Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Este centro consta de  2 unidades mixtas que abrangen os seguintes cursos (4º-5º-6º de Educación Infantil e 1º e 2º Educación Primaria).

Este centro está adscrito ao C.P.I. Castro Baxoi. Consta de dúas mestras unha definitiva e outra con plaza habilitada e unha mestra de inglés itinerante con outras 3 escolas unitarias da zona.

 

 

Esta é unha escola rural, unitaria, mixta e pública, de educación infantil e o primeiro ciclo de primaria  que pertence á Consellería de Educación da Xunta de Galicia e está situada na parroquia de Bemantes. O seu modelo educativo esta¿ baseado en pedagoxías activas e vivenciais. Un espazo humano, pedagóxico e reflexivo, adicado ao coidado, desenvolvemento e aprendizaxe de todos os  nenos e  nenas coa finalidade de potenciar e respectar as habilidades naturais de cada un deles.

A finalidade do noso Centro educativo é que o alumnado aprenda e fórmese como individuo da sociedade na que vive. En consecuencia, a propia organización vai mellorando a través da súa práctica e da reflexión sobre ela, así como das relacións que establece coa súa contorna.

O Plan Dixital de Centro debe encaixar no contexto institucional máis amplo que vén recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos os documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios.

Este Plan Dixital de Centro propón recoller as actuacións para mellorar a competencia dixital do Centro e de todos os sectores da comunidade educativa. O
proceso de desenvolvemento e difusión das tecnoloxías é imparable. Tanto para a mellora dos procesos educativos que ocorren fóra ou dentro da aula, como para aqueles procesos que contribúen a que os centros educativos cumpran a súa función formativa, consolidáronse xa unha serie de recursos, ferramentas e servizos. Por este motivo é necesario que abordemos a tecnoloxía desde unha perspectiva máis global, entendendo o Centro como a unida de transformación e deseñando plans de mellora que poidan ser desenvoltos no Centro.
O Marco de Competencia para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes permítenos facer unha análise da realidade dos nosos centros e deseñar un plan de acción. Os centros educativos formamos parte dun mundo en cambio permanente e dunha sociedade e mercado laboral cada vez máis dixitalizado e por eles debemos dar respostas a estas necesidades e demandas da sociedade e mercado laboral para poder formas cidadáns do futuro coas competencias necesarias para desenvolverse nunha contorna dixitalizada. O uso da tecnoloxía é necesario nas diversas prácticas que teñen lugar nunha organización escolar, desde as relacións coas cuestións organizativas ata os procesos de ensino e aprendizaxe.

É evidente que, para asegurar a igualdade social, a mellora das condicións de vida de comunidades e persoas, a educación é un recurso crave. A Estratexia Europa 2020 recoñece a necesidade dunha transformación dos sistemas de educación e formación que garanta a adquisición de competencias dixitais e permita aproveitar as oportunidades.

É necesario que as organizacións educativas revisen as súas estratexias co obxectivo de mellorar a súa capacidade para promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación, e dos recursos dixitais.

Mediante o obxectivo do Plan Dixital de Centro preténdese:

  • Avaliar a situación do noso Centro educativo con relación ao uso das TIC nos distintos elementos crave que recolle o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competente para poder deseñar e emprender un proceso de transformación no Centro.
  • Recoñecer o Plan Dixital de Centro como un recurso crave para a planificación da estratexia dixital dunha organización educativa.
  • Transformar o noso Centro educativo nunha organización que aprende, sendo só posible se é unha organización dixitalmente competente.
  • Valorar as implicacións das organizacións escolares para desenvolver unha cultura dixital nas mesmas. 

 

O deseño do Plan Dixital de Centro recollerá as ideas principais, determinará as prioridades e establecerá os niveis de planificación [programas, proxectos e/ou accións] que marcarán o plan de traballo do Centro escolar no seu proceso de cambio e mellora. 

O Plan Dixital de Centro debería permitir á comunidade educativa:

• Visualizar onde quere que chegue o Centro.

• Entender onde está actualmente.

• Trazar o camiño que leve dun estado ao outro.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para realizar esta análise axudámonos da ferramenta SELFIE [auto-reflexión], unha ferramenta en liña gratuíta que pretende axudar aos centros escolares a exporse como utilizan as tecnoloxías dixitais para lograr unha aprendizaxe efectiva e innovadora.

Baseada no marco da Comisión Europea para organizacións educativas dixitalmente competentes [ Dig- compOrg] SELFIE axudounos a poñer de relevo que está a funcionar ben, en que aspectos necesítase mellorar e cales deberían ser as prioridades do noso Centro. Con esta ferramenta xunto co test CDD, obtivemos unha instantánea do estado no que se atopa o Centro en relación co uso das tecnoloxías dixitais tendo en conta as opinións de profesorado, alumnado e equipo directivo (na casuística deste centro o alumnado non participou por idade e o equipo directivo correspondese coa figura do responsable de centro) . 

Os enunciados  abarcaron ámbitos como o liderado, as infraestruturas, a formación do profesorado e as competencias dixitais do alumnado, a partir desta información xerouse un informe dos puntos débiles e as fortalezas do centro en relación ao uso das tecnoloxías dixitais. Estes resultados axudarán a coñecer o punto no que nos atopamos e a desenvolver un plan de actuación.

