Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación

Contextualización normativa en ralación co Plan Dixital do noso centro:

• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

• Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

• Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.


Contextualización

 

A transformación deste centro de primaria faise no ano 1996 respondeu ás necesidades da vila de utilizar o novo edificio de secundaria construido no centro do pobo para primaria evitando así o traslado en autobús dos máis pequenos. Este centro debe responder a unas necesidades dun instituto de secundaria cunha infraestructura de primaria. O pequeño tamaño das aulas fai que a ratio sexa de 26 alumnos/as. Non temos salón de actos nin departamentos suficientes. Non existe almacén nin sala de delegados, nin aula para recibir aos país e habitáculos destinados a departamentos reconvírtense en aulas de PT e AL, aula de convivencia e sala para as ANPAS.

Todas as aulas están dotadas de equipo informático fixo para o profesorado e con patalla táctil e proxector, excepto a aula de convivencia que non ten ningunha dotación. Os proxectores están na sua maioría con problemas de calibrado.

Na PXA do vindeiro curso 2023-2024 continuarase co plan dixital como ferramenta para a mellora e bo uso das infraestruturas das que dispoñemos e a súa actualización.

O curso pasado leváronse a cabo  enquisas para coñecer as debilidades e fortalezas do centro e planificáronse reunións coas familias para formalas no uso da ferramenta Edixgal.

Proceso de elaboración

O proceso de elaboración do Plan Dixital do curso 23/24 comeza cun grupo de traballo dentro do PFPP do centro. Nel participan:o director do Ies membro do equipo directivo dende este ano e profesor de Educación plástica no centro dende hai 23 anos,  axuda na coordinación Edixgal sendo o anterior coordinador dende o inicio do Programa Abalar. Forma tamén parte do grupo de traballo o seguinte profesorado: o profesor de Tecnoloxía novo no centro e moi interesado na formación dixital e na posta a punto dos recursos existentes no Centro,  a Pt do centro que levará a cabo a Coordinación dos Polos creativos e a coordinadora do plan dixital nova no centro e profesora de tecnoloxía que é a responsable da Coordinación Edixgal.

Tras o comezo das reunións, seguimos as indicacións enviadas pola administración para á elaboración do plan. Para iso, primeiramente fixemos unha análise de partida a través do test SELFIE e o test CDD que se elaborou no curso anterior así como dos obxetivos acadados total ou parcialmente, ou non conseguidos, no curso 22/23 . Unha vez que tivemos claro o punto no que se atopa o centro a seguinte fase consistiu en establecer os obxectivos tendo en conta a dita situación de partida. Finalmente elaboramos o actual documento.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O instrumento de recollida foi o informe SELFIE e o test CDD

