Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital. Normativa vixente.

- Referencias normativas:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. 

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022. 

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. 

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. 

  • Artigo 34.1 doDECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. 

  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. 

  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. 

  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. 

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

O CPI Plurilingüe Cernadas de Castro é un centro do rural, polo que un dos obxectivos principais recollidos no PE e na PXA é o de compensar posibles desvantaxes a nivel socieconómico no alumnado, dando lugar a una mellora das oportunidades de desenvolvemento académico e, polo tanto, laboral e social. Trátase de evitar que a fenda dixital xere capas de marxinación como resultado da “analfabetización dixital”. Consideramos fundamental o aproveitamento das TIC de cara a un mellor desenvolvemento das Xustificación do Plan Dixital.

Proceso de elaboración.

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital está integrado por:

- O profesor de Tecnoloxía de Secundaria, en calidade de coordinador.

- O profesor de Física de Secundaria, responsable da dinamización TIC do centro.

- A secretaria do centro.

- A xefa de estudos de Ed. Infantil e Primaria.

- O xefe de estudos de Secundaria.

- A directora.

A elaboración do Plan Dixital realizouse do seguinte xeito:

- O coordinador mantera reunións de traballo periódicas coa asesora ADIX.

- O equipo dinamizador asistirá a todas as sesións de formación ás que sexa convocado por parte da Administración.

- Realizaranse enquisas aos diferentes membros da comunidade educativa para analizar o punto de partida da competencia dixital e os intereses de cada sector.

Con carácter trimestral, o equipo dinamizador reunirase en sesión de traballo para a toma de decisións, organización e redacción do Plan dixital.

ACTUALIZACIÓN.

Actualización do DAFO orixinal, baseándonos na análise da nova situación do centro (participación en E-Dixgal, Polos Creativos, existencia dun equipo TIC...) e, a partir desta análise, facemos a revisión e actualización dos obxectivos do plan de acción para este curso 2023-2024.


 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital está integrado por:

- O profesor de Tecnoloxía de Secundaria, en calidade de coordinador.

- O profesor de Física de Secundaria, responsable da dinamización TIC do centro.

- A secretaria do centro.

- A xefa de estudos de Ed. Infantil e Primaria.

- O xefe de estudos de Secundaria.

- A directora.

A elaboración do Plan Dixital realizouse do seguinte xeito:

- O coordinador mantera reunións de traballo periódicas coa asesora ADIX.

- O equipo dinamizador asistirá a todas as sesións de formación ás que sexa convocado por parte da Administración.

- Realizaranse enquisas aos diferentes membros da comunidade educativa para analizar o punto de partida da competencia dixital e os intereses de cada sector.

Con carácter quincenal, o equipo dinamizador reunirase en sesión de traballo para a toma de decisións, organización e redacción do Plan dixital.

- Referencias normativas:

- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

 

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

 

 