ANEXO 1 RESULTADOS ; SELFIE T- EST CDD

Interno
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non todo o alumnado conta con soporte informático na casa para o traballo en entornos virtuais. Alumnado Si
Debilidade As familias non consideran importante as tecnoloxías e o seu uso no ámbito escolar. Familias Si
Debilidade O Centro non conta cun equipamento de recursos dixitais actualizados. Infraestruturas Si
Debilidade Non dispoñemos dos espazos suficientes. Infraestruturas Si
Debilidade Non contamos con persoal suficiente para facer todas as labores administrativas e de xestión do centro. Organización de centro Non
Debilidade Non usamos habitualmente sistemas de aprendizaxes virtuais. Organización de centro Si
Debilidade Non temos unha biblioteca de recursos dixitais compartida con outros centros. Organización de centro Si
Debilidade Non usamos entornos virtuais de aprendizaxe nin o consideramos necesario. Persoal docente Si
Debilidade Non colaboramos con outros centros da Contorna en actividades dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Reducimos ao mínimo o uso dos recursos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non contamos con sistemas de avaliación dixital do progreso do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza O noso alumnado son competentes dixitalmente atendendo ao seu rango de idade.. Alumnado Si
Fortaleza Familias colaboradoras e implicadas. Familias Si
Fortaleza Empregamos ferramentas corporativas no noso traballo de xestión. Organización de centro Si
Fortaleza Creeamos contidos dixitais propios. Persoal docente Si
Fortaleza Contamos con formación no ámbito de robótica Educativa e linguaxe computacional básico. Persoal docente Non
Fortaleza Existe unha comunicación dixital fluida coa comunidade educativa. Persoal docente Non
Fortaleza Adaptamos os recursos dixitais ás necesidades do noso alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza Coñecemos a lexislación relativas ás normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Persoal docente Non
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Saturación laboral con burocrácia que impiden dedicar tempo a preparar a labor docente co alumnado. Administración educativa Non
Ameaza Saturación laboral que limita o tempo para explorar o ensino dixital. Administración educativa Si
Ameaza Descoñecemos a lexislación relativas á compra de produtos informáticos. Lexislación Si
Oportunidade A UAC ten unha resposta axeitada ás nosas necesidades. Administración educativa Si
Oportunidade Temos unha AMPA moi implicada no noso centro. ANPA Si
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO anterior invita á reflexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir del deseñaremos o Plan de Acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover a comunicación entre o centro e as familias mediante o uso da ferramenta AbalarPro (A)
O02PD Actualizar os dispositivos dixitais (C)
O03PD Favorecer o intercambio de experiencias con outros centros de similares características (D)
O04PD Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente (E)
O05PD Sensibilizar sobre o uso seguro dos dispositivos dixitais e da rede (H)

Seguimento

Procedemento

Teremos en conta os indicadores asociados a cada un dos obxectivos e accións.

1º Trimestre

Os aspectos a valorar incluirán;

- O estado da execución das accións.

- A análise e valoración dos resultados

- As posibles modificacións das accións e posibles propostas de mellora.

2º Trimestre

Os aspectos a valorar incluirán;

- O estado da execución das accións.

- A análise e valoración dos resultados

- As posibles modificacións das accións e posibles propostas de mellora.

3º Trimestre

- Valoración do logro dos obxectivos tendo en conta as valoracións trimestrais anteriores.

- Os prazos propostos.

- Melloras ou modificacións para o vindeiro curso.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para avaliar o seguimento do desenvolvemento do plan será necesario medir o grao da consecución de obxectivos  que nos marcamos.Tamén será necesario comprobar a efectividade das actuacións levadas a cabo de xeito específico e concreto.

Todos estes aspectos abrangarán:

- A avaliación  trimestral. 

- A avaliación final . O informe de progreso formará parte da Memoria anual do Centro.

Para levar a cabo a avaliación, teremos en conta os seguintes instrumentos e ferramentas:

Os indicadores asociados a cada un dos obxectivos e accións.

 

Valoración xeral

Dada a natureza do noso proxecto educativo e as características do centro, as propostas implementadas tentaron cohexionar tanto os obxectivos do Plan dixital cos do noso centro e particularidades. Algúns dos obxectivos non se cumpliron e considerase a necesidade de incorporar algún outro no vindeiro curso (propostas de mellora).

 

Proposta de mellora

De cara ao vindeiro curso tentarase achegarse a aqueles obxectivos que non se cumpliron como o de achegar o ABALARPRO as familias. A vez que se considera necesario incorporar outros de especial necesidade para que consten como prioridades non tanto para nos como centro sino como prioritarios para a Consellería ( acceso a sede electrónica das unitarias e sinatura dixital para as mesmas, co fin de axilizar tramiter e facilitar o traballo administrativo).

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do Plan Dixital ten como obxectivo compartir, informar e difundir os resultados concretos do proxecto. 

Medidas de difusión:

  • Reunións entre mestres onde se darán a coñecer os aspectos referidos a este plan.
  • Difusión a través da web do centro a toda a comunidade educativa. 
  • A memoria final de curso onde se establecerán as propostas de mellora.