Interno
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Dificultade para resolver problemas técnicos dixitais. Alumnado Non
Debilidade Dificultades cando o alumnado non posúe no seu domicilio unha rede wifi, ou ben que esta pertence a rede rural con datos insuficientes para baixar ca velocidade adecuada os contidos requeridos. Alumnado Non
Debilidade Alumnado que non trae o seu equipo cargado ou ben se esquece del. Alumnado Non
Debilidade Familias que non poden ter acceso á rede, no seu domicilio. Familias Non
Debilidade Familias que descoñecen o funcionamento das plataformas dixitais, dos programas e de todas as ferramentas ofrecidas polas novas tecnoloxías e non participan ás reunións ofrecidas polo centro. Familias Si
Debilidade No noso centro, as veces (poucas), falla o acceso a internet . Infraestruturas Si
Debilidade Necesidade dun plan para axudar ao profesorado con tecnoloxía asistencial para afrontar desafíos relacionados coa aprendizaxe de alumnado con NEAE. Infraestruturas Si
Debilidade Existe unha certa discordancia entre o alumnado e a valoración do equipo docente na adaptación das necesidades do alumnado. Este feito pode revelar que o manexo das novas tecnoloxías non é ten evidente e que hai que traballar máis o seu uso co alumnado e para iso necesítase poder adicarlle máis tempo dentro dos diferentes currículos, de forma interdisciplinar Persoal docente Non
Debilidade O alumnado valora de feito un pouco menos positivo que as novas tecnoloxías promoven a creatividade, mentres que o profesorado valórano de xeito moi positivo Persoal docente Non
Debilidade O alumnado non considera do mesmo xeito de que as tecnoloxías dixitais favorecen o traballo en grupo: isto é un punto que se debe analizar e quizaís haxa que escoller as ferramentas adecuadas dentro do contorno virtual que favorecen dita colaboracion. Persoal docente Non
Debilidade O equipo directivo e o alumnado consideran de forma menos positiva o feito de que as tecnoloxías dixitais contribúen a potenciar os proxectos interdisciplinares. Faltan tempo e tamén medios. Persoal docente Non
Debilidade O alumnado considera que durante o proceso de ensinanza aprendizaxe o profesorado debe emplear máis datos, comentarios e retroalimentación para ter máis información de como é o seu aprendizaxe durantes os trimestres do curso Persoal docente Non
Debilidade O persoal non docente non contestou as preguntas do selfie. Persoal non docente Non
Fortaleza Cada alumno/a participa na plataforma E-Dixgal e pode utilizar un ordenador propio que facilita a súa aprendizaxe. Alumnado Non
Fortaleza En todas as aulas hai unha pantalla dixital, unha webcam que permite retransmitir as clases para o alumnado confinado, por exemplo. Alumnado Non
Fortaleza No noso Centro a infraestructura dixital respalda a enseñanza e o aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza No noso centro contamos con sistemas de protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza Contamos con dispositivos dixitais que son propiedade do centro e que o alumno pode levar a casa cando sexa necesario. Infraestruturas Non
Fortaleza Dispoñemos de asistencia técnica cando xurden problemas coas tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Si
Fortaleza O profesoradoe o equipo directivo contan con dispositivos dixitais que poden usar na súa labor docente. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro xestiona toda a información de xeito dixitalizado, pax web, abalar móvil e co alumnado a traves de Edixgal e nunha das materiaas de idiomas a traves da aula virtual Organización de centro Non
Fortaleza O centro emprega numerosos recursos na avaliación dixital. Organización de centro Non
Fortaleza O centro leva a cabo todos os anos PFPP bianuais nos que o profesorado fórmase nas tecnoloxías aque temos á nosa disposición, comparte información e implementa o aprendido nas aulas. Todo o claustro traballou dous anos nunha folla de cálculo para avaliar as competencias e sigue a facelo xa que debe ser actualizada todos os anos. Durante outro curso todo o profesorado participou nun grupo de traballo dedicado a facilitar o uso das aulas virtuais polo alumnado , basándonos nunha estrutura similar en todas as materias para o aceso aos contidos polo alumnado. Organización de centro Non
Fortaleza O centro leva anos desenvolvendo contratos programa da Consellería e grupos de traballo para a correcta xestión dixital da documentación. 5.Xestiona espazos de traballo dixitalmente ben constituídos para que todo o profesorado traballe varias destrezas e materias co alumnado. Hai anos que neste centro varias materias non utilizan libro de texto para que o alumnado traballara como o viña facendo en edixgal nos cursos de 1º e 2º de ESO. O centro sempre dispoñía de ordenadores de préstamo para levar a cabo esta tarefa nos cursos onde non había edixgal Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado do centro, pola súa gran maioría, busca recursos en liña. O equipo directivo tamén ten unha busca activa de recursos en liña. Isto revela un compromiso firme do profesorado do IES Urbano de Lugrís de Malpica cas novas tecnoloxías. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado e o equipo directivo empregan as tecnoloxías dixitais e isto favorece que o alumnado sexa máis colaborativo e traballen en grupo no seo do grupo-clase segundo o persoal docente. Persoal docente Non
Fortaleza O equipo docente busca e utiliza recursos dixitais no centro o que implica que as novas tecnoloxías son parte integrante da actividade docente e tamén que as nosas ferramentas: wifi do centro, ferramentas dixitais funcionan con moita eficiencia. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado emprega para ás súas clases os contornos virtuais. Un punto moi positivo é que o noso alumnado valora positivamente de que se empregan os contornos virtuais nas aulas Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado e o equipo directivo utilizan de forma continuada recursos educativos abertos que son materiais didácticos, de aprendizaxe ou investigación que se atopan no dominio público ou que se publican con licenzas de propiedade intelectual que facilitan o seu uso, adaptación e distribución gratuítos. Isto é un punto moi positivo do noso centro. Hai un uso xeral da paltaforma dixital E-Dixgal, por exemplo. Persoal docente Non
Fortaleza O equipo docente durante o proceso avaliativo analiza capacidades desenvoltas tanto dentro como fora do centro. Persoal docente Non
Fortaleza O persoal non docente non contestou as preguntas do selfie. Persoal non docente Non
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O profesorado con coñecementos non é especialista en asistencia técnica e a Administración se encarga de que non se dispoña de tempo, impoñendo excesivas cargas lectivas e incorporando o mínimo persoal para as clases. Administración educativa Si
Ameaza Se necesita manter a infraestructura dixital actualizada e con bo funcionamento. Hai carencias económicas para o que pretende a Administración. Administración educativa Non
Ameaza Non todo o profesorado dispón dos coñecenmentos suficientes para tratar correctamente os dereitos de autor e licenzas Administración educativa Non
Ameaza A biblioteca debería ter máis información e materiais dixitáis Contorna Non
Ameaza Non todo o profesorado ten nocións suficientes sobre os dereitos de ator e licenzas Lexislación Non
Oportunidade O noso centro ten dispositivos dixitáis do centro Administración educativa Non
Oportunidade O centro ten material dixital de prestamo para alumnado e profesorado, aínda que todo o centro (ESO) participa no plan edixgal. Administración educativa Non
Oportunidade Estamos en escolas conectadas e a nosa red é bastamte boa Administración educativa Non
Oportunidade Temos medidas para solventar dificultades que xorden polo baixo nivel socioeconómico e intelectual dos alumnos/as e as familias. Administración educativa Non
Oportunidade O centro ten espazos adaptados para implementar todas a stecnoloxías dixitáis Administración educativa Non
Oportunidade A biblioteca do concello ten repositorios en liña Contorna Non
Oportunidade A nosa biblioteca ten libros dixitáis de préstamo Contorna Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O Dafo anterior invita á reflexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir del deseñamos o plan de acción

