Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Normativa

Contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Contextualización do PD no centro e contribución ao Proxecto Educativo

Tanto dende a dirección coma no resto de integrantes da comunidade educativa hai unha fonda concienciación pola necesidade de introducir no centro un uso crecente e axeitado a todos os niveis das tecnoloxías dixitais. Este Plan Dixital debe constituír un paso importante para que nos vindeiros cursos esta circunstancia sexa un obxectivo máis do noso Proxecto de Centro. Deste xeito o profesorado leva nos últimos anos participando en PFPP que proporcionan ferramentas dixitais de nivel xeral e básico na contorna escolar. Sempre priorizando nas aplicacións de carácter corporativo.

A partir do curso 2022-2023, grazas a este Plan Dixital, na Programación Xeral Anual incluiranse un amplo abano de aspectos relacionados coa presenza das tecnoloxías dixitais dentro do centro.

Proceso de elaboración

Para a elaboración deste Plan logrouse a participación de case todo o profesorado do centro a través dun PFPP. Tamén foi vital a actividade coordinada da asesora ADIX coa mestra que ostenta a coordinación TIC no colexio. A través de varias sesións de traballo, realizouse unha análise da situación actual do centro e das realidades pretendidas en materia dixital para posteriormente marcar os obxectivos a través da elaboración do Plan de Acción e finalmente redactar o dito Plan.

O proceso foi parello en contidos e tempos aos que foron realizando o resto de centros escolares e déronse todos os pasos para que a elaboración servise para ter un documento útil e de futuro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A. SELFIE.