Interno
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1.- Falta de actividades dixitais fora do centro, estas reduzense ao uso de videoxogos. Alumnado Si
Debilidade 2.- Falta de conciencia, por parte do alumnado, sobre a seguridade na rede. Alumnado Si
Debilidade 3.- Dificultade para buscar fontes fiables de información e desenvolver contidos dixitais combinando varios recursos. Alumnado Si
Debilidade 4.- Dificultade para resolver problemas técnicos sinxelos (conexión a internet). Alumnado Si
Debilidade 5.- Baixa implicación das familias no uso das novas tecnoloxías. Familias Si
Debilidade 6.- Problemas de conexión á rede nalgúns fogares do alumnado. Familias Si
Debilidade 7.- A Administración non proporciona equipos informáticos para o desempeño da actividade profesional dos docentes. Infraestruturas Si
Debilidade 8.- Equipos moi antigos e obsoletos. Infraestruturas Si
Debilidade 9.- Falta de mais aulas dotadas de equipos informáticos para uso dos diferentes grupos de alumnado. Infraestruturas Si
Debilidade 10.- Incompatibilidade entre EDIXGAL e o programa de Gratuidade de Libros de Texto (ESO). Infraestruturas Si
Debilidade 11.- Déficit de dispositivos dixitais que o alumnado pode utilizar cando os necesita ou levalos para a casa. Infraestruturas Si
Debilidade 12.- Problemas técnicos frecuentes debido á estrutura do edificio e montaxes técnicos da rede wifi. Infraestruturas Si
Debilidade 13.- Falta de colaboración con outros centros educativos. Organización de centro Non
Debilidade 14.- Parte da comunidade educativa con baixa competencia dixital e pouca iniciativa para formarse. Persoal docente Si
Debilidade 15.- Pouca presenza da autoavaliación do alumnado no proceso de avaliación e incluso da avaliación entre o alumnado. Persoal docente Si
Debilidade 16.- Escaseza de tempo para organizar e desenvolver o ensino dixital e a aprendizaxe mixta. Persoal docente Si
Debilidade 17.- Dificultades, por parte do profesorado, para orientar ás familias no apoio que estas deben prestar aos seus fillos e fillas na aprendizaxe mixta. Persoal docente Si
Debilidade 18.- Pouca presenza do asesor Abalar nos centros para darse conta da realidade dos mesmos. Persoal non docente Si
Debilidade 19.- Ausencia dun técnico, con presenza física, para resolver as incidencias que se presentan cada día. Persoal non docente Si
Fortaleza 20.- Concienciación por parte da Comunidade Educativa da importancia do uso das TIC. Organización de centro Si
Fortaleza 21.- Intención de elaborar un Plan Dixital de Centro real e práctico. Organización de centro Non
Fortaleza 22.- A nivel de aulas equipamento de portátil e encerado dixital con conexión á multicopista de Conserxería. Organización de centro Si
Fortaleza 23.- Uso do AbalarMóbil como canle de información inmediata entre centro-profesorado-familias. Organización de centro Si
Fortaleza 24.- Existencia dunha aula de informática. Organización de centro Si
Fortaleza 25.- Uso da páxina web do centro como canle de información á comunidade educativa. Organización de centro Si
Fortaleza 26.- O centro educativo, a través dos diferentes estamentos, mantén unha comunicación regular e organizada coas nais, pais e titores legais do alumnado. Organización de centro Si
Fortaleza 27.- Nos 5º e 6º de Educación Primaria, implantación do Proxecto E-Dixgal. Organización de centro Non
Fortaleza 28.- Novo cableado de rede en todo o centro. Organización de centro Si
Fortaleza 29.- Bo acollemento do persoal e do alumnado novo no centro. Persoal docente Si
Fortaleza 30.- O profesorado colabora dentro da escola para o uso da tecnoloxía dixital e a creación de recursos. Persoal docente Si
Fortaleza 31.- Bo clima de traballo e de colaboración e respecto entre compañeiros. Persoal docente Si
Fortaleza 32.- Membros do Equipo TICs con coñecementos e preparación na competencia dixital e disposto a contribuír á mellora dixital do centro. Persoal docente Si
Fortaleza 33.- Equipo directivo moi implicado no bo funcionamento do centro. Persoal docente Si
Fortaleza 34.- Claustro tolerante e respectuoso. Persoal docente Si
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.- Burocracia excesiva. Administración educativa Non
Ameaza 2.- Baixa implicación da Administración á hora de ofrecer recursos educativos TIC de calidade. Administración educativa Non
Ameaza 3.- Ausencia de persoal especializado en TIC e/ ou formación específica para os mesmos nos centros educativos. Administración educativa Si
Ameaza 4.- Falta de axudas económicas ou dotacións de partidas finalistas propias por parte da Administración co fin de modernizar a dixatilización do centro. Administración educativa Si
Oportunidade 5.- ANPA colaboradora. ANPA Si
Oportunidade 6.- Oferta de charlas, obradoiros,..., tanto virtuais como presenciais, por parte de servizos externos. Outras Si
Oportunidade 7.- Concello colaborador. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir dos datos recollidos a través do SELFIE e do test CDD obtivemos a nivel interno unha serie de fortalezas e debilidades e a nivel externo unha serie de oportunidades e ameazas que reflexamos no análise DAFO. A partir de estos datos elaborouse o Plan de Acción donde se reflexan os obxectivos que se querían acadar ao longo do curso 2022-23, mediante a realización de diferentes accións.

Obxectivos:

1.- Actualizar e mellorar os equipos informáticos do Centro.

2.- Promover o uso xeneralizado da aula virtual por parte do profesorado.

3.- Formar ao alumnado en seguridade na rede e solución de problemas técnicos cotiáns.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Actualizar e mellorar os equipos informáticos
O02PD Formación do profesorado: Técnicas e ferramentas de edición de audio e video. Entornos virtuais de aprendizaxe: Moodle.
O03PD Formar ao alumnado en seguridade na rede e solución de problemas técnicos cotiáns
O04PD Mellora da comunicación e colaboración familia-escola mediante o uso das tecnoloxias dixitais.

Seguimento

Procedemento

A actualización do Plan Dixital realizaráse do seguinte xeito:

- O coordinador mantera reunións de traballo periódicas coa asesora ADIX.

