Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
A avaliación será continua, de modo que se poida ir axustando o que propoñemos coa realidade práctica, e realizarase nos diferentes equipos de docentes e na comisión de coordinación pedagóxica. Esta avaliación consistirá en analizar e sacar conclusións para solucionar as deficiencias detectadas e reforzar os logros. Estableceremos unha serie de indicadores que se dividirán nos seguintes:
- Indicadores de logros, referidos aos obxectivos xerais e específicos para cada un dos alumnos conseguidos.
- Indicadores de actividade, nos que avaliaremos a execución da actividade (realización das mesmas, número de participantes, adecuación das tarefas a idade, uso adecuado dos medios tecnolóxicos...)
- Indicadores de impacto, referidos aos cambios esperados e desexados que se produciron como consecuencia do programa.
Neste primeiro trimestre realizamos as primeiras acción dos obxetivos dos plans, aínda que aqueles con data ata xaneiro (obx 3 e 5) o deixamos para a próximo mes debido a excesiva carga de traballo e cursos neste trimestre, e así non sobrecargar ao profesorado. Moitos deses cursos realizados son deste propio plan dixital e do PFPP adicado ao mesmo e tamén a Polos Creativos.
Polo tanto realizamos as enquisas, as formación e comezamos co inventariado do material tecnolóxico e do LeoLab.
Estes son os punto tratados e os pendentes dos obxetivos.
Obx1: Realizada unha parte da formación e enquisa ao profesorado. Pendente a outra parte da formación para que o profesorado poda realizar e cubrir o rexistro ALFIN.
Obx2; Realizada a enquisa e a formación. Pendente a posterior valoración sobre o uso do profesorado na aula.
Obx3: Pendente reunión para posta en común e posterior ampliación do repertorio.
Obx4: Comezado e sen rematar o inventariado da tecnoloxía no LeoLab retirando os deteriorados. Pendente: etiquetado
Obx 5: Realizada a enquisa. Pendente a valoración e charla
Obx 6: Realizada a enquisa pero sen cubrila ás familias. Pendente: a realización das enquisas por as familias, formación do alumnado e familias.
Neste segundo trimestre avanzamos con todos os obxectivos excepto co Obx. 4 xa que as persoas da coordinación TAC non temos disponibilidade horaria para a carga de traballo que supón, xa que ademais de inventariar estamos facendo titoriáis de uso.
- Obx1: Conseguido Seguimos coa formación e realizarmos a actividade ALFIN (A1.3) e vamos subir ao Agueiro a actividade. Xa temos feita a plantilla e polo tanto o obxectivo está acadado
- Obx2: Segue pendente a acción 2.4 que se fará ao final de curso para ver o progreso e así avaliar o uso da pantalla durante todo o curso escolar.
- Obx3: Realizado tres accións. Xa falamos no Claustro, (A3.1) e individualmente o profesorado fixo a sua formación individual (A3.2) e xa ampliaron contidos no repositorio (A3.3). Pendente a avaliación final do repositorio.
- Obx4: Pendente, xa que seguimos rexistrando os equipos e organizándoos. Están na primeira acción pero debido ao traballo tan complexo e as poucas horas das que dispoñemos.
- Obx5: Realizada a avaliación dos resultados da enquisa (5.2) .Temos pendente unha charla no terceiro trimestre coa asociación Vieiro.
- Obx6 Realizada a valoración das inquietudes das familias e a primeira formación sobre ciberseguridade impartida pola asociación Vieriro pero tivemos unha baixa participación. Non damos contado coa presencia dos pais e nais na formación.
Neste terceiro trimestre avanzamos con todos os obxectivos .
- Obx1: Conseguido Xa rematado no segundo trimestre e cada mestre subiu ao Agueiro a súa plantilla.
- Obx2: Conseguido. O profesorado realizou unha enquisa final valorando a mellora da súa competencia dixital con respeto a pantalla.
- Obx3: Conseguido. O profesorado avaliao a través dunha enquisa o repertorio dixital, os resultados non son os esperados xa que o Agueiro non é unha ferramente que o profesorado de usado como repertorio dixital.
- Obx4: Pendente, xa que seguimos rexistrando os equipos e organizándoos. Están na primeira e segunda acción pero debido ao traballo tan complexo e as poucas horas das que dispoñemos. A folla de préstamo está feito se xeito informal.
- Obx5: Conseguida. Realizada tanto a charla por Vieriro como "Navega con Rumbo"
- Obx6 Rematado. Demos por rematado este obxetivo aínda que o resultado non foi o esperado debido a falta de participación das familias.
Avaliación
Como valoración xeral deste PLan dixital no curso 2023/24 este desenvolveuse con normalidade, nos tempos previstos e a maioría dos obxectivos foron acadados. Podemos dicir que algúns forom moi ambiciosos como por exemplo catalogar todos os equipos dixitáis, xa que ademáis de ser moi numerosos no noso centro o disponibilidade horaria do equipo TAC é reducida Deberíamos marcarnos obxectivos máis pequenos para así conseguir pequenos logros.
Respecto a outros obxectivos como a formación das familias foi moi complicado pola baixa colaboración.
De forma xeral podemos afirmar o éxito de dito plan, coa colaboración do profesorado e tendo ademais 6 obxectivos para acadar.
Analizando o desenvolvemento do Plan dixital deste curso 2023/24, se pode comprobar que a marioría dos obxectivos foron acadados con éxito. Aínda así cabe destacar 3 de eles como proposta de mellora.
O primeiro é o obxectivo 3 "Completar e organizar o repositorio dixital existente.". No resultado da enquisa pódese observar que a maioría dos docentes non usa Agueiro como repositorio dixital. Aínda que é positiva ter un repositorio dixital nesta plataforma e ir ampliándoo, deberíamos de darlle unha visión máis funcional para favorecer a autonomía e o uso dos recursos existentes no centro.
Respecto ao obxectivo " Inventariar e organizar os equipos informáticos." é un obxectivo moi amplo con todos os dixitáis que temos no centro educativo e sobre todo, pola non liberación horaria da corrdinadora TAC. A coordinadora adicou moitas horas de garda en este obxectivo e sería preciso que esta figura tivera liberación horaria para poder realizar todas as súas funcións.
Por último, o obxectivo 6 "Mellorar a competencia dixital das familias." Foi un fracaso debido a baiza participación das familias que asistiron so 7 a charla de Vieiro e mandaron a enquisa de asistencia 8. Debemos pensar primeiro cara o ano que ven como podemos mellorar esa participación para que este tipos de obxectivos teñan máis participación e éxito,
En definitiva, intentaremos mellorar estes tres obxectivos cara o ano que ven e avaliar que necesidades dixitáis puideron xurdir este ano para así incluir como obxectivo para o próximo curso escolar 2024/25.
Comunicación e difusión
- Web do cole
- Blog do cole
- Abalar
Publicaremos toda a información no noso medios de comunicación para manter á comunidade educativa ó día da actividade do cole e das súas melloras.