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
001PD Promover o coñecemento do uso da ferramenta edixgal por parte dos pais,nais e os titores legais do alumnado de 1 ESO.
002PD Actualizar os dispositivos dixitais da Aula Bibliomaker do Ies.
003PD Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital e Educar no bo uso da mesma.
004PD Implantar e formar o profesorado en Polos Creativos.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan dixital e da consecución de obxectivos, realizarase en dúas etapas:


- Realizarase unha avaliación do plan cun periodicidade trimestral. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles adaptacións das accións.
- Ao remate do curso realizarase unha avaliación final, onde se incluirá a valoración do logro dos obxectivOS

1º Trimestre

Os obxectivos marcados no plan dixital do centro son para desenvolver ao longo do curso, si ben a Acción A01 pensábase nun primeiro momento facela antes do nadal esto no foi posible e programouse para a volta, sendo o día 15 de xanerio cando se cumprirá finalmente esta acción. A acción A02 empezouse e estímase que pode rematarse en marzo. Os resto de accións dependen de factores externos o centro a fecha da súa realización, xa estando solicitadas e aprobadas as charlas solcitadas. 

2º Trimestre

Detallase a continuación o estado de consecución dos obxetivos o rematar o segundo trimestre:

Obx1:Xa se enviou a información a través de Abalar en decembro (A1.3) e asistiron 5 familias de 25 convocadas (A1.4. Elaborouse un documento para informar aos pais e nais interesados. Polo tanto o obxectivo está acadado.

Obx2: Colocouse un equipo de radio dentro do plan de biblioteca. E está realizado un 10% da instalación de programas e posta a punto dos equipos existentes na aula bibliomaker (A2.2)

Obx3: Solicitadas as charlas do plan director da garda civil (A3.2) e feitas as charlas da iniciación da pegada dixital e ás redes sociais (3.4)

Obx4: Fixéronse unhas charlas sobre Chroma (4.4) e queda pendente máis formación o profesorado e trasladala ao alumnado.

 

3º Trimestre

Detallase a continuación o estado de consecución dos obxetivos o rematar o terceiro trimestre:

Obx1:O obxectivo está acadado dende o segundo trimestre.

Obx2: Colocouse un equipo de radio dentro do plan de biblioteca. E está realizado un 20% da instalación de programas e posta a punto dos equipos existentes na aula bibliomaker (A2.2)

Obx3: Solicitadas as charlas do plan director da garda civil (A3.2) (a fecha de hoxe non se ten noticia da data para impartilas), feitas as charlas da iniciación da pegada dixital e ás redes sociais (3.4), e as charlas de Navega con Rumbo (3.3), e unha chala sobre curtametraxes enfocada os "Premios Fouciño".

Obx4: Fixéronse unhas charlas sobre Chroma (4.4) e queda pendente máis formación o profesorado e trasladala ao alumnado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

A valoración final do plan dixital e satisfactoria en termos xerales, quedando pendente aunha charla proposta o inicio do curso por motivos alleos o centro. 

Cabe salientar que a actualización da bibliomaker necesita de máis tempo e recursos, valorouse de xeito moi optimista a posta a punto dos equipos alí dispostos, xa que moitos deles son moi antigos. Pola outra banda a instalación da radio nese espazo foi un éxito e está a funcionar co alumnado dende distintas materias, coma proxecto competencias, historia e tamén co clube de lectura.

Proposta de mellora

Como proposta de mellora plantease o seguinte:

- O traslado o alumnado en mais materias e niveles dos contidos xerados nos polos creativos.

- Promover traballos interdisciplinares entre o alumnado e profesorado.

- Crear contidos máis complexos na radio, xa que trasladan algúns profesores que coordinar o traballo con Audacity co alumnado está sendo difícil, e estanse a limitar a facer podcast.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O documento estará a disposición de toda a comunidade educativa na páxina web do centro e será difundido a través das redes sociais empregadas habitualmente polo centro. Ademais estará dispoñible en formato impreso na secretaría do centro e na sala de profesores