- O equipo dinamizador asistirá a todas as sesións de formación ás que sexa convocado por parte da Administración.

- Realizaranse enquisas aos diferentes membros da comunidade educativa para analizar o punto de partida da competencia dixital e os intereses de cada sector.

O equipo dinamizador reunirase con caracter trimestral en sesión de traballo para a toma de decisións, organización e redacción do Plan dixital.

1º Trimestre

AO2.1:Crear un grupo de referencia que dinamice e asesore a todo o Claustro.

Crease o grupo de referencia, formado por: Membros do equipo directivo e coordinadores TIC.

AO2.2:Formación en materia e competencia dixital en función das necesidades do profesorado.

Seminario: Uso didáctico dos recursos audiovisuais dos Polos. 40 horas (12 horas de formación).

AO1.1: Actualizar o inventario dos recursos informáticos

Actualizase o inventario dos recursos informáticos do centro.

AO1.2: Informe das necesidades dos equipos

Elaborase o informe de necesidades de equipos TIC correspondente ao 1º trimestre.

AO1.3: Establecer unha figura de coordinador TIC, con asignación horaria, no centro.

Nomease o coordinador TIC

AO1.4: Mantemento do rexistro de incidencias informáticas

Mantense o rexistro de incidencias, na web e rexistro semanal escrito.

AO1.5: Mantemento do rexistro horario de uso dos espazos TIC comúns

Mantense o rexistro horario dos usos dos espazos TIC, que estará exposto na web e na  sala de profesores

AO3.1:Análise da situación de partida( nivel do alumnado, porcentaxe de alumnado sen recursos informáticos,..)

Elaborase, a partir de unha enquisa, un informe da situación de partida do alumnado, en canto ao seu nivel e aos recursos informáticos dispoñibles nas súas casas

A03.3: Creación de contidos e difusión a través da aula virtual

O profesorado usou a Aula Virtual, sempre que foi posible,  para a creación de contidos e difusión dos mesmos.

AO3.4: Charlas sobre ciberseguridade.

Actividade: "Pantallas amigas" para Primaria e Secundaria, sobre a seguridade e os perigos na rede.

 

 

 

 


 

2º Trimestre

AO1.4: Mantemento do rexistro de incidencias informáticas.

Mantense o rexistro de incidencias, na web e rexistro semanal escrito.

AO1.5: Mantemento do rexistro horario de uso dos espazos TIC comúns

Mantense o rexistro horario dos usos dos espazos TIC, que estará exposto na web e na sala de profesores.

AO1.6: Xestión para a renovación de equipos e material informático

Renóvanse 2 equipos na sala de profesores. Renóvanse varios equipos na aula de informática. Iníciase a instalación da nova versión da maqueta abalar "abalinux 11" nos equipos da aula de informática. Instalase un equipo portátil na aula de usos múltiples.

AO2.2:Formación en materia e competencia dixital en función das necesidades do profesorado.

Complétase a formación en:Uso didáctico dos recursos audiovisuais.

AO2.3: Creación de contidos na aula virtual.

O profesorado usou a Aula Virtual, sempre que foi posible, para a creación de contidos e difusión dos mesmos.

AO2.6: Empregar os recursos audiovisuais do centro para deseñar propostas didácticas.

O profesorado emprega, na medida do posible, recursos audiovisuais para deseñar propostas didácticas.

AO4.2: Adquirir estratexias, ferramentas e recursos dirixidos a mellorar a comunicación coas familias.

Proxecto construíndo xuntos. Traballando na mellora da colaboración familia- escola:
-  Institucionalización da convocatoria para entrevista coa familia. Decisións e acordos comúns de formato, lugar e modo de convocatoria.
- Consideracións previas do documento de planificación.
- Documento de planificación da entrevista coas familias.
- Cuestionario de autoavaliación tralo intercambio familia- escola.
- Cuestionario avaliación familias

AO4.3: Impulsar o uso da Web do centro como ferramenta de comunicación ( solicitude online de titorías, inscrición en actividades...)

Proxecto construíndo xuntos. Traballando na mellora da colaboración familia- escola:
-  Institucionalización da convocatoria para entrevista coa familia. Decisións e acordos comúns de formato, lugar e modo de convocatoria.
- Consideracións previas do documento de planificación.
- Documento de planificación da entrevista coas familias.
- Cuestionario de autoavaliación tralo intercambio familia- escola.
- Cuestionario avaliación familias

 

3º Trimestre

AO1.4: Mantemento do rexistro de incidencias informáticas.

