Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O noso centro foi pioneiro no uso das TICs, e leva traballando como ferramenta educativa dende o ano 2000 cando non existía plan de ningún, e os seus mestres foron formadores de moitos centros ao longo da xeografía galega e española. Polo tanto sempre tivo un documento propio onde reflectía o traballo a desenvolver en todos os documentos como PXA e solicitando materiais para a súa aplicación.….

O CRA inclúe o traballo dixital dentro da PXA e seguirao facendo o vindeiro curso.

A xustificación legal do mesmo é a seguinte:

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

- Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Está sendo levado a cabo baixo as directrices da administración a través da súa coordinadora local, Equipo ADIX. Consta das seguintes fases:

FASE I. ANÁLISE E DIAGNOSE DE SITUACIÓN DOS CENTROS

FASE II. DESEÑO E ELABORACIÓN DO PLAN DIXITAL

FASE III. IMPLEMENTACIÓN, SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DO PLAN DIXITAL

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

- SELFIE

-TEST CDD

Interno
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Non contamos con tecnoloxías asistenciais. Infraestruturas Non
Debilidade 1. Determinar os items da competencia dixital, adaptados ás idades do noso alumnado. Organización de centro Non
Debilidade 1. Coñecemento insuficiente sobre a Protección de datos. Persoal docente Non
Debilidade 2. Debátese sobre a tecnoloxía Persoal docente Non
Fortaleza 1. Uso do recursos dixitais Alumnado Non
Fortaleza 2. Inicio na robótica e impresión 3D. Alumnado Non
Fortaleza 1. Uso da ferramenta Abalar móbil. Familias Non
Fortaleza 1. Bo acceso e conectividade. Infraestruturas Si
Fortaleza 2.Contamos con espacios físicos e as infraestruturas para desenvolver a ensinanza das tecnoloxías. Infraestruturas Non
Fortaleza 3. Temos suficientes dispositivos dixitais para a ensinanza Infraestruturas Non
Fortaleza 4. A través das TIC reducimos a brecha dixital Infraestruturas Non
Fortaleza 1. Variedade de recursos dixitais. Oferta Si
Fortaleza 1. Boa dinamización da moodle, nube, instagram, youtube e páxina web do centro. Organización de centro Non
Fortaleza 2. Existe estratexia dixital e o profesorado e coñecedor da mesma. Organización de centro Non
Fortaleza 3.Temos repositorios en liña na nube. Organización de centro Non
Fortaleza 1. Alto uso de equipos e recursos dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza 2. Implicación do profesorado na formación. Persoal docente Non
Fortaleza 3. O profesorado participa nas novas modalidades de ensinanza Persoal docente Non
Fortaleza 4. Avalíase o progreso das tic¿s na autoavaliación que leva a cabo o profesorado trimestralmente dentro do sistema de xestión de calidade Persoal docente Non
Fortaleza 5. Creamos recursos educativos en liña a través da rede de escolas na nube Persoal docente Non
Fortaleza 6. Comunicámonos coa comunidade educativa a través das plataformas corporativas. Persoal docente Non
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 2. Falta de tempo para crear recursos. Administración educativa Non
Ameaza 1. Mala asistencia técnica por parte da consellería. Administración educativa Non
Ameaza 3. Equipos informáticos sen actualizar. Administración educativa Non
Ameaza 4. Falta de materiais de robótica entre as dotacións de material que se solicitan á administración. Administración educativa Non
Ameaza 1. Brecha dixital das familias Contorna Si
Oportunidade 1. A través do Erasmus + manternos actualizados e mellorando na competencia dixital, por exemplo con países pioneiros como Estonia. Outras Non
Oportunidade 2. Intercambiamos experiencias a través do programa erasmus + Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tendo en contas as debilidades que nos atopamos na nosa DAFO e no contexto en xeral do centro, decidimos poñer os obxectivos a conseguir, que se sinalan no seguinte apartado.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD REALIZAR FORMACIÓN EN PROTECCIÓN DE DATOS E FERRAMENTAS TICS O VINDEIRO CURSO DENTRO DO PFPP.
O02PD COMPARTIR CONTIDOS DIXITAIS CON AMCRAGA NA NUBE
O03PD FORMACIÓN ÁS FAMILIAS CON BRECHA DIXITAL

Seguimento

Procedemento

O Plan Dixital, será avaliado trimestralmente en función dos indicadores. Finalmente, despois do terceiro trimestre, farase unha conclusión para obter os puntos fortes do mesmo así como as melloras para levar a cabo o seguinte curso. A medición será feita polo responsable do Plan e supervisada pola dirección.

1º Trimestre

Revisión do plan dixital e anláise das accións levadas a cabo, iniciamos a formación do profesorado así como a posta en marcha de grupos de traballo para a elaboración dos materiais.

2º Trimestre

Desenvolvemos a formación do obxectivo 1, comezamos a subir as actividades establecidas no obxectivo 2, e do obextivo 3, dado que para a formación abalar se apuntaron poucas familias estamos valorando como desenvolver dita formación, informando as familias da importancia de dita formación.

3º Trimestre

Comezamos a formación coas familias nas escolas e a participación ronda o 30%, sen acadar o 50%.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Cabe destacar o obxectivo 3, que non se acadou a participación esperada polas familias, chegando só ao 30%, tendo en conta que é algo externo e non podemos controlar, sí que intentaremos aumentar dita participación para o vindeiro curso.

Proposta de mellora

Consideramos como proposta de mellora pasar unha enquisa ao inicio do curso 23/24, buscando unha maior participación das familias. Continuaremos insistindo na participación para o programa polos creativos e de non ser o caso buscaremos a forma de colaborar con un centro da contorna para poder traballar no ámbito maker ou buscar recursos de outro xeito.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan será difundido como o resto de Plans do Centro na páxina web, na nube do CRA e sempre que aconteza un feito salientable nos medios e nas redes do CRA.