Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do PD en relación coa normativa vixente.

Deséñase o plan dixital do Cpr Santo Tomás en base a seguinte normativa:

.- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LOE 2/2006, de 3 de maio, de Educación, modificada por la Ley Orgánica 3/2020 do 29 de decembro:

.- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

.- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional.

   .-Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro.

   .-Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro.

 

Contextualización do PD

  • Contorno espacial

O CPR Santo Tomás atópase no municipio de O Porriño, centro da comarca de A Louriña e incluído no espazo natural do Baixo Miño.

  • Contorno socioeconómico

O municipio posúe estación de Ferrocarril e o número de empresas asentadas no seu territorio sobrepasa a cifra de mil, destacando as químicas e graniteras.

  • Contorno lingüístico

Configurado por unha poboación que maioritariamente usa o castelán como idioma habitual.

  • Tipos de familias

A maioría das familias son nucleares nas que un matrimonio convive cos seus fillos.

O nivel de estudos da familia é dispar, existindo pais/nais con nivel de estudos básico ata familias nas que os dous proxenitores teñen estudos superiores.

  • Alumnos

Recibimos alumnado da parroquia de Torneiros e tamén do núcleo urbano de Porriño.

Cada curso é habitual que cubramos as prazas de NEAE con alumnado TEA, TDAH, retraso cognitivo e outros que precisan medidas de atención á diversidade.

Contribución do Plan Dixital ao proxecto educativo do Centro.

O plan dixital do centro persegue a integración didáctica das TIC e a educación dixital tanto para o profesorado como para o alumnado.

O obxectivo final da posta en marcha do Plan Dixital será o de mellorar o desenvolvemento da competencia dixital do alumnado e o uso das tecnoloxías dixitais na aprendizaxe a través do desenvolvemento da competencia dixital do profesorado, tanto individual como colexiada e da transformación do Centro nunha organización educativa dixitalmente competente.

Queremos incardinar no proxecto educativo do Centro:

a) A integración e o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais nos procesos formativos para optimizar a xestión dos recursos humanos e materiais do centro.

b) Promover o uso de ferramentas de avaliación e diagnose.

c) Mellorar a competencia dixital dos membros da comunidade educativa.

Proceso de elaboración

1º) Análise da situación do centro a través das ferramentas para a diagnose de situación SELFIE e Test CDD realizouse no plan dixital 22-23, sendo válido para o actual plan.

2º) Diagnose da situación do centro.

3º) Elaboración do PD.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información foros o informe SELFIE e o test CDD.