Mantense o rexistro de incidencias, na web e rexistro semanal escrito.

AO1.5: Mantemento do rexistro horario de uso dos espazos TIC común

Mantense o rexistro horario dos usos dos espazos TIC, que estará exposto na web e na sala de profesores.

AO1.6: Xestión para a renovación de equipos e material informático

Recíbense 16 equipos para a aula de informática, que se instalarán ao inicio do curso 24-25.

AO2.2:Formación en materia e competencia dixital en función das necesidades do profesorado.

Curso realizado polo equipo TIC: Formación para creación de cursos Platega (50 Horas).

AO2.3: Creación de contidos na aula virtual

O profesorado usou a Aula Virtual, sempre que foi posible, para a creación de contidos e difusión dos mesmos.

AO2.5: Colaboración interdisciplinar entre departamentos e entre etapas educativas usando a Aula Virtual.

O profesorado colabora, sempre que é posible, entre departamentos e etapas usando a Aula Virtual.

AO2.6: Empregar os recursos audiovisuais do centro para deseñar propostas didácticas.

O profesorado emprega recursos audiovisuais propios e do Centro.

Elabóranse videos de actividades, excursións, visitas…

AO2.7:Coñecer técnicas de edición e dinamización da AV e da páxina web do centro

Curso realizado polo equipo TIC: Formación para creación de cursos Platega (50 horas).

AO3.2:Planificación e aplicación de actividades a desenvolver co alumnado

Obradoiro de Uso seguro de Internet e as redes sociais, dirixido a 6º E. Primaria, 1º e 2º da ESO.

Actividade: Pantallas amigas, para Primaria e Secundaria. Uso responsable das redes sociais.

Obradoiro de Educación emocional e sexual con perspectiva de xénero. Uso responsable da información na rede.

Obradoiro de Educación emocional e sexual na Familia. Uso seguro e responsable das redes.

AO3.4: Charlas sobre ciberseguridade.

Actividade: Pantallas amigas, para Primaria e Secundaria Uso responsable das redes sociais.

Obradoiro de Uso seguro de Internet e as redes sociais, dirixido a 6º E. Primaria, 1º e 2º da ESO.

AO3.5: Apoderamento do alumnado e uso seguro e análise crítica.

Obradoiro de Educación emocional e sexual con perspectiva de xénero. Uso responsable da información na rede.

Obradoiro de Educación emocional e sexual na Familia. Uso seguro e responsable das redes.

AO4.1: Desenvolver actuacións de aula e centro para a prevención e detección de problemas de hábitos no uso das TIC por parte do alumnado.

Actividade: Pantallas amigas, para Primaria e Secundaria Uso responsable das redes sociais.

Obradoiro de Uso seguro de Internet e as redes sociais, dirixido a 6º E. Primaria, 1º e 2º da ESO.

AO4.2: Adquirir estratexias, ferramentas e recursos dirixidos a mellorar a comunicación coas familias.

Proxecto construíndo xuntos. Traballando na mellora da colaboración familia- escola

AO4.3: Impulsar o uso da Web do centro como ferramenta de comunicación ( solicitude online de titorías, inscrición en actividades...)

Proxecto construíndo xuntos. Traballando na mellora da colaboración familia- escola.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación do plan.

Cada unha das accións propostas no Plan de Acción ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar si o obxectivo proposto foi alcanzado e si é necesario realizar variacións no plantexamento destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen.

Coa análise destos indicadores, elaboraráse un informe final no que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores.

Valoración xeral

A pesar de que o Centro conta con unha boa infraestructura de acceso a internet, necesitamos mellorar en canto a dispositivos e equipos, tanto portátiles como fixos.

A maioría do profesorado completou os cursos de formación no uso de ferramentas dixitais e amosou unha actitude positiva cara o uso da tecnoloxia e está motivado para mellorar as súas competencias dixitais.

O alumnado recibiu formación básica sobre a importancia da seguridade na rede, incluíndo aspectos como a privacidade, a protección de datos persoais e os riscos de compartir información sensible.

Traballando na mellora da colaboración familia-escola: Levouse a cabo o Proxecto construíndo xuntos.

Proposta de mellora

 

Equipos:

·       Renovar e manter os equipos tecnolóxicos.

·       Renovar o equipo audiovisual na aula de usos múltiples.

·       Reciclaxe para equipos obsoletos e fomentar a reutilización de compoñentes

Profesorado:

·       Organizar cursos sobre novas tecnoloxias educativas e ferramentas dixitais. Fomentar o uso de recursos dixitais interactivos ( videos, simulación, xogos…)

·       Enquisa entre o profesorado sobre o uso da tecnoloxia e as necesidades de formación.

