Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.XUSTIFICACIÓN DO PLAN DIXITAL EN RELACIÓN COA NORMATIVA VIXENTE

- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de
Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento
das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación
Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do
Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de
Galicia para o curso 2021-2022

 

2. CONTEXTUALIZACIÓN DO P.D. NO CENTRO E CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO.

A E.E.I A Capela está situada na parroquia de San Paio de Carreira, concello de
Ribeira,no lugar da Capela. A nivel económico, trátase dunha poboación que obtén os seus
ingresos maioritariamente de actividades do sector primario (pesca, agricultura) e do sector
terciario (industria e servizos, maioritariamente nas empresas relacionadas co mar .
A poboación da zona está tendo un pequeno aumento da natalidade, dato que repercute
moi positivamente no número de matriculas cada ano na escola, no curso actual un total
de 25. O tipo de vivenda máis habitual e maioritaria do alumnado do centro é unha edificación
propia, enclavada no ámbito rural. En canto as características familiares, trátase de familias
nucleares, que se atopan aumentadas pola presenza na vivenda dos avós regularmente ,e
outros familiares achegados.
A lingua vehicular da poboación e do aprendizaxe é o galego.

Dentro dos Obxectivos da PXA referidos ao propio centro, cabe sinalar os seguintes :
1. Traballar nas xestións oportunas para conseguir unhas aulas ben acondicionadas, tanto
nos espazos, coma no mobiliario e no material didáctico e dixital.
2. Continuar coa formación dende o centro destinada a crear un “PATIO VIVO” con ambientes
propios da etapa de educación infantil. Traballaremos neste obxectivo coa continuación por 3o
ano consecutivo do noso PFPP : Transformación do patio, así como tamén coa presentación
dos CP Innova e CP Inclúe-T.
3.Continuar a formación en aulas virtuais para a posta en marcha da páxina web da escola
(xa creada) e unha aula virtual propia.

 

3.PROCESO DE ELABORACIÓN

Dadas as características da escola, o Plan Dixital foi enteiramente elaborado polas
dúas mestras definitivas-titoras, sendo a coordinadora a mestra responsable da escola.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Empregamos o informme SELFIE que se levou a cabo en decembro de 2021  e o TCDD que se fixo en febreiro de 2022. Con estes datos e os coñecementos do profesorado da escola fíxose este Plan Dixital.

Interno
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Familias con pouca competencia dixital e interese. Familias Non
Debilidade 1. A infraestrutura non apoia o ensino coas tecn. Dixitais. 2. Escasos dispositivos dixitais para uso do alumnado. Infraestruturas Non
Debilidade Ausencia de estratexia dixital do centro. Organización de centro Non
Debilidade 1. Persoal con baixa competencia dixital e sen motivación cara esta área. 2. Falta de dispoñibilidade horaria e exceso de carga burocrática. 3. Ausencia dun repositorio de recursos dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Alumnado de infantil motivado dentro das súas competencias nesta etapa educativa. Alumnado Non
Fortaleza O centro conta cun acceso a internet estable. Infraestruturas Non
Fortaleza 1. Participación do centro en Programas de Innovación Educativa. 2. O Equipo directivo apoia o ensino coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza Profesorado definitivo. Titorias Persoal docente Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Escasa dotación orzamentaria e de recursos humanos. 2. Ausencia de persoal información que nos apoie no Centro nas dúbidas e problemas no día a día. Administración educativa Non
Ameaza Demasiada burocracia e complexidade nas tramitacións do día a día. Lexislación Non
Ameaza Boa disposición dos Centros da contorna cando solicitamos axuda ou colaboración Outras Non
Ameaza Nulo apoio e implicación do Concello en temas de innovación dixital nos Centros. Outras Non
Oportunidade Oferta de oportunidades de formación (Desenvolvemento Profesional Continuo) Administración educativa Non
Oportunidade ANPA moi participativa e implicada en facer melloras no Centro. ANPA Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Para elaborar o Plan de acción tivemos en conta os recursos materiais e humanos dos
que dispoñemos actualmente na escola. Desta forma redactamos os obxectivos
intentando implicar a toda a comunidade educativa:
- mellora na formación docente dirección do centro.
- implicación e formación das familias.
- Traballo do alumnado acorde ao proxecto educativo do centro e as competencias do
alumnado nesta etapa educativa.
- Ampliación de recursos dixitais do centro.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Fomentar a formación dixital no centro entre o profesorado, a través dun curso en FPROFE
O2PD Poñer en funcionamento e actualizar periodicamente a páxina web da escola.
O3PD Participar no programa de innovación educativa: EDUINNOVA. Propoñer dinámicas que fomenten a participación e formación das familias en temática dixital.
O4PD Familiarizar ao alumnado de infantil coas ferramentas básicas para o traballo con imaxes dixitais: cámara , escáner...

Seguimento

Procedemento

Avaliación procesual .Unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o
estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o
caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Leváronse a cabo todas as accións programadas para o primeiro trimestre.

2º Trimestre

Leváronse a cabo todas as accións programadas para o segundo trimestre.

3º Trimestre

Leváronse a cabo todas as accións programadas para o terceiro trimestre, agás o obxectivo 4. Familiarizar ao alumnado de infantil coas ferramentas básicas para o traballo con imaxes dixitais:cámara, escáner ...posto que o noso centro non foi dotado dos recursos necesarios para levar a cabo as actividades deseñadas, e o orzamento do centro non permite mercar estes materiais.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación final .Unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a
valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

En xeral a satisfacción dos obxectivos propostos e acadados é moi grande.

Proposta de mellora

Propoñemos os seguintes obxectivos para o vindeiro curso:

- Actualizar e mellorar os equipos dixitais do centro.

- Promover o uso do Abalar móbil/Abalarpro para a comunicación coas familias.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital terá unha difusión na comunidade educativa a través da súa presentación no Consello Escolar. Ademais darase publicidade do mesmo nas reunións grupais coas familias do alumnado, así como na páxina web.