Interno
65 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade G3.Utilizar a tecnoloxía para recibir retroalimentación adecuada (feedback) sobre a aprendizaxe. Alumnado Non
Debilidade Participación do alumnado na autoavaliación e coavaliación empregando ferramentas dixitais Alumnado Non
Debilidade G6.Uso de tecnoloxías dixitas para que o alumnado poda realizar observacións sobre o traballo dos seus compañeiros. Alumnado Non
Debilidade F5.Utilizar a tecnoloxía para traballar en grupo. Alumnado Non
Debilidade B2.Debater cos profesores sobre as vantaxes e desvantaxes de utilizar tecnoloxía para aprendizaxe. Alumnado Non
Debilidade F1.Realización de diferentes actividades utilizando tecnoloxías acordes as necesidades do alumnado. Alumnado Non
Debilidade F3.Utilización da tecnoloxía para realizar actividades creativas. Alumnado Non
Debilidade Adquisición de habilidades dixitais polo alumnado en diferentes materias. Alumnado Non
Debilidade Falta de máis materias relacionadas coa dixitalización (robótica, deseño 3d,...) debido a que o ser un centro de pouco tamaño, non se poden ofertar moitos itinerarios na ESO. Familias Non
Debilidade Actividades extraescolares relacionadas coa tecnoloxía dixital. Familias Non
Debilidade Dispoñer de un sevidor con un banco de recursos nin de recursos compartidos na nube que podamos compartir entre os docentes do centro. Infraestruturas Non
Debilidade C1. Baixa calidade na infraestructura de acceso a internet. Infraestruturas Si
Debilidade Faltan materias relacionadas coa dixitalización (robótica, deseño 3d,...) debido a que o ser un centro pequeno, non se ofertan moitos itinerarios na ESO. Oferta Non
Debilidade Actividades extraescolares relacionadas coa tecnoloxía dixital. Oferta Non
Debilidade Existencia de estratexias de comunicación con outros centros educativos. Organización de centro Non
Debilidade A1.Contar no centro cunha estratexía dixital Organización de centro Non
Debilidade F1.Usar as tecnoloxías dixitais para abordar as diversas necesidades e capacidades de aprendizaxe, permitindo que o alumnado avance a diferentes niveis e velocidades e siga itinerarios e obxectivos individuais de aprendizaxe. Sobre todo para aqueles alumnos con dificultades ou con capacidades por enriba da media. Persoal docente Non
Debilidade G3.Utilizar as tecnoloxías digitais para facilitar a retroalimentación adecuada ao alumnado. Persoal docente Non
Debilidade F3.Utilizo tecnologías digitales para fomentar la creatividad del alumnado Persoal docente Non
Debilidade Usar as tecnoloxías dixitais para apoiar a avaliación formativa e sumativa da aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade Tempo do que dispón o profesorado para explorar novas modalidades de ensino. Persoal docente Non
Debilidade Utilización de recursos dixitais para observar e documentar os progresos. Persoal docente Si
Debilidade B1.Avaliar o progreso da nosa labor en materia de ensinanza e aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Participar en actividades de aprendizaxe profesional para o desenvolvemento da competencia dixital docente. Persoal docente Non
Debilidade Crear recursos dixitais que apoien e melloren os obxectivos de ensino- aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade Usar as tecnoloxías dixitais para proporcionarlle retroalimentación ao alumnado, facilitando a planificación de accións posteriores. Persoal docente Non
Debilidade A1.Contar no centro cunha estratexía dixital. Persoal docente Non
Debilidade B2.Debatir sobre as vantaxes e desvantaxes da ensinanza e o aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Participación en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Non
Debilidade Usar as tecnoloxías dixitais para recoller e analizar evidencias sobre os procesos e resultados da aprendizaxe do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Usar recursos e ferramentas dixitais, contornos virtuais de aprendizaxe e plataformas en liña para garantir a aprendizaxe do alumnado dentro e fóra da aula. Persoal docente Non
Debilidade Implementar actividades de aprendizaxe que requiran que o alumnado se comunique e colabore mediante o uso de tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Capacitar o alumnado para que utilice as tecnoloxías dixitais de forma segura, á vez que se minimizan os riscos para garantir o benestar físico, psicolóxico e social. Persoal docente Non
Debilidade Capacitar o alumnado para que utilice as tecnoloxías dixitais de forma responsable e ética, xestionando a súa identidade dixital, a súa pegada dixital e a súa reputación dixital. Persoal docente Non
Debilidade Participación do profesorado en redes colaborativas profesionais. Persoal docente Non
Debilidade Iniciativas para afrontar necesidades de formación profesional continúa do profesorado. Persoal docente Non
Debilidade Extensión e promoción entre o profesorado de innovacións educativas. Persoal docente Non
Debilidade Incorporación nas diferentes materias de conceptos como a verificación da calidade da información, comportamento seguro e responsable do alumnado na Internet etc. Persoal docente Non
Debilidade Uso activo e creativo de aulas virtuais. Persoal docente Non
Fortaleza H8.O alumnado aprende a comunicarse utilizando a tecnoloxía, sobre todo mediante o correo electrónico e plataformas educativas. Alumnado Non
Fortaleza H6.O alumnado aprende a dar crédito ao traballo doutras personas que atopa en internet. Alumnado Non
Fortaleza E3. O profesorado utiliza plataformas en líña, ás que o alumnado tamén pode contribuir, co o obxetivo de facilitar o aprendizaxe. Alumnado Non
Fortaleza F4.O alumnado participa máis cando utiliza a tecnoloxía. Alumnado Non
