Primaria.

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Informar ao claustro do desenvolvemento do plan dixital no centro.

Reunión de equipo Tic para establecer contidos por curso.

Trasladar información aos titores.

Coordinación cos titores para establecer contidos por ciclos ou cursos.

Informar ao Claustro e posteriormente ao Consello Escolar e á comunidade educativa deste Plan.

Publicar, unha vez aprobado, o Plan Dixital na web do centro.