Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

- Nome: CEIP Alfredo Brañas

- Dirección: R/ Porta Santa, 19 – Paiosaco – 15145 A Laracha (A Coruña).

-Teléfono e Fax: 881 880 700 – 881 880 701

- Código de centro: 15025256

- Correo-e: ceip.alfredo.branas@edu.xunta.gal

- Páxina web: www.edu.xunta.gal/centros/ceipalfredobranas

- Blogues: http://ceipalfredobranas.blogspot.com/

https://oblogdefiruca.blogspot.com/

-Etapas Educativas : Infantil e Primaria

-Número de alumnado: 149 alumnos e alumnas

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O CEIP alfredo Brañas está situado a 700 m do centro urbano do lugar de Paiosaco, pertencente a parroquia de Lestón (San Martiño), no concello da Laracha. Acoden ao centro alumnado residentes nas parroquias de Lestón, Coiro, Erboedo e Soandres. Por proximidade xeográfico tamén temos alumnado da parroquias de Monteagudo e Larín do Concello de Arteixo que buscan un centro .

Se ben tradicionalmente a agricultura e gandería eran os sectores económicos predominantes , a proximidade da factoría Inditex mudou o tecido económico de todo o concello. Moitas das nosas nais traballan ben en talleres asociados á factoría ou ben na sede da mesma e moitos dos nosos pais traballan en empresas subsidiaras de transportes e construción tamén para dita empresa. A agricultura e a gandería seguen presentes fundamentalmente como autoabastecemento, se ben o sobrante seguen a comercializalo na Feira de Paiosaco que segue a ser outro dos motores económicos da zona.

O ISEC, segundo as ultimas enquisas realizadas, sitúan o nivel económico da zona no grado medio ou grado medio -baixo.

Ao estar ente dous núcleos poboados como Arteixo e Laracha, Paiosaco recibe poboación inmigrante  cada ano procedente de Africa, América Latina e en menor medida de Europa do Leste. O 10% do noso alumnado pertence a ese grupo de poboación. A maioría son parellas novas que escollen Paiosaco por ser máis económica a vivenda que os núcleos antes citados. Este aporte migratorio contribúe a que o centro manteña unha ocupación mínima do 70% do total da matrícula.

Tendo en conta todo o antedito, o noso alumnado é heteroxéneo, con un alto nivel de participación nas actividades complementarias , se ben, a maior idade máis sedentarios na utilización do tempo libre, fundamentalmente polo uso de dispositivos electrónicos.

As relacións coas familias son satisfactorias e sempre que as condicións o permiten, participan activamente na vida do centro.

Unha vez finalizado e aprobado o Plan dixital incorporarase ao Proxecto Educativo de centro. Compre sinalar que para o curso 2022/23 teremos que reformar toda a documentación do centro debido a entrada en vigor a LOMLOE.

Evidentemente, aínda que a elaboración deste Plan foi esixida por normativa, no centro eramos consciente de que tiñamos que incrementar o traballo coas novas tecnoloxías e polo tanto a presencia dese traballo na procura de proporcionar ao noso alumnado unha competencia dixital, figurará como cada ano na PXA e nas programacións correspondentes.

O Plan de Dixital compartirá protagonismo co Plambe , co proxecto Digicraft e, no caso de que se nos conceda, co programa de Polos Creativos.

Proceso de elaboración

Sinalar neste apartado, a colaboración en todo momento prestada pola nosa asesora ADIX, moi presente pese a que tivo que dar a cara dado que todos os materiais chegaron tarde e as instrucións foron variando segundo o momento para acabar finalmente nunha carreira ás tolas por acabar.

Pese esa mala temporalización, o proceso de elaboración comezou realizando un cuestionario SELFIE por parte de alumnado, claustro e dirección e posteriormente o cuestionario TCDD por todo o profesorado. Ambos procesos contaron cunha alta participación.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Fontes empregadas para a análise DAFO

A Comisión Europea desenvolviu unha ferramenta de autoavaliación SELFIE, dispoñible de forma gratuita para todos os centros educativos, que lles permite obter en liña un informe de autoavaliación do centro (informe SELFIE). Así mesmo, no ámbito nacional, se consultaron programas e experiencias que se están realizando a nivel autonómico.