Fortaleza Despois de facer enquisas para saber a disponibilidade de equipamento informático na casa, sabemos que un porcentaxe moi elevado de familias dispón de dito equipamento. Familias Non
Fortaleza En xeral, as familias teñen implicación no relativo as tecnoloxías, por exemplo, para que os seus fillos asistan ás clases mediante videoconferencia. Familias Non
Fortaleza E4.As familias comunícanse co cento a través do correo electrónico e a aplicación Abalar con facilidade. Familias Si
Fortaleza C8.No noso centro hai dispositivos dixitais que son propiedade do centro ou están xestionados por él e que o alumnado pode utilizar cando os necesita. Infraestruturas Non
Fortaleza C5. No noso centro disponse de asistencia técnica cando xurden problemas coas tecnologías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza C3.No noso centro facilítase o acceso a internet para a ensinanza e a aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza 1.C1.No centro a infraestructura dixital respalda a ensinanza e o aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. En todas as aulas dispoñemos de ordeandor, pizarras dixitais e conexión a internet. Ademais dispoñemos dunha aula de informática para distintas actividades. Infraestruturas Si
Fortaleza C2.No noso centro existen dispositivos dixitais que podo utilizar na miña labor de docente. Infraestruturas Non
Fortaleza Noso centro usamos como ferramenta dixital fundamental de comunicación entre o profesorado o correo electrónico, co alumnado a plataforma educativa Edmodo e coas familias a aplicación Abalar de maneira fluida. Infraestruturas Non
Fortaleza Dispoñemos de software antivirus de calidade e actualizado, usamos software libre como paquete de Ofimática principal e tamén o de Microsoft con licencias en secretaría e para os equipos propios para o profesorado, software de calidade propio das pizarras dixitais, e para outras utilidades usamos software libre. No tocante o software para videoconferencia resulta moi útil Webex. Infraestruturas Non
Fortaleza Cando os alumnos non poden asistir ás clases fisicamente, dispoñemos de infraestructura para que o alumnado poda asistir ás clases mediante videoconferencia. Infraestruturas Non
Fortaleza C5.O coordinador TIC é o encargado de resolver os problemas de tipo técnico coas tecnoloxías dixitais. Senon está ó seu alcance dispoñemos dunha empresa que resolve calquera incidencia moi eficazmente. Infraestruturas Non
Fortaleza Dentro da oferta educativa, tanto na asignatura de TIC como de tecnoloxía, o alumnado fai uso intenso tanto de software como harware Oferta Non
Fortaleza Existe unha boa coordinación entre ás asignaturas de tecnoloxía e TIC, realizado proxectos en común. Oferta Non
Fortaleza A3.Conto co apoio do noso equipo directivo á hora de probar novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Fortaleza Dende a organización do centro, anímase e incentívase no uso de plataformas como Abalar como platafroma de mensaxería, Webex para videoconferencias. Organización de centro Si
Fortaleza E1.O profesorado busca recursos educativos dixitais en internet. Persoal docente Non
Fortaleza C2.No noso centro existen dispositivos dixitais que podo utilizar na miña labor de docente Persoal docente Non
Fortaleza C1.No centro a infraestructura dixital respalda a ensinanza e o aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. En todas as aulas dispoñemos de ordeandor, pizarras dixitais e conexión a internet. Ademais dispoñemos dunha aula de informática para distintas actividades. Persoal docente Non
Fortaleza Dende hai tempo o profesorado foi modificando a súa práctica docente enriquecendo as súas clases con recursos multimedia. Persoal docente Non
Fortaleza C5.O coordinador TIC é o encargado de resolver os problemas de tipo técnico coas tecnoloxías dixitais. Se non está ó seu alcance dispoñemos dunha empresa que resolve calquera incidencia moi eficazmente. Persoal non docente Non
Fortaleza En secretaría temos persoal competente dixitalmente, que apoia con eficacia ao persoal docente. Persoal non docente Non
65 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Aínda que o noso centro está próximo ao centro urbano, non contamos con acceso á fibra óptica que pasa polo noso Concello, nin podemos acceder ao do Concello limítrofe que está a escasos metros do centro escolar. Contorna Non
Ameaza Os constantes cambios de leis educativas e protocolos, así como os tempos curtos e falta de Partidas orzamentarias, non favorecen a desenvolvemento dixital. Lexislación Non
Ameaza Colaboración con institucións alleas ao centro educativo. Outras Non
Ameaza As achegas económicas que recibe o noso centro, ao ser concertado, son moi escasas e depende básicamente de inversións propias. Outras Non
Ameaza Existencia de proxectos externos. Outras Non
Oportunidade Estabilidade laboral do persoal docente. Outras Non
Oportunidade Dende o Concello ofértanse diferentes actividades para a formación dixital do alumnado dos centros educativos do Concello. Outras Non
Oportunidade Para favorecer o acceso de todas as familias a internet, o Concello deixou en préstamo e financiou as conexións a todas aquelas familias que non dispuñan deste servicio. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Actualizar o uso das aplicacións ABALAR Móbil e AbalarPro para a comunicación entre o profesorado e as familias.
O02PD Aloxar o uso da ferramenta dixital para ter actualizada e compartida a información individualizada dos alumnos de cada titoría en Abalar box.
O03PD Mellorar o acceso a internet do centro coa instalación da fibra óptica.
O04PD Renovación das pizarras dixitais en dúas aulas de educación primaria.
O05PD Usar as follas de cálculo de Abalar Box para rexistrar os resultados de aprendizaxe do alumnado.