B. Test competencia dixital do profesorado.

Interno
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1.-Falta capacitación técnica en programación e mantemento de equipos (H.11, H.13). Alumnado Non
Debilidade 1.-Necesidade de formación en materia dixital Familias Non
Debilidade 2.-Descoñecen como usar as tecnoloxías de xeito saudable. Familias Non
Debilidade 1.-Buscar mecanismos que seguricen os datos dixitais máis sensibles. (C.7) Infraestruturas Si
Debilidade 2.- Actualizar os dispositivos existentes no centro. Infraestruturas Non
Debilidade 1.-Falta definir a estratexia dixital. (A.1) Organización de centro Non
Debilidade 1.- Faise necesario determinar no proxecto educativo do centro en que aspectos comúns da práctica docente e no proceso de aprendizaxe do alumnado facer uso das tecnoloxías (B.2). Persoal docente Si
Debilidade 2.- O noso centro debería procurar unha maior apertura a colaborar con outras organizacións (B.3). Persoal docente Non
Debilidade 3.- Pouco uso de Entornos Virtuais de Aprendizaxe (E.3). Persoal docente Non
Debilidade 6.- A puntuación media no TestCDD do seu centro foi de 96,2 sobre 192, polo tanto obtivo un nivel Integrador/a (B1). Persoal docente Non
Debilidade 4.- Falta afondar no uso da tecnoloxía dixital como medio para interconectar as distintas disciplinas (F.6). Persoal docente Non
Debilidade 5.- Máis retroalimentación (G.5, G.6, G.9, G.10). Persoal docente Non
Fortaleza 1.-Temos moi boa dotación de equipos para o alumnado (C.8, C.10). Alumnado Non
Fortaleza 2.- Traballamos sobre un uso seguro das tecnoloxías dixitais (H.1, H.3, H.4, H.8). Alumnado Non
Fortaleza 1.-Boa predisposición para formarse en sesións programadas dende o centro educativo. Familias Non
Fortaleza 1.- O centro conta con dispositivos suficientes como para iniciar o uso frecuente e sistemático dos mesmos na aula ( C.1, C.2, C.3). Infraestruturas Si
Fortaleza 2.-Contamos con amplos espazos e boa conectividade en todas as estancias (C.14). Infraestruturas Non
Fortaleza A.3 Nos últimos cursos promovese a participación de grupos de traballo para unha maior capacitación dixital. Oferta Non
Fortaleza 1.-Pouco profesorado é máis sinxelo de coordinar para traballar na mesma dirección (A.2). Organización de centro Si
Fortaleza 2.-O alumnado con necesidades beneficiase da suficiente dotación de equipos (unha tableta por alumno/a) (C.15). Organización de centro Non
Fortaleza 3.-Boa saúde da web do centro. Organización de centro Non
Fortaleza 1.- Participación maioritaria e consensuada (D.2, D.3). Persoal docente Si
Fortaleza 2.- Recúrrese moito a ferramentas na rede para uso e creación (E.2). Persoal docente Non
Fortaleza 4.- Aproveitamos a enorme oferta de recursos na rede de software libre (E.5). Persoal docente Non
Fortaleza 5.- Atendemos as necesidades individuais (F.3, F.4, F.5). Persoal docente Non
Fortaleza 3.- Empréganse medios dixitais para a comunicación (E.4). Persoal docente Non
Fortaleza 6.- Uso da tecnoloxía dixital para facilitar a avaliación (G.3, G.7, G.8). Persoal docente Non
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.-Precisamos unha mellor asistencia técnica (adaptada á practica educativa e cun maior coñecemento dos equipos que usamos)(C.5). Administración educativa Si
Ameaza 2.-Carga horaria excesiva. (A.4). Administración educativa Non
Ameaza 1.- Intromisión non construtiva dos procesos docentes no contexto de aula. ANPA Non
Ameaza 1.- O uso de dispositivos persoais, en principio, carece de sentido se o centro dispón de dispositivos funcionais que equilibran as diferenzas económicas entre familias.(C.13) Contorna Si
Ameaza 1.- Maior conciencia sobre o uso de material con dereitos de autor (A.5). Lexislación Si
Ameaza Propostas comerciais descontextualizadas das necesidades reais do centro. Outras Non
Oportunidade 1.-Recursos corporativos cada vez máis adaptados ás necesidades dos centros. Administración educativa Si
Oportunidade 2.-Ampla oferta de formación e capacitación dixital. Administración educativa Non
Oportunidade 1.-Moi colaboradora. ANPA Si
Oportunidade 1.-O alumnado é partidario do uso da tecnoloxía e constitúe un foco de motivación. Contorna Si
Oportunidade 1.-Marco de actuación definido. Lexislación Non
Oportunidade Formación. Adquisicións. Recursos educativos. Outras Si
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Compleméntase esta información co anexo adxunto da análise das infraestruturas do centro.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover o uso da Aula Virtual do centro por parte do alumnado do centro (E3)
O02PD Crear un banco de recursos educativos na Aula Virtual do centro.
O03PD Revisar e actualizar os equipos informáticos

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

Reunión do profesorado ao final do trimestre.

2º Trimestre

Reunión do profesorado ao final do trimestre.

3º Trimestre

Reunión do profesorado ao final do curso.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para avaliar o PD, en reunión do profesorado con centro base CEIP As Forcadas, revísanse os apartados correspondentes aos obxectivos e así corrixir, de ser o caso, os apartados correspondentes ao seu seguimento.

Valoración xeral

Consideramos un avance importante a inclusión dunha aplicación dixital para recoller a informacion constitutiva do PD. Tamén ten un valor engadido o feito de ser un aplicativo corporativo con formato común para todos os centros escolares dependentes desta Consellería.

Proposta de mellora

Como plan vivo o PD require da súa revisión ao comezo do curso. Deste xeito será posible a inclusión de novos obxectivos ou a supresión e/ou modificación dos xa recollidos.

Aspecto relevante neste senso, será o apartado de dotación en infraestruturas e humanas coas que se inicie o curso escolar.

 

Obxectivos para o vindeiro curso 2023/2024:

- Crear unha liña PFPP de Robótica e Programación.

- Crear unha liña PFPP de E-dixgal.

- Iniciar a todo o alumnado no emprego do ordenador.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan Dixital será subido ao aloxamento web corporativo do centro. Mediante mensaxe enviada pola aplicación ABALARMOBIL as familias serán advertidas do aloxamento e da posibilidade da súa visualización.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipasforcadas/?q=system/files/Plan%20Dixital%2012_06_2022.pdf