Para o análise da situación e realizar o seguemento do noso centro educativo no ámbito da innovación escollemos esta ferramenta, que organiza a información en bloques ou áreas recollidas no informe final resultante da realización desta autoavaliación e diagnose. Ditas áreas son:

-Liderado

-Colaboración e redes

-Infraesteruturas e equipos

-Desenvolvemento profesional continuo

-Pedagoxía:apoios e recursos

-Pedagoxía: implementación na aula

-Prácticas de avaliación

-Competencias dixitais do alumnado

No primeiro trimestre do curso académico 2021/2022 levouse a cabo tanto a membros do equipo directivo coma a profesorado e alumnado o teste SELFIE e elaborouse un informe. Outro dos recursos empregados para a análise da situación do noso centro educativo foi o Test de Competencia Dixital Docente, realizado polo profesorado do centro a través da plataforma de formación docente da Xunta de Galicia.

Este informe ofrece os resultados agrupados da autorreflexión do profesorado, o nivel de competencia dixital é orientativo e servirá para poder planificar a formación futura do profesorado no ámbito dixital.

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade -Se percibe como traballo extra o aprendizaxe de entornos virtuais para que o alumnado faga tarefas. Familias Si
Debilidade -Reflexionar sobre a protección de datos por falta de recursos coorporativos. Infraestruturas Si
Fortaleza -O alumnado recibe ensino dixital seguro. Alumnado Si
Fortaleza -Contamos con boa infraestrutur e con bó acceso a internet. Infraestruturas Non
Fortaleza -Ás veces hai colaboracións dixitais. Organización de centro Si
Fortaleza -Inténtase descubrir novas modalidades de ensino. Persoal docente Si
Fortaleza -Hai debate no claustro en canto ao uso de tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza -Hai implicación docente. Persoal docente Non
Fortaleza -Hai profesorado que emprega e busca recursos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza - E-dixgal: empréganse entornos virtuais. Persoal docente Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza -Insuficiente asistencia técnica. Administración educativa Si
Ameaza -Dispositivos dixitais obsoletos. Administración educativa Si
Ameaza -Non contamos con ferramentas dixitais corporativas suficientes. Administración educativa Si
Ameaza -Non se ofertan aplicacións corporativas suficientes para a realidade dixital social actual. Administración educativa Si
Ameaza -O tempo da xornada laboral é insuficiente para relaizar todo o traballo dixital. Administración educativa Si
Oportunidade -Se oferta formación dixital que se podería aproveitar. Administración educativa Si
Oportunidade -Ofértanse colaboracións, programas e concurasos dixitais que se poden aproveitar. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Debilidades:

- Non hai plan anual de formación dixital.

- O profesorado non crea recursos virtuais nin usa entornos virtuais.

- Falta de creatividade dixital.

- Creación de banco dixital de recursos dixitais.

- Non se promove o uso de software libre.

- Non se emprega a evaluación dixital.

- O alumnado non ten un comportamento responsable de ferramentas dixitais.

- O alumnado non crea recursos dixitais.

- O alumnado non comproba as fontes de información que recibe.

Fortalezas

- O centro conta con boa infraestructura.

- O centro conta con bo acceso a internet.

- O centro conta con estratexia dixital en caso de un novo confinamento.

- Hai implicación docente.

- Inténtase descubrir novas modalidades de ensino.

- O alumno recibe ensino dixital seguro.

- Hai debate en canto ao uso das tecnoloxías.

- Ás veces hai colaboracións dixitais.

- O profesorado realiza intercambios de experiencias dixitais, ensínanse uns a outros.

- Hai profesorado que busca recursos en liña.

- Edixgal: empréganse entornos virtuais.

- Empréganse medios dixitais para comunicarse coa comunidade educativa.