Seguimento

Procedemento

O procedemento para o seguimento do proxecto de dirección será o seguinte:

  • Farase trimestralmente en reunión do equipo directivo e as persoas responsables das principais actuacións, tales como o coordinador do plan dixital.
  • Cubriranse os resultados acadados nas valoracións das accións correspondentes para ese trimestre e de ser o caso, valorarase se se realizou a acción ou ben se habería que pospoñela ou incluso suspendela.
1º Trimestre
  • Establécense os obxectivos para o plan dixital baseados en propostas de mellora do plan dixital do curso pasado, que basculan na formación do profesorado e alumnado, e na mellora das infraestructuras.
  • Aprobase o plan dixital.
2º Trimestre

As accións levadas a cabo foron as seguintes:

  • AO1.1: Actualizar o uso de ABALAR Pro coa formación do uso na nova aplicación "inserción de faltas", implementada recentemente, para dispositivos móviles.
  • AO2.1: Formar no uso de documentos compartidos para ter actualizada a información das titorías en Abalar Box.
  • AO2.2: Implantar e revisar o uso da ferramenta por parte do profesorado.
  • AO3.1: Cambiar de proveedor do servizo de acceso a internet para ter unha velocidade de navegación acorde ás necesidades do colexio.
  • AO5.1: Formar no uso das folas de cálculo para rexistrar os resultados nos procesos de aprendizaxe do alumnado.
  • AO5.2: Implantar e revisar o uso da ferramenta por parte do profesorado.
3º Trimestre

As accións levadas a cabo foron as seguintes:

  • AO1.2: Revisar o uso da aplicación "inserción de faltas2 por parte do profesorado.
  • AO2.3: Revisar o uso da ferramenta por parte do profesorado.
  • AO4.1: Renovar a pizarra dixital e proxector  da aula de 4º de educación primaria por un panel interactivo.
  • AO5.3: Revisar o uso da ferramenra por parte do profesorado.
  • AO5.4: Revisar o uso da ferramenra por parte do profesorado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de avaliación consistrá na realización dun seguimento trimestral de cada un dos obxectivos. Ademáis realizarase un seguimento das accións de cada obxectivo con maior frecuencia por parte dos titores e o coordinador do plan dixital.

Valoración xeral

A valoración xeral do plan dixital foi a seguinte:

  • Para o obxectivo "O01PD Actualizar o uso das aplicacións ABALAR Móvil e ABALAR Pro para a comunicación entre o profesorado e as familias", a valoración foi moi positiva e satisfactoria, xa que o profesorado adaptouse rapidamente ás actualizacións implementadas na aplicación e fixo un uso permanente da mesma, o que lles facilitou certas tarefas, como a xustificación de faltas, que resultaban máis tediosas anteriormente.
  • Para o obxectivo "O02PD Aloxar o uso da ferramenta dixital para ter actualizada e compartida a información individualizada dos alumnos de cada titoría en Abalar box", a valoración foi positiva e realizouse un uso correcto e rigoroso da ferramenta durante todo o curso. Porén debido ás eivas propias das follas de cálculo en Abalar box, o profesorado mostrou certa fatiga e desmotivación no uso de dita ferramenta.
  • Para o obxectivo "O03PD Mellorar o acceso a internet do centro coa instalación de fibra óptica", a valoración é completamente satisfactoria, xa que unha vez acadado este obxectivo, a conectividade do colexio a internet e posibilidade de navegación, mellorou de xeito moi evidente.
  • En canto o obxectivo "O04PD Renovación das pizarras dixitais en dúas aulas de educación primaria", non se realizou completamente xa que so foi posible a renovación desta infraestructura nuha das aulas, debido a falta de presuposto para completar o obxectivo.
  • En canto o obxectivo "O05PD Usar as follas de cálculo de Abalra Box para rexistrar os resultado de aprendizaxe do alumnado", a valoración non é satisfactoria, xa que aínda que se realizou a formación a parte do profesorado, só un dos profesores fixo uso da ferramenta. O motivo pode ser a pouca practicidade e eficacia a hora de introducir os datos recollidos na avaliación diaria do alumnado na propia aula.
Proposta de mellora
  • Para o obxectivo O04PD a proposta de mellora será instalar o panel dixital na aula que quedou sen mellorar.
  • Para o obxectivo O05PD a proposta de mellora é intentar facilitar o uso da ferramenta para que resulte máis comoda e inmediata para introducir os datos na aula.
  • Para o obxectivo O02PD  proponse como mellora, simplificar a folla de cálculo para que os defectos porpios da folla de cálculo de Abalar Box non resulten tan dificultosas a hora de facer uso da ferramenta.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital será enviado por correo electrónico a todo o persoal docente e non docente en formato pdf, abríndose un prazo para aportar alegacións. Logo será debatido no Claustro para a súa valoración e posteriormente, levarase ao Consello Escolar para que a dirección do Centro o aprobe se é o caso.

De ser aprobado publicarase na páxina web do Centro para que esté a disposición de calquera membro da comunidade o ben para calquera persoa que queira acceder a el. Tamén se publicará na páxina web a ligazón que da acceso ao plan dixital do centro (ligazón do plan dixital 2023-24: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36006997)