·       Fomentar o uso de servicios na nube para almacenar  e acceder a datos e aplicaciones asegurando a continuidade da aprendizaxe en calquer circunstancia e evitar problemas de infección de equipos a través de memorias USB.

Alumnado:

·       Charlas e talleres regulares con expertos en ciberseguridade. É necesario ofrecer formación detallada sobre técnicas de protección contra ameazas, como o phishing, o ciberacoso e a desinformación.

·       Crear un espazo donde o alumnado poida experimentar con novas tecnoloxias: impresión 3D, cortadora láser, plotter, robótica…

Familias:

·       Mellorar a comunicación coas mesmas  para acadar unha maior implicación no proceso formativo para que poidan apoiar aos seus fillos no uso seguro das redes.

·       Facer unha enquisa para recoller a opinión das familias sobre o uso da tecnoloxia e o impacto na aprendizaxe dos fillos.

·       Fomentar a participación dos pais en proxectos educativos e organizar unha “feira da ciencia e da tecnoloxia” , con demostración de proxectos.

 

 

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Difusión do plan

A difusión do Plan Dixital entre os sectores da comunidade educativa reviste unha gran importancia, non só para fomentar a participación nel senón que, na medida en que o coñezan e se impliquen, poderán achegar propostas novas ou ideas para ir corrixindo posibles erros ou resultados non satisfactorios.

Por outra banda, cómpre acompañar a información de formación: ademais de coñecer o proxecto, as persoas deben sentirse capacitadas para colaborar e contribuír co seu traballo á consecución dos obxectivos. Por este motivo, moitas das accións destinadas a difundir o proxecto mesturarán os dous aspectos: o informativo e mailo formativo.

Se ben contamos cun medio de difusión común, a páxina web do propio centro, as estratexias de comunicación co profesorado, os pais/nais e o alumnado serán en parte distintas.

 

No que respecta ao profesorado, co fin de conseguir a implicación real de todos, no Claustro de comezo de curso darase cumprida información do proxecto a tódolos membros solicitando a súa colaboración. Esta información deberá repetirse periodicamente nas diferentes reunións dete colectivo: CCP, Claustros ordinarios,.. para dar conta da evolución do proxecto, as actividades feitas e por facer, novos recursos cos que se contan, etc.

Ademais, as persoas máis formadas serán as encargadas de axudar e orientar aos restantes compañeiros cobrando especial importancia para este labor o equipo dinamizador TIC.

Doutra banda, cobran especial importancia os cursos de formación para o profesorado que deberán ser moi prácticos e encamiñados a que este adquira destrezas directamente relacionadas cos contidos do proxecto, de xeito que o anime a colaborar nel.

Ao remate do curso, no derradeiro Claustro, farase unha presentación final do traballo desenvolvido a todo o profesorado, na que figuren os obxectivos conseguidos, os contidos traballados e se avalíen os resultados.

No caso dos alumnos, no primeiro trimestre nas titorías informaráselles dos medios e recursos dos que dispoñen (web do centro, aulas virtuais, aula de informática, portátiles de consulta, equipos Edixgal,...), dos proxectos relacionados coas TIC nos que o centro participa e, en xeral, en todo o referente ao Plan dixital. No caso do alumnado de ESO dende as diferentes materias o profesorado formará e potenciará no emprego das TIC: páxina web, aula virtual,…así como nos proxectos que lle afecten.

Finalmente, no tocante ás familias estas serán informadas do proxecto no primeiro Consello Escolar do curso. Para que a información chegue á totalidade dos pais, enviarase tamén un Abalarmóbil e, de considerarse conveniente, un folleto informativo con todos aqueles aspectos relevantes por correo electrónico. Tamén se aproveitarán as reunións de acollida que fan os titores no primeiro trimestre para dar a coñecer o Plan dixital. Ademais, ao longo do curso, nas horas de atención a pais, os titores aproveitarán para informar e implicar aos proxenitores nos aspectos que consideran máis necesarios e/ou adecuados.

A dirección do centro informará á ANPA do plan para que o difundan nas súas asambleas e podan, ao longo de todo o curso, ir recollendo as suxestións para posibles modificacións de cara a cursos posteriores. Solicitarase tamén a colaboración desta organización para levar a cabo cursos de interese en relación coas TIC para mellorar a competencia dixital entre as familias do noso alumnado.

O Plan Dixital 2022-23 pode consultarse na web do Centro.

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicernadascastro/system/files/PlanDixital_V1.0_100622.pdf