- Inténtase adaptar os medios á ensinanza do alumnado contando con medios dixitais.

- En 3º ciclo empregan banco de recursos dixitais.

- Hai profesorado con habilidades dixitais.

- O equipo directivo coñecece a normativa dixital.

Ameazas:

- As familias ven como un traballo extra aprender a usar entornos virtuais paraq ue o alumnado faga tarefas na casa.

- O tempo da xornada laboral é insuficiente para realizar o traballo dixital.

- Falta de persoal.

- A administración non envía dispositivos actualizados e suficientes.

- Asistencia técnica insuficiente.

- A Administración non oferta aplicacións corporativas suficientes dada a realidade dixital social.

- A formación é fóra do horario laboral e non hai conciliación familiar.

Oportunidades:

- a Administración oferta posibilidades de formación dixital que se podería aproveitar.

- Dispoñemos de medios para facer que o alumnado aprenda a programar, por exemplo facendo cursos de robótica integrándoa no proceso de ensinanza-aprendizaxe.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Impulsar o uso de software libre
O02PD Impulsar o uso de entornos virtuais a través dun plan e horario de uso da aula de informática e dos dispositivos móviles.
O03PD Impulsar a creación de recursos poñendo en funcionamento a radio escolar.
O04PD Impulsar a impresión en 3D e o uso de software relacionado.

Seguimento

Procedemento

Seguimento a partir do análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas
fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver. 

1º Trimestre

Revisión dos equipos do centro e determinar cantos precisan da instalación de software libre. Determinar o software ofimático, de gravación e tratamento de audio cara a posta en marcha da radio escolar. Implicación docente para o uso deste software.  Implicación dos docentes na implantación dos obxetivos do Plan Dixital. Revisión de software e impresora 3d.

2º Trimestre

Instalouse software libre na aula de informática. Instaláronse equipos con Linux na aula de mestr@s. Comezouse a imprimir en 3d.

3º Trimestre

Impresión de diferentes proxectos do alumnado coa impresora 3D. Realización de proxectos da radio escolar.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación do plan

En canto a avaliación podemos especificar que cada unha das accións e obxectivos teñen asociados uns indicadores que nos axudarán a levar a cabo a avaliación do Plan Dixital. Para iso levaremos a cabo una avaliacióm procesual e unha avaliación final do Plan.

En canto á avaliación procesual será ao longo do curso, en principio farémola mensualpara ir vendo que todo vai segundo o establecido no plan de acción e se xurdise algún imprevisto, como mínimo realizarase de forma trimestral. Con esta avaliación valoraremos básicamente o seguinte:

-O estado da execución das accións programadas no plan de acción.

-A análise e valoración dos resultados.

-Un estudio de posibles modificacións do plan segundo vaian xurdindo os acontecementos no curso vindeiro.

-Propostas de mellora do plan.

No que se refire á avaliación final, dicir que a levaremso a cabo ao remate do curso 2023/2024 valorando tanto o logro dos obxectivos propostos coma o establecemento de propostas de mellora en función dos resultados obtidos.

Valoración xeral
Proposta de mellora

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Difusión do plan

Difundirase o plan ao claustro en CCP e a través da Coordinación TIC e da Coordinación do Equipo do Plan Dixital mediante unha presentación e reunión.

Tamén se lle presentará ao Consello Escolar e será aprobado por este órgano. Unha vez aprobado polo Claustro e Consello Escolar publicarase na web do centro, intentando dar a coñecer esta incorporación a través das listas de difusión.

A sección creada aloxarase no apartado do Equipo de Dinamización de TICs.

Organizaremos este traballo temporalmente da aeguinte forma:

- Curso 2021/2022: presentación e aprobación polo Claustro e Consello escolar, antes do 30 de xuño.

-Curso 2022/2023: Presentación da implementación do Plan Dixital ao Claustro no primeira reunión do curso.

-Curso 2023/2024: Presentación da implementación do Plan Dixital ao Claustro no primeira reunión do curso.